Kalandraka
A única editora galega con estand propio é Kalandraka. As tres persoas, que están na feira, da editora de álbums infantís non paran. Kalandraka Editora S.L., a matriz pontevedresa, diversificouse en apenas cinco anos, conformando unha rede de edición en varias linguas e de exportación a diversos mercados; desa necesidade naceron: “Kalandraka Ediciones Andalucía“, “Kalandraka Editora Portugal” e a propia empresa de comercialización e distribución da rede. A calidade e orixinalidade do seus álbums revolucionou o mercado, sendo reconhecida de xeito unánime polo sector. Parabéns para Ballesteros e cía.
Comentarios
Comment from Brétemas
Date: 18 Abril 2005, 8:56 p.m.
Kalandraka é un modelo de edición, promoción do libro e comunicación cos pequenos lectores. O seu éxito é ben merecido



Comment from Jorge D.
Date: 18 Abril 2005, 8:44 p.m.
La calidad con que se presenta en el mercado es difícil de superar. Se entiende por qué autores e ilustradores sueñan con publicar en un sello que se afianza día a día en el mercado editorial.