Préstamo 2006/2007
- Reposición do 80% dos libros de 1º e 2º E.P., do 5% do resto dos cursos do programa (3º, 4º, 5º e 6º de Primaria e de 2º de ESO). Ademais do 100% das áreas que cada centro de primaria imparta en galego en 5º (para adaptalos así á nova normativa ortográfica).
- Extensión do programa de gratuidade a 4º de ESO, cun valor estimado por alumno/a de 230 € (26.000 alumnos, seis millóns de euros).
- Estúdase a posibilidade de que o pagamento se realice por medio da partida de “gastos de funcionamento” de cada centro, o que para o vindeiro curso requirirá a autorización dunha modificación de partida orzamentaria. Con todo, este sistema é o que se utilizará a partir de 2007.
- A reposición dos libros será tramitada polas direccións dos centros.
Ambas as dúas medida, poñen máis en cuestión o precario papel da rede de librarías de proximidade, continuando os pasos seguidos por modelos de préstamos europeos, hoxe en aberta crise.
A pesar das boas intencións, expresadas polo presidente da Xunta e da conselleira de educación na reunión que mantivemos o mes pasado, as medidas anunciadas para o vindeiro curso son claramente continuistas con respecto ao modelo anterior do PP. Semella que o seu compromiso de estudar a modificación do modelo de gratuidade e todas as alternativas que se poñan sobre a mesa quedará adiada para o vindeiro curso (2007-2008) cando comezará a implantación dos novos currículums da Reforma Educativa en marcha. Unha medida que, tal como están as cousas, parece realista.
Comentarios
Comment from leco
Date: 17 Febreiro 2006, 10:33 a.m.
Poderías explicarme por que no primeiro ciclo da Primaria só se dispón dun 80% de reposicións, cando é material funxíbel?
1000 grzs
Comment from O Breogán
Date: 17 Febreiro 2006, 11:02 a.m.
Non todo é funxible… moitos libros son só de lectura. Os Workbooks de Inglés, e os libros dos máis cativos (Infantil e os do Primeiro Ciclo) pois si, pero os de 2 e 3º ciclo non precisan demasiada renovación mentres se coiden.
O mellor foi nun claustro o ano pasado… falabámos de cómo se sabe se un libro en préstamo debe ser pagado polo seu mal estado (o rapaz escribíu nel, ou o manchou, etc.). O único que puido dici-la directora, coa normativa diante, foi: “usando o sentido común”. De coña.
Comment from O Breogán
Date: 17 Febreiro 2006, 11:16 a.m.
Ups, escribín rápido de máis… xa vin que te referías ó 1º ciclo, Leco, perdón.
Comment from leco
Date: 17 Febreiro 2006, 1:51 p.m.
Grazas, Breogán. Traballo nunha editora de textos de inglés e non caía en lecturas e outros materiais non funxibeis.



Comment from leco
Date: 17 Febreiro 2006, 10:18 a.m.
Moi agradecida pola información:-)