Month: Maio, 2005

Candidatura de Ánxel Casal para o 17 M

30 Maio, 2005 (19:20) | Efemérides |

Recibo a proposta da Asociación Cultural Ánxel Casal de Arzúa promovendo a candidatura de Ánxel Casal para que lle sexa dedicado o Día das Letras Galegas do vindeiro ano. Non nego a miña simpatía por esta proposta de homenaxear o máis grande editor galego. Transcribo o texto da proposta: Ánxel Casal é a figura que […]

Blo 0.0

30 Maio, 2005 (19:14) | Blogs |

Cando Josito iniciará o seu blo? Debe andar cismando. Ánimo!!!

Diáspora

30 Maio, 2005 (19:07) | Artes Visuais, Exposicións |

Maruja Mallo, Muller con cabra Recomendo a visita á exposición Diáspora do Marco.

Premios da Crítica Galicia

29 Maio, 2005 (10:28) | Premios |

Xosé Chao Rego e Antón Costa Rico Levo asistindo aos Premios da Crítica Galicia desde hai máis de vinte anos. As mellores edicións sempre son as que coinciden en periodo preelectoral. Así sucedeu onte, onde todas as intervencións dos gañadores reclamaron abrir un tempo novo, chamadas á esperanza e ao inconformismo coa situación presente (referencias […]

Lamatumbá

28 Maio, 2005 (16:24) | Música |

Lamatumba Pedro Feijoo, o baixo de Lamatumbá, é o autor de Viva o furremol, un libro que publicaremos proximamente, onde se desmiuza desde dentro o mundo da música popular en Galicia. Hoxe, despois de revisar outra vez as probas, conclúo que se o sistema literario galego é complexo e difícil, dedicarse aquí á música é […]

Sandiás

28 Maio, 2005 (15:43) | Blogs |

Recibo no correo noticia dunha páxina (non oficial) do concello limiao de Sandiás. A recollida de información é moi exhaustiva e rigorosa. Recomendo a lectura das lendas sobre a lagoa de Antela. Encabeza o sitio un texto do poeta irlandés Seamus Heaney, que constitúe unha declaración de resistencia: As pequenas culturas teñen unha relación complicada […]

O blo de Carme Adán

26 Maio, 2005 (22:23) | Blogs |

O de Carme Adán si é un blo. Impecable tecnicamente (como cómpre), escrita coidada (algo escura) e posibilidade de colocar comentarios (imprescindible). Son de agradecer o pertinente dalgúns enlaces. Aventuro que estoutro vai perder lectores. Só lle poño unha tacha: o número e o tamaño das fotos é un chisco desmesurado. Agardemos que teña a […]

Tastarabás

26 Maio, 2005 (19:34) | Uncategorized |

Onte á noite, despois da estupenda presentación do libro de Victorino, atopeime con Antón para falar do proxecto Tastarabás. O autor de Chirlosmirlos enleouse agora na confección dun catálogo de brinquedos populares, ixolos e enredos e sobre o uso lúdico da natureza. Xa ten confeccionadas 543 fichas destes xoguetes populares, amais de telos construídos a […]

Libros sobre libros

25 Maio, 2005 (15:46) | Edición |

O meu amigo, o editor valenciano Joan Carles Girbés, recomendoume hoxe este magnífico sitio de libros sobre libros. Moi recomendable para editores, autores, críticos e demais letraferidos.

Libros de peto

24 Maio, 2005 (22:37) | Edición |

Souben hoxe do seminario que Peter Mayer, o antigo responsable de Penguin, está impartindo en Madrid sobre os libros de peto. O editor de Overlook Press considera este tipo de edición “como o símbolo da cultura democrática de masas”. Diante desta afirmación, volvo preguntarme polas razóns do noso fracaso coa colección de Peto. Non será, […]

"Poeta na cadea"

23 Maio, 2005 (20:22) | Autores |

Baixo o título “Poeta na cadea” atopei esta noticia. Recomendo ler o texto completo e non quedar só co titular e a fotografía (o que facemos adoito). Podería incorrerse nun erro lamentable.

Manifesto dos correctores

23 Maio, 2005 (20:07) | Edición |

Sei por Millán da existencia dun manifesto, aparecido na lista editexto, que reivindica o papel dos correctores na edición de textos e no coidado do uso do idioma. Unha iniciativa oportuna que debería ter o seu correlato en Galicia, onde estes profesionais desempeñan un papel apenas recoñecido.

Críticos e reseñistas

23 Maio, 2005 (19:40) | Críticas |

Alejandro Gándara comenta no seu blo a aparición recente do libro do crítico da polémica. A disquisición entre o papel do reseñista e o do crítico pon sobre a mesa, outravolta, o papel da crítica no sistema literario e na promoción da lectura e dos produtos editoriais.

As curtametraxes

22 Maio, 2005 (21:59) | Cine |

Pasei a tarde baixando e vendo as curtametraxes. Vaia traballón!!! Quedei abraiado polo esforzo e pola calidade media da maioría. Emocioneime, rin, anoxeime, tomei notas: “a maldita memoria é coma ter un ourizo na cabeza”. Beizóns para os promotores, poucas veces foron tan merecidas.

Púrpura para Amanda

22 Maio, 2005 (21:29) | Premios |

O sábado participei no acto de entrega do Premio de Relatos Os Viadutos para menores de trinta e cinco anos, que dende hai sete anos organiza o concello. Alí souben de Manuel Antonio Lourenzo Sobral, un mozo de Arcade, licenciado en filoloxía (está facendo o postgrao sobre o galego exterior con Quique Costas). Manuel é […]

Cambio galego

21 Maio, 2005 (10:16) | Política |

Anxo Quintana e Carmen Adán Onte asistín á conferencia de Quin. O público, a maioría militantes, entregado. Bonita e sobria a presentación de Carmen. A intervención do candidato clara, didáctica, moi ben estruturada, aínda que, na miña opinión, falta dun chisco de emoción (algo que podería corrixir doadamente). Fixo múltiples referencias a necesidade do “cambio” […]

Ponte de esperanza

20 Maio, 2005 (18:04) | Uncategorized |

Meniños cantores O máis bonito que sucedeu onte.

Onde vou?

19 Maio, 2005 (14:27) | Uncategorized |

Non comparto a mala fama que ten Sal como cidade de escasa actividade cultural. Teño o corazón dividido polos convites que recibo para o serán de mañán: conferencia de Quin no Clube Faro, inauguración de Diáspora. 10 artistas galegos no exilio latinoamericano (a exposición que comisaria Carlos Bernárdez) e presentación de Balada Solitaria, o último […]

Tipografía galega

18 Maio, 2005 (18:48) | Tipografía |

Tipografía galega Beizóns para o novo proxecto de Aduaneiros de recuperar a tipografía galega. Moi bo!

Estamos con vosotros

18 Maio, 2005 (15:37) | Política |

Transcribo o texto do correo anónimo que recibín hoxe e sinala anda percorrendo apoios fóra de Galicia: ESTAMOS CON VOSOTROS.Somos muchas las personas que miramos a Galicia desde fuera con ojos atentos. Vemos en vosotros un país que nos atrae y vemos también cosas que no comprendemos.¿Cómo un país que demostró fuerza y dignidad para […]

Despois do 17

18 Maio, 2005 (08:56) | Efemérides |

Despois deste 17 semellan detectarse novas tendencias a ter en conta para futuras edicións: os libreiros comezan a saír a rúa en varias cidades (con maior ou menor éxito, esa é a verdade); o cortexo cívico colle corpo e arrastra a máis de mil persoas; a romaxe etnográfica de Vilanova preséntase como un modelo de […]

Chintófano

17 Maio, 2005 (21:45) | Uncategorized |

O día das letras tróuxonos un agasalliño aos maceiros: o “chintófano”, un widget que permite consultar o Dicionario da RAG. Pódese descargar doadamente dende a páxina da empresa Galinus. É moi doado de instalar e comprobei que funciona sen problemas en safari. Mágoa de nome para unha utilidade interesante.

Felices Letras

17 Maio, 2005 (09:49) | Efemérides |

Paul Taylor O máis significativo deste ano para as Letras Galegas foi, sen dúbida, o estourido creativo dos e das militantes fantasía. Un cestiño de pombas e mazás para todos e todas. Felices Letras.

A entrevista de Suso.

16 Maio, 2005 (18:54) | Entrevistas |

Edicions Bromera (catalán) Recomendo a lectura devagariño da longa entrevista a Suso de Toro que aparece hoxe en Vieiros. Non ten desperdicio. É moi clarificadora sobre o momento que vivimos. Reflexivo e mirando cara o futuro, esas inxeccións de esperanza que tantas veces faltan aquí, Suso reclama a mobilización cidadá para abrir unha nova etapa […]

Sobre "Heroína"

16 Maio, 2005 (17:01) | Cine |

Heroína A semana pasada recomendaba Heroína; onte publiquei un artigo sobre a película. Non vexo outros comentarios en galego por ningures? A verdade é que xa sei que non é Os luns ao sol, mais non merece tanto silencio. María Bouzas e Carlos Blanco están fenomenal. Só por ver a súa interpretación e gozar coa […]

Exiliados

15 Maio, 2005 (18:37) | Efemérides |

Exiliados, o especial das Letras 2005 de Culturagalega.org é cousa bonita. O traballo de Manuel Gago e os seus compañeiros é modélico. Xa anuncia Diásporas, a exposición comisariada por Carlos López Bernárdez, que será inaugurada no Marco o vindeiro día 20.Afortunadamente, unha das mellores cousas das Letras son estes especiais dixitais. Xa sinalara a miña […]

Tres no escaparate

15 Maio, 2005 (12:41) | Efemérides, Librarías |

Nesta fin de semana das Letras conto exactamente tres títulos editados en lingua galega no escaparate da Casa do Libro de Vigo. Esta porcentaxe, moi inferior ao 1% dos títulos expostos, é a que corresponde ás vendas do libro galego neste establecemento? Sempre gabei e o seguirei facendo o traballo de dinamización do libro galego […]

Historiador

14 Maio, 2005 (19:24) | Uncategorized |

Tras as eleccións de Euloxio R. Ruibal e Darío Xohán Cabana, teño a impresión de que a vacante pendente da Academia será ocupada por un historiador.

Bibliotecas escolares

13 Maio, 2005 (08:06) | Bibliotecas |

Semella que desta volta vai adiante a posta en marcha dun programa serio de bibliotecas escolares. O plano marco que promove a Consellaría de Educación tivo unha boa acollida, xa que son setecentos os centros que solicitaron participar. Onte participei, en representación da AGE, na primeira reunión do grupo de traballo, promovido pola propia Consellaría, […]

Magnífico Rodríguez

12 Maio, 2005 (19:40) | Política |

Non tiven oportunidade de velo en directo, mais lin o texto do discurso que pronunciou hoxe no Parlamento Francisco Rodríguez é pareceume magnífico. Nas liñas precisas, o veterano parlamentario do BNG resumiu unha posición política, dende os intereses de Galicia, firme, seria, clarificadora e, ao mesmo tempo, capaz de abrir un diálogo co goberno para […]

Coa lingua na maleta

12 Maio, 2005 (12:59) | Efemérides |

O especial Letras Galegas 2005 de Vieiros é lindo lindo. Aqueladiño de todo. Un orgullo para a web galega.

Faro da Cultura

12 Maio, 2005 (12:51) | Medios |

Novidade: pódese descargar en PDF o Faro da Cultura. Unha boa nova para seguir semanalmente o suplemento que coordina Moncho Pena. Hoxe, como a Voz, inclúe un monográfico sobre Lorenzo Varela.

Xa vai

11 Maio, 2005 (23:19) | Política |

A pesar da dor que nos produciron os trasacordos e os ataques cainitas que recibimos ben pagaron a pena e o manifesto na procura dun novo tempo político xa vai adiante, apoiado agora por unha ampla rede de cidadáns e colectivos. Esta é a mellor noticia que recibimos nos últimos meses.

Cuspindo a barlovento

11 Maio, 2005 (06:08) | Artes Visuais |

Cuspindo a barlovento Onte á noite asistimos á inauguración da exposición de Manuel Sendón no Museo do Mar. O traballo xa se expusera en Compostela, visitara varias cidades europeas, fora editado, e faltaba dalo a coñecer na cidade do fotógrafo. A espera mereceu a pena. Os formatos dun metro por un metro locen o seu. […]

Manuel Seixas

10 Maio, 2005 (15:34) | Blogs |

Soubemos por Vieiros que o noso amigo Manuel Seixas posúe un espazo web. As súas facetas como narrador, poeta, músico (guitarrista virtuoso), ensaísta, editor (Madame Mir é o seu selo) ou profesor de filosofía amósanse neste vizoso espazo de creación. A páxina é moi recomendable; pódense ler os seus últimos textos, informarse dos seus proxectos […]

Votar polo cambio

9 Maio, 2005 (18:56) | Uncategorized |

Teño un disgusto enorme polos inxustos e desproporcionados ataques que está recibindo Suso de Toro (unha persoa honesta e xenerosa onde as houber) a raíz do manifesto que se fixo público onte. Non entendo a que vén a posición do profesor Losada.Tratar de apoiar unha corrente de cambio, promovendo a participación do electorado nacionalista e […]

RDM

8 Maio, 2005 (21:50) | Sociedade |

O foro de gurús empresariais e económicos que se está desenvolvendo estes días achega reflexións que non teñen perda.Preguntado o xaponés Kenichi Ohmae, considerado un dos gurús mundiais en estratexias de desenvolvemento rexional, sobre qué facer para que Galicia sexa máis atractiva, contestou de forma lacónica: a palabra clave é RDM: o resto do mundo. […]

Os correctores

8 Maio, 2005 (21:32) | Edición |

O artigo de Moisés sobre os correctores abre un debate ben interesante. Ben se nota que sabe do que fala.

Museo do Mar

8 Maio, 2005 (21:23) | Uncategorized |

No artigo da semana reflexiono sobre o futuro do Museo do Mar de Galicia.

Concursos

8 Maio, 2005 (21:10) | Uncategorized |

Pasei boa parte do domingo lendo relatos de narradores e narradoras novos para os dous xurados nos que participo mañá. Observo que nas últimas edicións o nivel medio dos textos mellorou moito. Con todo, a maioría xiran arredor do dilema “amor/desamor” ou modernizan o famoso “conto da aldea” ou de “memoria dos avós”. Chamoume a […]

No nome da esperanza, xa vai

8 Maio, 2005 (10:14) | Política |

Velaí o texto do Manifesto que promovemos en nome da esperanza e do cambio: A proposta que presenta o PP á sociedade galega para seguir ocupando o goberno da Xunta é impropia do tempo que vivimos. Condena ao noso país a seguir atrapado no tempo, a continuar encerrado nunha anomalía que xa non pode continuar. […]

Heroína

7 Maio, 2005 (22:52) | Cine |

Heroína Gustoume, aínda que saín do cine case noqueado. Herrero non proporciona tregua para complacencia ningunha (nin sequera coa canción de Antonio Vega), a pesar de que a realidade foi moito máis crúa ca ficción reconstruída. Un drama con esperanza e moita coraxe.

O blo de Quin

6 Maio, 2005 (22:31) | Blogs |

Despois da estupenda presentación das Follas de bacallao, máis dun cento de persoas (con proxección de vídeo incluída), no Camaleón volvemos falar das razóns dos que apoian sen matices o plan xeral de Vigo. A cousa cada vez está máis clara: se alguén a comprende debería explicala. En Sal, o PSOE está feliz. Nunca llas […]

Bases de futuro

5 Maio, 2005 (19:32) | Política |

Hai trece anos que non facía unha intervención política. Foi onte na presentación das Bases do Novo Estatuto en Sal. Percibín que o que máis interesou ao público (numeroso, aínda ca menos ca o día anterior en Teucro) foron as propostas sobre ordenaciópn do territorio: a de redución e reordenación do número de concellos, o […]

A canción do náufrago

5 Maio, 2005 (16:17) | Blogs |

Promete o blo do escritor Francisco Castro. Na liña do grande Jaure, arrisca a opinar. Enlázoo aos meus favoritos.

Suso en checo

4 Maio, 2005 (21:52) | Traducións |

Chama Suso para despedirse. Marcha á Feira do Libro de Praga, onde presentará as edicións en checo de Trece badaladas e Ambulancia. Seino contento pola viaxe, aínda que preocupado pola situación política. Anúnciolle a segunda edición do libro. O lanzamento saíu ben. Houbo moita reposición. Promete chamar o domingo, de volta traerá noticias de primeira […]

Nin terra nin tempo

3 Maio, 2005 (21:51) | Política |

O anuncio das listas do BNG é outra decepción máis. Ao longo do día coméntoas con varios amigos e todos coincidimos: semella unha purga irresponsable que non ten sentido ningún (lémbrame a que fixeron con nós en 1977, si hai vinte e oito anos, cando eramos uns rapaciños de Erga, aínda o sinto con tristeza). […]

Cabana académico

2 Maio, 2005 (20:36) | Autores, Cultura |

Desta foi e a Academia nomeou por abrumadora maioría numerario a Darío Xohán Cabana. Recoñécese así a súa tarefa como construtor e forxador de lingua. Darío leva traballado arreo neste labor fundamental, sexa nas súas traducións, fose coma poeta de formas clásicas, como narrador de escrita de diamante ou preparando milleiros de encrucillados de noso.É […]

Escola pública

2 Maio, 2005 (09:44) | Artigos Faro de Vigo, Campo de Granada, Educación |

No artigo da semana apoio a campaña a prol da defensa da escola pública.

Máis premios

1 Maio, 2005 (10:36) | Premios |

Despois dunha semana intensísima de viaxes, presentacións e reunións (leveina moi mal, case anguriado) onte chegou unha enxurrada de boas noticias: os premios “Lecturas” 2003 e os Losada Diéguez 2004. Son dos premios que como editor maior agradezo, por tratarse de recoñecementos a obra xa editada. Aos “Lecturas“, organizados por Galix e fallados por escolares […]