Month: Novembro, 2005

Dotación para bibliotecas escolares

30 Novembro, 2005 (09:08) | Bibliotecas |

Hoxe almorzamos con esta boa noticia para a dotación das bibliotecas escolares dos centros de secundaria.

Jaureguizar info

29 Novembro, 2005 (19:25) | Blogs |

Quen dixo que non se move nada na promoción da literatura galega? Unha marabilla de páxina. Non deixedes de visitar trei.

Son galego

28 Novembro, 2005 (21:45) | Lingua, Sociedade |

O de torredebabel é o post máis interesante dos que lin hoxe. Descoñecía esta lista de compromisos asumidos e divulgados por compatriotas de todo o mundo (e dos que aquí deberíamos tomar boa nota): 1.Considerarei Galicia como a miña Patria. 2. Proclamarei en público e en privado que son galego/a.3. Considerarei a todos os galegos […]

Novos feeds

27 Novembro, 2005 (11:37) | Blogs |

Aproveito a mañá de domingo para engadir novos blos á miña lista de feeds: os dous de eue (o leo e haicu), o de Lúa Neghra, o de torredebabel (dende Arxentina) e o de Jan. Seguireinos.

Galicia industrial

27 Novembro, 2005 (08:38) | Artigos Faro de Vigo, Campo de Granada, Sociedade |

No artigo da semana recomendo a visita á exposición “Galicia industrial“.

Un patrimonio marabilloso

26 Novembro, 2005 (12:59) | Cultura |

É unha mágoa que a candidatura non pasase pola peneira da Unesco. Porén, o importante non é o resultado acadado e si, pola contra, o modélico do proceso, o vivido e aprendido polos milleiros de participantes na promoción da candidatura. Ese traballo constante, aloumiñado no berce da escola, que conseguiu ir contaxiando na autoestima e […]

Conspiración lectora

25 Novembro, 2005 (17:29) | Lectura |

Despois da entrevista da tarde de onte coa Conselleira de Educuación e da reunión da comisión da Mesa polo Libro da mañá de hoxe, onde abordamos os criterios de modificación do texto do plan da lectura, non teño dúbida do certeiro da análise de Rogelio Blanco: en Galicia tamén padecemos a doenza da indixestión editorial […]

Manifesto de apoio a Rafael Ojea

24 Novembro, 2005 (08:55) | Política |

Por correo electrónico informanme que onte se remitiu o Manifesto de apoio a Rafael Ojea e Listado de Asinantes á alcaldesa de Vigo (a través do rexistro xeral do Concello) e á prensa. En total somos 100 asinantes do manifesto que está colgado neste blog, no que nos vindeiros días se irán publicando as noticias […]

Entrevista

23 Novembro, 2005 (20:17) | Edición |

Mañá pola tarde manteremos unha entrevista decisiva coa Conselleira de Educación, a primeira persoa do goberno que nos recibe.

Os futuros da industria editorial

23 Novembro, 2005 (20:04) | Uncategorized |

Txetxu ven publicando estes días no seu blog un interesante seguimento do que foi o simposio da pasada semana. Poden atoparse moitas cousas interesantes, como, por exemplo, a desmitificadora intervención de José Manuel Lara. Apunto algunhas das ideas anotadas que poden ser máis chamativas: Os premios non están para descubrir novos autores, se non para […]

A voz da Mestra

23 Novembro, 2005 (14:20) | In memoriam, Literatura infantil e xuvenil |

Recibín por correo electrónico este texto oportunísimo de Galix sobre María Victoria: Mª Victoria Moreno Márquez faleceu hoxe pola mañá en Pontevedra, vítima dunha enfermidade que a acompañou nestes últimos anos e finalmente venceuna.Nada en Valencia de Alcántara (Cáceres) en 1941, a Licenciatura en Filoloxía Románica tróuxoa para Galiza, onde desde 1963 ata a súa […]

Monográfico no Diario Cultural

23 Novembro, 2005 (13:41) | Uncategorized |

Hoxe entre as 15.00 e as 16:00 horas o Diario Cultural da Radio Galega dedicará un monográfico á figura e á obra literaria de María Victoria Fernández.

Namorada de outonos e solpores

22 Novembro, 2005 (22:21) | Poesía |

Namorada de outonos e solpores,peregrina nas gándaras da vida,buscaches no tremor da atardecidafragrancias vellas de ilusións e amores. Sorriron para ti todas as flores,fíxose a luz roibén na túa feridae, por nidios ronseis, a alma durmidafoi desde o abismo ós altos miradores. Inefables paisaxes de harmoníaabríronse ante ti coma agasalloen volutas de lúa opalescente. Desposaron […]

Un abrazo, María Victoria

22 Novembro, 2005 (21:23) | In memoriam |

Ás nove e media desta mañá María Victoria despediuse para sempre. Aloumiñada pola súa filla Begoña e polo seu compañeiro Pedro, con quen formaba dende hai varios anos a inseparable Sociedade Literaria Olmo, a grande escritora pontevedresa deu cabo ao valente combate que librou dende hai máis de cinco anos coa “pupa cabrona“, como ela […]

Crónica de Dijon

21 Novembro, 2005 (20:36) | Cidades |

A verdade é que a viaxe destes días atrás pagou a pena. Os voos nun paxariño magníficos, a experiencia do TGV satisfactoria (trescentos quilómetros en hora e media), a cidade xeitosa (encrucillada das Europas do norte e do sur), os viños excelentes, os amigos entrañables, as conversas intelixentes e o frío horroroso (ata -5º). Porén, […]

Despois da regata

20 Novembro, 2005 (23:40) | Artigos Faro de Vigo, Campo de Granada, Vigo |

No artigo da semana reflexiono sobre os problemas municipais en Vigo despois de finalizada a saída da Volvo e as razóns da chamada estratexia 2005 de Corina Porro. Foto de Javier Albertos.

Campo do Fragoso VII

20 Novembro, 2005 (23:35) | Artigos Faro de Vigo, Campo do Fragoso, Celta de Vigo, Fútbol |

EMOCIÓN E BELEZANo fútbol é un feito innegable que non sempre gaña quen mellor xoga. O Atlético de Madrid ofreceu un auténtico recital de toque e organización, monopolizando os seus catro (si, catro) centrocampistas a posesión da pelota e a distribución dun excelente xogo colectivo. Mais isto pouco lle serviu ao conxunto do Manzanares para […]

Galicia en Dijon

17 Novembro, 2005 (23:13) | Eventos |

Mañá marcho moi cediño de viaxe para participar nun coloquio sobre a Galicia do século XX organizado pola Universidade de Bourgogne. Literatura, cine, edición e as artes semellan os temas centrais dun programa intenso de raios. Imaxino como se desenvolverá, coñecendo a disciplina francesa. Vou preparado.

Tökland

16 Novembro, 2005 (22:41) | Blogs |

O noso amigo Txetxu participa en Tökland, a revista audiovisual de fomento da lectura creada (ou videorrevista en Internet) por Pensódromo. Os promotores prometen traballar sobre unidades temáticas independentes de curta duración: “Nos gusta hablar de destellos. Centramos nuestro trabajo en llamar la atención sobre determinadas cuestiones: Lanzaderas hacia la fuente del contenido, hacia sus […]

Premios da edición 2005

16 Novembro, 2005 (20:32) | Premios |

A Asociación Galega de Editores convocou hoxe os Premios da Edición 2005 que serán dados a coñecer na primeira Noite da Edición (o vindeiro 17 de decembro). Os premios contarán con cinco modalidades: Premio Ánxel Casal ao Libro do ano, co que se pretende recoñecer un libro editado polos membros da AGE e publicado orixinalmente […]

A industria editorial española a debate

15 Novembro, 2005 (20:16) | Edición |

Recomendo a lectura desta interesante reportaxe sobre a crise de industrial editorial española. “Editar, editar ata que se produza o milagre” semella ser a expresión máis acaída para definir a situación de sobresaturación da oferta e caos na libraría á que todos estamos contribuíndo. Moitos libros para unha sociedade de poucos lectores?

Mesa de Traballo de Editores e Libreiros

15 Novembro, 2005 (19:30) | Asociacionismo |

Información sobre a reunión que mantivemos editores e libreiros o luns pasado.É inexplicable que o presidente da Xunta non nos recibira despois de dous meses de telo solicitado e que a Mesa Técnica, constituída o 15 de setembro, para analizar as consecuencias da implantación da modalidade de préstamo para o libro escolar, dende entón non […]

Historia da primeira edición de "Con pólvora e magnolias"

15 Novembro, 2005 (18:39) | Autores, Edición, Historia, Poesía, Presentacións |

A presentación da edición ilustrada de Con pólvora e magnolias (o público ateigou coqueto salón de Caixa Galicia) serviu para que Ferrín desvelase nunha intervención preciosa algúns pequenos segredos da primeira edición, aparecida baixo o selo do Grupo de Comunicación Poética Rompente. Ferrín confesou que o libro nacera dalgunha maneira en Compostela en 1976. Pretendeu […]

Con pólvora e magnolias

14 Novembro, 2005 (23:36) | Poesía, Presentacións |

Presentamos en Compostela a edición ilustrada por Sucasas de Con pólvora e magnolias. Estades convidados.

Unha lección sobre o futuro da edición galega?

14 Novembro, 2005 (22:32) | Uncategorized |

Aprezo a Moisés a pesar de que hoxe bota por fóra. Inxenuamente pensei que seguía con curiosidade a información que vimos dando nestas brétemas. Xa mo dicía miña nai: es un inxenuo, meu fillo! Sempre agradecín que Moisés e o seu equipo fachendeasen de desinhibición no exercicio do seu traballo crítico (sen entrar a valorar […]

O futuro da CRTVG

13 Novembro, 2005 (08:44) | Artigos Faro de Vigo, Campo de Granada, Televisión |

A partir do post de urxencia que publiquei sobre a comparecencia no Parlamento do director da CRTVG preparei o artigo da semana sobre o futuro da TVG e a Radio Galega.Creo que a posta en marcha dunha segunda canle de televisión e dunha compañía pública galega de Internet, así como acometer un proxecto de xestión […]

Rematou por fin!

12 Novembro, 2005 (20:35) | Imaxes, Vigo |

Grazas a Vigoblog.

Un neno de catro anos expulsado da escola infantil?

12 Novembro, 2005 (10:54) | Educación |

Cóntao folerpa nun texto extraordinario de lectura imprescindible. Son profesor de Educación Infantil (a verdade é que hai quince anos que estou excedente, e, dende entón, moito mudou) e, porén, non me entra na cabeza. Ese picariño ten un problema grave, que require outro tipo de axuda. Que vai ser de el no futuro? Síntome […]

Os dereitos de autor e as novas tecnoloxías

10 Novembro, 2005 (22:35) | Tecnoloxías |

Leovixildo García Bobadilla, asesor xurídico do Grupo Filmax, abordou no Simposio a cuestión dos dereitos de autor en relación coas novas tecnoloxías. Foi a súa unha conferencia técnica interesantísima.Iniciou a súa intervención explicando que está en cernes o anteproxecto de reforma da Lei de Propiedade Intelectual, que, na súa opinión, presenta grandes eivas no que […]

Para seguir falando de blos

10 Novembro, 2005 (20:51) | Blogs |

Vía Rogerio coñecín o power point que José Luis Orihuela (autor de blogomía) presentou no 2º Encontro de weblogs de Covilha. Paga a pena (mágoa do tamaño reducido das imaxes). Útil para aqueles que queiran seguir falando de blos.

Con frei Betto

9 Novembro, 2005 (23:03) | Persoal, Sociedade |

Débolle ao amigo Xulio Ríos un encontro intenso de dúas horas desta noitiña con frei Betto, un intelectual brasileiro con grande presenza internacional. Este dominicio foi durante dous anos asesor de Lula no programa Fame Cero. Escritor incesante (ten 53 libros publicados), conferenciante por todo o mundo, articulista (oito textos semanais), director durante vinte anos […]

Fragmentos da Galaxia

9 Novembro, 2005 (19:43) | Blogs |

Non debe pasar desapercibido Fragmento da Galaxia, o magnífico blo doutro editor galego que abre unha reflexión sobre o mundo da edición na rede. Magnífica a entrevista que enlaza co editor mexicano Eduardo Rabassa (“O catálogo como forma”). Recomendo este blo especializado, nestes días nos que dous xornais están preparando páxinas sobre o “sorprendente” fenómeno […]

Volveu Xesús Alonso Montero

9 Novembro, 2005 (17:30) | Uncategorized |

Hoxe ao mediodía recibín na editorial a visita do meu benquerido profesor. Regresou onte de Lúa de Avellaneda, onde durante a semana pasada, como comentamos no Simposio cando preguntaron por el, estivo dando varias conferencias, entre elas, unha no mítico café da Avenida de Mayo. De todos é coñecida a miña querenza por don Xesús, […]

Teleformación en Galicia

9 Novembro, 2005 (14:55) | Tecnoloxías |

Noa Orizales presentou no Simposio unha panorámica moi completa sobre o estado en Galicia da teleformación, formación a distancia, e-learning, educación virtual, teleaprendizaxe, e-formación, telemática educativa, variadas denominacións para referirse ao novo sistema educativo que emprega internet como canle para a distribución e xestión do coñecemento. Na actualidade, conceptos como educación a distancia, educación virtual […]

A situación da CRTVG

8 Novembro, 2005 (23:24) | Televisión |

O valente informe do presidente da CRTVG na súa comparecencia de hoxe no Parlamento de Galicia non ofrece dúbida ningunha: a nosa televisión e radio públicas teñen importantes desequilibrios económicos e financieiros, que lle provocan problemas de tesourería a curto prazo, debido as desviacións orzamentarias dos últimos anos. Noutras palabras, menos técnicas, a CRTVG gastou […]

A miña convocatoria de selección galega

8 Novembro, 2005 (22:08) | Fútbol |

Os amigos d’ A Nosa Terra pídenme unha proposta de convocatoria da selección galega para o primeiro partido con Uruguay. Velaí a miña listaxe de xogadores con ficha de Primeira e Segunda A nesta tempada: Porteiros: Queco Piña (Rácing de Ferrol), Dani Mallo (Deportivo), Diego López (Real Madrid). Defensas: Michel Salgado (Real Madrid), Quique Álvarez […]

Despois do Simposio

7 Novembro, 2005 (23:21) | Uncategorized |

Estamos satisfeitos do resultado do Simposio, sobre todo, polo debate que está creando na propia rede. Adianto unha relación de enlaces de amigos e amigas que o comentan estes días: Rogerio (obrigado, tamén polas fotos). Txetxu. Millán. Catuxa. Folerpa. Ian. Pawley. Jaureguizar. Juan. Peke. Manolo Gago. Náufrago. Camilo. Juan Varela. Rodrigo. Máis alá. Beizóns para […]

Diálogo entre a edición impresa e a edición dixital

7 Novembro, 2005 (15:20) | Edición, Literacidade |

Manuel M. Barreiro propuxo na súa intervención no Simposio un diálogo entre a edición impresa e a edición dixital a partir da análise da publicación de manuais de referencia e universitarios. Partindo da constatación do proceso en marcha cara a desaparición inevitable deste tipo de obras en edición impresa propuxo considerar o contido como auténtico […]

Do "pizarrillo" a Google print

7 Novembro, 2005 (09:06) | Tecnoloxías |

No Simposio foi moi interesante a intervención do editor Juan Blanco Valdés sobre o futuro da edición no contexto da aceleración tecnolóxica que se desenvolveu dende 1980. Juan (quen posúe un magnífico blo) fixo unha retrospectiva moi clarificadora do sucedido entre o “pizarrillo” e a bitácora e Google print sinalando que para el existiron tres […]

Campo do Fragoso VI

6 Novembro, 2005 (22:53) | Artigos Faro de Vigo, Campo do Fragoso, Celta de Vigo, Fútbol |

ALUSTROS MÁXICOSPasado xa o primeiro cuarto da liga, o disciplinado equipo de Vázquez continúa a súa excelente traxectoria, situado de novo en postos de Champions; porén, as bancadas presentan un estado decepcionante, moi semellante ao da pasada tempada, xa que non acollen máis de quince mil espectadores. Horacio Gómez e o seu equipo directivo deberán […]

Profesorado e lectura

6 Novembro, 2005 (10:36) | Educación, Lectura |

No artigo da semana propoño que a lectura e a dignificación do profesorado sexan considerados eixos principais do debate sobre a Lei Orgánica de Educación.

Papel electrónico

6 Novembro, 2005 (10:09) | Tecnoloxías |

Certamente no Simposio non se abordou a cuestión do papel electrónico. Óscar González proporcionounos informacións sobre esta cuestión: o proxecto que o MIT leva desenvolvendo dende hai seis anos e a presentación dun lector de Sony e Philips na páxina de E-Ink que avala a tese de que o papel de celulosa pode ser substituído […]

Novas tecnoloxías e humanidades

6 Novembro, 2005 (01:50) | Cultura |

Pechou o Simposio (grazas, Camilo, polo excelente seguimento informativo) a conferencia de Xavier Seoane, un dos nosos grandes poetas e ensaístas, sobre “As Novas Tecnoloxías, a lectura e as humanidades“. Intervención brillante e apaixonada en defensa das humanidades como eixo vertebrador da sociedade do coñecemento e da cultura. Entre as moitas notas que tirei, entresaco […]

Nace Edicións da Rotonda

6 Novembro, 2005 (01:16) | Editores |

A intervención na Mesa dos blos da nosa admirada María merece comentario á parte xa que tivo a deferencia de anunciar a primicia mundial da creación de Edicións da Rotonda. María presentou a súa iniciativa como a dunha editora virtual, unha plataforma na rede desde a que lanzar todo tipo de produtos culturais. Presentou o […]

Os blos e a creación cultural

6 Novembro, 2005 (00:10) | Literacidade |

A Mesa “Os blos e a creación cultural” foi a mellor de todo o Simposio. Durante dúas horas ben medidas houbo información, debate e unha preciosa sorpresa final. Non se pode pedir máis. Algúns dos datos proporcionados non poden ser esquecidos: en galego publícanse 50.000 post cada ano cunha audiencia de millóns de visitantes, e […]

O libro galego na Internet

5 Novembro, 2005 (23:22) | Edición |

A Mesa sobre “A presenza do libro galego na Internet” proporcionou máis información ca debate entre os participantes sobre o estado da cuestión. Malia esa carencia, creo que foi moi indicativa das orientacións existentes sobre a cuestión. Jaureguizar, un dous escasos escritores con obra publicada con actividade constante na rede, criticou aos editores galegos por […]

Tecnoloxías da fala

5 Novembro, 2005 (23:15) | Tecnoloxías |

Na Mesa de experiencias de aplicacións educativas do Simposio, salientou a presentada por Carme García Mateo. O traballo do grupo de investigadores das tecnoloxías da fala e do sinal da Universidade de Vigo ao que pertence é tan interesante como escasamente coñecido fóra do eido académico.Carme presentou o funcionamento de varias aplicación: Cotovía (primeiro conversor […]

A edición baixo demanda

5 Novembro, 2005 (13:27) | Edición |

Unha das ideas máis repetidas no Simposio foi a referencia á edición baixo demanda como unha posibilidade a disposición dos editores para realizar tiradas moi reducidas, reedicións de textos descatalogados ou inatopables. Este tipo de edición dixital permitiría continuar publicando títulos que empregando o sistema offset sería inviables.Jacobo Bermejo, actual presidente da Asociación de Artes […]

O libro electrónico

5 Novembro, 2005 (12:48) | Edición |

Na Mesa Redonda sobre “Edición e Novas Tecnoloxías”, tanto Catuxa como Manolo Gago abordaron a cuestión do libro electrónico. Para min foi este un dos momentos máis interesantes do Simposio. Catuxa Seoane (a súa intervención pode descargarse aquí) explicou con gran claridade (se cair en facer unha apoloxía) cales deben ser as características do libro […]

O futuro das Industrias Culturais

5 Novembro, 2005 (12:25) | Edición |

O profesor Rogerio Santos ofreceu unha documentadísima conferencia, no inicio da segunda xornada do Simposio, sobre o impacto das Novas Tecnoloxías sobre as Industrias Culturais. Foi moi de agradecer que Rogerio analizase o concepto de Industria Cultural, a partir do concepto acuñado por Adorno (“a mercantilización da cultura, a través do desenvolvemento tecnolóxico”) e os […]