Month: Abril, 2005

Agustín en coreano

30 Abril, 2005 (09:03) | Traducións |

Agustín envioume a edición do seu Skywalker en coreano. A edición da editorial Myung Jin Publication é unha marabilla: capa dura, sobrecuberta plastificada e verxurada ao tempo, ilustración abundante (choca como nos ven aos occidentais). Coa excepción dos números do ISBN, o resto dos caracteres é imposible identificalos. Téñolle moita querenza a este Skywalker (un […]

Directiva de editores

29 Abril, 2005 (08:03) | Asociacionismo |

Onte tivemos reunión da Xunta Directiva da AGE. Dedicamos a maior parte do tempo ao debate sobre os contidos do convenio que pretendemos asinar coa CRTVG para a promoción do libro galego na televisión (faremos á compañía unha proposta a vindeira semana). Quedamos moi apesarados coa baixa de Positivas, da que carecemos de explicacións e […]

Follas de bacallao

28 Abril, 2005 (13:35) | Xerais |

Agradezo o garimoso posteo de Ian. Este dietario literariamente é unha obra a ter moi en conta. Presentarémola no Museo do Mar o vindeiro día 6 de maio.

Buscando a Bod

28 Abril, 2005 (13:15) | Literatura infantil e xuvenil |

A factoría novelística de Jordi Sierra i Fabra remata de publicar Buscando a Bod, unha homenaxe ao grande Dylan. Dedicada a Antonio García Teijeiro, a novela está protagonizada por un mozo vigués e boa parte localizada en Sal. Promete.

Perfecto Estévez

27 Abril, 2005 (06:07) | Ilustración |

Perfecto Estévez, 2004 O de Perfecto Estévez é un dos traballos de portadismo editorial máis interesantes dos que se están facendo en Galicia. Esta ilustración para a antoloxía de Poetas Galegos do século XX é magnífica. Traballos coma este ou os de Miguel A. Vigo, Revision ou Villalobos amosan o alto nivel do deseño editorial […]

Crise nas feiras do libro

26 Abril, 2005 (13:57) | Uncategorized |

Algo non corre ben na organización das Feiras do Libro de Galicia. Soubemos que hai problemas para celebrar a Feira de Ferrol (prevista para coincidir co 17 de maio) por falta de candidatos para ocupar as casetas. A languidez da actual feira de Santiago non anima a ser tampouco optimistas. Esta é a crise do […]

O que le Zapatero

25 Abril, 2005 (19:42) | Xerais |

Zapatero está lendo a nosa obra máis recente.

EPS

25 Abril, 2005 (18:54) | Editores, Persoal |

Desque saín onte no EPS son un “novo editor”. Hoxe recibín varios correos, non sei se para acompañarme no sentimento ou para me dar ánimos. Estou moi agradecido polo agarimo, que non merezo, dos amigos. Das respostas ao cuestionario que lle enviei a Rosa Mora, a autora da reportaxe recolleume un par de frases, que […]

Acordo ou trasacordo

24 Abril, 2005 (12:11) | Política |

As vindeiras eleccións propoñen un dilema: escoller entre o acordo ou o trasacordo.

Pan da cultura

23 Abril, 2005 (06:57) | Libro |

Hoxe, día do libro, a Libraría Brañas de Carballo entregará un molete de pan coa compra de cada libro; unha idea que manexamos na editorial en moitas ocasións e que agora vemos en marcha. Bo proveito e boa lectura!

Bandas, tamén, en Pontevedra?

22 Abril, 2005 (23:15) | Música |

Onte á noite, na presentación do libro de Silvestre tocaron Magoya Bodega e Pablo Nogueira, dous músicos e compositores tradicionais magníficos. O acto, moi emocionante e concorridísimo, serviu para facer unha denuncia pública da pretensión da Deputación Provincial de Pontevedra de montar unha escola de gaitas, baixo o sistema didáctico das bandas á escocesa de […]

Reflexión sobre a blogosfera

22 Abril, 2005 (23:07) | Blogs |

Rogerio colgou onte unha longa reflexión sobre a blogosfera que, sen dúbida, será do interese paralaboral de Cesare. Interesaralle, tamén, o estudo sobre os blos en Portugal (con certeza que xa o manexou).

Feira do Libro de Santiago

22 Abril, 2005 (15:27) | Librarías |

Con Rosa Aneiros como pregoeira arrinca hoxe a Feira do Libro de Santiago. Creo que é un acerto o cambio de datas, aproveitando deste xeito a efeméride do Día do libro e a do primeiro de maio. Aínda que con respecto a edicións anteriores se reduciu o número de expositores (o que debe levar a […]

Volve Alvarellos

22 Abril, 2005 (14:41) | Editores |

Henrique Alvarellos reinicia o labor de Alvarellos editora, a editorial que en Lugo fundara hai vinte e oito anos o seu pai, falecido hai menos dun ano. Foi o de Alvarellos un catálogo moi interesante que debe ser recordado e valorado (boa parte da nómina de autores da narrativa galega dos oitenta comezou a publicar […]

Ser ou non ser

21 Abril, 2005 (11:35) | Política |

A noticia do adianto, víase vir, coincídeme coa chegada por correo do último número da magnífica revista Murguía. Alí aparece reproducido un artigo de Otero Pedrayo, “Ser ou non ser”.No día de hoxe este texto, publicado naquela A Nosa Terra do exilio, non pode ser máis oportuno. Reproduzo só, pola súa vixencia, o primeiro parágrafo: […]

Manifesto dos libreiros e editores andaluces

20 Abril, 2005 (12:50) | Cultura |

Os libreiros, distribuidores, editores e autores de Andalucía, co apoio solidario das Asociaciones Nacionais do sector do libro e doutras Comunidades Autónomas de España, fixeron público hoxe o seguinte MANIFESTO sobre a cuestión da gratuidade do libro escolar mediante a modalidade de préstamo. En Galicia sofrimos idéntica problemática. Los libreros, distribuidores e autores de Andalucía […]

Polémicas e cainismo

20 Abril, 2005 (09:34) | Política |

Neste país noso todas as polémicas, sexan tanto as políticas como as culturais, caracterízanse polo seu cainismo e falta de matices. Será posible, algún día, contar con maior rigor e xenerosidade nos debates? Quizais, o problema estea na nosa falta de perspectiva histórica. Fáltanos un horizonte compartido?

Foise co Bento

19 Abril, 2005 (19:26) | Imaxes |

19-04-2005: Praia Copacabana, Rio. Foise co Bento.

O portugués e o galego

19 Abril, 2005 (18:52) | Uncategorized |

Jaureguizar participa na polémica sobre as relacións entre o portugués o galego, suscitada en Periférica tras a publicación o mes pasado do adianto da novela de Rivas. Que dous intelectuais portugueses debatan con argumentos poderosos sobre a nosa lingua é unha magnífica noticia. Amosa que, afortunadamente, son cada día máis as persoas interesadas en Portugal […]

Premio Cartafol ao mellor libro do ano

18 Abril, 2005 (20:46) | Premios |

Saudamos a iniciativa da creación do Premio Cartafol ao mellor libro galego publicado no ano 2004 nas modalidades de narrativa e poesía.Xeralmente, os premios outorgados pola crítica á obra xa editada son os máis valorados por autores, editores e lectores. Agardaremos ao fallo o vindeiro 17 de maio. Parabéns a Moisés R. Barcía e ao […]

The White Ravens 2005

18 Abril, 2005 (18:05) | Literatura infantil e xuvenil, Premios |

Outra noticia da Fiera foi coñecer o Catálogo de The White Ravens 2005, onde aparecen relacionados os famosos corvos brancos cos que a Biblioteca Internacional da Mocidade de Munich distingue cada ano a calidade de libros infantís e xuvenís editados en máis de trinta linguas de cincuenta países. Á lista galega haberá que engadir O […]

Memoria de ferro

18 Abril, 2005 (17:59) | Artigos Faro de Vigo, Campo de Granada, In memoriam |

No artigo da semana recomendo vivamente a Memoria de ferro de Antón Patiño.

Autores a seguir

17 Abril, 2005 (10:40) | Eventos, Literatura infantil e xuvenil |

O máis bonito da Fiera é contrastar os descubrimentos que fixo cadaquén. No libro ilustrado os editores franceses continúan ofrecendo bo gusto e unha innovación permanente. Sen embargo, na ficción para xoves (esa “young fiction” tan popular hoxe) os autores e autoras en fala inglesa son os que máis expectativa crean. Apunto algunhas pistas a […]

Censura

17 Abril, 2005 (10:29) | Eventos, Literatura infantil e xuvenil |

Jordi Sierra i Fabra expúsoo con claridade no coloquio de autores: ” a censura está maltratando os nosos libros. Pido aos editores un pouco de respecto e que lle fagan menos casos aos seus comerciais e ás APAS“. Estou de acordo con prolífico autor catalán (fai unha literatura realista, comprometida, dura e directa). Algúns editores […]

Día Roald Dahl

17 Abril, 2005 (10:08) | Eventos, Literatura infantil e xuvenil |

Día Roald Dahl O venres foi o día dedicado na Fiera a Roald Dahl. Random House, a nova editora do xenial escritor inundou os corredores con enormes bolsas azuis baixo o rótulo de Verses and songs, o novo libro que promocionan. Chamoume a atención que o estand do xigante da edición americana (propiedade dos alemáns […]

Beber soños con palabras descarreiradas

17 Abril, 2005 (08:40) | Eventos, Literatura infantil e xuvenil |

O momento máis interesante da Fiera foi o coloquio dos autores convidados polo Ministerio de Cultura. Felicidad Orquín moderou unha mesa na que propuxo a Emilio Pascual, Marilar Aleixandre, Agustín Fernández Paz, Jordi Sierra I Fabra e Gustavo Martín Garzo que abordasen, durante vinte minutos, a súa visión sobre “Unha nova literatura para distintas realidades“. […]

Media Vaca

17 Abril, 2005 (08:09) | Eventos, Literatura infantil e xuvenil |

Muñoz Bachs Impresionáronme os libros de Media Vaca. Esta é unha pequena editorial, nacida en Valencia hai seis anos, que se dedica a editar tres libros ilustrados cada ano, tanto para adultos como para nenos. Hai meses publicou os Retratos furtivos de Luís Seoane. O seu catálogo é prodixioso, deses poucos nos que un quixera […]

Editor emigrante

16 Abril, 2005 (18:34) | Eventos, Literatura infantil e xuvenil |

Unha das mellores cousas que me sucederon estes días foron as horas de conversa devagariño con Vicente Paz Fernández, o máis veterano editor educativo brasileiro. Nacido en Camoedo, Sada, emigrou hai corenta anos ao Sao Paulo. Mestre formado na Coruña, fíxose editor no Brasil, onde dirixiu durante vinte e cinco anos Ática e Scipioni, as […]

OQO Editora

16 Abril, 2005 (08:31) | Cidades, Literatura infantil e xuvenil |

Tras o coloquio cos escritores, soubemos do nacemento de OQO editora. Tres rapazas entregaron tarxetas desta nova editora de literatura infantil, con sede en Pontevedra. O novo proxecto, animado por Eva Mejuto (a quen onte botabamos en falta na Feira, ela chegou hoxe), pretende ter listo os seus catro primeiros libros dentro dun mes e […]

Kalandraka

15 Abril, 2005 (06:48) | Cidades, Literatura infantil e xuvenil |

A única editora galega con estand propio é Kalandraka. As tres persoas, que están na feira, da editora de álbums infantís non paran. Kalandraka Editora S.L., a matriz pontevedresa, diversificouse en apenas cinco anos, conformando unha rede de edición en varias linguas e de exportación a diversos mercados; desa necesidade naceron: “Kalandraka Ediciones Andalucía“, “Kalandraka […]

La lingua delle farfalle

14 Abril, 2005 (20:40) | Cidades |

Un dos escaparates da libraría Feltrinelli está dedicado ao lanzamento de La lingua delle farfalle, o libro no que se antologan contos de Rivas procedentes de Que me queres, amor?, Un millón de vacas e Ela, maldita alma. Contei 20 exemplares no escaparate. Nunca antes vira no país noso unha atención promocional deste tipo para […]

Manteis

14 Abril, 2005 (06:54) | Cidades |

Fixen algunhas xestións e contactos. Foi interesante a entrevista con Sinéad Mac Aodha do servizo Ireland Literature Exchange (unha institución semellante o que pretendemos sexa o noso futuro Instituto Rosalía de Castro). Axuda a pagar a tradución das obras de autores irlandeses e mesmo, unha vez editada, á promociòn. Sobre as dimensións da Feira. Medrou, […]

New Horizons award

13 Abril, 2005 (22:30) | Cidades, Premios |

A de Bologna son dúas feiras do libro: a dos editores e a dos ilustradores. A segunda ten as formas das peregrinaxes. No hall central hai unha enorme parede cuberta de debuxos e tarxetas de contacto de artistas novos que chegan cos seus cartafoles cheos coa esperanza de poder atopar un editor. Non é doado […]

Bologna na brétema

12 Abril, 2005 (20:16) | Cidades, Persoal |

As cinco e media recólleme un taxi na casa. O fulano ten ganas de palique. Confésame que leva conducindo dende as catro da tarde. Pregúntolle ónde naceu. “En Cali, pero llevo ya cinco anos en Galicia”. En Colombia deixou unha noiva, moi bonita, aínda que a moi “desgrazada” meteuse na droga (“ahora se inyecta, es […]

Viaxes

12 Abril, 2005 (02:15) | Persoal |

Afeito a ler ás viaxes de Cesare e Plattdorf, recomendo seguir a que estes días conta Gago. É do melloriño que teño lido nos blos. Dentro dunhas horas eu marcho para Bologna, vía xornada de traballo na cidade da Almudena. Como sei que non durmo nos hoteis, metín na maleta os tres primeiros orixinais. Comezan […]

Mans libres

12 Abril, 2005 (01:57) | Política |

Se a información é boa (esta xente, ata agora, ten apuntado de cheo, portazo incluído), imos ben aviados para poder contar cunha alternativa. A carreira de relevos non é a disciplina que mellor domina o actual BNG.

Caligrafía

11 Abril, 2005 (15:37) | Artes Visuais, Persoal, Xerais |

Creo o que o fío que mellor une o meu traballo anterior como profesor de educación infantil e o actual de editor é o meu interese pola caligrafía. Esa devoción polas letras e as súas formas, polo surco do lapis e da pluma, ese marcar un trazo aparente sobre a nada (sexa a pizarra, a […]

Portugalicia

10 Abril, 2005 (20:08) | Portugal |

O adianto da novela de Manuel Rivas en portugués provocou un interesante comentario en Periférica sobre a calidade da tradución e a proximidade entre as nosas dúas linguas. Mañá agardo poder pechar a edición do que será o primeiro manual de portugués para galegos. Prepárao unha profesora portuguesa que fala un galego magnífico. Quen dixo […]

Proporcións

10 Abril, 2005 (15:31) | Narrativa |

Que é o que ten este libro de relatos para gañar todos os premios? Lino, antes de ser editado, e creo que o fixen con moita atención e interese, e non lle atopo explicación literaria convincente ao seu éxito entre os críticos. Semella que as miñas proporcións non son as dos xurados que o premian. […]

Poeta, republicano, exiliado, comunista

9 Abril, 2005 (07:33) | Autores |

Lorenzo Varela, no medio, xunto a dous compañeiros das Milicias Republicanas Onte presentamos no Marco os dous libros de Carlos L. Bernárdez sobre Lorenzo Varela. Magníficas foron as intervencións de Manuel Forcadela, o profesor Xesús Alonso Montero e o autor. XAM fixo unha contundente denuncia da campaña que os sectores conservadores (desde a propia Xunta […]

Rromipén

8 Abril, 2005 (21:51) | Sociedade |

Hoxe, día do pobo xitano, é bo saudar o número que a Festa, a magnífica revista que dirixe María Xosé Queizán, dedicou recentemente a etnia do pobo xitano. Oito millóns de europeos, seiscentos mil deles españois sofren o alarmante crecemento do racismo e do medo ao outro que se está producindo en todo o continente. […]

Obxectivo un

7 Abril, 2005 (19:00) | Política |

A grande noticia do día. Seguro que os tres aspirantes quedaron aliviados.

Apoiamos unha cultura libre

7 Abril, 2005 (18:57) | Internet |

Morreu Lodares

6 Abril, 2005 (19:39) | Lingua |

Sei polo crítico Manuel Rodríguez do falacemento onte do lingüista Ramón Lodares nun accidente de tráfico. O autor do Paraíso políglota polemizou con frecuencia e con impiedade sobre as políticas de normalización lingüística do galego, catalán e éuscaro. Aínda recordo como nos anoxou hai cinco anos a súa intervención no Club Faro de Vigo amosando […]

Elementos de crítica literaria

6 Abril, 2005 (19:29) | Críticas, Ensaio, Xerais |

Acollo con alegría as primeiras opinións do manual de crítica que editamos recentemente. Semella que pagou a pena o esforzo do equipo de Casas. Creo que contribuirá a densificar o noso debate sobre a crítica, ao tempo que a robustecer academicamente o sistema literario de noso.

Triunfo da morte

5 Abril, 2005 (16:15) | Sociedade |

Miguel Anxo proporciona hoxe, entre tanto ruido, un contrapunto necesario que recomendo vivamente.

Apoio a Marta Mata

4 Abril, 2005 (22:33) | Educación |

Recibo na caixa de correo unha iniciativa oportunísima que merece o meu apoio máis entusiasta.Transcríboa: O pasado 17 de febreiro o Consello Escolar de Estado aprobou unha resolución pola que se pedia ó Goberno que a asignatura de relixión deixase de formar parte do currículo na escola pública renegociando os acordos co Vaticano no que […]

Sobre a LOE

4 Abril, 2005 (21:57) | Educación |

No artigo da semana matizo as primeiras valoracións que fixen sobre a LOE.

España aconfesional?

3 Abril, 2005 (22:03) | Sociedade |

Despois das cinco horas de debate desta tarde na televisión da Conferencia Episcopal (algo tan incrible como vergonzoso) comprobo que Escolar ten toda a razón: “Tres días de luto oficial, a pesar de que la Constitución define el Estado como aconfesional. Los políticos españoles, presidente del Gobierno incluido, han suspendido la campaña vasca y el […]

Axeonllados

3 Abril, 2005 (14:53) | Sociedade |

Liberation Prometinme non postear sobre a noticia; sen embargo, a saturación mediática abafante impídeme non facelo. Os medios mundiais máis influíntes, especialmente as teles públicas, axeonlláronse diante do poder da Igrexa e o seu control do rito e do espectáculo de masas. A pesar da crise do seu cadro de persoal (especialmente en España) que […]