Month: Setembro, 2005

Nova reunión da Mesa polo Libro

30 Setembro, 2005 (18:29) | Cultura |

A agardada nova reunión da Mesa polo Libro e a Lectura, que se realizou esta mañá, presidida pola Conselleira de Cultura e Deporte, non axudou a despexar todas as incógnitas que os axentes do sector do libro temos sobre a vacilante política do actual Goberno Galego sobre o libro galego e a promoción da lectura. […]

Semana dos libros prohibidos

29 Setembro, 2005 (17:11) | Efemérides |

Sei por vilaweb da celebración nas bibliotecas norteamericanas da Semana dos Libros Prohibidos para reivindicar a liberdade de expresión. A información sinala que nos Estados Unidos sempre hai escolas, institutos ou bibliotecas que prohiben algúns libros que lles resultan incómodos, xeralmente os relacionados coa temática homosexual, aínda que o libro máis censurado é The Chocolate […]

Encontros de LIX no Porto

28 Setembro, 2005 (21:41) | Eventos, Literatura infantil e xuvenil |

Deuse a coñecer xa o programa dos tradicionais Encontros Luso-Galaico-Franceses de literatura infantil e xuvenil, que se celebran no Porto no mes de novembro. Este ano abordarán o tema: “Os Clásicos: tradición e actualidade”, con particular atención a Andersen e Verne. O programa pode baixarse aquí.

Cambios na dirección da Voz?

28 Setembro, 2005 (21:30) | Medios |

Cal destas informacións que aparecen publicadas hoxe é a atinada: a de Galicia Confidencial, a de Galicia diario ou a de Periodista Digital?

Cubertas

28 Setembro, 2005 (18:49) | Edición |

Txetxu descúbreme este blog dedicado monograficamente ás carátulas dos libros. Moi recomendable para editores autocríticos no seu traballo e, tamén, para botar unhas poucas risas.Semella que existen dúas grandes orientacións para a escolla ou para o deseño destas imaxes de cuberta: unha que pretende ofrecer unha metáfora visual do contido da obra e outra que […]

Hai trinta anos

27 Setembro, 2005 (21:30) | Historia |

Sucedeu hai hoxe trinta anos como recorda emocionado Pepe Cáccamo.

Como se fai un libro de texto?

27 Setembro, 2005 (19:24) | Libro de texto |

Txetxu Barandiarán enlaza moi oportunamente unha reportaxe sobre o proceso de elaboración dun libro de texto. Ben sabemos os editores deste tipo de obras o traballo e o tempo que require este difícil xénero da edición.

Historia do libro

26 Setembro, 2005 (21:21) | Historia, Libro |

Pasei boa parte da tarde debullando esta espléndida Historia del libro de Frédéric Barbier que Alianza porá nos andeis das librarías dentro duns poucos días. Concibida dende unha perspectiva interdisciplinar, e moi ancorada, quizais excesivamente, na cultura e tradición editorial francesas, a obra vai abordando tanto a evolución do soporte, dos materiais e dos procedementos […]

Despido

26 Setembro, 2005 (18:30) | Medios, Vigo |

No descanso do partido non falamos doutra cousa. Os veciños de Sal sabemos da importancia desta noticia e da influenza política que durante as dúas últimas décadas tivo na cidade este xornalista.

Campo do Fragoso IV

25 Setembro, 2005 (23:27) | Artigos Faro de Vigo, Celta de Vigo, Fútbol |

ACEIRO E MELBonita e emocionante foi a noite de fútbol que nos ofreceu un Celta de aceiro e mel, roubándolle a metáfora ao poeta Lorenzo Varela. Foi a marabillosa primeira parte a dun Celta de mel. Dono sempre do balón e de todos os espazos, o equipo de Vázquez saíu, desde o primeiro minuto de […]

Entrevista con Luis Bará

25 Setembro, 2005 (12:08) | Cultura |

Vieiros publica unha magnífica entrevista con Luis Bará, o Director Xeral de Creación e Promoción Cultural, arredor da declaración de 2006 como Ano da Memoria. Pode ter interese valorar as referencias que sobre esta mesma cuestión realiza, tamén hoxe, o ex-presidente.

Con Lorenzo Varela en Monterroso

25 Setembro, 2005 (11:21) | Efemérides |

O acto de onte en Monterroso foi moi orixinal e relevante. As dezanove alocucións sobre a figura de Lorenzo Varela, trenzadas coas actuacións musicais de Mini e Mero e Lorena Lores, teceron unha panorámica completa sobre a vida, a obra e a significación política e cultural do noso poeta do desterro.Ademais das alocucións –algunhas moi […]

Artigos sobre o préstamo e a política do libro

25 Setembro, 2005 (11:12) | Artigos Faro de Vigo, Campo de Granada, Libro de texto |

No artigo da semana tentei rcoller algunhas das reflexións que desde hai dúa semana vimos facendo arredor da cuestión da ampliación do préstamo do libros escolares e a educación de calidade. Víctor publica, tamén hoxe, sobre esta mesma cuestión un artigo moi clarificador. Editores e libreiros insistimos en enmarcar a gratuidade dos libros de texto […]

O libro e as Novas Tecnoloxías

23 Setembro, 2005 (20:54) | Eventos |

A organización do Simposium sobre o libro e as novas tecnoloxías amodiño vai collendo forma. Pepe Carreiro enviounos esta proba do cartel. O programa está case ultimado. As persoas interesadas en inscribirse xa poden facelo.

Contra Maquieiro

23 Setembro, 2005 (16:43) | Novidades, Poesía, Xerais |

Outra boa noticia: Ferrín entregounos esta mañá o seu novo poemario, Contra Maquieiro. O grande mestre organizou estes textos, absolutamente inéditos, en catro grandes apartados:I. “Contra Maquieiro” (o corpo de trinta poemas que dan título ao volume);II. “Cuarteto con Alemaña” (catro poemas de verso moi longo);III. “Ex Senectute” (seis poemas)IV. “Profecía de Taramundi” (dezanove versículos, […]

O heroe

23 Setembro, 2005 (16:22) | Autores, Novidades, Teatro, Xerais |

Hoxe enviamos a filmar O heroe, a primeira peza teatral de Manuel Rivas, que será estreada o vindeiro día 15 de outubro no Teatro Principal de Ourense por Sarabela Teatro, coincidindo co vinte e cinco aniversario da creación da compañía ourensana.O heroe está protagonizada por Arturo Piñeiro, alias Caronte, ex lexionario, ex boxeador coñecido como […]

Inmersión no ensino

23 Setembro, 2005 (06:44) | Educación, Lingua |

O sempre interesante galego.org informa amplamente do contido das recomendacións da comisión de expertos do Consello de Europa sobre a aplicación en Galicia da Carta Europea das Linguas Minorizadas. Na listaxe de recomendacións, moi a ter en conta, salienta a da posibilidade de establecer un modelo de inmersión no eido educativo non universitario (semellante ao […]

Antoloxía de colofóns

22 Setembro, 2005 (21:40) | Edición |

Esta mañá o profesor Alonso Montero propúxome facer unha antoloxía dos mellores e máis atinados colofóns da edición galega. Sei que foi unha das súas brincadeiras, satisfeito como estaba pola chegada do novo libro que nos preparou para a homenaxe desta fin de semana.A tradición do colofón das edicións literarias, que se remonta á creación […]

Gaiás e Nunca Máis

21 Setembro, 2005 (20:31) | Cultura |

Moi atinada a proposta de Marcos Valcárcel na súa andoliña de hoxe.

2006, Ano da Memoria

21 Setembro, 2005 (20:04) | Cultura |

O equipo da Consellaría de Cultura vai concretando os seus ilusionantes proxectos. Hoxe anunciou a súa intención de converter o vindeiro 2006 en Ano da Memoria, así como de crear nas illas de San Simón un Centro para a Memoria. Sinxelamente, magnífico!!!O 70 aniversario do inicio da Guerra Civil debe converterse nunha homenaxe as vítimas […]

O lapis de Dios

20 Setembro, 2005 (19:46) | Xerais |

Fomos ao estudio que Xosé Luis de Dios ten en Fronteira a recoller o traballo que preparou para a edición ilustrada do lapis do carpinteiro. Despois dun par de horas de conversa gozosa e intelixente, viñemos chimpando de ledicia pola autoestrada con medio cento de debuxos e tintas no cartafol. De Dios é un pintor […]

Chegan as novidades

20 Setembro, 2005 (19:10) | Xerais |

Son días bonitos estes nos que, despois do café da mañá, atopo na mesa as novidades co seu arrecendo a tinta aínda fresca. Este para min, a pesar de terse repetido cento de veces, é un momento de candorosa alegría. Estes días foron moi produtivos; velaí a chegada dos premios Xerais e Merlín, da novela […]

Sobre as modalidades de gratuidade

20 Setembro, 2005 (19:02) | Libro de texto |

Para as persoas interesadas en reflexionar sobre as modalidades de gratuidade, aconsello o texto que recupera hoxe oportunamente Txetxu. Paréceme interesante a reflexión que realiza de vencellar a gratuidade co servizo universal (o que suporía sempre asegurar uns mínimos de cobertura), así como a proposta dunha modalidade de gratuidade por medio de cheque libro, na […]

Mapas da gratuidade

19 Setembro, 2005 (19:43) | Libro de texto |

Case coincidindo coa publicación dun anuncio a toda páxina, onde a Comunidade de Castela-A Mancha daba conta de ser a primeira que completaba a gratuidade dos libros de textos nos niveis obrigatorios, El País publica hoxe unha reportaxe sobre os mapas de gratuidade en España e Europa. O que máis extraña no tratamento da cuestión […]

Campo do Fragoso III

19 Setembro, 2005 (18:51) | Artigos Faro de Vigo, Celta de Vigo, Fútbol |

PRIMEIROS PROBLEMASA felicidade dura moi pouco na casa dos pobres. Os de Vázquez perderon sen paliativos por que nin tiveron a posesión da pelota nin amosaron ideas atacantes valiosas para desbordar a un Rácing que sempre quixo a vitoria. E ben se sabe que no fútbol, xeralmente, gaña o encontro quen posúe maior determinación. E […]

Dez favoritos

18 Setembro, 2005 (20:42) | Blogs |

Bos amigos pedíronme no verán unha lista de dez favoritos. A verdade que todos os que comentei o son para min, mais pido as maiores desculpas aos responsables doutros moitos sitios (sobre todo blos, uns setenta no meu bloglines) que sigo con moito interese e que non cito. Creo que o sentido destas listas é […]

Teatro municipal

18 Setembro, 2005 (12:42) | Artigos Faro de Vigo, Campo de Granada, Teatro, Vigo |

No artigo da semana propoño a recuperación do antigo “Cine Vigo” como teatro municipal. Na cidade onde comezará a funcionar este mes a Escola de Arte Dramática a carencia de infraestrturas teatrais, coa excepción do magnífico Teatro Ensalle (de carácter privado), é vergonzosa.

Cumio Mundial

17 Setembro, 2005 (22:13) | Política |

Acertada e ben documentada esta valoración do Cumio Mundial. Coa actual política unilateralista vai ser imposible refundar esa ONU moribunda.

Rei de Copas

17 Setembro, 2005 (22:07) | Blogs |

Tiven noticia estes días deste blo interesante. Gustei do seu enfoque narrativo, pouco usual no noso blogmillo. Parabéns, Veloso!

Foro das 21 alocucións

17 Setembro, 2005 (21:10) | Eventos |

Esta semana preparamos varios materiais impresos (entre eles unha antoloxía de verso e prosa) para o que será “O Foro das 21 alocucións“, unha homenaxe ao poeta Lorenzo Varela que se celebrará en Monterroso na vindeira fin de semana. A iniciativa dos actos correspondeu ao alcalde monterrosino, Antonio Gato Soengas, e a unha comisión organizadora […]

Entre a esperanza e o desacougo

16 Setembro, 2005 (20:36) | Libro de texto |

Despois de pasar todo o día en Compostela, primeiro reuníndonos coa directiva da Federación de Libreiros (acadamos unha grande sintonía) e logo participando nun encontro con tres responsables do goberno galego, as miñas sensacións son encontradas. Escribo, pois, este texto entre a esperanza e o desacougo.Ilusionounos a comprensión e coñecemento do estado do sector e […]

50 anos de Merlín e familia

15 Setembro, 2005 (06:54) | Cultura, Efemérides |

Parabéns á editorial Galaxia pola inauguración hoxe da exposición “50 anos de Merlín e familia“. Á tarde estaremos no Museo do Pobo acompañando en día tan importante aos nosos bos amigos. Actualización (15:00): Magnífica reportaxe sobre a exposición de culturagalega.org.

Máis sobre o préstamo

15 Setembro, 2005 (06:23) | Libro de texto |

Nos últimos días preferín non abondar en noticias e reflexións sobre a implantación da modalidade de préstamo. Mañá, editores e a directiva da Federación de libreiros teremos unha reunión conxunta de traballo e, logo, pola tarde participaremos na primeira reunión do Grupo de Traballo convocado pola Consellaría de Industria. Os editores non temos, ata o […]

Moción de censura en Vigo?

14 Setembro, 2005 (20:06) | Vigo |

Sorprendeume hoxe moito esta información confidencial. Ogallá! Tal como van as cousas, eu tiña desbotada esta posibilidade.

Editoriais en Internet

13 Setembro, 2005 (20:11) | Editores, Internet |

Txetxu sempre atento ás novidades dá conta da aparición dunha editora (Literaturas con libros) que venderá só por Internet. Tres son os principios da nova editorial: calidade, independencia e coherencia. Máis sólido pareceume sempre o veterano proxecto de Minotauro digital, onde, ademais de incluír información, críticas e textos valiosos, poden descargarse, tamén, algúns libros electrónicos.

Ponte nas Ondas: magnífica noticia

13 Setembro, 2005 (15:29) | Uncategorized |

Magnífica noticia a do apoio da Consellaría de Cultura á candidatura de Ponte nas Ondas. Un pasiño máis para a declaración por parte da Unesco do Patrimonio Inmaterial galego-portugués como obras do Patrimonio Inmaterial da Humanidade. Esta experiencia de docentes miñotos galego-portugueses está converténdose en referencia do traballo educativo e cultural que se pode realizar […]

Profesora de relixión despedida

12 Setembro, 2005 (21:38) | Educación |

En Italia haiche moito rebumbio por esta noticia, da que fala, tamén, a edición internacional de CNN.

Inicio do curso

12 Setembro, 2005 (20:26) | Educación |

Como todos os anos, na xornada de inicio de curso teño saudades dos meus anos na escola infantil. Enfrontarme por vez primeira aos novos picariños, con toda a súa vida ás costas (desde os seus medos ao descoñecido á súa valentía para conquistar a autonomía de valerse), foi sempre unha das experiencias que me marcaron.Na […]

Campo do Fragoso II

11 Setembro, 2005 (10:01) | Artigos Faro de Vigo, Campo do Fragoso, Celta de Vigo, Fútbol |

DISCIPLINA E PACIENCIAVázquez demostrou no Bernabeu que, contando con doses suficientes de concentración e paciencia no control do tempo de xogo, esta tempada o Celta fóra do Campo do Fragoso tamén pode ser un equipo temible. A proeza de batir na propia casa ao Madrid foi posible grazas a un primeiro cuarto de hora primoroso […]

11 de setembro de 1973

11 Setembro, 2005 (09:26) | Efemérides, Historia |

Os compañeiros de Esquerda Nacionalista recordan, no triséximo segundo aniversario do asasinato do presidente Salvador Allende as súas emocionantes palabras derradeiras emitidas por Radio Magallanes dende o Palacio de la Moneda: Trabajadores de mi Patria, tengo fe en Chile y su destino. Superarán otros hombres este momento gris y amargo en el que la traición […]

Alameda centenaria

11 Setembro, 2005 (09:13) | Artigos Faro de Vigo, Campo de Granada, Vigo |

No artigo da semana lamento a triste situación provocada polas obras na Alameda viguesa. Magóa o estado de total abandono dun xardín histórico centenario, de importantísimo valor botánico e patrimonial, que merece protección.

Precisando termos

10 Setembro, 2005 (12:12) | Libro de texto |

Ian ofrece dous textos moi interesantes sobre o debate que tanto nos ocupou esta semana: igualitarismo e equidade non son termos sinónimos nin intercambiables nas políticas públicas, como non o son, tampouco, gratuidade e préstamo cando abordamos a medida aprobada, ou subvencións e dotación de fondos para bibliotecas públicas cando falamos do libro galego.No País […]

Mesa Técnica de Gratuidade

9 Setembro, 2005 (08:40) | Libro de texto |

A constitución dun Grupo de Traballo que estude as consecuencias da gratuidade no sector editorial recolle a proposta de creación dunha “Mesa Técnica de Gratuidade“, que os editores fixemos chegar á Consellaría de Industria á noite do mércores. A sensibilidade das consellarías de Industria e Cultura abre a porta a un diálogo sereno que debe […]

Utilidade social da lectura

9 Setembro, 2005 (07:31) | Lectura |

Traduzo unha frase de Alberto Manguel que deixa nun comentario agarimoso Txetxu Barandiarán: Creo que non existe unha forma eficaz de difundir a lectura que non pase pola conciencia da súa utilidade social; os políticos terían que explicar qué libros len para tomar as súas decisións. (Alberto Manguel; La Vanguardia, 29-04-2004)

Os malos da película

9 Setembro, 2005 (07:25) | Libro de texto |

Miguel Anxo Fernán Vello, o noso coraxudo presidente dos editores galegos, explica hoxe nun artigo precioso quén somos os malos da película. Beizóns, Miguel Anxo!!!

U-las voces?

8 Setembro, 2005 (21:46) | Libro de texto |

Despois de dous días moi complicados, retomo esta escrita invadido polo desánimo. Levo toda a miña vida profesional, tanto nos meus anos como profesor de Educación Infantil como nos actuais de editor en lingua galega, defendendo contra vento e marea as difíciles causas da escola pública galega e do libro e da lectura na lingua […]

Gratuidade na Primaria

6 Setembro, 2005 (13:04) | Libro de texto |

Sorpresivamente acaba de anunciarse a gratuidade total dos libros de Educación Primaria para este curso. Deste xeito amplíase a gratuidade dos libros aos alumnos de 1º, 2º e 5º. Nestes momentos descoñecemos cál foi a modalidade escollida pola Consellaría de Educación, máis aínda, cando afecta tamén ao carácter funxible e non reutilizable do primeiro ciclo […]

Alarma

6 Setembro, 2005 (07:19) | Lingua |

Hai días amosei a miña preocupación, hoxe a miña alarma: volvín escoitar á Conselleira de Educación expresarse pola radio en castelán. Vai ser este o seu modelo lingüístico?

Revisitar os clásicos

5 Setembro, 2005 (22:10) | Edición, Eventos |

Hoxe participei, xunto con outros editores infantís e xuvenís, nunha mesa redonda sobre a edición de adaptacións, versións e traducións dos clásicos. O acto formaba parte do IIº Curso de Formación Continua de Literaturas Infantís e Xuvenís dos ámbitos lingüísticos ibéricos organizado pola Universidade, Gálix e a Biblioteca Nova 33 e que nesta edición xira […]

Máis sobre os libros de texto

4 Setembro, 2005 (13:43) | Libro de texto |

O vigués Fernando Valverde, presidente de CEGAL (confederación de libreiros), criticou duramente a política de descontos dos libros de texto, medida aprobada polo goberno do PP que Zapatero, a pesar das súas promesas, non ten coraxe a eliminar. Opinión na que abonda, Mauricio Santos, o presidente de ANELE (asociación de editores de libros educativos).Os primeiros […]