Month: Xaneiro, 2005

Jalisia

31 Xaneiro, 2005 (20:07) | Artes Visuais |

Xurxo Lobato, Galicia canibal, Chantada 1995 Onte domingo convidáronos á Domus para que intervísemos no acto de aniversario dos Sumilleres. Unha cerimonia entrañable, na que se entregaron as placas dos viños distinguidos do 2004 e na que se recoñeceu como o mellor labor xornalístico do pasado ano na promoción do viño galego o realizado polo […]

Tesouro de palabras

30 Xaneiro, 2005 (09:02) | Uncategorized |

Patrimonio Inmaterial galego-portugués Publico no Faro un artigo para apoiar a candidatura presentada diante da UNESCO, para que a tradición oral galego-portuguesa sexa recoñecida como Obra Mestra do Patrimonio Intanxible da Humanidade. A iniciativa do colectivo Ponte nas Ondas paréceme extraordinaria e moi valente. Racha de facto a incomunicación secular cos nosos irmáns minhotos, ao […]

Libros de relatos?

29 Xaneiro, 2005 (13:09) | Narrativa |

Onte en Teucro presentamos dous títulos de Caride: unha nova entrega da súa serie xuvenil e un libro de relatos. O presentador e o autor agradeceron que se publicase un libro de relatos, porque este xénero é infrecuente agora na edición en galego. Caride chegou a dicir coa súa ironía de sempre que “se Borges […]

Galibarómetro 1/2005

28 Xaneiro, 2005 (08:21) | Uncategorized |

Sheptun 2, Misha Gordin Anotamos no blo os resultados do primeiro sondeo electoral galego: Fraga perdería a maioría. PP (35-34, baixa) PSdeG-PSOE (24-23, sobe) BNG (17, mantense). O 80 % dos galegos cren que Fraga non pode liderar o futuro. O 41 % dos novos votantes farano ao BNG. O PP mantense en Ourense. O […]

Cuartas de cuberta

27 Xaneiro, 2005 (19:43) | Edición |

Agustín Fernández Paz e Andreu Martín Estes días ando ensarillado na redacción de textos de cuarta de cuberta dalgunhas novidades de primavera. Entre as tarefas do oficio de editor esta é, probablemente, a máis complexa e comprometida. Trátase de redactar de seis a dez liñas (entre 500 e 700 caracteres) que seduzan dunha ollada aos […]

Almanaques agrícolas

26 Xaneiro, 2005 (11:46) | Efemérides |

En xaneiro lume na lareira, e porco no fumeiro Ripalda envioume o Almanaque Agrícola ZZ 2005 que publica a empresa multinacional suíza Syngenta. Con case toda seguridade este volumenciño de noventa e oito páxinas será o título con maior tiraxe da edición en galego deste ano (moitos milleiros de exemplares, asústame escribilo), aínda que non […]

Gulliver xornalista

25 Xaneiro, 2005 (20:37) | Autores |

Celso Emilio Ferreiro Hoxe chegou a miña mesa o primeiro título do ano. A obra xornalística do noso Gulliver non fora, ata agora, recompilada en libro, un desexo que tivera, desque publicou (a comezos dos anos cincuenta) a serie “La jaula de los pájaros raros” en Faro e que pretendía fose prologada polo seu amigo […]

Cifras

24 Xaneiro, 2005 (22:44) | Sociedade |

Compostela. Dez horas de xuntanza de editores para preparar as actividades do ano. No xantar contrastamos cifras, a partir das declaracións do reitor da Coruña: “En Galicia hai 400.000 analfabetos”, máis do 15 % da poboación. Somos o 6,6 % da poboación e consumimos o 4,8 % dos libros do estado. Supoñemos o 5,8 % […]

Sal

23 Xaneiro, 2005 (09:25) | Vigo |

Vila romana do Vao Sae publicado no Faro o artigo que enviei sobre o xacemento romano da rúa Marqués de Valladares. Séguenme asombrando os tópicos sobre a nosa historia local, como ese tan extendido de que Sal sería unha cidade sen raíces, froito da actividade fabril conserveira de finais do século XIX. Co artigo pretendo […]

On the road

22 Xaneiro, 2005 (14:27) | Presentacións |

Lemos Onte outra volta a Galicia. Á primeira hora da mañá tertulia en Compostela (a coronación tema principal); logo, Torre (reunión coa comercial para presentar as novidades do semestre); tarde, viaxe a Muralla e noite, presentación en Lemos da última obra de Quiroga. Remexendo nunha libraría merquei varias primeiras edicións galegas a un euro, entre […]

Ensíname a túa vila

21 Xaneiro, 2005 (06:51) | Cidades |

Ensíname a túa vila é defenderás o Universo. Frase de Leon Tolstoi pronunciada onte por Ramiro Fonte na presentación en Vigo da súa recente novela Os ollos da ponte.

Cartaces de Andrade

20 Xaneiro, 2005 (16:05) | Artes Visuais, Historia |

Onte, antes de presentar en Rubalcaba o libro de Siro, parei en Andrade para falar con Tito Ríos sobre o libro que lle pretendemos editar. Tito é un personaxe sorprendente. Cantante de habaneras, boleros e rancheiras (actuou con frecuencia no programa de Gayoso), posúe no seu estudio, froito de cincuenta anos de profesión, milleiros de […]

Sísifo

19 Xaneiro, 2005 (09:25) | Autores |

Utilizo o mito de Sísifo porque este é un país onde as xentes que asumiron a defensa da súa identidade colectiva, xa a mediados do século XIX, fixeron en cada etapa xeracional esforzos titánicos para acadaren obxectivos e resultados que, rematada cada etapa, eran destruídos parcialmente ou ás veces case totalmente, de xeito que cada […]

No Teucro

18 Xaneiro, 2005 (23:16) | Cidades |

Día de viaxes e xuntanzas. Primeiro fun a Teucro onde nos reunimos con Luís, o concelleiro de cultura máis salado e futurista que coñezo. O proxecto de organizar un grande Salón do Libro e da Industria Cultural ao remate do ano (o noso modelo é o de Durango) parece factible. No xantar, moi saboroso, pasámolo […]

U-la edición en galego?

17 Xaneiro, 2005 (22:26) | Edición |

Teño tres exemplares que recibín con cada un dos xornais impresos que comprei onte. Ningún deles está en galego. No País de hoxe aparece unha nota de desculpa lamentando o erro que supuxo que na súa edición de Catalunya se agregasen exemplares non editados en catalán. A quen teño que reclamar en Galicia?: A cada […]

O xesto de Castrillo

16 Xaneiro, 2005 (13:10) | Vigo |

Sae publicado no Faro o artigo que enviei sobre os efectos da saída de Castrillo. É de xustiza salientar que o balance do seu traballo (13 anos no concello) foi positivo, aínda que tamén non se pode negar que a súa saída era unha medida imprescindible (chega tarde) para iniciar o proceso de restauración da […]

Sutilezas

15 Xaneiro, 2005 (13:41) | Artes Visuais |

Lois Greenfield, American Reportory Ballet. Vaia artigo do Rivas! Dúas mostrar da sutileza que procuramos na creación cultural.

Tintas galegas

14 Xaneiro, 2005 (18:36) | Artes Visuais |

Xantamos en Gaifar con Carlos e don Álvaro Álvarez Blázquez. Repasamos o estado da catalogación da obra de Serigrafía Galega, a experiencia máis notable de popularización da arte contemporánea galega nos anos do tardofranquismo, e da necesidade de asegurar que no futuro a colección poida quedar a cargo dunha institución pública. Don Álvaro, pertence a […]

Maré

13 Xaneiro, 2005 (22:05) | Medios |

Ten moita razón Jaureguizar. O traballo de Maré é moi valioso. No cativo mundo cultural galego (éche máis pequeno do que cre a maioría) sofrimos do andazo dos prexuízos e das máis chuscas clasificacións apriorísticas, razón pola que resulta necesario salientar contribucións como as de Lopo e a súa xente. Xeralmente as opinións sobre a […]

Noticia de Gulliver

12 Xaneiro, 2005 (22:35) | Sen clasificar |

Na oficina tiven unha mañá de entrevistas. A primeira hora o profesor Ripalda entregoume o seu orixinal definitivo do Libro das fontes. Sei que detrás de cada unha destas humildes construcións singulares hai unha comunidade. A auga fonte de vida. Vai quedar un libro ben curioso e do que non coñezo precedentes. Logo chegou Luis […]

Lavandeiras en Fronteira

11 Xaneiro, 2005 (17:28) | Sen clasificar |

No faladoiro da mañá debatemos de máis sobre as consecuencias políticas do Plan Ibarretxe. Non é doado introducir racionalidade nesta polémica cando se manexan posicionamentos que impiden calquera tipo de acordo. Convénzome, unha vez máis, de que deberiamos centrar o noso interese máis sobre como desenvolver os criterios de reforma do noso ca en participar […]

Galego de rebaixas

10 Xaneiro, 2005 (16:37) | Sen clasificar |

O galego vende por que está nas rebaixas. Non fixo falta que a Mesa argallase unha campaña específica, como sucedía hai anos, para que moitos comerciantes empregasen a eficacia emotiva da nosa lingua como o mellor argumento para anunciar as súas ofertas desta tempada. O valor engadido e a eficacia como reclama comercial da publicidade […]

Cines de Vigo

9 Xaneiro, 2005 (11:40) | Vigo |

O arquitecto José Antonio Martín Curty sabe moi ben que os vellos cines vigueses balizaron a nosa memoria. A aparición do seu libro, Cines de Vigo (Instituto de Estudios Vigueses, 2004), supón a recuperación do esquecemento deses espazos culturais que conformaron o patrimonio cinematográfico vigués, hoxe desaparecido case que na súa totalidade. Este último libro […]

Orvallo e outras músicas

8 Xaneiro, 2005 (13:12) | Sen clasificar |

Onte remexendo entre os discos de música galega do centro comercial atopei ao chou un novo cedé de Miro Casabella, Orvallo. Vaia sorpresa!!! O meu amado Miro, o de “O meu país” (o tema que hai pouco gravou Luar na lubre), quizais unha das mellores cancións da música galega, despois de non sei cantos anos, […]

Nova lei do libro e a lectura

7 Xaneiro, 2005 (11:16) | Cultura |

Remato de enviar as últimas suxestións, en representación dos editores galegos, á comisión redactora da nova Lei do libro e a lectura. Os traballos están a piques de rematar e o texto resultante ten moi boas trazas. Nesta comisión, presidida e dinamizada por Xavier Senín (magnífico o seu labor!) e formada por representantes de todos […]

Confesión de Gaspar

6 Xaneiro, 2005 (21:42) | Sen clasificar |

Escoitei esta mañá ao padre Gabilondo que “facer de rei Mago en Sevilla foi unha das maiores honras da súa vida”. Desta volta, estou con Iñaki; a miña experiencia de onte, durante cinco intensas horas, como rei Gaspar pagou a pena. Hoxe, supoño que esta é a única monarquía necesaria, a que rexe a fantasía […]

Noite de Reis

5 Xaneiro, 2005 (09:28) | Sen clasificar |

A de hoxe é a noite que máis quero destas festas. E non o digo para afirmar o meu espírito de Peter Pan, agora que andan celebrar o centenario da obra de Barrie, nin para culminar un mes de consumismo compulsivo dos agasallos, comportamento que rexeito e intento non practicar, coa excepción, lóxica da adquisición […]

Pecharlle as portas á desolación

4 Xaneiro, 2005 (20:54) | Sen clasificar |

Si esa creo que foi a intención de María Victoria Moreno cando hai máis dun ano, coincidindo coa Feira do Libro de Pontevedra de 2003, me propuxo editar un libro sobre a súa experiencia, dende hai sete anos, como doente de cancro de mamá. Aceptei decontado convite tan valente, xa que hai moito tempo que […]

Brétemas de Esperanza

3 Xaneiro, 2005 (21:42) | Blogs |

Recibo no móbil e nas caixas de correo moitos votos de primeiro ano reclamando o cambio político para Galicia. Saúde e que cante o merlo! Que o ano novo veña preñado de esperanza!… escríbenme os amigos, convencidos de que as súas palabras poden axudar a que xermole o que hai tantos anos agardamos. Sen embargo, […]