Month: Xullo, 2005

Avante!!!

31 Xullo, 2005 (23:10) | Política |

Acertamos só dous resultados da nosa quiniela sobre as consellarías nacionalistas. Como supoñía houbo algunha sorpresa, aínda que se mantiveron os criterios previstos. As catro eleccións parécenme acertadas e ilusionantes. Na beira socialista, o perfil político escollido parece máis baixo, o que agardamos no empece a eficacia e o rigor que deles se agarda. Coas […]

Milladoiro, 25

31 Xullo, 2005 (22:39) | Música |

Onte no Interceltico, a pesar do relente da nortada e das esperas interminables, rendémonos diante do clasicismo de Milladoiro. Despois de vinte e cinco anos de traxectoria manteñen a frescura e non se dobregan ao ditados das modas e do comercialismo coiuntural. Recomendo o último disco, unha escolma espléndida, alén de incluír un tema novo […]

Feira do libro da Coruña

30 Xullo, 2005 (07:39) | Eventos |

O luns comeza a Feira do Libro da Coruña. O programa desta ano é moi atractivo e, quizais, o máis denso de actos dos últimos anos. Ademais das presentacións (case dúas cada día) e asinaturas, este ano destaca, o día 8 de agosto, a realización en directo do programa El ojo crítico de Radio Nacional. […]

O escritor de Ligácia

29 Xullo, 2005 (12:32) | Autores |

Na edición de Vieiros Barcelona publícase hoxe unha magnífica entrevista con Xulio Ricardo Trigo, o escritor, tradutor e editor catalán de orixe galega. Xulio é o creador de Ligácia, un espazo literario propio, que corresponde á Galicia da súa infancia, recreado en novelas como Despres de l’ oblit (Logo do esquecemento), ademais de promotor de […]

A cruz da lectura

28 Xullo, 2005 (16:49) | Lectura |

Vía Libro de notas leo un interesante artigo de Javier Aranda Luna sobre a lectura en México. Propón un debate de interese para nós: aumentar a dotación bibliotecaria pública vai supoñer unha mellora dos índices de lectura? Confrontando os índices de lectura de Xapón (91% da poboación) e de Alemaña (60%) cos de México (aínda […]

Quiniela nacionalista

27 Xullo, 2005 (08:23) | Política |

Ian faise eco dunha quiniela sobre os conselleiros e conselleiras do BNG no goberno conxunto. Semella verosímil, xa que equilibraría factores e esperanzas. É innegable que o proceso de formación do novo goberno está sendo nas formas modélico. Con todo, haberá que agardar. A miña intuición agoira algunha sorpresa.

Preparar o té

26 Xullo, 2005 (22:11) | Gastronomía |

Hai varios días que leo posts sobre o xeito de preparar o té, un tema que me interesa moito, xa que en casa somos adictos. Hoxe Mr. dot deume outra clave. Nós aprendemos a preparalo en Yorkshire (alí son de “leite fresco e frío despois”), aínda que xa nos dixeran que os máis “pijos” botábano […]

Vinte e cinco

26 Xullo, 2005 (11:49) | Política, Vigo |

Case todos os anos imos a Compostela o vinte e cinco. Onte foi un dos mellores que recordo, e non só porque a Quintana estivese ateigadiña e o discurso fose magnífico e esperanzador (gustoume moito a sucesión de metáforas coa que rematou: Curros, Novoneyra, Celso e Novoneyra de novo, “… a forza do noso amor […]

Cambios á vista

25 Xullo, 2005 (22:29) | Política |

O grande Xurxo Lobato procura sempre as imaxes máis oportunas. Velaí hoxe ao ex-alcalde de Vigo, Manuel Soto, termando da pancarta do BNG (con outros convidados). Aínda que non é menos significativa a foto das bandeiras. Xa non teño dúbidas que se achegan en Vigo cambios tan importantes como imprescindibles.

Ablativo en Nova York

25 Xullo, 2005 (08:01) | Xerais |

Chegounos unha boa noticia: O deseño do libro As galiñas de vento de Günter Grass, publicado dentro da colección Ablativo Absoluto, foi seleccionado para formar parte da exposición Listos para Leer. Diseño de libros en España (Ready to read. Book Design from Spain) que se inaugurará o vindeiro 4 de outubro na sede do Instituto […]

Bibliocafés minhotos

24 Xullo, 2005 (21:01) | Bibliotecas |

Andreia C. Faría anuncia a posta en marcha de bibliocafés nalgunhas cámaras minhotas, como xeito de promoción da lectura entre os máis novos. Outra experiencia orixinal que podería ser estudada entre nós.

24 Xullo, 2005 (17:13) | Artigos Faro de Vigo, Campo de Granada, Política |

Alborada

24 Xullo, 2005 (17:13) | Artigos Faro de Vigo, Campo de Granada, Política |

Alborada

Outra descuberta

24 Xullo, 2005 (10:59) | Autores, Premios |

Iria López Teijeiro, unha rapaza de vinte e catros anos de Fene, é a nova descuberta do primeiro Premio Biblos-Pazos de Galicia de novela convocado para menores de vinte e cinco anos.É unha beizón deste ano que case cada premio permita atopar unha voz nova para a nosa narrativa. Semella que está xermolando, tamén, un […]

Sintonía

24 Xullo, 2005 (10:42) | Política |

Esta magnífica foto de Xurxo expresa a sintonía de Touriño e Quintana durante o acto histórico de onte. Tiven a oportunidade de asistir e emocionarme nese longo e intenso aplauso que rubricaba a asinatura do acordo. Se as formas (elegancia, diálogo e firmeza) expresan o substancial do contido, podemos estar moi esperanzados: xa comezou un […]

Acordo de goberno

22 Xullo, 2005 (11:29) | Política |

A publicación do acordo do novo bipartito é unha mostra do novo estilo de goberno. Un texto que constitúe tanto un acordo entre os coaligados como un contrato e compromiso coa cidadanía. Haberá tempo para debullar polo miúdo os centos de iniciativas e medidas propostos. Con todo, e ás présas, transcribo as que me parecen […]

Cuestión de orzamentos

21 Xullo, 2005 (07:34) | Política |

Recibo esta interesante información sobre os criterios económicos da negociación do novo goberno: A negociación entre PSOE e BNG para conformar un goberno bipartito foi realizada baseándose no total do orzamento consolidado da Xunta do presente ano, que é de 9.000 millóns de euros. O PSOE a través das súas oito consellarías e da presidencia […]

A paixón pola palabra

20 Xullo, 2005 (18:00) | Autores, Literatura infantil e xuvenil |

Pawley, de quen xa levo aprendido tanto, descobre un texto magnífico sobre Cando petan na porta pola noite, o extraordinario libro de Xabier (cúmprense dez anos do seu Premio Nacional). Xa devecemos por ler novos textos destas Seven Women; sen dúbida, son lectoras de moito criterio.

Brétemas licenciado

20 Xullo, 2005 (17:23) | Blogs |

Tomando nota de María, hoxe licenciei estas miñas brétemas. Creo que o espírito de todos os que participamos na rede é o da lectura –definida por Erza Pound como a arte da réplica– e o da cultura libre.Participar na comunidade virtual é un dereito e unha opción que cadaquén asume con total liberdade. Razóns estas […]

Vigoblog

20 Xullo, 2005 (16:02) | Blogs |

Dende hai un par de meses visito VIGOBLOG, un blo colectivo e bilingüe que ven realizando achegas sobre a cultura urbana viguesa. Vigo é unha cidade revolcada, que posúe un pulmón cívico envexable e unha anemia política abominable. Paradoxo que aconsella seguir este sitio onde se denuncian, sobre todo, os atentados ao noso litoral e […]

Triunfo dixital

18 Xullo, 2005 (16:19) | Medios |

Grazas a Millán soubemos do inicio do proceso de dixitalización da totalidade da colección de Triunfo (1962-1982).Somos moitos os que nos educamos na esquerda lendo esta revista, nacida como un noticiario cinematográfico e que, logo, se converteu en referente indiscutible da loita polas liberdades no Tardofranquismo e nos días da Reforma Política. Imposible esquecer as […]

Nace OQO

17 Xullo, 2005 (10:49) | Editores, Literatura infantil e xuvenil |

Hoxe varios medios anuncian a aparición dos primeiros catro libros de OQO editora, o proxecto dunha nova editora de álbum infantil multilingüe do que tiveramos noticia na Feira de Boloña. A calidade e o interese dos libros, concibidos como espazos de creación literaria e plástica, está asegurada. Esta é unha moi boa nova para a […]

Novas de "Oeste"

16 Xullo, 2005 (09:26) | Narrativa |

O xoves pasado estiven en Urroa con Manolo e decidimos retrasar a aparición de Oeste ata o outono. A trama desta novela estensa, o manuscrito avulta 400 páxinas, arrinca o 18 de agosto de 1936 na Dársena e na Praza de María Pita onde os sublevados queiman unha chea de libros, o mesmo día no […]

Novo valor

15 Xullo, 2005 (19:44) | Narrativa, Premios |

Afortunadamente algún dos premios literarios deste ano están achegando voces novas e case inéditas ao panorama literario galego. Aire novo, si señor! Despois da de Carredano, aparece a de Carlos Freire Cordeiro, o gañador do Vº Certame de relatos por entregas de La Voz de Galicia. O certo é que eu xa coñecía a este […]

Precisan moita froita

15 Xullo, 2005 (19:08) | Política |

Os meus amigos téñenme escoitado contar moitas veces unha anécdota pavera das longas conversas que levaron en 1991 a formación do primeiro goberno tripartito de Vigo (o que presidiu Carlos G. Príncipe e o primeiro no que participamos os membros do PSG-EG e BNG). Despois de tres xornadas e a punto de constituírse a corporación, […]

As feridas dunha crise

13 Xullo, 2005 (06:59) | Cultura |

Das declaracións da rolda de prensa que fixemos onte maré resalta que “o incumprimento do prezo fixo dos libros nas grandes superficies, o déficit da rede pública de bibliotecas e a dependencia do circuíto escolar nas vendas ameazan o mundo editorial galego”.Pola súa banda, La Voz salienta que os editores “falaron do «delicado momento» que […]

Prezo fixo

12 Xullo, 2005 (20:08) | Cultura |

Hoxe presentamos en roda de prensa o portal. A verdade é que quedou moi ben. Aproveitamos para expresar a nosa preocupación pola situación tan delicada que está a vivir o prezo fixo dos libros, sobre todo desque se xeralizou a política de descontos do 25%, e para reclamar do futuro goberno unha política que considere […]

Bibliotecas e lectura pública

11 Xullo, 2005 (21:52) | Artigos Faro de Vigo, Bibliotecas, Campo de Granada |

No artigo da semana falo de bibliotecas e lectura pública. Quedei pampo cando lin o editorial de El País do domingo. Manexa os mesmos argumentos.

Libros de máis?

11 Xullo, 2005 (06:39) | Persoal |

O sábado marchou de viaxe María. Enchémonos de valor e aproveitamos esta fin de semana para limpar e reordenar unha das nosas bibliotecas (na casa témolas en todos os espazos, agás no noso cuarto).Volver sobre os libros, que fomos xuntando ao longo de máis de vinte e cinco anos, e ordenalos alfabeticamente produce melancolía, quizais […]

Martínez de Sousa

9 Xullo, 2005 (07:53) | Editores |

Onte no coloquio sobre a edición en linguas minorizadas coñecín ao mestre de editores, José Martínez de Sousa. Este galego d’ Rosal é, sen dúbida ningunha, a maior autoridade española no tratamento do texto, o labor máis específico e irrenunciable do editor. Este bibliólogo, ortotipógrafo, lexicógrafo e tantas outras cousas relacionadas coa industria do libro […]

Los girasoles ciegos

7 Xullo, 2005 (18:15) | Narrativa, Novidades |

A providencia laica deparoume a sorpresa de atopar casualmente nun quiosco do aeroporto este libro marabilloso, do que só tiña vaga noticia por obter o Premio da Crítica española 2004. Catro historias de vencidos, catro narracións cosidas co fío invisible e purificante da memoria. Das catro derrotas, a terceira, a do idioma dos mortos, é […]

Editor extravagante

7 Xullo, 2005 (17:29) | Editores |

Os dous días de viaxe deron de si. Moita lectura (non son capaz de viaxar en avión sen un libro entre as mans), moito traballo sobre o orzamento 2006, longos debates cos colegas, moitas conversas (algunha moi triste) e mensaxes eufóricas ao móbil e, para rematar, un bonito paseo cos amigos.Quedei razoablemente satisfeito da miña […]

Adeus, Barnabé, adeus

4 Xullo, 2005 (21:11) | Blogs |

Barnabé, un dos meus blos portugueses preferidos, decidiu pechar a súa emisión. Faino coa elegancia do himno nacional de de Trinidade e Tobago. Adeus, Barnabé. Moito obrigado, aprendín moito de voçés.

Feiras do libro

4 Xullo, 2005 (12:50) | Librarías |

No artigo da semana comento o inicio da Feira do Libro de Vigo e a historia e a crise actual deste modelo de promoción. Con todo, e a pesar da súa fraxiliadade actual, as librarías, como estas feiras do libro, continúan sendo auténticos espazos de biodiversidade cultural, e como tales deben ser mimados e protexidos […]

As razóns das crises

3 Xullo, 2005 (18:40) | Editores |

Outra entrevista para visitar, desta volta co editor alemán Volker Neumann, ex-director da Feira do libro de Francfort. Coincide nunha tendencia que vimos identificando noutros grandes editores internacionais: criticar a saturación da oferta editorial actual (“a máis libros non hai máis éxitos”), ao tempo que en confiar na pervivencia do libro como ben cultural (el […]

Lugrís Freire para o vindeiro 17

3 Xullo, 2005 (09:39) | Efemérides |

A Academia fixo caso omiso das propostas que se fixeran dende a sociedade (Lois Pereiro, Ánxel Casal, Chano Piñeiro ou Carvalho Calero) e escolleu por consenso, a proposta dos lingüistas da institución, homenaxear o vindeiro 17 de maio a Manuel Lugrís Freire. Ninguén pode negar os méritos do pai do pintor Urbano Lugrís, autor dunha […]

Conversas con Bernardino

3 Xullo, 2005 (09:10) | Autores, Xerais |

Onte acabei a lectura do libro de conversas con Bernardino. Rafael e Héitor fixeron un traballo excelente xa que en apenas cen páxinas conseguiron amosar o rostro profundamente humano dun dos grandes poetas da literatura galega. Creo que os aspectos máis novidosos do libro son os referidos á etapa de formación do poeta e ao […]

Entrevista a Peter Mayer

2 Xullo, 2005 (18:20) | Editores, Entrevistas |

Quen teña moita curiosidade pode ler a entrevista co editor Peter Mayer que aparece hoxe en Babelia. O antigo responsable de Penguin volve á carga sobre o futuro do libro de peto proporcionando as receitas que xa lle coñeciamos: “compre alimentar o fondo do catálogo con títulos chamativos ou comerciais que acheguen o selo mesmo […]

Tarefas e capacidades do editor

2 Xullo, 2005 (17:17) | Editores |

Sigo preparando a intervención e atopo unha cita de Unseld que me entusiasma: A literatura é sempre o que os escritores fan dela. As tarefas do editor poden ter cambiado nos detalles do proceso de comunicación, mais no fondo, seguen sendo as mesmas: estar preparado para recibir ao autor, para aceptar a novidade que comporta […]

Sobre o canon e os clásicos

1 Xullo, 2005 (07:07) | Cultura |

Estou preparando unha intervención sobre a “editorial como canon”. É unha boa oportunidade para reflexionar sobre o papel dos clásicos no catálogo e a identidade do proxecto editorial como modelo para autores e lectores.A consideración dun conxunto de obras como “clásicos”, como sinala Teresa Colomer, resulta necesaria para a sociedade e para a tarefa de […]