Month: Decembro, 2005

MSM 2006

31 Decembro, 2005 (19:41) | Persoal |

Pasmo derreado diante da televisión e recibo unha chea de mensaxes de San Silvestre. Haiche de todos os tipos: Sintéticas: “Feliz 2006”, “Os mellores desexos para 2006”. Afrancesada: “Feli ciano e próspero Merimé”. Vizosa: “Que o 2006 encha as tullas para desafiar os novos tempos. Saúde para ti e os teus”. Anticapitalista: “Feliz 2006 e […]

Ilímita

30 Decembro, 2005 (18:24) | Lectura |

Grazas a Alcameh coñezo (con moito retraso) Ilímita, a páxina do Plan Iberoaméricano de Lectura.Fedellando neste web, interesoume o documento sobre o Mapa de lectura en Iberoamérica e o libro (pode baixarse) onde se analizan os diversos plans de lectura en marcha de diversos países como Fome do livro ou Hacia un pais de lectores. […]

Orgullo na brétema

30 Decembro, 2005 (17:06) | Fútbol, Selección_Galega |

Vivimos intensamente en San Lázaro un partido memorable. A realidade superou as mellores expectativas: o xogo combinativo dos nosos foi, por momentos, realmente marabilloso e a resposta da bancada tan cálida como orgullosa. Os goles (magníficos os tres) foron caendo entre a brétema e a poalla, cando aínda non estabamos totalmente recuperados dun dos himnos […]

Vieiros en papel

28 Decembro, 2005 (12:14) | Medios |

Vieiros aparecerá en edición impresa gratuita con motivo do partido da selección. Unha grande noticia. Ogallá esta iniciativa sexa o inicio dun novo camiño de esperanza para a prensa en galego. Moito pulo, si señor. Beizóns entusiastas para o admirable equipo que dirixe Lois!

Diario de un maestro exiliado

27 Decembro, 2005 (16:39) | Educación |

Acabo de rematar a lectura de Diario de un maestro exiliado de Herminio Almendros, publicada pola magnífica editorial Pre-Textos. Discípulo e amigo persoal de Celestin Freinet, iniciador en España do Movemento da Escola Moderna, Almendros debeu refuxiarse en Francia a comezos de 1939, cando as tropas franquistas entraron en Barcelona, cidade onde era inspector xefe […]

Asturianos que falan galego

26 Decembro, 2005 (17:27) | Lingua |

As declaracións de Touriño sobre o galego que se fala no occidente de Asturias (entre os ríos Eo e Navia) causáronme auténtico estupor; afortunadamente o mesmo día Ferrín deixaba as cousas claras no Faro, medio que hoxe reproducía a entrevista co presidente da Xunta, que días antes publicara La Nueva España.É incomprensible que Touriño non […]

Contos de familia

26 Decembro, 2005 (13:49) | Narrativa, Novidades, Xerais |

Esta noite presentamos os Contos de familia de Xesteira. Creo que este é un dos libros de relatos máis interesantes que publicamos nos últimos tempos. Son once historias, ambientadas na Redondela dos anos da fame, escritas cos caracteres da tipografía da memoria construída no seo de cada familia.Un libro que reivindica, dende a foto de […]

Poeta de cidades

25 Decembro, 2005 (13:34) | Críticas, Poesía |

Magnífica esta crítica do último libro de poemas de Ramiro que presentaremos o vindeiro mércores.

Boa Noite

24 Decembro, 2005 (20:20) | Uncategorized |

Que a estrela dos afectos sexa a que nos guíe.Con todos os abrazos.Boa Noite!!!

Conto de Nadal

23 Decembro, 2005 (16:46) | Uncategorized |

DOBRE FRACTURA–Non te movas, Moncho, xa escoitaches que a doutora quere que esteas quietiño. Agora descansa, logo virán buscarte para faceres outra proba.–Esta perna doe, Carme. Queres que asubíe? ou prefires que che cante unha panxoliña? Viches o rídiculo que estou con este camisón? Se parezo un fantasma… Ráñame un pouquiño nas costas, cariño, que […]

MARCO

22 Decembro, 2005 (21:40) | Cultura |

Creo que é un erro de vulto da Consellaría de Cultura xustificar a redución de 100.000 € destinados para Marco en base ao criterio de que nos orzamentos de 2006 pretende equilibrar “as achegas que se dedican a outros museos de arte contemporánea e a outro tipo de museos”. Tampouco xustifica este recorte que a […]

Inflación de premios

22 Decembro, 2005 (00:02) | Premios |

A tertulia sobre os premios de onte resoltou animada e interesante. Belén Fortes fixo unha lúcida e completa análise das vantaxes e inconvenientes dos premios literarios en Galicia. Teresa Moure definiu os premios como “pinguiñas de adrenalina”. Camilo Franco, que confesou que nunca se presentara a un premio literario, propuxo buscar unha nova estratexia para […]

Tertulia sobre os premios literarios

21 Decembro, 2005 (11:21) | Premios |

Hoxe coordinarei a tertulia sobre os premios literarios organizada pola Sección de Literatura e Industrias da Edición do Consello da Cultura Galega. Desde a creación do premio Blanco Amor de novela e do Premio Xerais (os dous máis veteranos, cunha traxectoria de máis de vinte anos) foron agromando polo país ducias de galardóns literarios a […]

Fútbol e identidades

19 Decembro, 2005 (18:49) | Fútbol |

Sócrates, un comentarista destas brétemas, lamenta que lle parece triste que na páxina dun editor o post que maior número de comentarios suscita é un referido ao fútbol, lamentando que “así lle vai á literatura deste país”. Nunca, ata agora, pensara que existise unha incompatibilidade entre o meu oficio de editor e unha das miñas […]

Primeira Noite da Edición

19 Decembro, 2005 (16:26) | Eventos, Premios |

Quedamos razonablemente satisfeitos do resultado desta primeira Noite da edición. Pola numerosa presenza de editores, polo bo nivel da conferencia de Anxo Tarrio e do concerto (con dúas estreas mundiais de compositores galegos), así como pola elevada participación das editoriais nas votacións, constituíu un bo primeiro paso para consolidar un encontro anual que prestixie ao […]

Campo do Fragoso IX

18 Decembro, 2005 (20:40) | Artigos Faro de Vigo, Campo do Fragoso, Celta de Vigo, Fútbol |

CAMBIOS URXENTESAos siareiros dóenos no corazón a humillante goleada que o Coruña endosou a un Celta incapaz de encarar o derby con algunhas garantías de éxito. Coa súa decepcionante actuación, a máis ruín e desganada que lle temos visto ultimamente, liquida a súa magnífica arrincada de tempada e contémplase impotente no espello da tristeza da […]

Agasallo

17 Decembro, 2005 (15:28) | Uncategorized |

Txetxu envíame este agasallo que moito agradezo. A verdade é que unha das cousas máis bonitas deste ano foi poder coñecer grazas a rede de blos a xente tan intelixente e agarimosa coma el.

Opinións de Roger Chartier

17 Decembro, 2005 (15:06) | Editores, Libro |

Desque lin Historia de la lectura en el mundo occidental sigo con interese a Guglielmo Cavallo e Roger Chartier. Hoxe Babelia publica unha entrevista co historiador francés na que boto en falta un pouco máis de coraxe para responder ás preguntas claves que todos nos facemos sobre o futuro do libro e a lectura. Con […]

Libro novo de António

16 Decembro, 2005 (22:10) | Narrativa, Portugal |

Rogerio informa da aparición do novo libro de António Lobo Antunes, que recolle as cartas que enviaba a súa muller durante a guerra de Angola. As referencias son moi boas. Encargareino decontado aos amigos da Dom Quixote.

A recepción das conversas

15 Decembro, 2005 (20:47) | Uncategorized |

Estou satisfeito coa recepción positiva que tiveron no Cartafol os dous recentes libros de conversas con Ferrín e Suso de Toro. Seguirei atentamente a serie de posteos que iniciou Martin Pawley sobre as conversas con Ferrín, de quen, por certo, xa temos dende hoxe o novo poemario fóra do prelo.

Querémoste, Maestro!

14 Decembro, 2005 (15:39) | In memoriam |

Como unha martelada durísima recibimos esta mañá a noticia da morte de Lázaro Enríquez.Querémoste moitísimo, Maestro!As fotos de Villalobos fixéronse hai moi poucos días, cando LER asinaba os seus derradeiros gravados caligráficos que agasallaremos nesta Noiteboa. Actualización (15-12-05): fermoso o post de Ian e oportuna a información aparecida en Vieiros.Actualización (18-12-05): recordo no artigo da […]

Finalistas dos Premios da Edición 2005

13 Decembro, 2005 (22:46) | Premios |

Xa temos finalistas dos Premios da Edición 2005. A participación na votación dos editores está sendo moi elevada.

"Aquí nos vemos"

12 Decembro, 2005 (00:15) | Narrativa |

Paga a pena o artigo de Juan Cruz anunciado Aquí nos vemos, a nova novela de Berger. Anoto no caderno para a reflexión esta afirmación de Berger: Non é unha autobiografía. A autobiografía persoalmente non me interesa porque non creo que o ser humano sexa a raíz do ser. Creo que o ser, o que […]

Cortázar, Seoane, Porrúa e Galicia

11 Decembro, 2005 (19:00) | Cultura, Editores |

Juan publica hoxe un post interesante sobre as relacións de Cortázar con Galicia que recomendo vivamente.Sen entrar a valorar a oportunidade da cesión do legado fotográfico e fílmico cortaziano, semella que Touriño quere marcarse un tanto diferenciador con respecto á política cultural que acomete o seu propio goberno. Non correspondería encabezar esta xestión á Consellaría […]

Museos futuros

11 Decembro, 2005 (18:49) | Artigos Faro de Vigo, Campo de Granada, Vigo |

A partir da noticia do anuncio do traslado do Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía á Coruña, no artigo da semana reflexiono sobre a rede museística viguesa e o papel dos museos futuros.

Pisa no Froxán

11 Decembro, 2005 (10:55) | Festas |

O sábado de mañanciña subimos amodiño a Froxán, dende a Pobra do Brollón, entre a brétema que orzaba os soutos e as bidueiras, ao pé dunha estradiña moi estreita e virada. Esta entrada vagorosa ao Courel, por Parada dos Montes, permite chegar directamente á fonte do Milagro de Froxán, diante da eiriña na que se […]

Kalendas

11 Decembro, 2005 (10:21) | Poesía, Presentacións, Xerais |

Viaxamos á cidade da brétema para presentar as Kalendas de Xosé Lois García. O acto, que repetimos ao día seguinte en Chantada, tivo grande altura literaria, sobre todo, pola intervención moi meditada de Xosé Manuel Eiré, quen cualificou o libro “como un proxecto poético absolutamente inusitado, froito dun traballo hercúleo que acaba posuíndo ao lector”. […]

Máis feeds nosos

8 Decembro, 2005 (22:05) | Blogs |

Incorporo aos meus feeds blos que me interesaron: A pícara de Allegue (gustei moito), Cabaseira, Cousas de Imeneo, Naraío Nazóm e VSQN (semella que neste caso chego moi tarde pola polémica que a autoría suscita).

Lennon XXV

8 Decembro, 2005 (17:35) | Imaxes |

Proliferan hoxe as lembranzas de John Lennon. Valadés envía aos amigos esta fotografía realizada a mesma tarde do asasinato e considerada como a mellor portada de Rolling Stone das últimas catro décadas. Lennon lives forever.

O "Oliver Twist" de Polanski

8 Decembro, 2005 (10:48) | Cine |

Nunha primeira ollada pode parecer que moi pouco do selo do rabudo Polanski atopamos no seu remake de Oliver Twist. Formalmente maxistral, a narración cinematográfica flúe fiel co texto da novela, ao ritmo marcado por unha fermosa banda sonora e unha ambientación decimonónica moi coidada, deixando só un oquiño final para unha homenaxe polanskiana á […]

Coa cola da raposa

7 Decembro, 2005 (17:11) | Política |

O día da Constitución o mestre Ian publicou un texto lucidísimo. Recoméndoo vivamente.

Durango 2005

7 Decembro, 2005 (16:50) | Eventos |

Abriu as portas a Feira do libro e discos vascos de Durango. Este evento, cunha tradición de corenta anos, é un modelo para emular en Galicia. Será posible, por fin, no vindeiro 2006 organizar o Salón do Libro e das industrias culturais galegas?

Sucesión resolta

6 Decembro, 2005 (12:14) | Política |

Reitereino semanas atrás nas tertulias da Radio Galega: a sucesión estaba cociñada e resolta. Touriño e Quintana deben espabilar, o período de graza está a piques de rematar para eles.

An Alfaya, premio Lazarillo 2005

6 Decembro, 2005 (11:28) | Literatura infantil e xuvenil, Premios |

Magnífica noticia: a nosa amiga An Alfaya resultou gañadora do Premio Lazarillo 2005 por A sombra descalza, novela xuvenil ambientada na Guerra Civil. Este premio, o máis antigo da literatura infantil e xuvenil en España, no que compiten orixinais inéditos de todas as linguas oficiais, dáselle moi ben aos nosos autores e autoras. Ata agora, […]

Novo Premio de literatura Xuvenil

5 Decembro, 2005 (18:54) | Literatura infantil e xuvenil, Premios, Xerais |

Desde hai uns cantos días están colgadas na rede as bases dos nosos premios para 2006. As novidades desta convocatoria son a creación dun novo premio de literatura xuvenil e a conversión do Merlín en premio de literatura infantil. O prazo de admisión de orixinais remata o 7 de abril, estando previsto que o fallo […]

Pisa e abandoxado da castaña no Froxán

5 Decembro, 2005 (18:05) | Festas |

O sábado volveremos a Froxán á Festa da pisa e do abandoxado da castaña. Alí presentaremos a Fonte de esperante de Xesús Manuel Marcos. É unha das festas tradicionais máis auténticas e emocionantes que coñezo. Quen acorde acudir, non debe esquecer puchos e luvas. Paga verdadeiramente a pena.

Noxtrum

4 Decembro, 2005 (20:08) | Internet |

A versión beta de Noxtrum, o novo buscador do Grupo Telefónica Internacional, está operativa. A verdade é que a procura na web é aínda frouxiña, porén cun pouco de paciencia en Local poden atoparse teléfonos, cifs e mapas (información incluída nas páxinas brancas e amarelas) e por cinco buscas, dáche dereito (por agora) a enviar […]

O libro, para quen o traballa

4 Decembro, 2005 (13:02) | Libro de texto |

Aínda que sei que o debate aburre, por reiterado neste espazo, non me resisto a deixar de recomendar a lectura deste artigo do escritor vasco Pedro Ugarte sobre a gratuidade do libro escolar. Obrigado, Txetxu pola magnífica pista.

Esperanza

4 Decembro, 2005 (12:39) | Persoal |

O meu amigo Valadés, sempre tan oportuno, envía por correo electrónico esta mañá un texto de Eduardo Galeano sobre a esperanza: … para min, a esperanza é unha cousa que teño cando me esperto, que perdo no almorzo, que recupero cando recibo o sol na rúa e que, logo de camiñar un intre, vólvelleme caer […]

Indixestión editorial, indixencia lectora

4 Decembro, 2005 (12:35) | Artigos Faro de Vigo, Campo de Granada, Cultura, Lectura |

No artigo da semana, a raíz da tramitación do anteproxecto da Lei do libro e da lectura, amplío a reflexión que fixera estes días sobre a conspiración lectora.

Campo de Fragoso VIII

3 Decembro, 2005 (22:20) | Artigos Faro de Vigo, Campo do Fragoso, Celta de Vigo, Fútbol |

SUFRIDA EFICACIACon esta primeira volta xa moi avanzada, o Celta continúa mantendo a súa sufrida eficacia como mellor fórmula para saír adiante en Balaídos. Onte, o equipo habitual de Fernando Vázquez fixo, como adoita, unha magnífica primeira parte: goleou con beleza, controlou o manexo da pelota con autoridade, mantivo unha disciplinada concentración defensiva e, mesmo, […]

Almas Perdidas

3 Decembro, 2005 (10:02) | Persoal |

Volvemos devagariño do acto corsario de Teucro e tomamos a última nas Almas Perdidas para enchouparnos na cidade estrépito co testamento do Ghebo. É incrible a potencia incesante dos chaíñas e os ghichiños desta abella da ribeira!