Month: Agosto, 2005

País da esperanza

31 Agosto, 2005 (18:33) | Cidades |

O pasado ano fomos visitar á familia nosa de Brasil. Estivemos onda eles en Cabo Frío, en Río e en San Paulo. Ningunha das viaxes que fixemos bateunos no corazón máis intensamente ca esta. Regresamos convencidos, por se tiñamos algunha dúbida, de que Brasil somos nós. Este é o país da esperanza, o espazo máis […]

Día mundial dos blos

31 Agosto, 2005 (18:28) | Blogs, Efemérides |

Hoxe é o día mundial dos blos. Rogerio recompila as recomendacións para quen queira conmemoralo.

A importancia da creación cultural

31 Agosto, 2005 (18:23) | Cultura |

Recomendo vivamente este artigo moi certeiro de Fernán Vello onde se reitera o carácter estratéxico da creación cultural para o país.

Números

29 Agosto, 2005 (19:20) | Blogs |

Por coñecidos non deixan de abraiarme estes números que achega Sonia.

Campo do Fragoso I

29 Agosto, 2005 (18:05) | Artigos Faro de Vigo, Campo do Fragoso, Celta de Vigo, Fútbol |

DEBUT PROMETEDORDous alustros de xenialidade foron suficientes para intuír que neste regreso do inferno da segunda podemos aspirar a volver gozar do xogo da serpe. Un xenial esquerdazo de falta indirecta de Gustavo López, a memoria daquel equipo que tanto nos fixo soñar, e un cacheirón de tiraliñas do batallador Baiano, tras outra subida veloz […]

Cinema do Mar

28 Agosto, 2005 (11:11) | Música |

Esta edición xaponesa do novo disco de Carlos (aparecida a mediados de xullo) inclúe temas de bandas sonoras ( The Mission, The Godfather, Barry Lyndon) e algunhas versións de temas clásicos (como a do bolero ou a do adaxo do Concierto de Aranjuez, que xa tocara en Castrelos o pasado ano). Xa me presta telo!!!

En Xapón

28 Agosto, 2005 (09:54) | Música |

Salvador Rodríguez adoita ofrecernos cada domingo no Estela unhas magníficas reportaxes, un xénero cada vez menos frecuentado na prensa. Hoxe publica unha excelente e documentadísima sobre a presenza da música galega en Xapón. Sen caer en tópicos nin en grandilocuencias, tan frecuentes cando falamos da nosa proxección internacional, debulla a presenza dende hai anos no […]

Galicia selección

28 Agosto, 2005 (09:34) | Imaxes |

Galicia selección. Actualización (31-08-2005): en marcha. Actualización (01-09-2005): Velaí o Castanhinho.

Descontos nos libros de textos

27 Agosto, 2005 (10:04) | Libro de texto |

Txetxu proporciona algunhas claves do funcionamento da política de descontos nos libros de texto que nestes días acometen algunhas grandes superficies. Carrefour asegura contar xa con 200.000 reservas (un millón e medio de libros, o 7% de todo o mercado español) que serán vendidos cun 25% de desconto, o que suporía (aseguran eles) un aforro […]

Vellas Maxestades

26 Agosto, 2005 (22:18) | Música |

A verdade é que eu sempre fun dos Boíños. Sen embargo, impresiona a forza desta foto recente das Vellas e Satánicas Maxestades que acaban de iniciar a nova xira. Aquí pódese gozar de balde de catro das cancións do novo cd, A Bigger Band, que sairá á venda o 5 de setembro. Unha gozada.

"O libro e as novas tecnoloxías"

26 Agosto, 2005 (21:39) | Uncategorized |

Hoxe por fin convocamos o IIº Simposium sobre “O libro e a lectura” que nesta edición xirará arredor d’ “O libro e as novas tecnoloxías”. Seis conferencias, tres mesas redondas e un panel de experiencias (en total: trinta e dous ponentes) nos que se pretende reflexionar sobre o impacto das tecnoloxías dixitais sobre a edición, […]

Valerio

25 Agosto, 2005 (21:57) | Autores, Ilustración, Literatura infantil e xuvenil, Xerais |

Sei que a pawley vaille interesar moito esta primeira crítica sobre a nova alfaia da factoría creativa montada por Xabier e Cobas.

Nin patacón

25 Agosto, 2005 (21:42) | Uncategorized |

Non deixaron nin unha cadela. Non o van ter doado.

Escritura para a rede

25 Agosto, 2005 (21:20) | Literacidade |

Vía libro de notas atopo un artigo interesante que constitúe todo un manual de estilo para a escritura na rede. Para o autor, claridade, sinxeleza e concreción, así como unha axeitada xestión dos enlaces son as claves para obter un texto lexible na rede.Para sacarlle máis partido a este artigo, aconsello imprimilo e lelo devagariño […]

Libros o velocidade

24 Agosto, 2005 (21:25) | Edición, Ensaio, Novidades |

Jordi Nadal e Paco García ofrecen un libro que para letraferidos non ten perda. O descubrimento débollo a Barandiarán. Obrigado.

Viaxe a Berlanga

23 Agosto, 2005 (17:18) | Cidades |

Acompañei a Antón ata Berlanga de Duero. Fixemos mil trescentos quilómetros en pouco máis de vinte e a catro horas para visitar o Centro da Memoria da Cultura Escolar que están montando o catedrático Agustín Escolano e a súa compañeira a profesora Puri Lahoz.Este vai ser o máis importante museo existente en España sobre manuais […]

A industria dos incendios

23 Agosto, 2005 (17:02) | Sociedade |

Grazas ao Mr. dot chego a esta explicación tan plausible das razóns dos incendios que están arrasando Portugal. Por outra banda, Iván realiza un comentario moi interesante na páxina de Juan Varela sobre o que está sucedendo estes días en Galicia.A foto que publica Mr.dot é tan desoladora coma o noso estado de ánimo.

Ardemos

21 Agosto, 2005 (09:56) | Artigos Faro de Vigo, Campo de Granada, Sociedade |

Así titulei o artigo da semana. A verdade é que lendo as noticias de hoxe creo que me quedei curto e moi piadoso cos pirómanos.Revisando nas seccións de opinión, tanto dos medios impresos como dos dixitais, non atopo ningunha outra referencia a este problema. Ardemos e queremos mirar para outro lado?

O libro e o seu soporte

21 Agosto, 2005 (09:27) | Edición, Libro |

Barandiarán volve propoñer un debate sobre os límites da lectura máis aló do soporte: por que non chamamos lector ao que le na pantalla? Remítenos a outra súa reflexión anterior, sobre os límites do concepto da edición e do libro. A verdade é que concordo plenamente con esta análise: o traballo do editor está por […]

Quen está detrás das lapas?

20 Agosto, 2005 (22:16) | Sociedade |

Vivín un día obsesionado polos incendios. Pola mañá, moi cediño, mentres escribía o artigo da semana (tituleino “Ardemos”, pretendo interpretar todas as variables desta complexa situación) o zunido dos hidroavións sobre a ría alertoume sobre a magnitude do problema.Diante da miña ventá comprobei que xa había lumes en Domaio, na aba da Lagoa da Guía […]

Novos blos

18 Agosto, 2005 (16:28) | Blogs |

Despois de moitos días sen facelo, dou unha longa virada e atopo cousas interesantes. Recomendo visitar: ollo da vaca, lousa digital e piscinas do mundo.

Con valor

18 Agosto, 2005 (15:47) | Blogs |

José María Barandiarán, ex-asesor de CEGAL e membro da consultoría Con+Valor, mantén un blog magnífico para reflexionar sobre a a edición, o mundo da libraría e a xestión do coñecemento. Unha fonte de información extraordinaria e un punto de encontro imprescindible nese necesario debate sobre a construción do futuro da cultura escrita. Recoméndoo moi vivamente […]

Librarías soterradas

17 Agosto, 2005 (20:33) | Cidades, Librarías |

En Roma hai varias librarías de vello e de libro usado ubicadas en antigos pasos soterrados. A peonalización dalgunhas rúas do centro fixo inservibles estes espazos, agora recuperados para este uso comercial. Con todo, Italia é un país onde os libros de novidade son moi baratos, moito máis económicos que aquí. As edicións de peto […]

De volta

17 Agosto, 2005 (19:31) | Artigos Faro de Vigo, Campo de Granada, Sociedade |

Seguindo o sabio consello de María non vou fardar do medio milleiro de fotos que fixen da viaxe nin enumerar o número de xeados, frapés, esprumatas e pizzas que catamos con entusiasmo.De volta, o primeiro que fago para poñerme ao día é ler os faros atrasados e os bloglines de toda a semana. Atopo algunhas […]

Fran Bueno

9 Agosto, 2005 (10:02) | Ilustración |

Onte presentaron a nova edición de Viñetas, onde este ano haberá unha exposición de Fran Bueno. Para min constitúe unha enorme alegría comprobar que a aposta teimosa de Fran saíu adiante. Asentado en Francia, dende hai algúns anos, publica nos Estados Unidos, con éxito a súa serie Noble Causes.Fran comezou a publicar con nós, facendo […]

Novo fragmento de "Oeste"

8 Agosto, 2005 (23:24) | Uncategorized |

Acaba de aparecer publicado outro fragmento de Oeste, a nova novela de Manuel Rivas, na revista Cañas. Flora, La Niña, a quen Samantha, con máis envexa que sorna, chama A Liña, e mesmo ás veces A Liña da Concepción, está a interpretar un baile inusual en La Academia. Todo o seu corpo se expresa cunha […]

Rivas ao teatro

8 Agosto, 2005 (16:02) | Teatro |

Manuel Rivas anunciou no programa El ojo crítico de hoxe, retransmitido dende a Feira, que acaba de rematar unha peza de teatro, O heroe, que será estreada por Sarabela no vindeiro mes de novembro, con motivo do vinte e cinco aniversario da compañía ourensá dirixida por Ánxeles Cuña. O heroe desenvolve o conto homónimo, protagonizado […]

Un libro por galego

8 Agosto, 2005 (12:27) | Comercio do libro |

Hoxe varios medios fanse eco dos datos do noso informe sobre a situación da edición en galego. Actualización: 09-08: Galicia hoxe desprega máis información, recollendo a información que presentamos na roda de prensa do pasado 12 de xullo. Quedamos tan pampos como agradecidos.

Cambio para Vigo

7 Agosto, 2005 (20:49) | Artigos Faro de Vigo, Campo de Granada, Vigo |

Hoxe no artigo semanal decidín abrir o debate cidadán sobre a necesidade dunha moción de censura. Touriño e Quintana deben tomar cartas no asunto, se non queren ter aberta unha perigosa vía de auga para o seu goberno.

Máis novas da Feira

7 Agosto, 2005 (19:21) | Eventos |

De Silgar saímos pitando para Torre, onde quedara a media tarde con Camilo para revisar o orixinal do libro de ensaios novo. Acordamos titulalo A terra cantada. Logo entrevisteime con Xoán Abeleira, que nos entregou hai varios meses un sorprendente libro fotográfico e biográfico sobre Man. Vaise titular A pegada de Man. Xoán está moi […]

Silgar

7 Agosto, 2005 (18:35) | Cidades, Presentacións |

Onte ao mediodía presentamos o libro de Alvarellos na praia de Silgar. Foi a primeira vez que organizamos un acto literario nun areal, con boa parte dos asistentes preparados para darse un baño. Aproveitamos para dar un paseo (a 35º) por esta cidade galega de vacacións. Comprobei que é unha mágoa a destrución sistemática e […]

Tres libros de política

6 Agosto, 2005 (08:46) | Xerais |

Estes días ando ultimando a edición de tres libros, que pretendo aparezan no outono, doutras tres persoas claves para entender Galicia nos últimos corenta anos: unhas conversas políticas e literarias con Méndez Ferrín, unha recompilación de traballos de Xosé Luís Barreiro Rivas sobre a guerra (O que eu sei e Bush non sabe), e un […]

Xerardor poético

5 Agosto, 2005 (08:39) | Poesía, Tecnoloxías |

Efectivamente, o xerador funciona de forma impresionante. Velaí o primeiro poemario electrónico galego. Poetas e editores convencionais debemos tomar moi boa nota. Beizóns para os aduaneiros.

Día de Feira

4 Agosto, 2005 (13:22) | Eventos |

Onte vivín un día moi intenso na Feira de Torre. Xantei cos Sumilleres n’ O Secreto onde ultimamos os criterios de edición da guía 2006; da man destes expertos comer e beber coma reis está asegurado: o cava, o ribeiro e a ventresca á grella estaban, sinxelamente, formidables. Logo, entrevisteime con Isabel Castro Vázquez, a […]

Os trebóns de Xurxo

3 Agosto, 2005 (11:10) | Eventos |

Hoxe viaxo á feira de Torre para presentar o novo libro de Xurxo. Souto é unha marabilla, un narrador poderoso que posúe a fluencia, a expresividade e a mirada dos nosos contadores populares. Unha tradición que asume de forma orgullosa e soubo reinventar e reconstruír empregando as linguaxes universais das emocións, da repichoca cascarilleira e […]

Syntagma 1

2 Agosto, 2005 (16:37) | Lectura |

Recibín hoxe o primeiro número de Syntagma, a revista anual multilingüe do Instituto de Historia del Libro y de la Lectura. O deseño da portada e interiores de Alberto Corazón é soberbio, unha auténtica alfaia da arte da edición e exemplo paradigmático da disposición da maqueta segundo a composición áurea.Interesoume a monografía sobre os dous […]

Moqueta no Obradoiro

2 Agosto, 2005 (15:29) | Política |

Vin pola televisión o acto do Obradoiro e quedei ben chafado. Vaia por diante que non teño saudades ningunhas das bandas marciais doutrora, porén pareceume lamentable e innecesario cómo se intentou cubrir a praza con moqueta de cores.O vídeo, o gaiteiro, os poemas de Seoane e Pimentel, e a Real Philarmonía: ben. O resto, penso […]

A dama das camelias

1 Agosto, 2005 (00:46) | Traducións |

Urxencias editoriais obrigáronme esta fin de semana a facer unhas primeiras probas da tradución da primeira novela de Alexandre Dumas (fillo). A versión galega de Antonia Vega Prieto, publicada en Bivir, é magnífica. Non agardaba mergullarme tan doadamente no enredo dun amor imposible que dera pé á Traviata e, posteriormente, a Camille, a versión cinematográfica […]