OQO Editora

16 Abril, 2005 (08:31) | Cidades, Literatura infantil e xuvenil

Tras o coloquio cos escritores, soubemos do nacemento de OQO editora. Tres rapazas entregaron tarxetas desta nova editora de literatura infantil, con sede en Pontevedra. O novo proxecto, animado por Eva Mejuto (a quen onte botabamos en falta na Feira, ela chegou hoxe), pretende ter listo os seus catro primeiros libros dentro dun mes e medio. O logo da editora e as súas palabras fundacionais son atractivas:
A nada non é espazo baleiro, senón medio de creaciòn de vida. O noso espazo, cheo de ar, está impregnado de sementes, na realidade e na imaxinaciòn. Calquera burato suxire a existencia dunha voz, mais hai unha trampa máis evocadora ca un simple burato redondo: pozo sen fondo ou cráter de volcán, ollo, boca, sol…
Chuzame! A Facebook A Twitter

Comentarios

Comment from Cesare
Date: 16 Abril 2005, 2:16 p.m.

Á vista de todos estes posts, que van de Colombia a Ruanda, ten vostede un traballo envexábel.
E non só.

Comment from Brétemas
Date: 16 Abril 2005, 7:33 p.m.

Non me queixo. En realidade, viaxo moito menos ca vostede. Horrorízanme os aeroportos, son os non lugares, os territorios de ninguén. Quizais por iso, é preferible viaxar entre a arañeira. :-)

Comment from Anonymous
Date: 17 Abril 2005, 12:06 a.m.

Eu nos aeroportos perdo o sentido da hora do día, mesmo que ainda non haxa cambio de hora. Entro, e vexo unha cafetería chea de xente comendo bocatas as dez da mañá e xa estou convencida de que é a hora de xantar…
Saúdos.
Hai Cada

Comment from Anonymous
Date: 20 Abril 2005, 5:16 p.m.

¿Que é iso de OQO?
Non será o Oco que deixaron noutra editora, que din as malas línguas xa hai meses que se resinte, por moita foto do persoal que non para de chupar portadas?

Olark Livehelp