Produtores de odio

1 Novembro, 2005 (20:03) | Cidades, Política

Avenida Castellana, 31 de outubro de 2005
Os produtores de odio traballan a eito nalgunhas zonas céntricas de Madrid. Afortunadamente estes carteis insidiosos son combatidos por outros madrileños demócratas e solidarios. Cara ónde quere levarnos esta dereita española irresponsable e mentirosa?
Fronte estes produtores de odio ofrezo os versos de Manuel Rivas:
Madrid de outono, / capital mesterosa dun imperio / de colleiteiros de follaxe.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Comentarios

Comment from mourullo
Date: 1 Novembro 2005, 9:07 p.m.

Nostálxicos dunha guerra civil que non viviron, parecen desexar que prenda o lume para arder todos.

Comment from Lantana
Date: 2 Novembro 2005, 10:49 p.m.

Pois que pouca cousa sería Madrid sen o que ten arredor, e mesmo nas entrañas! Non se dan de conta… ou si, o que é peor. E o parvo de Rajoy brindando con cava, como para acalar rancores… Ay, si…! Os rancios que apañen polo Nadal con sidra achampanada ou con espumoso de importación, no caso de querer fachendear de poder adquisitivo; e ollo, ambas as dúas cousas tampouco se producen na capital.

Que perigo teñen estes fachas, que perigo! Non lles debiamos facer concesión ningunha.

Comment from Anonymous
Date: 4 Novembro 2005, 7:52 p.m.

ollo, o mal meseteño xa estaba presente no ensanche burgués “curuñés” desde hai xa un par de meses (rua Juan Flórez, v.g.), pero claro, andan os aires de Marineda moi revoltos e españois ultimamente. Dígocho eu, que saúdo ao bandeiron 4 veces ao día.

Comment from pakonon
Date: 27 Novembro 2005, 12:47 a.m.

ai, anonymous, ¿e logo non che pagaba a pena ir dá-la volta polo Parrote? ¡ai non, que por alí ten a casa pako!

Olark Livehelp