Month: Outubro, 2005

Unha infancia catastrófica

31 Outubro, 2005 (10:34) | Autores |

Que bonito o artigo de hoxe de Ferrín!

Libros á rúa

31 Outubro, 2005 (09:59) | Cidades, Libro, Promoción do libro |

Sabía desta veterana campaña Libros a la calle promovida por editores e libreiros madrileños (dende hai oito anos), e apoiada por empresas de transportes públicos e administracións da Comunidade e Concello de Madrid. A presenza e a calidade da de 2004 é mellor do que agardaba: en cada vagón do metro ou en cada autobús […]

Eloxio da cadeira

31 Outubro, 2005 (08:54) | Cidades, Teatro |

Onte, domingo, inevitablemente, ruamos polo rastro entre milleiros de persoas. Había moitos anos que non o facía e pareceume que perdeu un chisco do seu sabor tradicional, transformándose nun hipermercadiño de roupa, semellante aos nosos de Bouzas ou Sabarís.Despois fomos coñecer a colección de Carmencita e a permanente do seu barón, dúas sínteses (de calidade […]

Colapso en Rande

30 Outubro, 2005 (10:31) | Artigos Faro de Vigo, Campo de Granada, Vigo |

No artigo da semana propoño que non se adíe a solución para eliminar de vez a peaxe de Rande e construír unha autovía alternativa entre Vigo e Pontevedra, polo interior, diante do colapso da actual.

Madrid bole

29 Outubro, 2005 (22:03) | Cidades |

Estamos en Madrid de fin de semana cultural. Pretendiamos visitar uns cantos museos e exposicións, asistir a un teatro musical e á nova montaxe do Tricicle. O primeiro día xa foi agotador. Dedicamos a mañá ao Prado, un museo no que sempre se descubre algo novo. Desta volta, quedamos moi impresionados coa profética modernidade, anticipatoria, […]

Benvido Samaín

28 Outubro, 2005 (15:39) | Festas |

Achégase Halloween, a festa que na noite de 31 de outubro para 1 de novembro permite unha fugaz visita ao “outromundo”. O tallado de cabaceiras, os disfraces con motivos sobre a morte e os animais, e a homenaxe a trasnos, bruxas e meigas son outros elementos desta efeméride que mobiliza á rapazallada toda dos Estados […]

Rubén Ruibal, premio Cunqueiro

28 Outubro, 2005 (08:21) | Premios, Teatro |

A entrevista con Rubén Ruibal, autor de Limpeza de sangue, peza dramática premiada onte co Álvaro Cunqueiro, é estupenda. Xa devezo por ler a peza, que editaremos na colección “Os libros do CDG”. Recoméndoa.

Cabrafanada en Manila

27 Outubro, 2005 (22:58) | Blogs |

O noso correspondente manda a súa primeira crónica dende Manila, onde foi participar nun ciclo sobre literatura de viaxes.A verdade é que, como adoita, ten moita forza o que escribe: Manila sabe a mango, a azucre, a vitalidade… Xa temos saudades túas, Cabrafanada.

É lexítimo fotocopiar un libro?

26 Outubro, 2005 (23:39) | Edición |

Ando estes días moi apurado preparando as últimas novidades, razón pola que apenas puiden botar hoxe unha olladiña na rede.O que máis me chamou a atención foi a información sobre a solicitude de CEDRO aos grupos parlamentarios para eliminar dous aspectos da nova Lei de Propiedade Intelectual, especialmente o que atinxe á posibilidade de fotocopiar […]

Edicions virtuais para noveis

25 Outubro, 2005 (21:14) | Edición |

É moi interesante a reflexión que fai Txetxu hoxe sobre a iniciativa que promove a AELG sobre a edición de autores noveis en soporte virtual. Non estaría de máis que a inqueda nova directiva da AELG coordinase os seus esforzos co dos editores para acadar maior repercusión de ideas coma esta, ou como coa do […]

Galicia país convidado na Primavera dos Libros 2006

24 Outubro, 2005 (07:52) | Uncategorized |

Unha importantísima noticia para a proxección internacional do libro e da edición galega: seremos país convidado na sexta Primavera dos libros, un evento que organiza a Liga Brasileira de Editoras (Libre), que agrupa a 107 pequenas e medianas editoras brasileiras. Trátase dunha feira destinada tanto a profesionais como aberta ao público (con presenza multitudinaria), que […]

Campo do Fragoso V

23 Outubro, 2005 (20:30) | Artigos Faro de Vigo, Campo do Fragoso, Celta de Vigo, Fútbol |

SILVIÑAGañar ao Español custou, como era agardado, ferro e fariña. Foi o de onte un encontro moi tenso onde se enfrontaron as estratexias de dous adestradores moi testáns, fieis aos seus principios de xogo máis disciplinado ca fermoso. Miguel Ángel Lotina, recibido moi agarimosamente polas bancadas de Río, onde nalgúns sectores conserva moitos adeptos, colocou […]

Abrir Vigo ao Mar

23 Outubro, 2005 (09:21) | Arquitectura, Artigos Faro de Vigo, Campo de Granada, Vigo |

No artigo da semana insisto en ir contracorrente. Creo que a insatisfacción polo resultado actual desta actuación urbanística non está no proxecto de Consuegra, senón na falta de sensibilidade e de entendemento, cando non na irresponsabilidade, das tres administracións implicadas, que non foron capaces de finalizalo. A foto do monumento do semi-polbo xigante corresponde ao […]

Os editores abandonan aos lectores?

22 Outubro, 2005 (20:15) | Editores |

Vía Txetxu, por fín, atopo a entrevista da que tiña noticia hai días de Luis Mateo Díez, un narrador que sigo desde hai tempo e que sempre me parece moi serio nos seus criterios artísticos. Da entrevista, escollo varios anacos que me parecen poden pagar a pena debater:Sobre os límites da amizade e a inamizadeLa […]

Album 05

22 Outubro, 2005 (19:27) | Internet |

Vía mariademallou coñezo Album 05, unha interesantísima revista de artes electrónica quincenal. Velaí unha vía alternativa de calidade. Marabillosa é a programación musical da súa radio blog (Lamatumbá, Siniestro, Iván Ferreiro, Madialeva entr outros); moi interesantes son os artigos (recomendo a entrevista con Neira Cruz, seguir o Caderno de tormentas de David Rubín e debullar […]

Saudades de Frankfurt

21 Outubro, 2005 (19:33) | Eventos |

Non puiden ir este ano á feira e teño saudades das longas camiñadas polos pavillóns e dos encontros e parrafadas cos amigos. A prensa publica hoxe noticias alentadoras. Cataluña xa pechou o seu contrato. Nós aínda estamos moi lonxe e moito temos que aprender dos cataláns.

Xornadas sobre Ánxel Casal

21 Outubro, 2005 (19:07) | Eventos |

Recibín hoxe o programa de “Anxel Casal, Unha vida por Galiza”, as xornadas organizadas polo Concello de Santiago e o Departamento de Historia Contemporánea da Universidade de Santiago que terán lugar en Santiago do 16 ao 18 de novembro. Unha iniciativa moi oportuna para estudar e debater sobre as dimensións da figura poliédrica de Casal […]

Harold Pinter en Galeuzka

21 Outubro, 2005 (06:39) | Autores, Teatro, Traducións |

Recomendo a lectura do artigo de hoxe de Méndez Ferrín.

Google print

20 Outubro, 2005 (19:56) | Tecnoloxías |

Xa está operativa en castelán a versión beta de Google print. Consultando a páxina de Catuxa (sempre alí hai sorpresas) un pode facerse unha idea cabal das posibilidades e dos problemas deste novo buscador que pretende indexar a información e os contidos existente en millóns de libros. Non hai dúbida de que para os editores […]

Foro con Fernández Paz

19 Outubro, 2005 (18:24) | Eventos |

Desde hai dous días e ata o día 28 está aberto un foro con Agustín Fernández Paz sobre a literatura de aventuras e viaxes. A verdade é que esta iniciativa promovida pola Asociación de Prensa Juvenil é moi interesante. Creo que estes foros organizados, sistemáticos e reflexivos poderían ser emulados en Galicia como vía de […]

Edición pública

19 Outubro, 2005 (17:45) | Edición |

Mañá participo no curso sobre Edición institucional que organiza a Escola Galega de Administración Pública (EGAP), dentro do seu programa de formación continua. A preparación da conferencia obrigoume a volver reflexionar sobre cuestión tan polémica. Que e como deben editar os poderes públicos? A primeira precisión que entendo debe facerse é sobre o propio concepto […]

125 anos de "Follas Novas"

18 Outubro, 2005 (20:33) | Efemérides |

Náufrago tivo a feliz idea de organizar hoxe un acto literario arredor de Rosalía de Castro e do 125 aniversario da primeira edición de Follas novas. O profesor Alonso Montero deu unha fermosa lección sobre a “musa solitaria, solidaria e da transrealidade”, lendo, ao remate da súa intervención, “Tecín soia a miña tea”, un poema […]

Andeis, frigoríficos, camas…

17 Outubro, 2005 (21:11) | Blogs |

Vía Rogerio coñezo hoxe tres iniciativas na blogosfera portuguesa para voyeurs discretos: Estantes & Leituras, O meu frigo e A minha cama.Gotinha propón que compartamos a fotografía do noso frigorífico xa que para ela “se a nossa roupa diz un pouco quem nós somos, o frigorífico tamén o deve fazer!”. Pola súa banda Jacky propón […]

O heroe frustrado

17 Outubro, 2005 (10:22) | Críticas, Teatro |

Marcos Valcárcel publica, tamén, hoxe outra crítica sobre a estrea d’ O heroe en La Región, que reproduzo na súa totalidade por non poder lerse na rede: O HEROE FRUSTRADO É o momento no que sabemos que Caronte é un heroe frustrado cando entendemos moitas das pezas que se ensarillan no Heroe de Rivas: o […]

Madeira emocional

17 Outubro, 2005 (08:00) | Críticas, Teatro |

Camilo Franco publica hoxe en La Voz de Galicia a primeira crítica sobre a estrea d’ O heroe. Entre outras consideracións sinala: A obra compórtase con audacia para levar aos espectadores a paisaxes pouco teatrais, asume algúns riscos de aparato ao tempo que tantea algúns elementos simbólicos para acompañar a unha liña que busca, en […]

Como se fai un libro?

16 Outubro, 2005 (20:24) | Edición |

Ten graza esta reportaxe de Lg3 sobre o proceso de edición dun libro.

Corpos e palabras

16 Outubro, 2005 (10:45) | Teatro |

Creo que pode axudar a entender as intencionalidades d’ O heroe ler o texto que preparou Manuel Rivas para o programa de man. CORPOS E PALABRASA procura da liberdade non só vai labrando as sociedades, senón que tamén, e sobre todo, esculpe aos seres que andan nesa procura. Hai unha conexión de fondo entre ese […]

Éxito da estrea

16 Outubro, 2005 (10:08) | Teatro |

A estrea de onte d’ O heroe foi todo un éxito. A montaxe de Sarabela é magnífica, á altura da calidade do texto literario de Manuel Rivas. A interpretación de Fernando Dacosta no personaxe de Caronte (nun papel moi complexo, que require de diversos rexistros) é moi destacada, así como o desenvolvemento rítmico de texturas […]

Recordo de Chano Piñeiro

16 Outubro, 2005 (09:47) | Cine |

No artigo da semana recordo o papel de Chano Piñeiro, falecido prematuramente hai dez anos, no desenvolvemento do actual sector audiovisual galego.

Máis sobre "Los girasoles ciegos"

15 Outubro, 2005 (15:53) | Críticas, Narrativa |

Teño recomendado en varias ocasións este libro. Hoxe en Babelia o crítico Fernando Valls, director de Quimera, insiste na defensa deste ciclo de contos de Alberto Méndez empregando un argumento tan contundente como, para min, inédito: Éste es, por tanto, uno de esos pocos libros que puede satisfacer a todo tipo de lectores. Por un […]

Premio para "Abrir Vigo ao mar"

15 Outubro, 2005 (14:19) | Arquitectura, Vigo |

É ben extraño que teñamos que saber por El Pais e por outros medios non galegos (os de aquí non se enteraron?) que a intervención “Abrir Vigo ao mar”, deseñada polo arquitecto Guillermo Vázquez Consuegra, foi recoñecida co Premio Arquitectura Española 2005 que concede o Colegio de Arquitectos de España.A nosa abella da ribeira é […]

Espazo de diálogo e memoria

15 Outubro, 2005 (11:01) | Presentacións, Xerais |

Na magnífica presentación de onte anotei nas miñas brétemas (eses cadernos que sempre me acompañan) estas frases para a reflexión: A literatura é un espazo de diálogo. (María do Cebreiro) É importante contar cunha novela galega sobre o conflito vasco. (María do Cebreiro) O coñecemento é o que nos fai libres. (Marilar Aleixandre) A memoria […]

Novela de Marilar Aleixandre

14 Outubro, 2005 (15:38) | Autores, Literatura infantil e xuvenil, Xerais |

Esta tarde presentaremos Rúa Carbón, a última novela de Marilar Aleixandre. Grazas á iniciativa de Vieiros pódese descargar un capítulo en PDF. Creo que a moitas persoas adultas vailles sorprender atopar nunha colección, teoricamente, xuvenil un texto que aborda a complexa procura das identidades individuais e colectivas, tendo como teón de fondo o conflito político […]

Crítica infantil no Cartafol

13 Outubro, 2005 (20:43) | Críticas, Literatura infantil e xuvenil |

É unha moi boa noticia que o Cartafol comece a publicar crítica de novidades de literatura infantil e xuvenil. Outro pasiño máis no camiño da visibilidade e dignificación da nosa LIX. Parabéns a Heitor e ao seu equipo.

O Nóbel Pinter en galego

13 Outubro, 2005 (13:31) | Premios, Teatro, Traducións |

A verdade é que nunca pensara no debate que mantivemos estes días no blo sobre as candidaturas ao Nóbel que eu puidese chegar ser este ano un dos seus editores. Eis a sorpresa marabillosa que hoxe nos deu o rabudo antibelicista Harold Pinter, membro de Amnistía Internacional, autor dramático case inédito en España (publicado ata […]

Podemos ler outra prensa?

12 Outubro, 2005 (09:56) | Medios |

Co que está chovendo estes días, semella máis necesario ca nunca ler, tamén, outra prensa. Para poder conformar un criterio máis rigoroso, e a pesar das súas diferenzas ideolóxicas, eu visito, sempre que podo, algúns medios editados en Barcelona. Non está de máis comparar as opinións que sobre o Estatut e a visita de Ibarra […]

Xa temos camiseta

11 Outubro, 2005 (19:48) | Fútbol |

Gústame o deseño que fixo Pepe Barro da camiseta da selección. Limpo, xeométrico e con densidade conceptual, como é característico nos traballos do equipo Revision. Creo que é acertada a denominación escollida de “Selección galega”, que obvia conflitos, así como a elección de San Lázaro como terreo de xogo.Uruguay, que aínda non ten solucionada a […]

Sarabela presenta a estrea d’ "O heroe"

11 Outubro, 2005 (18:49) | Teatro |

Hoxe fomos presentar a Atenas diante dos medios a edición que fixemos d’ O heroe e a estrea que Sarabela realizará da peza o vindeiro sábado, 15 de outubro, ás 20:00 horas no Teatro Principal. A presentación foi moi interesante.Rivas agradeceu, nas súas primeiras palabras, “a complicidade de sangue creativo de Ánxeles Cuña e de […]

Sarabela presenta a estrea d’ "O heroe"

11 Outubro, 2005 (18:49) | Teatro |

Hoxe fomos presentar a Atenas diante dos medios a edición que fixemos d’ O heroe e a estrea que Sarabela realizará da peza o vindeiro sábado, 15 de outubro, ás 20:00 horas no Teatro Principal. A presentación foi moi interesante.Rivas agradeceu, nas súas primeiras palabras, “a complicidade de sangue creativo de Ánxeles Cuña e de […]

Valados

9 Outubro, 2005 (07:58) | Artigos Faro de Vigo, Campo de Granada, Sociedade |

Valados.

Luis Mateo Díez

8 Outubro, 2005 (16:24) | Narrativa |

Interesáronme estas reflexións que sobre a novela e o conto fai hoxe Luis Mateo Díez: El cuento perfecto sólo lo hacen los grandes, la novela corta, sin embargo, me permite acercarme a la perfección. La novela larga siempre conlleva la imperfección.

Externalización de fronteiras?

8 Outubro, 2005 (16:09) | Sociedade |

Preparando o artigo de mañá atopei informacións interesantes sobre a recondución dos emigrantes africanos ata a fronteira arxelina. Recomendo ver este testemuño e mais estoutro para comprender mellor o estado desta emerxencia humanitaria que require dunha acción inmediata.

Libro minusvalorado

7 Outubro, 2005 (15:41) | Bibliotecas |

Quen teña dúbidas sobre os efectos daniños que está provocando na valoración social do libro a ampliación do préstamo dos de texto, debe ler o que conta hoxe Falabarato. Efectivamente, algunha xente pensa que todos os libros deben ser de balde, mais aínda, cando supoñen que despois de lidos deben ir directamente ao colector. Para […]

A locomotora

6 Outubro, 2005 (16:09) | Política |

Discutindo sobre a cuestión de Fenosa, ben ao anel o artigo de Camilo.

"Los girasoles ciegos", Premio Nacional de Narrativa

6 Outubro, 2005 (15:47) | Uncategorized |

A noticia non constitúe unha sorpresa. Para min foi este un dos mellores libros de narrativa que lin este ano. Alberto Méndez -un dos editores e fundadores da editorial Ciencia Nueva, unha das pechadas por Fraga cando era ministro de Información- xa fora recoñecido na primavera co Premio da Crítica. Méndez morreu o pasado mes […]

Rinoceronte editora

6 Outubro, 2005 (15:28) | Traducións |

Grazas a un comentario que hoxe publicaron neste blo, sabemos do proxecto de Rinoceronte editora. O proxecto de Moisés R. Barcia, tradutor de Tolkien e antigo responsable do Cartafol, iniciará a súa andaina cunha tradución de Julian Barnes e con outras importantes novidades de literatura europea. Felizmente algo se está movendo no mundo editorial galego […]

E por que non, Gaarder?

5 Outubro, 2005 (16:26) | Premios |

Náufrago propón a Philip Roth, Jaureguizar a John Updike, e por que non, pensar en Jostein Gaarder? Este chavaliño (ten cara de rapaz) noruegués, que formalmente escribe para mozos e mozas, e aínda sen traducir ao galego, seméllame contar con méritos e escrita abondos para merecer o Nobel. É autor de obras marabillosas e irrepetibles, […]

Fenosa para Florentino

4 Outubro, 2005 (22:25) | Política |

Foi así o de Fenosa?

Radio

4 Outubro, 2005 (22:03) | Uncategorized |

Alguén pode dicirme como vai quedar o da Radio? Houbo algún trasacordo?Actualización (05-10-2005): efectivamente, segundo sabemos hoxe, houbo problemas coa xefatura de informativos.

Canteira da vida

2 Outubro, 2005 (10:42) | Artigos Faro de Vigo, Campo de Granada, Fútbol |

No artigo da semana, a partir da experiencia do Sárdoma F.C., fago unha reflexión sobre a importancia formativa das escolas deportivas de base e a necesidade de que sexan apoiadas polos poderes públicos.Creo que a experiencia de montar pequenas bibliotecas de libro galego neste tipo de clubes deportivos podería ser ensaiada noutros eidos da nosa […]