A cultura produce

9 febreiro, 2010 (08:20) | Artigos Faro de Vigo, Campo de Granada, Cultura, Informes | 1 comentario

No artigo da semana (publicado hoxe en Faro de Vigo), analizo algúns dos datos máis significativos do estudo «O Sistema Produtivo da Cultura en Galicia. Unha visión económica» elaborado polo Servizo de Información Ardán da Zona Franca de Vigo en colaboración co Observatorio da Cultura Galega do Consello da Cultura Galega.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Eu falo galego

8 febreiro, 2010 (22:07) | Lingua, Recurso_didáctico, Vídeos | Sen comentarios

Campo do Fragoso LXXXIX

8 febreiro, 2010 (07:54) | Artigos Faro de Vigo, Campo do Fragoso, Celta de Vigo, Fútbol | Sen comentarios

SEN PEGADA

Este Celta de Eusebio é un estilista sen pegada. Ninguén pode negar que o noso adestrador inculcou con enorme paciencia e honestidade no seu cadro un estilo de xogo moi definido, baseado no bo trato da pelota e nun esquema táctico que constrúe o ataque dende a defensa e o xogo defensivo dende a dianteira, por medio dun sistema de axudas entre as tres liñas. Fiel ao espírito dos seus mestres de Can Barsa, esta convicción de Eusebio na validez do seu estilo de xogo facilitou a incorporación masiva ao equipo de xogadores de canteira, algo inédito en Balaídos nas dúas derradeiras décadas. No magnífico campionato de Copa a fórmula funcionou de marabilla, demostrando que o xogo que atesouran nas biqueiras os rapaces formados na Madroa nada ten que envexar á lexión de cedidos que tanto nos fixeron sufrir en tempadas anteriores. Porén, no campionato de Liga desta difícil Segunda División a fórmula eusebiana non arrinca, sobre todo nos partidos en Balaídos, onde o equipo só foi capaz de obter 11 puntos nunha ducia de partidos e leva xa outros dous meses sen gañar. Un balance negativo e pouco agradecido para os seareiros. Onte fronte o Salamanca, un conxunto que traía a lección moi ben aprendida, os nosos recuncaron no empate sen goles nun partido no que volveron amosarse as carencias endémicas de remate. Como xa é adoito, os nosos saíron coma lobos, famentos de gol. Os dous primeiros minutos abondaron para que López Garai xutase con perigo dende a frontal e Dani Abalo caese na área rival. O Celta desenvolveu durante o primeiro cuarto de hora un primoroso xogo de salón, trazando triángulos coa precisión do tiraliñas e presionando sobre a mediana no campo rival. Porén, os charros que, até entón, adoptaran a estratexia da resistencia paciente, avisaron que lles importaba o resultado do partido en dúas xogadas a balón parado que provocaron o pánico na bancada. Con todo, durante toda esta primeira parte, Iago Aspas e Dani Abalo xeraron xogo de ataque abondo para marcar un par de goles, en oportunidades que malograron Michu e Joselu. A reanudación foi moi diferente, o partido toleou. Produciuse un constante intercambio de golpes en ambas as dúas áreas. Aos catro minutos puideron marcar os visitantes; dous minutos despois, Joselu fixo o máis difícil e, cando quedou só, envíou a pelota ao pao. Dez minutos máis tarde, Dani Abalo non chegou a rematar unha diagonal asombrosa tirada por Aspas. Sen embargo, foi Falcón quen salvou un remate magnífico de Linares que vimos dentro. Nesta lideira, o equipo gañou en profundidade co debut de Papadopoulos, que semellaba podería desnivelar un partido, nesta fase, emocionante e xeitoso para os espectadores. No cuarto de hora final nin a entrada de Botelho nin a de Danilo intensificaron o xogo dos celestes que moi cansados abrazaron o empate diante da indiferencia dunha bancada que se preguntaba as razóns de deixar fóra da convocatoria a Roberto Trashorras, o elemento máis desequilibrante do cadro. Con todo, deste empate poden tirarse unhas cantas leccións positivas: a solidez defensiva, tanto da parella de centrais (onde Túñez comeza a asombrar) como de laterais; o traballo eficacísimo dos medioscentros, Busto e López Garai; e a esperanza que pode supoñer a incorporación de Papadopoulos, o veterán internacional grego, que a pesar de estar colocado en banda, demostrou en media hora posuír electricidade abonda para suplir as nosas carencias de pegada.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Feijóo non arrinca nas cidades

7 febreiro, 2010 (12:02) | Goberno Feijoo, Política | 4 comentarios

Segundo o Barómetro que publica hoxe La Voz de Galicia a fórmula de Goberno Bipartito ou Tripartito de partidos de esquerda e nacionalistas gobernaría nas oito cidades galegas. A un ano das municipais, a política de deconstrución de Feijóo semella que non dá os resultados agardados e o PPdeG fracasaría na súa estratexia de que Telmo Martín (Pontevedra), Carlos Negreira (A Coruña) e Corina Porro (Vigo) acadasen as alcaldías. Os datos amosan, ademais un lixeiro incremento dos apoios para o PSdeG-PSOE, especialmente significativo na cidade de Vigo e un decremento dos que recibe o BNG (coa excepción de Vilagarcía e Ferrol, nas que sobe, e Pontevedra e A Coruña, onde se mantén). No entanto, é innegable a fortaleza do PPdeG que apunta un teito que o achega a só un concelleiro da maioría absoluta en Vigo, Santiago e Ourense, as tres cidades onde, nestes momentos, non sería sorpresa ningunha que obtivese en 2011 as alcaldías.

O datos do barómetro da Voz, como estoutra táboa de Fermín Bouza sobre os temas a axenda pública galega, coinciden que os temas que máis preocupan aos galegos son o paro e a situación económica (idénticos ao do resto dos cidadáns do Estado), cuestións moi afastadas da sistemática tarefa deconstrutiva acometida polo equipo de Feijóo sobre temas como idioma, a cultura, os servizos sociais ou a política de (des)protección do litoral. Feijóo, coa excepción da aposta pola fusión das caixas (que, ademais, lle provoca importantes problemas en Vigo), non lle meteu o dente a cuestións claves como a política de emprego e formación, confiando que fose a estratexia de Génova de desgaste a Zapatero a que proporcionase os votos urbanos que precisa o seu partido.

Os datos amosan que os alcaldes socialistas, que teñen elevadas posibilidades de recuncar en todos os casos, tampouco poden confiarse moito, xa que o seu inimigo maior non está no PPdeG, senón no desplome que puidese sufrir Zapatero e o seu Goberno incapaces de facerlle fronte a eses dous temas principais do paro e a crise económica.

Con respecto ao BNG, semella que nas cidades (habería que coñecer datos das vilas, que podería ser outro cantar) as súas perspectivas son dun doce estancamento: non consegue medrar, mais podería manter aos seus cadros nos gobernos locais, o que, unha vez máis, adiaría a resolución definitiva da súa crise.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

ProLingua, o día despois

6 febreiro, 2010 (15:48) | Iniciativas, Lingua | 1 comentario

O serán de onte foi un dos máis felices dos últimos tempos. As presentacións expansivas do libro de ProLingua foron un éxito rotundo. Os datos falan por si sós: máis de 5.000 persoas mobilizadas en 69 localidades de aquí e acolá para participar na presentación do argumentario argallado contras as falacias dos negacionistas, eses poucos concidadáns nosos que non queren de maneira ningunha contacto coa lingua de todos.

Na presentación de Vigo (como con certeza sucedeu en calquera das outras localidades) comprobamos que existe unha vontade cívica, apartidaria, plural, pacífica ata o lirismo de participar nesta revolución tranquila e radicalmente teimosa de devolver a dignidade que se lle pretende roubar ao idioma de noso. Non temos dúbidas de que hai moita xente, cada vez máis xente (de querenzas nacionalista e non nacionalista)  disposta a traballar moi activamente para evitar que as políticas de fomento do galego e os dereitos lingüísticos da cidadanía galega retrocedan. A mellor lección que debemos tirar destas exitosas presentacións expansivas é o carácter cívico e plural de todos e cada un dos actos, onde o único protagonismo recaeu nos argumentos, nas razóns empregadas para desmontar as falacias e prexuízos utilizados polos que pretenden facer retroceder ao galego.

ProLingua, ademais de contribuír a renovar o discurso sobre o idioma, en apenas cinco meses de funcionamento acuñou un novo estilo nas tarefas de defensa e promoción do galego baseado en dous principios: primeiro, traballo voluntario (moito traballo e dedicación) en man común de persoas de diversa ideoloxía e profesión; segundo, as actividades fináncianse en base ás achegas dos seus membros , o que supón manter unha independencia total das administracións públicas, xa que a plataforma non recibe nin solicita axudas de ningunha delas.

Despois de coller un acougo e continuar coa promoción do libro, ProLingua prepara xa unha segunda acción destinada a promoción do emprego da lingua nos establecementos comerciais e outras posteriores de maior alcance. Aí estaremos.

A foto corresponde á presentación de Barcelona.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

20 mentiras sobre a lingua galega

5 febreiro, 2010 (19:21) | Lingua, Recurso_didáctico, Slideshare | Sen comentarios

63 presentacións do libro de ProLingua, venres 5, 20:30 horas

4 febreiro, 2010 (18:21) | Goberno Feijoo, Iniciativas, Lingua | Sen comentarios

Velaquí a listaxe das 63 localidades nas que se fará a presentación do libro 55 mentiras sobre a lingua galega mañá venres 5 de febreiro ás 20:30 horas. Agradécese calquera colaboración para difundir esta información e apoiar a nosa iniciativa (especialmente adquirindo un exemplar). E, por suposto, estades todos e todas convidados a participardes nesta iniciativa en man común en defensa da dignidade da lingua galega. A presentación de Vigo será retransmitida en directo por Blogaliza (O streaming poderá seguirse desde o blogue de Prolingua e desde a portada de Blogaliza).

  • A Coruña, Sala de Prensa Fundación Caixa Galicia (Cantón Grande, entrada por Rúa da Estrela): Mercedes Queixas, Pancho Pillado, Martin Pawley e Alfredo Ferreiro
  • A Estrada, Agrupación Cultural KenKeirades: David Otero e Antía Otero
  • Allariz, Fundación Vicente Risco: Teresa Devesa e Antonio Blanco
  • Baio (Zas), Auditorio de Baio: Teresa Castro, Antonio Díaz Amor, Ricardo Vigueret
  • Baiona, Biblioteca Municipal: Concha Costas e Anxo Ratel
  • Barcelona, Centro Galego (Rambla Caputxins 35-37): Pere Comelles, Sabela Labraña, Xiana Díaz e Paulo Filgueiras.
  • Bethelem (Palestina), Libraría Kalila w-Dimma: Moncho Iglesias Miguez e Samar Sabat
  • Bos Aires (Arxentina), Biblioteca Galega de Bos Aires: Débora Campos e María Rosa Lojo
  • Bruxelas (Bélxica), Livraria Orfeu: Ana Fontal, Xavier Queipo e Manuel González
  • Bueu, Museo Massó: Eva Rivas, Xabier Castro, Carme Novas Ferradás, Lucía Novas
  • Cacheiras-Teo, Mediateca do Grilo: Carme Hermida, Xosé Mª Lema Suárez e Rosa Moreiras Cuñarro
  • Caldas de Reis, Biblioteca Municipal: Ana Rial, Cesar Longa e Xosé Candal
  • Cambados, libraría Ramón Cabanillas (Rúa do Hospital, 40, baixo): Paco Fdez. Rei, Emilio Insua e Pilar Ponte
  • Cangas, Auditorio Municipal: Héitor Mera, Rita Paredes, Ana Ameal e Xosé Manuel González
  • Carballo, Pazo da Cultura: Xan Fernández Carrera, Silvana Castro e Farruco Fraga
  • Carnota, Confraría de Pescadores de Lira: Chisco Naval, Mercedes Díaz Maián e Belén Campos
  • Celanova, Aula de Cultura Caixa Galicia: Xoán Carlos Domínguez Alberte e Leopoldo Rodríguez Puga
  • Cerceda, Biblioteca Pública de Cerceda: Xosé Bocixa e Manuel Lourenzo
  • Chantada, Casa da Cultura: Manolo Figueiras e Xosé Miranda
  • Copenhague (Dinamarca), Libraría-Café Rayuela: Alejandro Tobar e Iago Cordal
  • Corcaigh/Cork (Irlanda), Book Library da University College Cork, ás 17.15 h: Carlos Seco, Ciaran Dawson e Xoán Sartal.
  • Cotobade, Multiusos de Carballedo: Hadrián Faílde Perdiz, Antón Vidal Andión e Malores Villanueva
  • Cuntis, Casa da Cultura: Héitor Picallo Fuentes, Olimpo Arca, Maka Arca Camba, Silvia Fernández Piñeiro e Santiago Martínez López
  • Fene, Casa da Cultura: César Yáñez, Moncho Gándara, Quique Sanfiz
  • Ferrol, Ateneo Ferrolán: Xosé Manuel Pérez Sardiña, Xosé Lastra e Xosé Manuel López Leira
  • Gondomar, Aula de Cultura Ponte de Rosas (Avda. da Feira nº 10): Xilberte Manso, Gonzalo Navaza. Atención! En Gondomar a presentación será ás 20:00
  • Guitiriz, Casa das Palabras: Alfonso Blanco
  • Lalín, Museo Ramón María Aller: Rafa Cuíña, Alberto Granxa e Luz Méndez
  • Lisboa (Portugal), Casa do Brasil, 21.30 h: Antonio Mira e André Filipe Simões
  • Londres (Gran Bretaña), Instituto Cañada Blanch, 317 Portobello Road, 19.00 h: Inma Gil Rosendo e Eva Moreda
  • Lubián (Zamora), Salón de plenos do Concello de Lubián (Souto da Feira, 7): Felipe Lubián e Carme Pousa
  • Lugo, Librería Trama: Paco Martín e Antonio Reigosa
  • Madison (Wisconsin, EEUU), University of Wisconsin, Edif. Ingraham, Aula 133: David MacKenzie
  • Madrid, Ateneo de Madrid: Alejandro Hermida, Asunción Canal Covelo e Laura Montes Iglesias
  • Marín, Biblioteca Municipal: Ana Acuña, Carlos Solla e Lucía Outeiro
  • Melide, Centor Social Xosé Vázquez Pintor: Vanessa Martínez Iglesias, Xosé Vázquez Pintor, Xosé Luís Santiso e Valentina Formoso
  • Moaña, Centro Cultural Daniel Castelao: Asunción Soñora Abuín, Daniel Costas Currás, Benxamín Riobó Sanluís e Xabier Cordal
  • Monforte, Galería Sargadelos: Xosé Manuel Eyré e Suso Verao
  • Nablús (Palestina), Libraría Kubut: Fahed Salahat e Mohamed Salahat
  • Nigrán, Casa do Concello: Anxo Valverde, Xan Lois Cabreira e Emma Lázare
  • Noia, Casa da Cultura Avilés de Taramancos: Lola Arxóns, Agustín Agra e Carlos Maquieira
  • Nova York (EEUU), New York City University: Alexandre Alonso Nogueira e Humberto Ramilo Costas
  • O Barco, Biblioteca Municipal: Manuel Agra, Luísa G. Macía e Xaquín Freixeiro
  • O Grove, Casa da Cultura "Lueiro Rei": Xesús Mª González Domínguez, Luís Rei, Rosario Pérez Magdalena e Patricia Arias Chachero
  • Ourense, Ateneo de Ourense: Serafín Alonso, Xosé Antón Laxe Martiñán e Xián Bobillo
  • Padrón, Casa do Patín: Anxo Angueira, Rita Bugallo e Xosé García Lapido
  • París (Francia), Instituto Cervantes (sala 1.3): Martinha Varela e Antón Figueroa
  • Pobra de Trives, Casa da Cultura: Mónica Baleirón e Mª Luísa Travieso
  • Ponferrada, Sala da Obra Social de Caja España en Ponferrada: Paco Velasco, Nuria Varela e Rafael Adán
  • Ponteareas, Biblioteca Municipal: Alberte Reboreda, Anxo Saborido e Xosé Manuel Moo
  • Pontedeume, Centro Municipal de Maiores: Xosé Francisco Correa Arias, Xoán Lorenzo Crespo.
  • Pontevedra, Galería Sargadelos: Ana Outón, Ana Iglesias e Elvira Ribeiro
  • Ribadavia, Casa da Cultura: representantes da Plataforma Ribeiro pola Lingua
  • Ribadeo, Casa das Letras: Xavier Campos e Rocío Dourado
  • Ribeira, Ateneo Valle Inclán: Encarna Pego, Miguel Louzao, Pura Prado e Alexandre Cortés Ayaso
  • Salceda de Caselas, salón de actos do CEP Altamira: Suso Sánchez e Flori Veloso
  • San Martiño de Trebello (Val do Ellas, Extremadura), Casa do Concello: Domingos Frades Gaspar, Severino López Fernández e Máximo Gaspar
  • Santiago, Librería Couceiro: Xosé Luís Regueira, Antón Dobao e Mª do Carme Ríos Panisse
  • Saraievo (Bosnia), Kulturni Center Fuad Jahic: Jairo Dorado
  • Trintxerpe (Guipúzcoa), Tenencia de Alcaldía de Trintxerpe, concello de Pasaia: Xosé Estévez, Manolo Irixoa, Filipe Domínguez e Koldo Izagirre
  • Tübingen (Alemaña), Libraría Rosa Lux (Lange Gasse 27), 20.00: Aitor Rivas, Johannes Kabatek e Mariana Petitti
  • Tui, Área Panorámica (antigo S. Paio): Helena Pousa e Alberto Valverde
  • Verín, Casa da Cultura: Xesús Lantes, Bieito Barreira e Zeltia Barreira
  • Viana do Bolo, IES Viana do Bolo: Carlos Ferreiro González e Patricia Fernández López
  • Vigo, Casa Galega da Cultura (Fundación Penzol): Xosé Henrique Costas, Manuel Bragado, Agustín Fernández Paz
  • Vilafranca do Bierzo, Casa da Cultura de Vilafranca: Marisa Cela e Antonio Nestral
  • Vilagarcía, Auditorio municipal: Xan Guillén, Héitor Silveiro e Cruz López Martínez
  • Vilalba, Salón de Actos da Casa da Cultura: Primitivo Iglesias, Luis Villares, Moncho Paz, Ricardo Polín e Antía Veres Gesto
  • Vitoria/Gasteiz, Salón de actos do Centro Galego de Vitoria: Xavier Iglesias, Itziar Ayestaran, Idoia Ezeiza e Débora Álvarez Moldes
Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Sobre os dereitos humanos

4 febreiro, 2010 (08:28) | Dereitos_humanos, Educación_para_a_Paz, Recurso_didáctico | Sen comentarios

O meu amigo Celso López Pazos, presidente da Asemblea Republicana de Vigo, publica hoxe en Faro de Vigo un interesantísimo artigo sobre os dereitos humanos no Estado Vaticano. Recomendo a súa lectura vivamente.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

«As aulas e o despacho»

3 febreiro, 2010 (21:53) | Goberno Feijoo, Lingua, Recurso_didáctico, Vídeos | 8 comentarios

as aulas e o despacho from SonCine on Vimeo.

O pasado sábado, Anxo Lorenzo remata a súa ponencia na xornada de formación cos membros dos equipos de normalización e dinamización lingüística dos centros premiados na convocatoria de proxectos de innovación en normalización lingüística 2009-2010. No vídeo pode verse un extracto do debate posterior. As imaxes son impresionantes pola afouteza e claridade das intervencións do profesorado e, ao mesmo tempo, desoladoras polos rostros de enorme tristeza dos participantes abatidos polo dano profundo que se lles está infrixindo. Síntome moi orgulloso de que contemos con profesionais coma eles comprometidos coa escola galega. Aconsello difundir este vídeo por todos os medios ao noso alcance. Dificilmente imos atopar unha peza que mellor defina o que está sucedendo nestes momentos nas aulas e nos despachos.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

O CCG analiza e propón

2 febreiro, 2010 (17:42) | Beizóns, Goberno Feijoo, Lingua | Sen comentarios

Pareceume moi atinado o ditame do Consello da Cultura Galega sobre as «Bases para a elaboración do Decreto de Plurilingüismo». O seu carácter analítico e propositivo, ao mesmo tempo, a súa insistencia sobre os aspectos sociolíngüisticos e educativos (deixando os xurídicos ao criterio do Consello Consultivo), compleméntanse como anel co texto elaborado pola Real Academia Galega. Ambas as dúas pezas, xunto coas achegas doutras instancias asociativas e profesionais, constitúen unha emenda á totalidade dun documento que os seus promotores deberían ter xa retirado hai tempo.

O ditame do CCG, que merece ser debullado devagariño, máis alá do severo correctivo que realiza do texto, fai unha serie de consideracións que enriquecen ese proceso de elaboración colectiva sobre o futuro do idioma no que estamos inmersos:

– Un decreto non parece o marco normativo adecuado para regular o fomento da lingua galega no sistema educativo. O CCG propón , como xa fixera o pasado mes de novembro, que sexa o Parlamento quen trate este asunto.

–A responsabilidade da escola sobre esta cuestión é dobre: debe garantir tanto o dominio instrumental das linguas oficiais como formar individuos que asenten o seu comportamento lingüístico sobre valores cívicos e de respecto á diversidade lingüística.

– O obxectivo de competencia bilingüe nas dúas linguas non se pode asentar sobre a filosofía do equilibrio lingüístico na escola, senón que require un papel de reforzo para o galego.

–Non é razoable nin realista ningunha meta educativa plurilingüe, aplicable ao conxunto da poboación escolar, que non acepte niveis de competencia diferentes para as linguas e ambientais e para as demais.

–Trasladar a responsabilidade da definición do proxecto lingüístico comunitario ás familias e os centros non se xustifica como unha aposta democrática pola participación, senón que representa unha inhibición por parte dos poderes públicos que pode xerar tensións innncesarias nas comunidades educativas e nos centros escolares.

Mágoa o escaso respecto co que a Consellaría de Educación e Universidades recibiu o dictame do Consello da Cultura Galega,  algo insólito no marco da relacións institucional cunha das nosas entidades estatutarias.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Os camiños da paz

1 febreiro, 2010 (08:23) | Artigos Faro de Vigo, Campo de Granada, Educación, Educación_para_a_Paz, Recurso_didáctico | 1 comentario

No artigo da semana en Faro de Vigo reflexiono sobre o sentido da efeméride do Día escolar da non violencia e pola Paz.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Storytlr xunta as túas pegadas na rede

31 xaneiro, 2010 (20:03) | Blogaliza, Blogs, Internet | Sen comentarios

Moito agradezo a Goretoxo que montase unha nova ferramenta que permite xuntar as pegadas que imos deixando na rede. Hoxe a nosa identidade dixital constrúese coa conversa que mantemos empregando diversas ferramentas: no microbloguexo de twitter, na lectura dos feeds aos que estamos sucritos ou compartimos, nos vídeos que subimos ou na nosa participación nalgunha das redes de sociais. A ferramenta que instalou Goretoxo, baixo o dominio de blogomillo.org, permite seguir a nosa participación nun único espazo e ordenala de forma cronolóxica ou acoutala entre dúas datas. A experiencia de utilizala durante esta semana é moi satisfactoria, a pesar da imposibilidade de rexistrar as nosas pegadas no Facebook, a única pexa que lle poderiamos poñer.

Bos amigos, como Tati, Alfredo ou Goretoxo foron os pioneiros deste novo blogomillo. Intúo que esta é unha ferramenta que, a pesar de estar en probas e pendente de traducir, vai dar moito de si. Quen teña interese en abrir conta debe poñerse en contacto co administrador de blogaliza.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

«Dona Carme» continúa gustando

30 xaneiro, 2010 (14:20) | Bibliotecas, Educación, Humor, Literatura infantil e xuvenil, Persoal, Recurso_didáctico, Vídeos | 1 comentario

Grazas, moitas grazas, a todos os lectores e lectoras do CEIP de Lamas de Abade!

Dona Carme fai agora vinte anos. Comprobo que continúa gustando aos picariños e picariñas de hoxe e algunhas profesoras lle atopan utilidade didáctica. Que máis se lle pode pedir a este libro publicado cando non había nada, ou case nada, para os primeiros lectores?

Non sabedes que satisfacción me produce saber que Dona Carme continúe viva.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Día Escolar da non violencia e pola Paz

30 xaneiro, 2010 (13:56) | Blogs, Educación, Educación_para_a_Paz, Efemérides, Recurso_didáctico, Vídeos | Sen comentarios

Moito agradezo o esforzo que Anxo e Gracia veñen facendo en recompilar materiais da rede sobre a efeméride de hoxe, o Día Escolar da non violencia e pola Paz, que proban a vitalidade da celebración e a calidade e eficacia do traballo didáctico realizado nas aulas e nas bibliotecas do país. Un percorrido por tanto traballos escolares que para min resultou moi emocionante e gratificante. Aconséllo moi vivamente.

Tamén merece a nosa mención o encontro virtual, organizado por Espazo Lectura, que con motivo da efémeride mantivo Agustín Fernández Paz cos lectores e lectoras dos seus Valados.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

«55 mentiras sobre a lingua galega», primeiro libro de ProLingua

26 xaneiro, 2010 (19:41) | Beizóns, Iniciativas, Lingua, Presentacións, Recurso_didáctico | Sen comentarios

Paréceme extraordinaria esta iniciativa de ProLingua de publicar un libro que desmonta aos prexuízos e as mentiras tecidos arredor do idioma noso, ao tempo que a magnífica idea de presentalo de forma simultánea (o serán do 5 DE FEBREIRO) en [polo momento] cincuenta e seis localidades galegas e do mundo enteiro. Esta multipresentación expansiva vai camiño de converterse tamén nun fito na historia da edición internacional, xa que non coñecemos precedentes de que máis dun cento de persoas presentasen no mesmo día e a mesma hora o mesmo libro. Síntome moi orgulloso de pertencer á irmandade de ProLingua. Beizóns!

A plataforma a prol da defensa e promoción da lingua galega ProLingua presentará o próximo venres 5 de febreiro a súa primeira publicación titulada 55 mentiras sobre a lingua galega, coordinada polo profesor da Universidade de Vigo Xosé-Henrique Costas.

Esta publicación pretende ser un argumentario sinxelo e clarificador, ao tempo que sólido e rigoroso, que axude a sociedade galega a comprender e superar aquelas valoracións e interpretacións subxectivas, ideoloxizadas desde unha óptica exclusivamente partidista, erróneas ou perversas que perseguen o obxectivo de actuaren de freo ao camiño da necesaria reposición e normalización de usos para a lingua galega no seo da súa sociedade.

Co gallo de ofrecer unha análise dos prexuízos máis comúns que difunden os negacionistas do idioma, sae publicado este esperado libro útil, unha obra rigorosa que, paseniño e cun ton distendido, avanza até desmontar por completo, unha por unha, as principais falacias que ao correr da historia se veñen vertendo sobre a lingua galega, facendo fincapé naquelas que, por diversas razóns que tamén o libro pon de relevo, a día de hoxe teñen un maior calado na sociedade.

Xa que logo, podemos falar desta publicación como dunha reacción organizada, limpa e contundente contra as difamacións daqueles que, por complexo, mesquindade ou ambas as dúas cousas, só buscan o esmorecemento da lingua propia de Galicia, o galego.

Nos próximos días ofreceremos no noso blogue, http://prolinguagalega.org, cumprida información da multipresentación que deste libro se fará simultaneamente en máis de medio cento de localidades espalladas polo noso país –todas as cidades e principais vilas-, polo Estado español –Ponferrada, Madrid, Barcelona, Vitoria/Gasteiz e Trintxerpe- e no estranxeiro – Tübingen, Buenos Aires, Lisboa, Tel Aviv, Nova York, Bethelem, Nablús, París, Saraievo, Londres, Bruxelas e Copenhague. Unha relación de puntos de encontro e presentación longa e aberta, pois a recepción a esta iniciativa por parte da sociedade está a ser altamente positiva e comprometida. Texto recollido da anotación publicada no espazo de ProLingua.

A lista de presentacións, localidades e intervinientes poderá consultarse nos vindeiros días no blog de ProLingua e na multiconvocatoria presente en Facebook.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Ferrín presidente

25 xaneiro, 2010 (08:31) | Artigos Faro de Vigo, Autores, Beizóns, Campo de Granada, Cultura | 3 comentarios

No artigo da semana en Faro de Vigo (desta volta publicado en luns) parabenizo a X.L. Méndez Ferrín con motivo do seu nomeamento como presidente da Real Academia Galega. Entendo que esta é unha noticia feliz para a nación dos galegos, tanto por tratarse da figura cimeira da cultura galega contemporánea, como dunha das personalidades políticas máis decisivas das últimas cinco décadas.

Elección, aínda máis relevante, cando se produce nun momento decisivo, no que determinados sectores da sociedade galega pretenden facer retroceder as políticas de fomento da nosa lingua e o prestixio da nosa creación literaria. Priorizar o traballo interno dos equipos e seminarios académicos nos eidos da lexicografía, gramática ou historia; consolidar un sistema estable de financiamento institucional (a nosa primeira institución cultural padece un vergonzoso déficit crónico, que lle dificulta manter un funcionamento digno) e, sobre todo, profundizar na súa presenza social empregando os medios da comunicación cultural contemporánea semellan que serán as prioridades do mandato do autor de Estirpe.

Os nosos parabéns para Méndez Ferrín por tan merecida elección e os nosos desexos dos maiores éxitos para tarefas tan ilusionantes que inicia co seu equipo.

Sobre a mesma cuestión recomendo o magnífico artigo de Miguel Anxo Fernán Vello nas páxinas de Galicia Hoxe e o artigo de Xosé Antón Pérez Lema nas de Xornal de Galicia.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

«Non dubidaría», reflexión na semana de educación pola paz

24 xaneiro, 2010 (20:25) | Dereitos_humanos, Educación, Educación_para_a_Paz, Efemérides, Recurso_didáctico, Slideshare, Vídeos | Sen comentarios

Para Xesús R.Jares, sempre

Esta semana, con motivo da festa do 30 de xaneiro, as nosas escolas volverán encherse de globos pola paz. A celebración deste «Día Escolar da non violencia e pola Paz» remóntase en Galicia a 1984, ano no que comezaron as actividades de educación pola paz no Colexio Público García Barbón de Vigo. Unha iniciativa que prendeu como lume esperanzado na sociedade escolar galega. Os actos alegóricos como a solta de pombas ou globos no patio de cada centro; a confección de carteis; a elaboración de manifestos; as cadeas humanas na rúa do Príncipe; a realización de programas de radio foron algunhas das actividades que se desenvolvían nesta xornada reivindicativa e que agora son unha rutina que non falta en centro educativo ningún.

Daquelas primeiras celebracións dos oitenta xerminou o movemento galego de educadores pola paz, que dende entón celebra cada ano os seus encontros e promove investigacións, materiais didácticos e publicacións que desenvolven unha cultura para a paz e para a educación nos dereitos humanos. Fito sobranceiro do compromiso destes profesionais, organizados arredor do grupo de Educadores pola Paz de Nova Escola Galega, foi «Construír a Paz. Cultura para a paz», un proxecto interdisciplinar promovido polo inesquecible Xesús R. Jares, o infatigable motor e estudoso deste movemento, no que participaron máis de cento trinta persoas de todo o mundo, que se plasmou nun libro solidario do mesmo título, editado por Xerais, e nunha exposición de pintura, escultura, fotografía e ilustración que percorreu as cidades galegas. Aquel proxecto, colectivo e solidario –os beneficios tirados da venda do libro e das obras de arte empregáronse para apoiar un programa de educación para o desenvolvemento no Brasil–, contribuíu a irradiar dende Galicia unha mirada global sobre a paz, tratando de repensar esta idea en todas as esferas e ámbitos da acción humana.

A comezos desta segunda década do século XXI persiste a vulneración dos dereitos humanos en todos os continentes.  As dúas principais potencias do planeta continúan sen ratificar os dous principais tratados internacionais de dereitos humanos (Os Estados Unidos presididos polo Premio Nobel da Paz 2009 o «Pacto Internacional de Dereitos Económicos, Sociais e Culturais» e a China o «Pacto Internacional de Dereitos Civís e Políticos») asinados por ambos os dous nos anos noventa e que, porén, aínda como non ratificaron non están obrigados a cumprir as súas disposicións. Profundízanse os desequilibrios entre o Norte e o Sur do planeta (como demostra a recente crise humanitaria tras o terremoto de Haití). Institucionalízase a xenofobia e a aporofobia, a violencia apodérase de determinados entornos urbanos, rebrota a marxinación e a exclusión de amplos sectores da poboación. Constrúense muros que separan os seres humanos para protexer os privilexios dunha minoría. Continúa a violencia machista contra as mulleres e non cesan os conflitos bélicos como os de Afganistán e Irak e as guerras ocultas en case trinta puntos do planeta. Vivimos nun tempo, onde a nosa actitude cívica diante desta situación non pode ser nin a da resignación nin a da indiferencia. Un motivo de reflexión educativa para esta semana da paz que mañá comeza nos nosos centros.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Unha retirada a tempo

24 xaneiro, 2010 (17:49) | Goberno Feijoo, Lingua, Polémicas | 2 comentarios

Superado o rubicón que supuxo a folga e a manifestación do 21 (un éxito rotundo), bo sería que, máis alá do apoio telúrico da «maioría silenciosa», invocado polos promotores das «Bases do decreto de plurilingüismo», valorásemos devagariño e coa maior racionalidade os apoios as críticas e as suxestións recibidas polo documento do Goberno Galego. No entanto, tras o malestar que xerou na Xunta o documento da RAG, como despois das importantes decepcións que supuxo o rexeitamento do documento por parte de colectivos, previsiblemente afíns, como o sindicato ANPE ou a patronal de centros concertados relixiosos católicos FEREGA, quizais Feijoo (neste conflito sabe que está só e pechado nun círculo) non debera teimar en percorrer durante máis tempo un camiño que só agranda a ferida da fractura social no país. Por moito que apupen algúns comentaristas, unha retirada do documento a tempo pode evitar males maiores. Velaí un camiño perfectamente posible para retomar o consenso dende a sede parlamentaria.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Os editores galegos rexeitan as «Bases do decreto do pluriliguismo»

23 xaneiro, 2010 (19:57) | Editores, Educación, Goberno Feijoo, Libro de texto, Lingua | Sen comentarios

Membros da Xunta Directiva da AGE foron recibidos onte por autoridades da Consellaría de Educación (excusaron a súa ausencia tanto o conselleiro como o secretario xeral de Política Lingüística). No transcurso da reunión, os editores presentaron a súa valoración das «Bases para a elaboración dun decreto de plurilingüismo» que subscribe como punto de partida a filosofía do informe da RAG e rexeita, dende criterios estritamente empresariais, a redacción do apartado 8.1 do documento de «Bases», no que se fai referencia a edición e utilización dos libros de texto.

Os libros de texto das materias impartidas en galego e en castelán estarán redactados na lingua en que se imparte a materia. A Administración educativa promoverá a elboración de materiais na outra lingua oficial de Galicia e en lingua(s) estranxeiras(s).

Os editores manifestaron que de aprobarse esta redacción produciríase unha fragmentación do mercado dos materiais curriculares en Galicia que sería imposible de satisfacer por parte das editoriais, tanto pola necesidade de reducir as tiraxes, como polo aumento desorbitado dos custos de creación editorial que supoñería a edición simultánea en tres linguas. A esta reflexión engadiron que o sistema de elección de lingua por parte das familias, adiará a toma decisións dos centros educativos e fará imposible a fabricación dos materiais coa antelación precisa. Nesta liña, os editores reclamaron dispoñer dun calendario de produción racionalizado e coherente co programa de implantación da nova modalidade de gratuidade prevista polo actual Goberno Galego.

Os editores amosaron, ademais, a súa enorme preocupación sobre a eficacia pedagóxica do equilibrio entre as tres linguas escollidas, solución non contemplada á hora da redacción dos currículums actualmente en vigor. Sinalaron que «converter un terceira lingua non natural (fose inglés ou outra) en lingua vehicular para desenvolver os currículums vixentes, comprometería a viabilidade didáctica e calidade dos materiais, xa que a edición nunha lingua estranxeira implica unha adecuación dos proxectos editoriais aos niveis de competencia lingüística do alumnado (moi inferiores ao das súas dúas linguas natuais), o que suporía unha inevitable rebaixa dos contidos e un claro incumprimento da obriga de abordar a totalidade dos currículums.»

Por niveis educativos, os editores amosaron a súa aberta disconformidade co modelo establecido nas «Bases» para Educación Infantil que «parece contradicir o establecido no artigo 8 da "Carta Europea das Linguas Minorizadas"», xa que é moi probable que coa solución adoptada a edición en galego será minoritaria e dificultará continuar publicando unha oferta que veu mellorando moi sensiblemente nos últimos cursos. Con respecto á Primaria, os editores expuxeron que non lles parece lóxica de maneira ningunha a impartición en castelán (ou en inglés ou noutra lingua estranxeira) da área de Coñecemento do Medio, a área máis vencellada a nosa cultura propia (tradicións, costumes...), á nosa xeografía, aos nosos saberes tradicionais ou ao coñecemento dos nosos episodios históricos. Semellantes argumentos servirían tamén para as materias de Ciencias Sociais e Ciencias da Natureza da Secundaria Obrigatoria, co problema engadido de que semella moi pouco defendible a previsible mudanza de linguas vehiculares ao longo da historia escolar de cada alumno. O mesmo sucedería coa fragmentación da oferta lingüística das áreas optativas, tanto da ESO como das diversas modalidades do Bacharelato, nas que moi dificilmente será rendible a publicación de manuais. Por último, os editores amosaron a súa decepción polo tratamento lingüístico da Formación Profesional, etapa da que desaparecerían os materiais en galego, quedando reducida a presenza da nosa lingua á oferta dun Vocabulario Técnico de cada materia.

Os editores galegos propuxeron que para lograr a consecución de idéntica competencia lingüística nas dúas linguas oficiais, como quedou establecido nos documentos curriculares vixentes, se deberían respectar cinco condicións: 1ª,  a prevalencia dos criterios pedagóxicos sobre calquera outros; 2ª, a elección da lingua vehicular das materias por parte das autoridades educativas (por medio do decreto); 3ª, a prioridade das dúas linguas oficiais; 4ª, A continuidade e mellora dos programas actuais de adquisición de inglés e do seu uso como lingua vehicular; e 5ª, a recuperación do consenso político e social que promoveu o propio PPdeG en lexislaturas anteriores.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

A lingua é unha arma

23 xaneiro, 2010 (16:56) | Educación, Educación_para_a_Paz, Efemérides, Humor, Lingua, Recurso_didáctico | Sen comentarios

Ben poderiamos difundir esta imaxe da nosa lingua pacifista, diante da semana da educación para a paz.

Beizóns ao xenial Xaquín Marín.

Grazas a Xavier Alcalá que rescatou esta peza memorable pubicada hai máis de trinta anos.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

O Celta no Calderón foi un equipo colosal

22 xaneiro, 2010 (21:47) | Celta de Vigo, Fútbol | Sen comentarios

Para os incombustibles seareiros celestes o partido colosal fronte ao Atletí demostra que eran fiables os síntomas de recuperación que percibiamos no xogo do equipo noso durante os dous útimos meses. A aposta de Eusebio pola canteira e por un esquema de xogo amable coa circulación da pelota comeza a dar os seus froitos, mesmo superando as dificultades de harmonizar as descargas eléctricas imprevisibles de Iago Aspas co tiraliñas que devarariño emprega Trashorras. Demostrouse onte no Calderón que é posible que as nosas dúas figuras compartan responsabilidades sobre a lameira, desbotando o prexuízo tan estendido entre a bancada e os propios medios de comunicación de que eran xogadores incompatibles. Unha grande noticia! Mais este Celta galego é moito máis que o de Moaña e o de Rábade. A firmeza defensiva de Noguerol e Túñez (unha parella de centrais que proporciona idéntica fortaleza á formada por Catalá e Jordi), o traballo polas bandas de Hugo Mallo e Roberto Lago, a capacidade recuperadora e o empuxe de Michu e Jonathan Vila, o desborde e a velocidade de Toni e Dani Abalo, mesmo o remate de Joselu (un xogador que vai acougando ao longo da tempada) prometen que o  Celta máis galego das dúas últimas décadas podería entrar nas semifinais de Copa e realizar unha boa segunda volta de campionato. Porén, a pesar do esperanzador do empate para afrontar o partido de volta (agardemos que o xoves Balaídos responda como o equipo merece), non podemos esquecer que esta liga de Segunda División é moi dura e  ingrata, como tampouco que saír das posicións comprometidas de descenso  é un obxectivo aínda non acadado. Gocemos mentres poidamos do partido colosal de onte. Abofé que non foi un espellismo. Agardemos confiados, quen díxo que o mellor non está por chegar?

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Premio de Fervenzas Literarias

20 xaneiro, 2010 (19:27) | Beizóns, Blogs, Persoal, Premios | 6 comentarios

Recibo con sorpresa a noticia de que os lectores e lectoras de «Fervenzas Literarias» declararon estas Brétemas como o mellor blog de 2009. É este o primeiro recoñecemento que recibe o traballo do blog nestes cinco anos de andaina, razón pola que non podo estar máis que agradecido. Beizóns!

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

RAG, beizóns!

18 xaneiro, 2010 (21:51) | Beizóns, Goberno Feijoo, Lingua | 11 comentarios

Síntome orgulloso de pertencer a un país que ten institucións propias como a Real Academia Galega. Xa expresamos a nosa opinión sobre os contidos do seu documento de análise das «Bases do decreto de plurilingüismo», un texto que pasará á historia de noso. Abondan poucos adxectivos: firme, rigoroso, delicado, extraordinario! Os membros do plenario da RAG, e especialmente os redactores que sintetizaron as achegas de todos os membros da institución (segundo os medios xornalísticos Xosé Luís Axeitos, Víctor Freixanes, Manuel Rivas, Francisco Fernández Rei e Xesús Ferro Ruibal), merecen as nosas maiores beizóns.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Campo do Fragoso LXXXVIII

17 xaneiro, 2010 (11:46) | Artigos Faro de Vigo, Campo do Fragoso, Celta de Vigo, Fútbol | 4 comentarios

YELLOW SUBMARINE

A intervención do espíquer de Balaídos onte foi autenticamente xenial. Recibiu aos heroes do Madrigal con «Sementeira», a mítica canción de Fuxan os Ventos que fala de esperanza e compromiso, e despediu ironicamente aos colexiados, tras unha actuación deplorable (pésima, lamentable... escolla cadaquén o adxectivo), ao ritmo de «Yellow submarine», unha das cancións máis divertidas dos Beatles. Entre ambos os dous temas, desenvolveuse un encontro que tivo dous grandes protagonistas: Gregorio Bernabé García, un árbitro murciano con tantas maneiras de figura do espectáculo como escaso criterio técnico e moral, e Iago Aspas, o líder natural deste Celta da canteira, expulsado, cando remataba o primeiro tempo, por unha segunda tarxeta, tan rigorosa coma a primeira, por sacar unha falta antes que asubiase o colexiado (un terrible delito, sen dúbida). Esa maldita xogada escarallou un partido (sei que saberán desculpar o exabrupto), até entón, moi xeitoso, xogado a corazón aberto, con intensidade máis sen asomo ningún de violencia, por dous bos equipos que non se conformaban co empate. O Celta saíu na súa formación inicial con sete xogadores formados na Madroa, hoxe xa a auténtica selección galega, consolidando o proxecto de Eusebio de refacernos dende o paciente traballo da canteira. Apenas transcorridos dous minutos, Joselu xa rematou con enorme perigo un servizo excelente de Iago Aspas, un xogador en estado de graza, imprevisible, capaz de comunicar un estado de excitación e autoestima aos seus compañeiros descoñecido ata agora. Esta combinación alboral volvería a repetirse un cuarto de hora despois, cando Bravo, o porteiro donostiarra salvou in extremis outro cabezazo rotundo do noso dianteiro centro, tras un centro de Toni. Durante toda a primeira parte o xogo na lameira foi electrizante e vertical camiño de ambas as dúas áreas. Á altura da media hora de xogo, Falcón fixo dúas paradas extraordinarias que evitaron senllos goles feitos dos vascos que, a pesar do esforzo dese valadar chamado Bustos, foran nivelando o encontro. Porén, a beleza do espectáculo foi crebada polo colexiado con dúas tarxetas moi discutibles a Garai e Aspas e pola xa comentada expulsión da nosa figura. Unha perda absolutamente decisiva para o devir do encontro. Tras o descanso, e tras apupar o espíquer aos nosos coa sintonía de «Orzowei», Eusebio viuse obrigado a incorporar a Trashorras coa intención de compensar a inferioridade numérica cunha maior posesión do esférico. A solución non cuallou. Sen Aspas, os nosos perderon moita voltaxe, a nosa defensa (totalmente da canteira) vacilou na súa disciplina, e os donostiarras souberon aproveitar decontado eses furadiños para que Nsue marcase dende a área pequena no que sería o único (e fatal) erro de Falcón. Porén, os nosos sacando moito peito conseguiron que non aumentase a diferencia e tiveron un par de ocasións clarísimas para igualar o partido. Se chega entrar a vaselina de Joselu, salvada baixo o longueiro por un defensa, ou o remate de Jordi ao pao, non teño dúbidas de que o partido tería sido noso. Os tres puntos marcharon de Balaídos, mais as sensacións que achega este Celta de Eusebio foron boas. Semella que rematou o tempo do conformismo e amodiño comeza a tecerse unha nova rede de esperanza cos nomes de Mallo, Túñez, Jordi, Toni, Joselu, Oriol..., as figuras dese novo Celta que se enxerga no horizonte.

Foto da anotación: Óscar Vázquez (La Voz de Galicia)

Máis imaxes do partido (Xornal de Galicia).

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Outra mobilidade é posible

17 xaneiro, 2010 (11:25) | Artigos Faro de Vigo, Campo de Granada, Medio_Ambiente, Recurso_didáctico, Vigo | Sen comentarios

No artigo da semana analizo algúns datos do informe sobre mobilidade local elaborado por Luis Espada, o Valedor do Cidadán de Vigo. A curto prazo en Vigo (como supoño que na maior parte das nosas cidades) é imprescindible invertir os indicadores actuais de mobilidade, que sinalan un abuso do coche particular e un servizo moi insuficiente de transporte colectivo.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Primeiro concurso mundial de pés de foto con libros

14 xaneiro, 2010 (21:10) | Artes Visuais, Imaxes, Iniciativas, Lectura, Premios | 2 comentarios

Esta paréceme unha idea fermosa para comezar un Ano do Libro e a Lectura (que en Galicia non se ve, aínda por ningures): a aventura de escribir un libro sobre os libros de forma compartida.

As fotografías son do mexicano Álvaro Alejandro e a iniciativa está promovida por Artes de México e polos nosos amigos de A leer México /IBBY (que promoven, tamén, un concurso sobre contos de fútbol, outra idea a emular).

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

U-lo consenso? Galego 2025

13 xaneiro, 2010 (21:52) | Goberno Feijoo, Lingua, Polémicas | 14 comentarios

Despois de dúas semanas da presentación do borrador do decreto, tras os posicionamentos dos sectores profesionais e sindicais, xa non cabe dúbida do estrepitoso fracaso da proposta de Feijóo, Vázquez e Lorenzo. A sobreactuación grotesca dos membros de Galicia Bilingüe (queixándose coa boa pequena da «traizón de Feijoo» aos seus electores) e a argumentación propia dun manual de campaña electoral dos intelectuais gubernamentais non abondan para xustificar racionalmente os tres piares do decreto: o plurilingüismo para vender con aires de modernidade o retroceso que se impón ao galego; o equilibrio horario dos tres terzos que, inevitablemente, achantará o galego no currículum e impedirá a consecución da dobre competencia ao remate de cada unha das etapas educativas obrigatorias; a participación das familias e do propio alumnado na elección da lingua vehicular dentro das aulas que despraza a responsabilidade das autoridades educativas sobre os centros e deixa no maior desamparo ao profesorado.

Outrosí sucede coas chamadas retóricas ao consenso, realizadas inicialmente por Anxo Lorenzo, que xa dende o primeiro día perderon toda a credibilidade ao excluír explicitamente a todos aqueles sectores que defendemos a legalidade actualmente vixente, considerados polos promotores do decreto e polos intelectuais gubernamentais como «extremistas». As argumentacións de Roberto Blanco Valdés e Xosé Carlos Caneiro (o escritor de Verín corre en termos políticos a velocidade pasmosa cara á dereita extrema) o pasado luns no programa de debate da TVG resultaron moi clarificadoras desta posición demagóxica que pretende ubicar aos defensores do retroceso do galego nunha posición equidistante (temperada, sensata, centrista, esa da «maioría silenciosa» da que falaba Arias Navarro e á que agora apela Lorenzo) entre os dous extremismos, o dos defensores de todo en castelán e de todo en galego. O plurilingüismo, esa nova relixión que acaba de raíz coas políticas de normalización lingüística da Autonomía, asociadas polos promotores do decreto coa «imposición del gallego» (esa mentira de destrución masiva pola que algún día renderán contas), preséntase como o único espazo posible de consenso de todos os sectores non extremistas. Con eses vimbios quere construír «un novo consenso lingüístico» o PPdeG? É crible que se poida chegar a un acordo sobre o futuro do galego que exclúa de forma explícita a todos os galeguistas?

Só será posible intentar refacer un consenso de todos os sectores e partidos (o único ao que se pode denominar como tal) se o Goberno retira o documento. Estou seguro que ese xesto de sensatez e galeguidade abondaría, para abrir decontado dende o Parlamento Galego, co acordo unánime dos tres grupos parlamentarios, unha mesa técnica que permitise recuperar os traballos de desenvolvemento no seu conxunto do Plan Xeral de Normalización Lingüística de 2004. A creación dun espazo común de expertos, en sede parlamentaria, facilitaría aos nosos deputados construír ao longo desta lexislatura as bases sólidas para deseñar unha política de promoción do galego na perspectiva xeracional de máis dunha década (un proxecto que podería denominarse «Galego 2025»).

Velaí o dilema de Feijoo: tirar para diante en solitario co decreto de retroceso do galego ou compartir coas forzas políticas e sociais o esforzo de deseñar unha política de fomento do galego a longo prazo.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Cidade bicentenaria

10 xaneiro, 2010 (11:32) | Artigos Faro de Vigo, Campo de Granada, Efemérides, Historia, Vigo | 1 comentario

No artigo da semana en Faro de Vigo [hoxe non aparece na web], ao fío da celebración o vindeiro primeiro de marzo do bicentenario da declaración de Vigo como cidade, reflexiono sobre o que entendo foron os tres motores vigueses durante estes dous séculos: o seu carácter metropolitano, portuario e cívico (liberal e progresista).

A aparición frecuente de restos arqueolóxicos pon en cuestión esa falsa idea dun «Vigo sen raíces na historia». Os xacementos catalogados, desde o Paleolítico ata a Idade Media, proban a antigüidade dos asentamentos humanos sobre os brazos estendidos da ría e do Val do Fragoso. Porén, é innegable que a cidade como tal é moito máis nova xa que a vila amurada que loitou contra os franceses non recibiu os privilexios do seu nomeamento como cidade até 1810. Vigo é, pois, a partir deste ano, unha cidade bicentenaria que conta cunha historia milenaria.

Efectivamente, a concesión a Vigo do título de cidade foi a máis importante honra que nos deixou a Reconquista. Por decreto de 1 de marzo, expedido en Cádiz o 10 de abril de 1810, o Consello de Rexencia de España e Indias concedeu a até entón vila de Vigo «o privilexio e título de ‘Cidade Fiel, Leal e Valorosa’ en atención aos sinalados servizos, heroica lealdade e esforzado denodo que manifestaron os veciños dela en defensa da xusta causa da independencia nacional, relevándoa do pago de todo servizo e xénero por esta graza». Velaí o texto dun decreto (que non sería publicado até o 27 de outubro do mesmo ano) que sinala a epifanía da nosa cidade e que facía xustiza ao esforzo da súa veciñanza para lograr a súa liberación e a de toda Galicia, xa que tras a vitoria popular de Vigo, se organizaron as forzas que venceron na batalla de Pontesampaio.

Será Gabriel Méndez de Quirós, o primeiro alcalde constitucional dunha cidade que tiña en 1813 unha poboación de 888 veciños (estimamos que arredor de catro mil persoas), mentres que os seus concellos veciños de Bouzas e Fragoso contaban con 664 e 2.127 veciños respectivamente. Datos polos que aventuramos que a poboación asentada hai douscentos anos nos actuais límites do concello de Vigo era superior aos quince mil habitantes. Un terzo desa poboación arremuiñábase arredor de dúas vilas mariñeiras, de Vigo e Bouzas, mentres que o resto o constituía o campesiñado estendido polas parroquias agrarias do vizoso Val do Fragoso (dezasete entidades, aínda todas hoxe con vida de seu) onde, como recorda Álvaro Cunqueiro, cada ano pintaban as uvas, secaba a colleita anual de ouriceiros e o arrecendo das mazás e marmelos perfumaba o aire das hortas dos pazos.

Non deixa de ser curioso que o celme do Vigo actual xa estivese naquel vilar mariñeiro e campesiño de hai dous séculos, no que era doado diferenciar unha cidade chantada coma un anfiteatro diante da súa ría e unha sociedade aldeana moi estendida sobre un val farturento no que as tradicionais actividade agrarias foron substituídas, dende hai apenas cincuenta anos, polo pulo da industria do automóbil que todo o mudou. A fasquía do Vigo contemporáneo, a primeira cidade de Galicia, é froito do traballo acompasado de tres motores: o metropolitano, o portuario e o cidadán. O metropolitano teceu unha cidade policéntrica, esa «cidade en bisbarra» para Otero Pedraio, que foi integrando amorosamente aos concellos do Fragoso e de Bouzas e soubo anticiparse á historia e contar, a comezos do século XX, cunha rede de transporte público metropolitano (o tranvía chegaba a Porriño, Gondomar e Baiona), desmontada pola cegueira do «desarrollismo» franquista dos anos sesenta. O portuario impulsou, dende 1821, cando recibiu o pulo que lle supuxo a declaración como «porto depósito de primeira clase» (o que supuxo tanto o establecemento dun consulado de comercio marítimo terrestre como a construción do primeiro peirao), unha cidade en debate permanente (e nunca resolto) coa ubicación e ampliación das dimensións do seu porto. Velaí esa cidade atlántica, «abella da ribeira» para Manuel Lueiro Rei, sempre afanada no traballo cara o mar. Por último, o cidadán forneceu ese sentimento liberal e progresista que, a pesar das circunstancias máis adversas, nunca desfaleceu totalmente e permitiu que Vigo, dende o seu alborexar como cidade, liderase os proxectos da Galicia do futuro, fosen os industrais (aquí se montaron as primeiras factorías navais e conserveiras) os culturais (o noso primeiro teatro, o da praza da Alfóndiga, é de 1833 e o noso xornal decano, Faro de Vigo, de 1853), os financieiros (o Banco Siméon naceu en 1857 e a Caixa de Aforros de Vigo en 1880), ou os urbanos (a luz de gas viguesa, no alumeado público, inaugurouse en 1884). Eis atopamos a orixe da nosa actual cidade revolcada, ese «volcán de dinamismos» do que falaba Méndez Ferrín.

As celebracións que se realicen ao longo deste ano do Bicentenario da cidade deberan ter en conta estes tres motores, que perviven, tamén, nos tres debates primeiros sobre o futuro da cidade no século XXI: o da creación de vez da área metropolitana, o do reordenamento da actividade portuaria e o do futuro do sector financeiro e industrial propio.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Compostela branca

9 xaneiro, 2010 (17:50) | Cidades, Imaxes | 1 comentario

20100109elpgal_1 (1)

Non tiven a fortuna de vivir a grande nevarada que caíu onte sobre Compostela. Nas fotos presenta a súa faciana menos coñecida, que, con seguridade, alguén acuñará na historia desta cidade de letras e signos fascinante para os escritores: «cidade onde vagan os homes e as horas» (Salvador García Bodaño); «cidade que parece construída o día anterior»  (Gabriel García Márquez); «cidade na que soterraron a semente» (X.L. Méndez Ferrín); «cidade que é un mar de pedra» (Celso Emilio Ferreiro); «cidade onde os sumidoiros son améndoas» (Xavier Cordal, a miña preferida); «labirinto hermético que segue a ser cidade aberta ao país e casa de todos os galegos» (Suso de Toro)... Cal será a frase literaria para fixar a que foi onte a nosa cidade branca?

Foto: Óscar Corral. El País.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Don Paco, home luz

7 xaneiro, 2010 (18:08) | 17_de_maio, Autores, Beizóns, Bibliotecas, Cultura, Efemérides, Vigo | 1 comentario

Don Paco, Francisco Fernández del Riego, recibiu esta tarde unha pequena homenaxe con motivo do seu noventa e sete aniversario. Un grupo de amigos e amigas reuniuse na viguesa praza de Compostela, onde vive, para render tributo a quen durante toda unha vida leva laboreando de forma infatigable por un ideal noble: organizar en Galicia o partido da esperanza. A pesar dos inevitables achaques dunha persoa case centenaria, don Paco mantén aínda a afouteza e a coraxe, un espello de dignidade humana que representa os mellores valores desa formación veterana na que militaron, entre tantos outras, figuras como Castelao, Alexandre Bóveda, Luís Seoane, Ramón Otero Pedrayo, Celso Emilio Ferreiro ou Álvaro Cunqueiro.

Don Paco é un home rede. Posúe a capacidade, tan valiosa en Galicia, de aglutinar vontades, de contaxiar alento para acometer tarefas colectivas, en «equipo», como a el lle presta dicir. Xa o practicaba naquel tempo de entusiasmo republicano, cando sendo secretario xeral das Mocidades Galeguistas mobilizaba aos estudantes composteláns coa súa oratoria sobria e eufónica –como acertadamente ten sinalado esoutro grande orador que é o profesor Xesús Alonso Montero–, a do guieiro dun pensamento federalista e galeuzcano, netamente progresista, como foi sempre o seu compromiso político. Un home rede tecedor de proxectos case imposibles nos tempos da ditadura, dende o primeiro suplemento de letras do xornal compostelano La Noche, que preparaba con Xaime Illa Couto, ata a posta en marcha e funcionamento imparable da editorial Galaxia e da revista Grial. Un home rede que en só catro anos de presidencia memorable foi capaz de poñer en valor a Real Academia Galega, unha institución, ata entón, enferma e anestesiada.

Don Paco é un home lente. Impenitente lector e bibliófilo, intuíu a necesidade de construír un sistema cultural galego moderno e plural, que permitise desvelar a literatura galega e desenvolver unha industria do libro na nosa lingua. Toda unha proeza de destemido! Aí quedou esa súa creación singular da efeméride do 17 de maio e o seu rigoroso traballo como antólogo, ensaísta ou divulgador nos xornais, onde leva publicando milleiros de artigos de estilo inconfundible. Del Riego, o máis importante editor galego contemporáneo, entendeu o traballo do editor como unha conversa permanente coa creación e co seu tempo, ensaiando novos formatos e fórmulas de edición inéditas na nosa lingua, como a modélica colección «Illa Nova», que alicerzou a nova narrativa galega, ou imprimindo unha fasquía rabiosamente moderna para todas as publicacións que promovía dende Galaxia.

Don Paco é un home ponte. Tracexou a súa aventura vital coma enlace entre os seus mestres, os membros de Nós, e as novas xeracións da fin de milenio. Home correo escribiu milleiros de cartas que permitiron manter accesa a mesma chama entre a Galicia interior e a da diáspora. Unha ponte sobre unha mesma canle, sobre uns idénticos ideais: defender o noso idioma e a nosa identidade como célula de universalidade, unha definición acaidísima, acuñada polo Partido Galeguista, e aínda non superada, que asumiu don Paco como programa de vida. Un home espello deste talante aberto de diálogo con todas as culturas, deste compromiso moral cos valores da democracia, da paz e da solidariedade, deste exercicio permanente de autoestima e dignidade que nos permite considerarnos orgullosamente como cidadáns galegos.

Don Paco é un home aceiro. Metódico, organizado, cerebral, non esmoreceu no seu afán diario por continuar termando das responsabilidades que asumiu. Así dirixiu durante case medio século a Biblioteca Penzol, sen cobrar un pataco, converténdoa nun centro de documentación modélico para os novos investigadores da cultura galega e sobre Galicia; aí segue publicando nos xornais, preparando novos libros, acuñando na conversa unha reflexión, tan lúcida como corrosiva, sobre este novo tempo en crise.

Don Paco é un home luz. Encabeza o partido galego da esperanza, o da xente entusiasta e liberal, melancólica e optimista que posúe como eixo do seu programa a loita contra o esquecemento. Unha luz que prende a memoria que nos mantén vivos e dispostos a continuar ese río incesante que nos leva.

Foto: 07-01-2010, R. Grobas, Faro de Vigo.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Bos Aires, xaneiro 1950

5 xaneiro, 2010 (09:58) | Autores, Historia, In memoriam | 1 comentario

Castelao viaxou a París en 1946, enviado polo Consello de Galiza, para participar como ministro galeguista no Goberno republicano que presidía Giral. De volta a Buenos Aires, en agosto de 1947, padecendo xa os primeiros síntomas da doenza que o levaría á morte, púxose a traballar no segundo volume de Sempre en Galiza, no que pretendía facer reconto da súa experiencia naquel malogrado goberno republicano no exilio. Coa saúde estragada, aproveitando a tregua que lle proporcionaban os calmantes, teceu o que sería un dos seus máis lúcidos discursos, Alba de Gloria, unha oración afervoada da «Santa Compaña de inmortais galegos»: Prisciliano, Xelmírez, Andrade, Airas Nunes ou Sarmiento de Gamboa. Este discurso, pronunciado no Teatro Arxentino con motivo do Día de Galiza de 1948 foi a súa derradeira intervención pública.

Dende marzo de 1949 viviu nove meses de drama, atrapado polas trincadoras poutas da dor. O 2 de xaneiro de 1950 foi internado no sanatorio do Centro Galego para realizarlle unha intervención cirúrxica que aliviase aquelas dores, que el chamaba de lobo. Dous días despois sería operado pero Castelao non superaría aquel trance. Cando o reloxo marcaba as 23,50 horas do 7 de xaneiro, a enfermeira de quenda comprobou que o seu corazón deixara de later.

A noticia correu coma un rego de pólvora pola cidade porteña. Manuel Meilán buscou  ansiosamente a Blanco Amor en Montevideo para levalo a Buenos Aires. As sociedades galegas quixeron que fose o escritor ourensán quen pronunciase as derradeiras palabras de despedida ao xenial rianxeiro. O corpo de Castelao foi embalsamado e o escultor Domingo Maza obtivo por baleirado en xeso a mascariña da face e da man dereita do artista. A capela ardente instalouse no salón de columnas do Centro Galego. Presidindo o velorio estaba a bandeira de seda, co escudo de Galicia bordada en ouro, insignia oficial do Consello de Galiza. No cadaleito, con renda de Camariñas garnido, antes de ser pechado, foi deitada unha bulsa de terra que catro días antes do falacemento chegara do outro lado do Atlántico nas mans de Perfecto López; terra apañada na beira do Miño, enviada para o caso coa aperta dos galeguistas do interior. O enterro realizouse o luns día 9, no cimeterio de Chacarita. As palabras alí pronunciadas por Eduardo Blanco Amor foron acuñadas, dende entón, como sinais de identidade do galeguismo: «Cando no porvir se diga Castelao, estarase comulgando con o propio nome de Galicia».

Na Galicia interior, o Partido Galeguista funcionaba na clandestinidade e o seu secretario político, Ramón Piñeiro, acababa de saír da cadea, despois de tres anos de reclusión. A nova do loito, aínda circulada con timidez e cortedade, causou un forte impacto.  Valentín Paz Andrade –amigo de Castelao dende 1916 e director do periódico Galicia. Diario de Vigo, onde publicaba na súa primeira páxina as viñetas de Cousas da vida – escribiu unha necrolóxica para o suplemento sabatino de artes e letras do santiagués diario La Noche, que coordinaban Francisco Fernández del Riego e Xaime Illa Couto. O artigo, titulado «Castelao, el hombre y el artista», foi publicado o día 14 de xaneiro, e a censura respectouno case na súa integridade. Ilustrado coa caricatura que Bagaría fixera de Castelao, o artigo de Paz Andrade foi o primeiro de fondo ideolóxico que en Galicia se publicaba dende 1936. «Sin que doblaran a muerto todas las campanas de Galicia, en la noche séptima del año naciente, más allá del Atlántico, entre el hervor espeso de Buenos Aires, se ha plegado, gallegos, nuestra mayor bandera», remataba Paz Andrade un artigo, que escribiu a peito descuberto. O suplemento literario de La Noche desaparecería dúas semanas despois por determinación da censura oficial.

A punto de celebrar o sesenta aniversario do seu pasamento, Castelao continúa sendo a figura que acrisola, mellor que ningunha outra, a tradición pacífica, liberal, universalista, democrática que impregna o galeguismo do entusiasmo até o lirismo. Castelao é o símbolo da esperanza de Galicia.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Os blogs xa non son o que eran

5 xaneiro, 2010 (09:27) | Beizóns, Blogs, Entrevistas, Persoal | Sen comentarios

Arturo Losada de Xornal de Galicia tivo a amabilidade de facer unha reportaxe con motivo do quinto aniversario destas brétemas e dos blogs do meu amigo Jaureguizar. Os blogs (e, loxicamente, os blogs en galego) mudaron de fasquía e funcionalidade non hai dúbida ningunha, mais non morreron e nunca tantos se actualizan cada día na nosa lingua. O meu maior agradecemento para Xornal de Galicia e as miñas desculpas por seu houber algún autobombo nas miñas palabras.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

O noso idioma á intemperie

4 xaneiro, 2010 (08:10) | Artigos Faro de Vigo, Campo de Granada, Educación, Goberno Feijoo, Lingua, Polémicas | 2 comentarios

No artigo dominical de Faro de Vigo, publicado hoxe, valoro o enfoque político do borrador do decreto de plurilingüismo no sistema educativo. Tempo haberá de debullar os contidos do documento no referido a cuestións educativas e editoriais.

Refén do compromiso co seu electorado de rematar con «la imposición del gallego» e consciente da debilidade política dos candidatos do seu partido ás alcaldías das grandes cidades, o actual presidente da Xunta destilou durante meses o que pretendía fose un elixir que entusiasmase aos sectores sociais que reclaman non ter contacto ningún co galego na súa vida cotián (un caladoiro electoral onde o PPdeG pretende atopar a súa vitoria en Vigo ou na Coruña) e conformase aos sectores menos esixentes na defensa da lingua das institucións culturais e do PSdeG-PSOE.

Abandonada a posibilidade de recuncar no consenso de todos os partidos e sectores sociais arredor do Plan Xeral de Normalización Lingüística de 2004 e asumida a necesidade de afastarse de posicións galeguistas (as que se identifica co extremismo da «imposición do bipartito»), a ninguén pode extrañar que Feijoo presentase con estudada equidistancia un documento que afonda na utilización partidaria do conflito sobre o emprego das linguais cooficiais no sistema educativo. O que nos achega unha primeira e importante conclusión, por vez primeira en tres décadas de autonomía, a política lingüística desta lexislatura será a imposta polos criterios e intereses dun partido, non a consensuada por todas forzas políticas en base a criterios de país e á defensa de intereses xerais.

Vestido coas roupas do «espazo internacional do plurilingüismo» e amparado nos resultados da enquisa ás familias da fin de curso, o documento propón recurtar a utilización do galego como lingua vehicular nas dúas etapas do ensino obrigatorio; deixándoo á intemperie, aos ventos dos arraigados prexuízos sociais e das «decisións vinculantes» que cada catro anos tomen as familias sobre o seu uso en determinadas materias. Non hai dúbida que se entra en vigor este decreto, o emprego escolar do galego retrocedería de forma moi significativa, tanto por que de facto sería reducido a materias onde se empregan con menor intensidade todas as competencias lingüísticas como pola laxitude do seu uso por parte do alumnado, que terá a posibilidade de escoller, tamén nas aulas, a lingua cooficial da súa preferencia para súas manifestacións orais e escritas; unha solución inaudita e rocambolesca, secomasí que unha materia sexa impartida nunha ou outra lingua só obrigará ao profesorado (a grande vítima deste documento), que perderá parte da súa autoridade pedagóxica diante do seu alumnado en formación.

Un retroceso indiscutible (por moito que teimen en negalo os redactores do documento) que impedirá conseguir os obxectivos previstos nos documentos curriculares en vigor, nos que se fixa que todo o alumnado deberá acadar idéntica competencia en ambas linguas cooficiais ao remate de cada unha das etapas. Un retroceso que, ademais, contravén o sentido de progresividade e da necesaria protección da lingua propia establecido na Lei de Normalización de 1983 (velaí o artigo 13.2.: «As Autoridades educativas da Comunidade Autónoma arbitrarán as medidas encamiñadas a promover o uso progresivo do galego no ensino». Este tratamento aparentamente «igualitario» que o documento concede as tres linguas no horario escolar é, ademais de meramente publicitario (coa marca de «plurilingüismo» trátase de vender mellor o novo decreto), discriminatorio para a lingua galega, xa que en todos os manuais de Sociolingüística aplicada ao ensino aparece que a lingua minorizada debe contar cun tratamento curricular preferente, algo que non nos pode resultar novidoso xa que é o modelo que aínda temos en vigor. O que nos achega a segunda conclusión, tras tres décadas de presenza progresiva do galego na escola, con este modelo provocaríase por vez primeira un importante retroceso do seu uso e consideración educativa, mais aínda cando a fraca saúde do noso idioma requeriría accións aínda máis enérxicas de fomento e protección.

Mención áparte na valoración do documento merece o delirante e confuso proceso de toma de decisións proposto no que se transfire toda a responsabilidade na abordaxe do conflito aos consellos escolares dos centros e se proporciona ás familias –asumindo case ao pé da letra as propostas dos colectivos galegófobos (a pesar das súas declaracións premeditamente sobreactuadas, os grandes inspiradores deste documento)– capacidade decisoria sobre cuestións curriculares que son unha competencia ineludible das Administracións Educativas. Unha deixación de funcións incompatible coas sentenzas do Constitucional sobre esta cuestión e inadmisible politicamente xa que o dereito á educación afecta á toda a cidadanía e como outros asuntos de interese xeral debe ser regulada polos poderes públicos democráticos. Feijoo continúa errando na solución do conflito do galego.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Campo do Fragoso LXXXVII

4 xaneiro, 2010 (07:53) | Artigos Faro de Vigo, Campo do Fragoso, Celta de Vigo, Festas, Fútbol | Sen comentarios

NADA NOVO

Mágoa que algún dos ranchos de Reis, como foi tradición durante tantos e tanos anos,  non desfilase onte no primeiro partido do ano en Balaídos. Con certeza que os seus ritmos de chascarraschás e as espectaculares evolucións dos seus bandeiras animaría un chisco á cada vez máis minguada bancada celeste que comeza outro ano cun deplorable espectáculo do seu equipo. Tras as viaxes, os turróns e os cantos dos manueles, nada novo ofreceu Eusebio Sacristán para, tras catro partidos sen coñecer a derrota, iniciar unha remontada definitiva na táboa clasificatoria e enfocar o remate desta primeira volta con certo acougo. Iso si, os celestes como é adoito neles amosaron moita contención mediocampista (grazas a un traballo teimudo de Bustos e López Garai), tiveron o habitual “erro defensivo imperdoable” (o que provocou o gol de Natalio, na única subida trenzada dos pementoneiros) e, sobre todo, os seus atacantes exhibiron unha desesperante incapacidade (paliada in extremis, xa no tempo de desconto, polo magnífico gol de Joselu Sanmartín que en momento tan comprometido tivo a afouteza de superar ao porteiro cun expléndido zurdazo cruzado). Sorprende que Eusebio deixara no banco a Dani Abalo e Trashorras, apostando por adiantar a Botelho e colocar a Iago Aspas como primeiro dianteiro e a Michu como o seu gardacostas. Este esquema resultou un rotundo fracaso. Durante a primeira parte ningún dos dous equipos mereceu nada e todo o espectáculo correu a cargo do colexiado canario Antonio Pérez Riverol que lidou o que quixo cos xogadores para demostrar quen mandaba sobre o terreo de xogo. O Celta dominaba, en realidade, aburría co seu toque e retoque sen profundidade, razón pola que foi capaz de crear apenas dúas oportunidades, se se pode denominar como tales, a un xute pola esquerda de Botelho e a un inocente peiteado de Michu (onte apático e desafortunado na díficil responsabilidade de enlazar cos mediocampistas). O Murcia, mentres, agochadiño no seu campo, non lle custaba facer que facía e agardar o coñecido “erro defensivo imperdoable” dos vigueses. E meu dito, meu feito, transcorrido un cuarto de hora despois do descanso, Vasco Fernandes errou na súa marca e permitiu un centro que Natalio rematou a pracer. Aí comezou outro encontro, o Celta noqueado, puido recibir, un minuto despois, un segundo tanto noutro dos seus agasallos defensivos. Apupados polo resultado, os visitantes construíron un valado que os nosos non sabían superar, mesmo cando os murcianos quedaron en inferioridade tras unha rigorosa expulsión de Álvaro Mejía. A falta de cinco minutos, Eusebio caíu da burra e meteu a Trashorras no terreo de xogo. Daquela, todo baixo a batuta do de Rábade, a nosa capacidade atacante mudou coma da noite ao día, apareceron os primeiros pases interiores, aproveitáronse os saques de recanto e producíndose nese período e no engadido máis oportunidades de gol ca no resto do partido. Así chegou o golazo de Joselu (que ogallá axude a recuperar a súa confianza) e o merecido empate, o resultado ao que semellan aboados os de Eusebio. No obstante, fóra das vacilacións tácticas do adestrador e do seu debate inacabable sobre o papel dos xogadores de valía, este Celta precisa coma auga de maio un dianteiro nato, unha referencia arriba na que todo o conxunto poida confiar cegamente. Esa prometida fichaxe xa non se pode adiar moito máis.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Quinto aniversario

3 xaneiro, 2010 (10:10) | Beizóns, Blogs, Persoal | 7 comentarios

Hoxe estas brétemas chegan o seu quinto aniversario. Dende aquela primeira anotación levamos publicadas 2.623 (383 neste quinto ano)  e recibidos 7.308 comentarios, cifras que amosan unha certa ralentización do ritmo de publicación con respecto a anos anteriores. Un feito ao que sabemos non son alleas nin a nosa intensa participación no blog de Xerais (que nun ano e medio de vida superou o milleiro de anotacións) e, sobre todo, a nosa incoporación ao longo deste último ano as redes sociais de Facebook e Twitter, onde comezamos a participar con certa intensidade. A identidade dixital vaise tecendo coa conversa activa que mantemos na rede por medio de diversas ferramentas e redes o que inevitablemente está levando a unha reformulación do papel dos blogs (da súa lectura e da súa escritura). Nesa lideira andamos, participando activamente, dende finais do mes de febreiro, na fantasía de Blogaliza, que hoxe proporciona soporte a unha parte moi significativa e activa da rede de oito mil blogs existentes en galego (xa non me atrevo a chamala blogomillo para non entrar en debates cos máis entendidos no fenómeno ou na conformación de tendencias).

Repasando mes a mes os contidos deste ano recollo algunhas anotacións que merecen ser recuperadas por moi diversas razóns. No mes de xaneiro, «Autonómiccas: ollo con Pontevedra!»,  que agoiraba importantes dificultades para os membros do Bipartito. En febreiro, «Rotundo fracaso de Galicia Bilingüe», no que, a pesar de errar no titular da anotación, apuntaba a semente de división social que aquela manifestación supoñia. En marzo, «Comeza o ano Piñeiro», na que recollo as ideas principais da conferencia do profesor Alonso Montero sobre o protagonista das Letras Galegas 2009. En abril, «A discreción do editor», unha breve anotación ao fío dunhas palabras do meu compañeiro Juan Blanco Valdés que resumen moi ben o meu xeito de entender o meu oficio. En maio, «Feijoo no labirinto», longa anotación que abría esa longa serie dedicada ao seguimento do conflito da lingua, a nosa primeira preocupación (obsesión) deste ano. En xuño, «Do libro electrónico á lectura dixital», unha anotación recompilatoria das novidades sobre esta cuestión, o tema do ano da edición internacional. Dos meses de verán, «O futuro de Cultur.gal», texto que reclamaba a creación dunha fundación para dar estabilidade a nosa feira da sindustrias culturais. E dos últimos meses do ano, «Abandonados», un des meus artigos dominicais en Faro de Vigo nos que volvo a denunciar a situación dos sen teito.

A todas as persoas que participan no blog, en Twitter e en Facebook (espazos onde, xeralmente, enlazamos as anotacións do blog), as miñas beizóns e recoñecemento pola deferencia de reparar nelas. Se o tempo, ese ben tan difícil de xestionar, non nos falta seguiremos o noso percorrido, explorando nas brétemas de esperanza.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Tres eran tres

2 xaneiro, 2010 (23:52) | Educación, Goberno Feijoo, Humor, Lingua | 3 comentarios

AGARDO QUE NO 2010 NON FALTE VENTO NAS VELAS

31 decembro, 2009 (18:27) | Beizóns, Efemérides, Festas, Música, Vídeos | 3 comentarios

Agardo que no 2010 non falte vento nas velas, que boa falta nos fai.
Saúde, ventura e lectura galega. Con todos os abrazos e beizóns.

[Velaí a miña tradicional homenaxe a Oasis na fin de cada ano.]

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Feijóo equidistante?

30 decembro, 2009 (16:46) | Goberno Feijoo, Lingua, Polémicas | 3 comentarios

Mentres agardamos coñecer o contido do borrador, que será anunciado tras a xuntanza do Consello da Xunta nas instalacións de San Caetano (contraprogramando a protesta de Queremos Galego, algo insólito), non semella difícil facer unha composición de lugar dos termos políticos nos que o Goberno Galego manexará a súa proposta: Feijóo situarase nunha posición centrista (a el e aos membros do seu goberno gustaríalle mesmo que a definísemos como equidistante) entre os que serán definidos como «extremismos lingüísticos», as posicións galegófobas de GB e as castelanófobas dos partidarios da imposición del gallego (un amplo saco onde entramos todos os que defendemos o consenso acadado arredor do Plan Xeral de Normalización Lingüística). Así de sinxelo, como lle presta a quen tan ben manexou a polémica dos audis e das cadeiras de San Caetano.

Comodamente situados nesa posición centrista, Feijóo, Vázquez  e  (non sabemos, nestes momentos, se tamén) Lorenzo apelarán este serán a acadar un grande consenso, entre todos os sectores non extremistas da sociedade galega (mesmo situándose de forma equidistante entre as diversas posicións do PPdeG), sobre un novo modelo lingüístico baseado na liberdade e na defensa do galego. Deste xeito retórico  (moi eficaz politicamente), obviarase o fundamental, o feito de que o novo decreto reducirá por primeira vez na nosa historia (nunha porcentaxe que agora descoñecemos) a presenza da lingua galega na educación obrigatoria e introducirá un modelo perverso de participación dos pais na elección da lingua vehicular (canto menos, polo que coñecimos até agora ) da educación infantil. Deste xeito, todos os sectores que continuemos defendendo o modelo vixente (baseado na procura de igual competencia entre ambas as dúas linguas para todo o alumnado da educación obrigatoria e na responsabilidade dos profesionais da educación na toma das decisións de aula) pasaremos dentro dunhas horas a ser considerados teimosos extremistas que insisten nos modelos de «imposición del gallego» e que non asumiron o resultado das eleccións de marzo. Para acadar esta inequívoca e moi cómoda posición centrista de Feijóo e o seu equipo foi decisiva a inestimable axuda de Gloria Lago, que nun gran movemento mediático insiste estes días por aquí e por acolá no seu «desencanto» polo contido do decreto [que ela denomina] «placebo», a pesar da súa pouco indisimulada satisfacción polo camiño aberto á elección das familias na Educación Infantil. Un magnífico exercicio de hipocrisía política.

Tempo haberá de debullar os contidos do novo decreto e facer un balance rigoroso das perdas que este retroceso supón ao proceso de fomento do galego no ensino. Hoxe abonda alertar sobre o ballón de boas intencións e de propostas de «defensa inequívoca do galego» que nos van caer enriba aos que pretendiamos infrutuosamente non se rachase un consenso forxado ao longo de tres décadas. Haberá quen se pregunte nesta liorta "quen son os extremistas"?

Nota: Convirá ser moi prudente á hora de valorar tecnicamente o novo texto. Non deixa de ser curioso o encaixe legal que vai ter a imposición da utilización como vehicular dunha lingua [como o inglés] que actualmente non ten recoñecemento constitucional. Unha vía xurídica moi interesante a explorar. Acouguemos e celebremos, pois, con esperanza a fin de ano, o traballo deconstrutivo de Feijóo continuará dando moito que falar.

Fotografía tirada de Morrazo Tribuna.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Muros do medo

30 decembro, 2009 (15:49) | Dereitos_humanos, Educación_para_a_Paz, Literatura infantil e xuvenil, Recurso_didáctico, Vídeos, Xerais | 1 comentario

Ao fío da publicación de Valados, o máis recente libro de Agustín Fernández Paz, imos descubrindo máis pezas que denuncian estes valados  ou muros creados para separar e dividir a uns seres humanos doutros. Semella que esta peza, apenas cinco minutos e medio, está concibido para introducirnos nao extraordinario libro de Agustín [ben merece un comentario á parte]. Recomendo moi vivamente os dous.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

E… ti es o que mira a ese traballador inmigrante coma un extranxeiro?

30 decembro, 2009 (15:33) | Dereitos_humanos, Educación_para_a_Paz, Igualdade, Imaxes, Recurso_didáctico | 1 comentario

Recibido hoxe na caixa de correo entre os parabéns de Nadal.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google