Month: Xaneiro, 2006

Teimas

31 Xaneiro, 2006 (21:45) | Persoal |

Aínda que non adoito participar en cadeas, recollo o fío que me propón Máis alá para expresar cinco das miñas teimas (todas sobre o libro e a escritura). Aí van, pois: Escribir as notas de traballo e de escrita sempre con pluma en cadernos pautados ou blogs verticais con espiral, que vou numerando e conservando […]

Campo do Fragoso XII

30 Xaneiro, 2006 (00:31) | Artigos Faro de Vigo, Campo do Fragoso, Celta de Vigo, Fútbol |

COLEXIADO GALÁCTICOUnha das razóns polas que me gusta acudir aos estadios de fútbol é porque sei que alí sempre se representa un drama lonxanamente parecido ao da vida, onde os actores interpretan papeis que en parte están escritos e en parte son improvisados. Así sucedeu onte en Balaídos onde un magnífico Celta interpretou ao longo […]

Boas prácticas editoriais

29 Xaneiro, 2006 (08:56) | Edición |

Hoxe nas páxinas de La Voz continúa o debate desta semana sobre o pago de dereitos de autor. Sen dúbida, que a cuestión é imprescindible para a profesionalización da totalidade do sector editorial galego. Creo que entre as propostas que foron aparecendo hai dúas medidas que moito axudarían a resolver o conflito: Asinatura dun protocolo […]

Memoria histórica

29 Xaneiro, 2006 (08:45) | Artigos Faro de Vigo, Campo de Granada, Historia |

No artigo da semana, a raíz da publicación recente de dous libros magníficos, propoño tres tipos de accións claves para a recuperación da memoria histórica sobre a represión. A fotografía corresponde a Volta dos Nove de Baiona.

Blog de Antón Castro

28 Xaneiro, 2006 (18:42) | Blogs |

Tiña algunha noticia de que Antón Castro, o xornalista e escritor galego afincado en Zaragoza, tiña un blog literario. Atopeino hoxe ao chou e descubrín que, ademais das magníficas entrevistas e críticas sobre temas literarios, artísticos e sociais, fai unhas crónicas e artigos de fútbol preciosos. Unha boa demostración do seu grande talento como narrador […]

Intifada ghaiteira e outros feeds

28 Xaneiro, 2006 (16:40) | Blogs |

Cada semana actualizo os meus feeds (xa chego case ao centenar). Hoxe engadín estes novos: Intifada ghaiteira (do que tiro a foto), Alicia crece, A tola do monte (vai un bico virtual), Apunta e Miccionario. Co comezo do ano isto volveu dar un chimpo e albisco que ao remate deste ano poderemos superar o milleiro […]

Beleza imperfecta

28 Xaneiro, 2006 (15:56) | Vigo |

Gustei deste artigo sobre a nova arquitectura de Vigo, que aparece hoxe en Babelia. É alentador que esta mirada desde fóra exprese a beleza estrepitosa ou contraditoria dunha cidade revolcada, que tantas veces temos definido como á da abella da ribeira de xenerosidade escueta e latexo acelerado. Unha páxina xornalística que vale moito máis para […]

Lembras?

27 Xaneiro, 2006 (17:40) | Persoal |

Aquí hai unha boa fonte para atopar imaxes daqueles libros da escola, as estampillas, os tebeos, as series, os xoguetes… Convénzome, unha vez máis, que na rede haiche de todo.

11 consellos para contaxiar o pracer de ler

27 Xaneiro, 2006 (16:28) | Lectura |

Onte na comisión de traballo da Mesa polo Libro e a Lectura, que está elaborando o Plan de Lectura, debatimos diversas medidas destinadas a fomentar a lectura. O aumento dos índices lectores da poboación galega (hoxe déronse a coñecer os datos do último barómetro lector); a promoción e valoración da lingua, literatura e culturas nosas; […]

Control de calidade

26 Xaneiro, 2006 (23:20) | Edición |

Grazas a Txetxu hoxe baixei este pdf de Silvia Senz Bueno que aborda cuestións relacionadas coas tarefas de revisión de estilo e corrección de textos. Recomendo a lectura demorada destas dezaseis páxinas onde se reflexiona sobre o empobrecemento da calidade do tratamento de texto, efecto, en boa medida, da externalización que destas tarefas (vitais no […]

Contratos e dereitos

25 Xaneiro, 2006 (22:39) | Edición |

Era previsible que despois destas declaracións nos solicitasen estoutras. A denuncia que realizan os responsables actuais da AELG é inxusta por indiscriminada e o control que solicitan da Xunta é absurdo por innecesario. A clave da relación profesional entre autores e editores non está no control que poida establecer San Caetano e si, polo contra, […]

Pucho Boedo

24 Xaneiro, 2006 (22:36) | Música |

Souben hoxe da noticia da homenaxe que se está a preparar en lembranza de Pucho Boedo o domingo 5 de febreiro no Pazo da Ópera. Semella que vai participar unha tropa de medo. Boedo é un dos heroes secretos de Galicia e merece seguir sendo cantado e recordado. Unha iniciativa moi boa para comezar este […]

Cen anos de historia cultural

23 Xaneiro, 2006 (21:08) | Cultura |

Alerto do nacemento onte dunha importante nova sección xornalística que Marcos Valcárcel publicará cada domingo no suplemento Lecer de Galicia hoxe. Valcárcel, con motivo de celebrar o centenario da Academia, acomete o ambicioso proxecto de percorrer anualmente a historia cultural galega ao longo dun século. Recuperar este xénero de efemérides, que tanta importancia tivo no […]

Outro blog sobre Vigo

23 Xaneiro, 2006 (20:55) | Blogs, Vigo |

Grazas aos amigos de Vigoblog sei de Praza do Rei, outro blog sobre temas municipais vigueses. Non hai dúbida de que a cidade estrépito precisa de máis medios rabudos na rede coma este. A verdade é hai tempo que xa coñeciamos o paradoiro do predicador, algo que preocupaba moito na bancada de Río Alto.

Rosas murchas

22 Xaneiro, 2006 (11:35) | Artigos Faro de Vigo, Campo de Granada, Sociedade |

No artigo da semana atrévome a propoñer unha reflexión, a partir do asasinato de Águeda González, sobre o insidioso fenómeno do terrorismo contra as mulleres. Teño unha certa perplexidade que sobre este tema se debata tan pouco nos nosos blos.

Mudarse á radio galega

21 Xaneiro, 2006 (16:20) | Medios |

E seguindo con dicas de música, é moi recomendable, tamén, escoitar Aberto por reformas, o espazo que de catro a cinco anima Xurxo Souto na Radio galega. Quen dixo que non se podía facer un programa diario de música galega? É unha auténtica marabilla: un derroche de creatividade e entusiasmo, divertido, indagador, potente e comprometido […]

Gwendal: War-Raog (Adiante)

21 Xaneiro, 2006 (15:40) | Música |

Para a xente da miña xeración universitaria a música celta era a música bretona de Gwendal e Alan Stivell, a fusión das guitarras eléctricas co son de gaitas e harpas. Aínda lembro cando merquei aqueles memorables Live in Dublin e Before Landing de Stivell (o bo amigo de Carlos Núñez) na tenda de discos que […]

A xuntanza co Presidente

19 Xaneiro, 2006 (22:52) | Cultura, Política |

A reunión que mantivemos onte co Presidente da Xunta, que estivo acompañado da Conselleira de Educación, foi tan esperanzadora como cordial. Durante unha hora e media debatemos con informes e documentos, arredor dunha mesa (feito que moito valoramos polo excelente estilo de traballo rigoroso que isto supón), sobre algunhas das cuestións máis importantes para o […]

Toda a vida

17 Xaneiro, 2006 (20:03) | Autores, Narrativa, Novidades |

Ocupei a tarde toda preparando dous textos para a xornada de mañá: ao mediodía os editores seremos recibidos en Monte Pío (para abordar o conflito do préstamo e a situación xeral do sector) e á notiña presentaremos en Teucro a última novela de Luis Rei Núñez.Á entrevista, despois de catro meses de tela solicitado e […]

Os enigmas mundiais de 2006

16 Xaneiro, 2006 (18:47) | Sociedade |

A xente de IGADI adiántame por por correo electrónico a súa Guía exterior 1/2006 onde reflexionan sobre a ducia de enigmas sobre política internacional que eles albiscan para o ano que comeza: Sairán os americanos e británicos de Iraq? Destronará a gripe aviar ao terrorismo como maior preocupación global? Avances ou retrocesos na proliferación nuclear? […]

Novo ISBN para 2007

16 Xaneiro, 2006 (11:32) | Edición |

Hoxe coñecimos que a partir do 1 de xaneiro de 2007 a lonxitude do código ISBN pasará das actuais 10 cifras a 13 cifras. Os números actuais serán precedidos polo 978, que identifica o produto libro, sendo recalculado o díxito de control. Semellante cambio terá importantes consecuencias tanto os para os sistemas de produción e […]

A tremenda viaxe da ministra

15 Xaneiro, 2006 (10:14) | Artigos Faro de Vigo, Campo de Granada, Cultura |

No artigo da semana recordo a viaxe que a ministra de Cultura fixo a Galicia a semana pasada.Foto: La Opinión da Coruña.

O fútbol ou a vida

14 Xaneiro, 2006 (22:38) | Fútbol |

Hoxe un amigo anónimo deixoume un comentario moi extenso no meu máis recente Campo do Fragoso. Recomendo este texto de Justo Serna, tirado do libro El fútbol o la vida, a todos os siareiros e persoas interesadas na antropoloxía social. Traduzo un anaco magnífico: O fútbol é unha festa con normas, un rito xerárquico que […]

Máis blos

14 Xaneiro, 2006 (22:27) | Blogs |

Engado os meus feeds novos blos moi interesantes que fun descubrindo nas últimas semanas: Galego Correcto, Calidonia e Aquí. O blogmillo segue medrando con propostas cada vez máis orixinais.

Google e Amazon: busca libros

12 Xaneiro, 2006 (23:16) | Internet |

Publícase hoxe na web dos editores un interesante e sesudo informe xurídico sobre a busca online de textos completos (Search Inside the Book de Amazon e Google búsqueda de libros). Que queira profundizar en tema tan complexo ten aí onde sachar.

Radio pública

12 Xaneiro, 2006 (22:37) | Medios |

Esta noite fun ao acto de presentación da nova programación da Radio Galega. O Marco tivo un cheo dos que non se recordan. Xurxo Souto, máis serio do que adoita, conduciu con entusiasmo e sobriedade o acto, aínda que non se puido conter e botou unha bonita repichoca das súas. Xusto López Carril fixo un […]

Edición pública

11 Xaneiro, 2006 (21:20) | Edición |

Camilo Franco publica hoxe unha oportunísima información sobre o desbaraxuste da edición pública da era fraguista. Sabiamos do famoso almacén da Rúa X, onde se amorean os libros da Consellaría da Cultura, mais nunca imaxinabamos que chegasen aos case millón e medio os exemplares dos que fala a documentada información. Todo un paradoxo nun país […]

Na mortalla

9 Xaneiro, 2006 (21:58) | Festas |

Memorable este longo post de Ian sobre a matanza en Valdeorras. É deses textos vividos, literariamente fermosos, dispostos para ser saboreados de vagariño e nos que ao seu remate queda un retrogusto de melancolía. O melloriño que teño lido na rede en moito tempo. Unha peza senlleira para incluír en calquera manual de lingua galega […]

Perda

9 Xaneiro, 2006 (21:13) | Persoal |

O martes pasado perdín o móbil nun taxi (esa é a miña hipótese máis verosímil para un feito que me deixou case noqueado durante unhas horas). O día seguinte afaneime en atopalo. O xoves desistín e tentei dalo de baixa, iso si, conservando o número. Na fin de semana de reis gocei dunha extraña sensación […]

Campo do Fragoso XI

8 Xaneiro, 2006 (21:05) | Artigos Faro de Vigo, Campo do Fragoso, Celta de Vigo, Fútbol |

SEGUNDOS DE OUROAo longo desta primeira volta a bancada de Balaídos sabe que as primeiras partes do Celta noso son, xeralmente, gozosas e de excelente xogo atacante e as segundas, case sempre, tan agónicas como decepcionamente defensivas. Non foi o encontro fronte a Real Sociedad unha excepción. Comezou cun recital de control no medio do […]

Lingua de proximidade

8 Xaneiro, 2006 (11:39) | Artigos Faro de Vigo, Campo de Granada, Lingua |

No artigo da semana reflexiono sobre a necesidade de que os poderes públicos impulsen máis decididamente unha nova política lingüística.

Fotobiografía sonora de Manuel María

7 Xaneiro, 2006 (13:49) | Autores, Novidades |

Entre as novidades de libros audiovisuais galegos do pasado Nadal (afortunadamente houbo unha boa colleita) destaca a fotobiografía sonora de Manuel María. Os amigos de Ouvirmos, de quen admiramos o traballo de recuperación de gravacións históricas, crearon unha nova modalidade de fotobiografía de coidado deseño, na que se ofrece, xunto a un amplo e significativo […]

O 2005 en blogs

6 Xaneiro, 2006 (11:02) | Blogs |

Aínda que sei que non hai que abusar do metablogueo, non me resisto a enlazar a lúcida análise do ano que realiza o mestre Pawley, a quen tanto admiro. Eu só lle engadiría unha referencia ao enorme traballo de Juan, un referente de xornalismo na rede comprometido e infatigable.

As virtudes dun libro

6 Xaneiro, 2006 (10:20) | Libro |

Enlazo unha cita marabillosa de Paul Valery sobre as virtudes dun libro. Si señor, un bo libro é unha máquina perfecta de ler, cuxas condicións son definibles con bastante exactitude polas leis e métodos da óptica fisiolóxica; e, ao mesmo tempo, un obxecto de arte, unha cousa, mais coa súa personalidade, unha que leva marcas […]

Campo do Fragoso X

5 Xaneiro, 2006 (08:35) | Artigos Faro de Vigo, Campo do Fragoso, Celta de Vigo, Fútbol |

DEVALONin os bos propósitos do ano novo, nin a presenza máxica dos tres magos e a alegría contaxiosa dos ranchos de reis sobre o terreo, nin a intensidade competitiva que se presupón aos partidos de Copa, nin os numerosos cambios no once habitual (case medio equipo novo), nin sequera as modificacións do esquema táctico vazquiano […]

Benvido, Rinoceronte

4 Xaneiro, 2006 (16:35) | Beizóns, Novidades, Traducións |

Apareceron os primeiros libros de Rinoceronte, a nova editora galega especializada en traducións. O catálogo é moi prometedor e ambicioso, o deseño das capas e da propia web é moi sobrio e a nómina de tradutores de grande calidade. Deséxolles moita sorte a Moisés e Penélope en tan arriscado proxecto editorial, xa que os custos […]

Primeiro aniversario

3 Xaneiro, 2006 (20:37) | Blogs, Persoal |

Hoxe estas brétemas chegan ao seu primeiro aniversario. Empeceinas, case ao mesmo tempo que o meu amigo jaureguizar, coa inxenuidade de quen descoñece que esta escrita comunitaria na rede ía crearnos certa adicción, moitas satisfaccións e pequenos disgustos. Confeso que me mudaron a vida. Grazas a elas aprendín a moreas da xente marabillosa do blogmillo […]

Profissoes do livro

2 Xaneiro, 2006 (20:14) | Edición |

Rogerio recomenda Profissoes do livro, un volume cunha aparencia interesantísima, de Jorge Manuel Martins, que analiza o papel dos mediadores da industria editorial.

Primeiro orixinal de 2006

2 Xaneiro, 2006 (19:49) | Narrativa, Xerais |

Moito piaron por el os comentaristas do Cabaret con motivo do seu aniversario. Esta mañán entregou moi cediño o seu novo libro: un único parágrafo de 34.942 palabras, 204.124 cce, que alzan xa 128 páxinas perfectamente maquetadas. É o primeiro orixinal deste 2006. Lino dunha sentada: magnífico, magnífico…!!!