Precisando termos

10 Setembro, 2005 (12:12) | Libro de texto

Ian ofrece dous textos moi interesantes sobre o debate que tanto nos ocupou esta semana: igualitarismo e equidade non son termos sinónimos nin intercambiables nas políticas públicas, como non o son, tampouco, gratuidade e préstamo cando abordamos a medida aprobada, ou subvencións e dotación de fondos para bibliotecas públicas cando falamos do libro galego.
No País Vasco xurdiu a polémica, a partir dunhas declaracións do conselleiro de educación. A diferenza que establece Txetxu a nivel educativo entre gasto e inversión é moi pertinente, como tamén o é a diferenciación de Joaquín Arriola entre estado do “benestar” e do “medioestar”.
Chuzame! A Facebook A Twitter

Comentarios

Comment from Txetxu Barandiarán
Date: 10 Setembro 2005, 2:32 p.m.

La red bien hecha siempre teje para bien. Mucho más completa la versión que aportas del artículo de Joaquín que agradezco y tomo prestada

Comment from Lola
Date: 12 Setembro 2005, 10:10 a.m.

¿E ese conselleiro vasco de Educación de que partido é? As súas declaracións son máis que sensatas, e máis entre tanto mar de demagoxia. Teño que anotalo entre os meus Favoritos.

Olark Livehelp