Month: Marzo, 2005

Manifesto pola Ría de Pontevedra

31 Marzo, 2005 (17:51) | Sociedade |

Recibo na caixa de correo o manifesto que onte presentou Maio Longo e un grupo de persoas vencelladas ao mundo da cultura e o ensino de Teucro. Esta asociación cultural xunto á ONG Mais Libros teñen previsto facer unha publicación con escritores que conten vivencias, experiencias ou fantasías relacionadas coa ría de Pontevedra, Tambo, Lourizán, […]

Alivio

31 Marzo, 2005 (08:23) | Educación |

Hai moito que ler nese cento de folios presentados onte como anteproxecto da Lei Orgánica de Educación. A miña primeira valoración, a pesar do morniño da proposta (fáltalle alma política e conviccións educativas a esta ministra), é globalmente positiva. Constitúe un alivio volver ao espírito da educación comprensiva para todos da LOXSE, tras o claro […]

Farenheit 451

30 Marzo, 2005 (18:48) | Narrativa, Novidades, Xerais |

Manuel G. Vicente Hoxe preparei a contracuberta de Farenheit 451, o clásico de Bradbury que editaremos en breve. A lectura da nosa tradución volveu emocionarme como hai tantos anos me sucedera coa película de Truffaut. É un deses libros que non envellece, quizais porque como 1984 e Un feliz mundo novo souberon describir profeticamente a […]

Internet e a normalización

29 Marzo, 2005 (16:45) | Internet, Lingua |

Millán dá conta estes días dun libro xa clásico sobre Internet no centro da estratexia de normalización lingüística. O traballo de Graells e Vives sobre o caso catalán merece a nosa intención. A reseña é moi suxestiva en temas, propostas e preguntas. Cal é razón de que non apareza nin o galego nin o catalán […]

Aniversario da Radio Galega

29 Marzo, 2005 (16:00) | Medios |

Hoxe hai vinte anos que comezou as súas emisións regulares a Radio Galega. Vinte anos ininterrompidos de servizo público que merecen ser recordados. Un traballo fundamental para o noso proceso de normalización lingüística e cultural. A nosa radio pública é moito máis aberta e plural ca maioría dos medios galegos. A contribución de programas como […]

Reconquista?

28 Marzo, 2005 (08:55) | Festas, Vigo |

Festa da Reconquista 2004 Hoxe é feriado en Sal. Nunca simpaticei coa celebración da Reconquista. A figura do capitán Bernardo González del Valle “Cachamuíña” merecíame apenas o respecto de ser glosada na balada que a el e a María Pita dedicou Siniestro Total (“ron ron la botella de ron…”). O seu suposto heroísmo na anoitecida […]

Pan durmido

27 Marzo, 2005 (13:28) | Gastronomía |

Rosca viguesa Hoxe é o día do pan durmido, dos roscóns, das roscas, do rosco, das bolas doces dos padriños e madriñas. A Pascua comezaba para min a noite do xoves cando a madriña e a avoa viñan amasar onde nós. Traían as tinas cheas de fariña triga, manteiga cocida de vaca, cartuchos de azucre, […]

Todo nada dous

27 Marzo, 2005 (10:16) | Blogs |

A miña axente literaria favorita mudou de casa. Quedoulle ben bonita e ordenada. Hoxe tamén estará ben contenta polo artigo de Galicia hoxe. Concordo con ela en que os blos son un soporte e non un xénero literario. Ela e Cesare son os responsables da miña adicción a este soporte. Beizóns para os dous.

Coñecemento dos homes

26 Marzo, 2005 (09:45) | Edición |

A raíz do meu último texto sobre a crítica recibo varios correos privados lamentando o punto tan agre no que se está producindo o debate, ao tempo que valorando o ton prudente e contido das miñas reflexións. Quedo magoado polo desánimo que denotan estes correos de persoas honestas e rigorosas, ás que moito aprezo, que […]

Dorian Gray

25 Marzo, 2005 (11:50) | Imaxes |

Dorian Gray por panchez. Os aduaneiros, sempre tan oportunos, retrataron así ao presidente despois do retiro cos seus conselleiros en San Estevo.

A crítica que queremos

25 Marzo, 2005 (09:23) | Críticas |

A polémica sobre a crítica deu unha nova volta de torca. O responsable do Cartafol e o seu crítico máis rabudo argumentan en senllos artigos as razóns do seu posicionamento como “crítica libre e desinhibida” (acaso, o resto da escasa crítica que temos sobre a literatura galega non o é?). Chámame a atención a utilización […]

Contra a síndrome NNA

24 Marzo, 2005 (14:26) | Ensaio, Novidades, Xerais |

Preparei esta mañá o texto de contracapa do libro de ensaios de Victorino Pérez Prieto que aparecerá o vindeiro mes. Creo que o primeiro que vai chamar a atención será o seu título provocador: Contra a síndrome NNA. Esta síndrome vén ser a de “Non hai Ningunha Alternativa”, a que nace da imposición nos últimos […]

O anaco de "Oeste"

23 Marzo, 2005 (10:41) | Narrativa, Novidades, Xerais |

En Oeste, a novela na que está a traballar Manuel Rivas, varias voces conflúen para intentar aclarar, en forma de suspense, o destino dunha muller. Oeste é tamén un espazo dunha historia castrada, de linguaxes reprimidas, de amores prohibidos, de corpos entumecidos, de violencia catastral, de soños que andan arredor do anzol como muxos e […]

Adianto de Jaureguizar

23 Marzo, 2005 (08:52) | Narrativa, Novidades, Xerais |

Manuel Vilariño O xornalista Santiago Jaureguizar ofrece hoxe en El Progreso a primicia da aparición da próxima novela de Manuel Rivas. Un éxito profesional de quen concibe a información cultural en Galicia sen complexos da súa dimensión e con todo o rigor, a curiosidade, independencia e visión de futuro que merece a construción desa fantasía. […]

Industria cultural

22 Marzo, 2005 (23:21) | Cultura, Edición |

Nunha recente reunión de editores debatemos sobre o termo “industria cultural”. No excelente blo de Rogerio Santos (obriga consulta, fonte de coñecemento e curiosidade constante) leo o resume dun texto de Ramón Zallo que axuda moito a comprender este concepto no que teimamos tanto os editores galegos. Para Zallo as industrias culturais serían o “conxunto […]

Dúbidas co PXOM de Vigo

21 Marzo, 2005 (08:24) | Artigos Faro de Vigo, Campo de Granada, Vigo |

No artigo da semana expreso as dúbidas coa actual redacción do Plan Xeral. Hai aspectos extraordinariamente positivos, sen embargo hai actuacións socialmente abrasivas. Non quero que a miña cidade se convirta nun novo Sao Paulo.

Galicia confidencial

21 Marzo, 2005 (02:05) | Blogs |

Descubro polo sempre interesante Gago a existencia dun confidencial de noso. Gustoume, non semella o sitio típico de rexoubes e intoxicacións políticas interesadas. Está moi ben presentada a información sobre a candidatura de Beiras (din que irá de dous pola Coruña) e a intelixente manobra da suposta división dos chamados “Non adscritos”. Os confidencias son […]

Irak (2003-2005)

20 Marzo, 2005 (09:55) | Política, Sociedade |

Irak (2003-2005) Apoio o necesario recordo de dot. Coas tropas españolas na casa, acabou a guerra para nós?

Novidades sobre Ence

19 Marzo, 2005 (22:04) | Política, Sociedade |

Recibo por correo electrónico un artigo que Luís Bará, o concelleiro de Cultura, enviou hoxe aos medios valorando a manifestación a prol de ENCE celebrada onte. O cerco informativo ao que están sometendo algúns medios ao goberno municipal pontevedrés é noxento. Transcribo o aclaratorio texto de Bará. ENCE: A PASTA CONTRA A ÉTICA Luis Bará, […]

Fast book

18 Marzo, 2005 (18:44) | Promoción do libro |

No Portal Literal, un sitio brasileiro sobre libros que visito con frecuencia, atopo un artigo sobre a utilidade da mercadotecnia no mundo editorial. Valor de mercado e valor literario son categorías antagónicas?, cales son as relacións entre a literatura e os produtos editoriais?, como diferenciar o ouro da ganga? Preguntas as que este interesante texto […]

Kavafinho

18 Marzo, 2005 (18:19) | Blogs |

Baudelaire Volve con pulo Kavafinho, o mellor blo que coñezo de poesía en galego, con moitas novidades. Destaca a tradución de Derek Walcott e os poemas sobre o 11 de marzo de Torneiro e Ignacio Chao. Recomendo vivamente a visita.

Respecto para a crítica

18 Marzo, 2005 (17:05) | Críticas |

Unha crítica recente aparecida no Cartafol está provocando moita polémica. Desque exerzo a profesión de editor, e xa van aló anos, quizais de máis, nunca quebrei o meu compromiso de non contestar a crítica ningunha por desacertada que fose. Sei que cómpre asumir coa mesma sobriedade os paos cas cenorias. E por moito que me […]

Editores ágrafos?

17 Marzo, 2005 (22:31) | Edición |

Assouline dá conta de dous novos libros de memorias de editores internacionais, o de Tom Maschler, o presidente de Jonathan Cape, e o de Michel Mohrt, o famoso lector de Gallimard. Para o crítico de Le Monde son dous volumes de “anécdotas e máis anécdotas con escasa reflexión”. As memorias de editores, das que son […]

Cidade escuálida

17 Marzo, 2005 (20:56) | Vigo |

Os amigos da agrupación local do PSOE convidáronme a participar no seu ciclo de conferencias sobre “O Vigo que queremos”. A súa deferencia obrigoume a sistematizar o discurso sobre a situación actual da cidade. Saín esperanzado: a militancia é moito máis curiosa, receptiva e, sobre todo, menos complaciente ca os seus dirixentes galegos e os […]

Deakialli

15 Marzo, 2005 (22:35) | Blogs |

A bibliotecaria coruñesa Catuxa Seoane e a madrileña Vanesa Barrero manteñen desde hai tres anos un excelente blo sobre biblioteconomía e xestión de coñecemento. Está organizado por categorías e ofrece enlaces interesantes. Mágoa, polo menos no que lin, que non faga referencia ningunha a nosa lingua e a nosa produción editorial.

De papel a web

15 Marzo, 2005 (22:11) | Tecnoloxías |

Quen teña dúbidas da eficacia da lectura en pantalla, pode consultar aquí. Unha tecnoloxía que permite pasar publicacións impresas en papel a soporte web. A calidade da lectura é sorprendente e a interface amigable. O programa tamén permite facer zoom sobre cada páxina e nalgúns casos establecer enlaces. Un programa a ter moi en conta, […]

Volven os bravús

15 Marzo, 2005 (21:03) | Autores, Xerais |

Jaureguizar anuncia que onte rematou unha novela. Parabéns!!! Ese mesmo día, Xurxo entregounos un expléndido libro de relatos (Tres trebóns) que publicaremos a finais desta primavera. Volverán, pois, decontado dous dos narradores con maior pulo daquela chamada “xeración bravú”, reclutada por X.C.C. Cando nos chegará o orixinal prometido por C.F. ?

Lector tradutor

15 Marzo, 2005 (20:42) | Lectura |

O lector ideal é un tradutor. É quen de desmiuzar un texto, retirarlle a pel, cortalo ata o miolo, seguir cada arteria e cada vea, e logo poñer en pé a un novo ser vivinte (Alberto Manguel). Unha reivindicación moi apaixonada do labor do tradutor, traballo non sempre valorado como merece por editores e crítica. […]

Verbum

14 Marzo, 2005 (16:51) | Artigos Faro de Vigo, Campo de Granada, Vigo |

Casa das Palabras, 2003 Propoño pechala e volver a empezar co seu proxecto orixinal. Unha amiga, que está doente, descubriume esta mañá que o fígado é a víscera da tristeza. Consola a súa melancolía lendo os correos dos amigos.

Cinco retos para o libro

13 Marzo, 2005 (18:29) | Edición |

Coñezo por Nelson un novo sitio para os profesionais do libro. É interesante o debate que se propón arredor dos cinco retos do sector do libro e un informe sobre a situación das bibliotecas nas CC.AA.. Hai que rexistrarse. Recomendable.Ao fío deste debate propoño os meus: Incrementar os índices de lectura en galego, aumentando a […]

Xogo da serpe

13 Marzo, 2005 (17:36) | Celta de Vigo, Fútbol |

Marea celeste O noso corazón celeste levounos a incorporarnos á marea de afeccionados de Sal. Había tempo que non gozabamos co xogo electrizante da serpe e coa reivindicación da irmandade nacional. O estirón que prometeu o noso Arrigo é un feito que non ten volta. O taconazo defensivo de Borja foi o mellor do encontro.

Nas terras de Merlín

13 Marzo, 2005 (17:08) | Cidades |

Loureiro e Merlín A vella cidade de Merlín recibiunos onte cun fiíño de brétema. Participamos na cerimonia da presentación da novela de Loureiro e do irmanamento coa cidade guindastre. A reivindicación das Terras de Escandoi desta terceira Bretaña e a presenza virtual do Chanceler, do meigo Merlín e dos membros de Toxos e Froles transformaron […]

Independencia

13 Marzo, 2005 (16:52) | Presentacións |

Foi unha alegría contar con Franco Grande presentando o libro de Veiga. O veterano académico é exemplo de que a independencia de criterio é un camiño, por difícil que semelle, posible na intervención política e cultural en Galicia. As súas palabras foron atinadas. A literatura, basicamente, é facerse preguntas.

Con Cuerda

11 Marzo, 2005 (17:08) | Cine |

A lingua das bolboretas Onte á noite coñecín a Cuerda. Foi un dos presentadores do libro de Antón en Auria. O cineasta rendeu un tributo á educación como transmisora de talante crítico (mágoa o abuso desta palabra) e da capacidade de análise da realidade social. Pareceume un tipo ben simpático e moi bo narrador oral. […]

Nova lei educativa e gratuidade

11 Marzo, 2005 (10:01) | Educación |

Un grupo de editores mantivemos onte unha reunión con Mauricio Santos, presidente de Anele, co obxecto de analizar o estado do proceso da nova reforma educativa e as consecuencias para o sector dos diferentes modelos de gratuidade do libro de texto. O goberno presentará a finais deste mes unha nova lei de educación, que refundirá […]

A culpa foi de R.C.O.

10 Marzo, 2005 (07:58) | Autores |

Os seguidores da polémica de Jaureguizar teñen hoxe no Faro das Culturas (mágoa que non apareza na rede este suplemento monolingüe, que fai un seguemento puntual da nosa produción editorial) magnífica entrevista co protagonista. “Creo que nun país tan pequeno é tan imposible ser tan coñecido como Antonio Gala, como ser tan descoñecido como Salinger”, […]

Calígrafo

9 Marzo, 2005 (21:36) | Autores, Ilustración |

Lázaro Enríquez Despois de moitos meses, visito a Lázaro, o calígrafo, deseñador gráfico e ilustrador a quen tanto admiro. Este mestre galego-cubano foi quen mellor nos ensinou na editorial que a caligrafía é a danza da pluma e a escolla tipográfica é o primeiro labor do editor. Os seus caligramas son metáforas xestuais, onde o […]

Kapire mosamam mam kapire

8 Marzo, 2005 (21:37) | Sociedade |

Hoxe na mani escoitamos de novo a canción de Pilocha e Carmen Blanco. Ben bonita que é amosando o anceio da igualdade real. Kapire, mosamam, mam, kapire, el ham mosamam el ham. Kapire, mosamam, mam, kapire, el ham mosamam el ham…

A palabra que danza

7 Marzo, 2005 (21:11) | Blogs |

Comprobo que hai moito interese por definir a ciberliteratura. A miña achega ao debate é recomendar un blo dun auténtico veterano da edición dixital. Axudará tanto a teóricos diletantes, que teñen que opinar sobre o chollo, como aos usuarios inexpertos que exploramos cada día as posibilidades do soporte. Co doado que é pontificar e o […]

Frankfurt falará catalán en 2007

7 Marzo, 2005 (20:25) | Cultura |

A Feira do Libro de Frankfurt, a babel da edición mundial, aprobou que a cultura catalana “será a convidada de honra da feira do ano 2007”. O Institut Ramón Llull, a entidade pública que se ocupa da promoción da cultura catalana no exterior, recibirá decontado o contrato e tratará de converter o 2007 nun ano […]

Salto de altura

6 Marzo, 2005 (20:41) | Novidades |

A catarreira e a febre deitáronme no sofá e nestas dúas tardes papei coma un parvo os campionatos todos. O mellor foron os concursos de saltos: en pértiga feminina unha rusa bateu a marca mundial (4,90 metros) e en salto de altura un sueco voou a 2,40 metros. Os dous só puideron abandonar a competición […]

O escritor guitarrista

5 Marzo, 2005 (22:06) | Autores, Narrativa |

Volvín de Torre ben satisfeito. O acto con Landero foi bo. A súa conversa contaxia as ganas de lelo. Creo que afán é a palabra que mellor define a este novelista vocacional, que move constantemente as súas mans de guitarrista para apoiar o seu discurso apaixonado. Entre a morea de ideas luminosas que expresou sobre […]

Lectura europea

4 Marzo, 2005 (14:26) | Lectura |

Por fin atopo datos fiables sobre a lectura e o consumo de libros nos países da Unión Europea. Este eurobarómetro da lectura (datos da Unesco) amosa unhas diferenzas enormes entre uns países e outros. Con eles reafírmome na tese, que intuitivamente defendín nalgunhas entrevistas, de que os hábitos de lectura son unha cuestión de temperatura […]

Galicia encantada

3 Marzo, 2005 (23:13) | Internet |

Hoxe abriu un sitio que ben merece ser visitado. Galicia encantada é unha enciclopedia virtual da fantasía popular de Galicia. Aquí podemos atopar a historia da Galicia imaxinaria, seres míticos, lendas, ritos, contos, romances e aventuras. Recoméndoa vivamente. Está preparada por Antonio Reigosa e a navegación é vistosa e amigable. Unha fonte que seguiremos con […]

Reunión de editores

3 Marzo, 2005 (21:42) | Asociacionismo |

Hoxe directiva e asemblea de editores. Oito horas, con xantar na raxaría incluído, deron para moito. Para saber do rumor (máis que fundado) de que Planeta pretende comezar a editar proximamente en galego, iniciándose no xénero infantil e xuvenil; para confirmar o inicio da emisión da segunda canle da TVG (como a chamarán TVG2?) antes […]

2 Marzo, 2005 (20:23) | Ilustración |

Chinto & Pinto, 2005

2 Marzo, 2005 (20:23) | Ilustración |

Chinto & Pinto, 2005

Biblos

2 Marzo, 2005 (19:30) | Promoción do libro |

Biblos, o clube de lectores en lingua galega, cumpre hoxe dous anos. É esta unha proposta cultural orixinal que merece ser apoiada, tanto pola calidade dos servizos que ofrece (revista e web, especialmente), polas súas ofertas e descontos, como pola orixinalidade das súas iniciativas. Tucho e Carmela foron deseñando amodiño unha liña de edición, a […]

O día 3 nace Diagonal

1 Marzo, 2005 (22:13) | Medios |

Diagonal Anúnciase a aparición de Diagonal, un novo periódico quincenal de actualidade crítica achegado aos movementos sociais. Ata agora non tiñamos noticia ningunha desta publicación nacida en Madrid como refundación do mensual Molotov. Prometen abordar as noticias que non toca a prensa convencional, sinalando como os seus referentes a medios como Le Monde Diplomatique, Il […]