Month: Febreiro, 2005

Roupa tendida

28 Febreiro, 2005 (17:03) | Artigos Faro de Vigo, Campo de Granada, Vigo |

Rúa Poboadores. Vigo. Foto. J. Albertos A roupa tendida do meu querido barrio de Poboadores, tan pretiño de onde nacín, xa non ten cabida dentro do Vigo epidérmico que pretende a nosa alcaldesa. No artigo de onte reflexiono sobre a beleza da cidade.

Novo Estatuto

27 Febreiro, 2005 (22:00) | Política |

Na presentación do documento Pablo González Mariñas, paragrafando a Protágoras, expresouno con claridade: “Estas bases para a redacción dun novo estatuto toman a Galicia como medida das cousas”. O BNG ten unha magnífica oportunidade para partindo deste texto sólido abrir un grande diálogo nacional arredor da reforma estatutaria. A esperanza agromou este sábado en Compostela.

Comentarios reintegracionistas

27 Febreiro, 2005 (20:46) | Lingua |

Despois de varios días sen poder abrir o blo, leo os comentarios reintegracionistas sobre a miña proposta de ensinar lingua e cultura galegas nos centros de ESO de España. Agradezo estes textos que amosan un entusiasmo e unhas conviccións parellas ao seu escaso coñecemento sobre a recepción da nosa cultura en España e nas comunidades […]

Saudades do Río

27 Febreiro, 2005 (19:27) | Cidades |

Rio de Janeiro A visita de M. tróuxonos as saudades todas da familia nosa do Río e do Cabo Frío. Falamos e falamos do estado da esperanza, do desfile dos blocos da Portela, dos libros e discos que compartimos ou das palabras e da memoria da avoa… M. marchou para alá entusiasmado coa edición galega […]

Aterraxe branca

24 Febreiro, 2005 (22:57) | Persoal |

Onte aterrei nun aeroporto ineditamente branco. Á saída do taxi sentín a sequidade que provoca a neve, contaxiando unha extraña ledicia neste día de traballo ao ralentí. A media tarde atopei no aeroporto un caos tremendo. Centos de voós cancelados; grupos irados de xubilados que levaban once horas agardando para viaxar a Canarias e xuraban […]

Estudar galego na ESO fóra de Galicia

22 Febreiro, 2005 (20:49) | Lingua |

Coñezo por galego.org a presentación por parte de Esquerra dunha proposición non de lei, relativa á incorporación e/ou fomento da lingua catalana no ensino secundario e universitario. O deputado Joan Tardà (o que falou en catalán no Congreso) propón incorporar unha asignatura optativa de lingua e cultura catalanas na ESO, así como fomentar os estudos […]

Barnabé

21 Febreiro, 2005 (20:27) | Blogs |

20-02-2005 Cómpre visitar Barnabé.

Inédito de Noriega Varela

21 Febreiro, 2005 (17:25) | Autores |

Inédito de Noriega Varela. Maribel Abraira envíame a reprodución dun poema que hai máis de sesenta anos Antonio Noriega Varela escribiu con motivo do pasamento dunha mestra familiar súa. Non coñecía a caligrafía do mindoniense poeta da montaña. Ben bonitos son os dous primeiros versos. Quedan xa gardados para sempre nesta memoria electrónica. Resultados Produciume […]

1%

20 Febreiro, 2005 (14:31) | Cultura |

Cidade da Cultura, Peter Eisenman A Voz dá conta das medidas do Plan da Lectura e dos contidos das leis do libro e de bibliotecas que debateremos o vindeiro venres no plenario da Mesa do Libro. É imprescindible contar con financiamento suficiente, tanto público coma privado, para que estas medidas poidan ser eficaces. A idea […]

Obradoiros de escrita

19 Febreiro, 2005 (12:43) | Ilustración |

Patricia Castelao (inédita) 2005 Onte, a caixa de correo deparoume o mellor agasallo para comezar o día. Joan Carles envíame unha mostra da maqueta nova colección infantil que estamos coeditando con eles e cos vascos. O traballo de Patricia, unha das novas ilustradoras galegas (con experiencia no traballo de animación) é magnífico. O seu figurativismo […]

Actualizar o herdado

17 Febreiro, 2005 (23:16) | Presentacións |

“Quen non moviliza e agranda e actualiza o que herdou, non fará máis que gastalo -e gastarse a si mesmo- sen proveito para ninguén. E non terá nada que legar. Para el, a historia remánsase e descomponse nel mesmo.” Lino Novás Calvo, prólogo de Otras maneras de contar. “Galicia é unha nación sen estado de […]

Campo de Granada

16 Febreiro, 2005 (21:02) | Campo de Granada, Vigo |

Campo de Granada Débolle esta imaxe ás pesquisas de Lolo na colección de Vida Gallega. Recolle un mitin agrarista que alá polos anos vinte se realizou no Campo de Granada, espazo situado moi preto de onde hoxe se ubica a casa do concello de Sal. Esta fotografía ten singular importancia para min, xa que hai […]

Clubes de lectura

15 Febreiro, 2005 (18:31) | Lectura |

Onte os membros da Comisión do Libro rematamos o texto do Plan de lectura. Nesta nosa derradeira xuntanza apareceron un turbillón de propostas e iniciativas moi interesantes. Hai dúas das que quedei singularmente feliz que se incluísen: a creación dunha Oficina da lectura (recuperando o noble termo empregado polos editores de incunables), como entidade de […]

O chófer escritor

14 Febreiro, 2005 (22:16) | Autores, Narrativa |

Lino Novás Tiñamos só noticias confusas deste chófer escritor, nacido nas Grañas do Sor (as mesmas terras do bandido Casanova), considerado un narrador de culto en Cuba e un precursor do realismo máxico. Foi autor das primeiras traducións ao castelán de Faulkner, Hemingway ou Huxley. A recente publicación en Tusquets dun seu libro de relatos […]

Prohibicións e vinganzas

13 Febreiro, 2005 (17:52) | Imaxes, Sociedade |

Un alumno de Económicas mándame unha foto tirada na cafetaría da súa facultade. Prégame que a divulgue para poder gañar un concurso de fotografía anecdótica galega organizado por aduaneiros sen fronteiras. Recoñezo que quedo un chisco perplexo, pero así o fago. O mellor do asunto é consultar as obras presentadas e ler os comentarios sobre […]

Luces de vida

13 Febreiro, 2005 (11:43) | In memoriam |

Allariz, 2005 Onte asistimos ao pasamento da nai dunha grande amiga nosa. Unha fisterrán, fonte de luz, muller dun fareiro, que viviu unha vida plena, agasallando sempre aos demais co seu sorriso e o seu contaxioso entusiasmo por facelo con alegría. A sorpresa foi a cerimonia relixiosa, previa á incineración. Rexeuna en galego un crego […]

Abecedario para Rosa

12 Febreiro, 2005 (10:14) | Autores, Narrativa, Presentacións |

Oínlle a don Xesús que a presentación dun libro é un subxénero da oratoria caracterizado pola gabanza equilibrada. Dende entón, pretendo ter sempre presente esta definición porque a desmesura dos editores no uso de adxectivos grandilocuentes, motivada sempre pola paixón na defensa do libro, pode levarnos a falta de credibilidade. Creo que non foi este […]

Memoria de ferro

11 Febreiro, 2005 (01:08) | Ensaio, Historia, Novidades |

Na presentación do monumental libro de Antón souben da inminente saída da Memoria de ferro de don Antón Patiño, o pai do pintor e fundador de Librouro. O señor Patiño (hoxe xubilado e artesán de caxatos) foi un dos libreiros heroicos que vendían, durante a ditadura, clandestinamente o libro galego editado en América. Moitos daqueles […]

Relendo a Dahl

10 Febreiro, 2005 (17:04) | Literatura infantil e xuvenil |

Quentin Blake Facer os textos de contracuberta dos novos Dahl obrigoume a reler Charlie e a fábrica de chocolate e Charlie e o grande ascensor de cristal. Fixérao hai vinte anos naquelas edicións de Alfaguara onde os profesores novos aprendemos a coñecer que existía unha literatura para nenos diferente a que nos léramos nos clásicos […]

Puñais de lembranza

9 Febreiro, 2005 (01:18) | Autores |

Lorenzo Varela por Luís Seoane Lidei o día enteiro coa edición gráfica dunha biografía de Lorenzo Varela. Este é un dos traballos de edición que gosto facer. Remexer nas fotos e na documentación dispoñible, o que sempre leva atopar cousas descoñecidas. Percorrer a biografía do monterrosino é esculcar “a lembranza do exilio e da patria”. […]

Suso Peña

7 Febreiro, 2005 (19:23) | Autores, Cómic |

Cleopatra, Suso Peña Jaureguizar todas as mañás xa é un vicio. Hoxe, grazas a esa dependencia, souben do pasamento do comiqueiro ribadense Suso Peña. Apenas engadir ao seu magnífico post que ilustrou tamén a autores galegos. Velaí o seu Celso Emilio para nenos, que preparou hai anos Antonio. Como xa sucedeu noutras ocasións, semella que […]

Pepe e Anisia

6 Febreiro, 2005 (14:00) | Autores |

Originally uploaded by bretemas. Mañá Onte atopeime en Teucro con Miguel para traballar sobre o desembarco do libro galego con motivo do Sant Jordi. Deseñamos os criterios do programa. É unha oportunidade que este ano non podemos perder. Mediodía A homenaxe a Pepe e Anisia foi emocionante. Gustáronme, sobre todo, as palabras de Susana (vaia […]

Felos

5 Febreiro, 2005 (09:24) | Festas |

Felos de Maceda Onte nova presentación dos libros de Moncho (acordeime, por suposto, de Cesare, a quen lle debo en Big-Maceda a idea destas brétemas). O Castelo (un hoteliño moi cuco) encheuse a reventar. Nestas terras de Joao da Nova, Babarrro, Santiago Prol ou Francisco Carballo (entre outros escritores da Serra de San Mamede) saen […]

Galeano

4 Febreiro, 2005 (07:52) | Sociedade |

Memoria A memoria que máis me interesa, a que máis me move, é a que opera como catapulta, non a que te fixa unha áncora a unha identidade que se pode gardar nunha vitrina e pechar con chave. Creo na memoria como continuidade da vida. Non a memoria morta que nos convida a contemplar unha […]

Instituto Rosalía de Castro

3 Febreiro, 2005 (16:51) | Cultura |

Nótase que o Cervantes está dirixido por un galego. É boa a noticia de que promoverá a cultura galega no exterior. Con todo, creo que é imprescindible a creación dun instituto propio (podería chamarse “Rosalía de Castro”, como propuxemos na lei do libro) que promova a lingua e a literatura galegas en todo o mundo. […]

Lectubarómetro 2004

2 Febreiro, 2005 (19:12) | Lectura |

Óscar Villán, Can de palleiro, 2004 Recibo da Federación os documentos do Barómetro sobre a Lectura 2004, do que tiña noticia a semana pasada. Merecen ser estudados con vagar, xa que por vez primeira reflitense datos sobre os comportamentos lectores en galego. Atopo datos para anotar. Galicia posúe unha media de lectores lixeiramente inferior á […]

Clásicos

1 Febreiro, 2005 (19:54) | Uncategorized |

Miguelanxo Prado, Industria, 2004 Á primeira hora da mañá atopo na caixa de correos este agasallo de Miguelanxo. A providencia laica prometía que hoxe sería un día de clásicos. Ao mediodía viaxo con Agus a Teucro para atoparnos con Mariasun e logo visitar o Salón do Libro Infantil. Conversamos sobre libros e, inevitablemente, sobre o […]