Month: Febreiro, 2006

Entrevista Teresa Moure

27 Febreiro, 2006 (10:58) | Autores, Entrevistas |

Recomendo a lectura da completísima entrevista que Vieiros publica con Teresa Moure. Entre outras, tomei nota das seguintes afirmacións que entendo moi interesantes: A muller na literatura engade o seu punto de vista alternativo. Escribo para darme pracer. Chamáronme do Consello da Cultura Galega para falar sobre os premios, e fun alí a dicir que […]

Galegos na blogosfera

27 Febreiro, 2006 (08:14) | Blogs |

Hoxe Alberto Quián publica no Faro unha reportaxe sobre blos.

Campo do Fragoso XIV

26 Febreiro, 2006 (21:13) | Artigos Faro de Vigo, Campo do Fragoso, Celta de Vigo, Fútbol |

VITORIA CÓMODAA estas alturas ninguén pode negar que o Celta está facendo un grande campionato. Seguros das súas posibilidades e con superioridade técnica sobre a maioría dos rivais, os de Vázquez obtiveron onte unha das súas vitorias máis cómodas diante dun Cádiz moi frouxiño, que só amosou algún perigo nos vinte primeiros minutos. Sen modificar […]

Un país digno

26 Febreiro, 2006 (12:10) | Historia |

A raíz do meu comentario sobre o 23-F recibo por correo unha aclaración dun meu amigo que me parece moi significativa e que moito agradezo. Transcríboa tal como a recibín: Nestes días de repaso á memoria lin moitas tonterías e nimiedades sobre o 23-F. Non lin que en todas as nosas cidades, houbo unha “defensa” […]

Sempre Rosalía

26 Febreiro, 2006 (09:40) | Artigos Faro de Vigo, Autores, Campo de Granada |

No artigo da semana e con motivo da celebración oficial, por vez primeira, do aniversario do nacemento de Rosalía, abordo as relacións da musa dos pobos coa cidade de Vigo.

Magasins

25 Febreiro, 2006 (21:17) | Comercio do libro |

Esta tarde estiven durante dúas horas nun hipermercado francés. Curado das incomodidades de acudir a un espazo comercial ateigado de xente, foi este un exercicio moi útil para enfrontarse coa crúa realidade social e cultural na que vivimos. Non atopei nin un só letreiro, reclamo nin etiqueta na nosa lingua, nin sequera nos escasísimos produtos […]

Dez anos de fantasía

25 Febreiro, 2006 (12:42) | Internet, Medios |

Os dez anos de Vieiros son dez anos de fantasía colectiva. O seu editor, Lois Rodríguez (modelo de discreción e teimuda coraxe), e o seu equipo de profesionais demostraron que en Galicia tamén é posible vivir nun país normal, que emprega a súa lingua de forma orgullosa e asume sen complexos o tempo contemporáneo.Vieiros, contra […]

23-F

24 Febreiro, 2006 (06:34) | Historia, Política |

Onte cadaquén contou a súa experiencia daquela noitiña de infamia. De todos os relatos que lin o que máis me gustou foi o de sihomesi, tanto pola súa interpretación do acontecemento (unha parodia) como pola publicación completa da famosa lista.Falar en primeira persoa do que aconteceu hai vinte e cinco anos demostra que para ninguén […]

A cociña do Entroido

22 Febreiro, 2006 (19:18) | Gastronomía, Novidades, Xerais |

Mañá presentaremos en roda de prensa A cociña do Entroido e San Xoán, o novo libro de Miguel Vila Pernas.Este fillo do Valadouro é o escritor sobre cultura gastronómica máis importante co que contamos, tanto polos seus numerosos libros publicados como polo asombroso traballo que sobre temas literarios e gastronómicos ven realizando diariamente no seu […]

Ánimo, Juan!

22 Febreiro, 2006 (19:03) | Blogs |

Hoxe Juan explica a razón do seu silencio durante os últimos quince días. O blog deste betanceiro, instalado en Madrid, é un dos referentes de xornalismo na rede máis rigoroso e incisivo. Todos os nosos abrazos para el.

Chuza.org

21 Febreiro, 2006 (21:52) | Blogs |

Paréceme unha iniciativa magnífica a de chuza! Un espazo que se define como un sitio de novas galegas que emprega un control editorial non xerárquico. Calquera pode enviar historias e a comunidade de internautas é quen as valora, as comenta e decide se publicalas na páxina principal, de forma que non intervén nunca a figura […]

1º Encontro galego-portugués de blos

21 Febreiro, 2006 (21:37) | Blogs |

Vía Rogerio anúnciase a convocatoria do 1º Encontro galego-portugués de blos para o vindeiro outubro. Semella unha boa oportunidade para dar a coñecer a vizosa realidade dos 1032 blos galegos (obrigados debemos quedar a Calidonia pola súa esculca e polo seu magnífico radioblog) e establecer un maior contacto cos irmáns blogueiros de alén Miño.

Aniversario de Galicia encantada

20 Febreiro, 2006 (21:24) | Internet |

O pasado ano dabamos noticia da posta en marcha de Galicia encantada, a primeira enciclopedia na rede da fantasía popular en Galicia. Estes días celebra o seu primeiro aniversario. Dende aquela non fixo máis que medrar e incorporar novos contidos, converténdose xa nun dos espazos máis atractivos da rede en galego. Creo que particular interese […]

Os merdeiros de Vigo

19 Febreiro, 2006 (09:59) | Festas, Vigo |

Ás portas xa do Entroido, no artigo da semana, unha ano máis, volvo propoñer a revitalización da máscara do merdeiros.

U-la túa casa?

18 Febreiro, 2006 (14:19) | Blogs, Libro |

A túa casa está onde están os teus libros. De que están feitas as palabras? As palabras están feitas de material inflamable que se incendia ao rozalas coa imaxinación. (Octavio Paz) Recomendo ver devagariño este vídeo-post de Barbol construído só con palabras e música.Obrigado a Txetxu e a Moebius polo magnífico enlace.

Discreción

17 Febreiro, 2006 (17:50) | Blogs |

Este home case se enteira de todo. O que publica hoxe demostra que ten moita razón María, a quen onte lle oín dicir nunha entrevista, que lle fixeron na radio a raíz da aparición deste blog: “os blogueiros non poden ser persoas que deban gardar discreción”.María: entón, que debo facer eu (non me quero comparar […]

Máis feeds novos

17 Febreiro, 2006 (17:44) | Blogs |

Incorporo aos meus feeds dous blos que deixaron hoxe comentarios: moito obrigado, Breogán (escritor) e Leco (editora).

Verderón

17 Febreiro, 2006 (17:00) | Historia |

Onte pasei case todo o día viaxe. Ao mediodía presentamos un libro no vagón dun tren e pola tarde din dúas conferencias consecutivas na cidade guindastre.A experiencia do tren demostroume que continúa sendo interesante procurar espazos singulares para presentar un libro. A vella locomotora santiaguesa e o coqueto Verderón (noutrora de primeira e terceira, ao […]

Préstamo 2006/2007

15 Febreiro, 2006 (20:18) | Libro de texto |

Antonio Vázquez, Director Xeral de Formación Profesional, presentounos hoxe na reunión da Comisión de Seguimento de Gratuidade do Libro Escolar o que serán as maiores novidades do programa de préstamo para o vindeiro curso: Reposición do 80% dos libros de 1º e 2º E.P., do 5% do resto dos cursos do programa (3º, 4º, 5º […]

Faro de Galicia

15 Febreiro, 2006 (08:00) | Medios |

Haberá Faro de Galicia, ADN e quizais algo máis. O tempo novo require novos medios.

As sondaxes e o BNG

14 Febreiro, 2006 (20:23) | Política |

Un comentarista parece dubidar da miña afirmación referente a que “o BNG mantén con firmeza os seus apoios”. Aínda que non son especialista en demoscopia, creo que a miña interpretación destas primeiras sondaxes publicadas (tanto a da Voz como a do Barómetro) non é errada. Así, na primeira, o BNG mantén os seus apoios xa […]

Campo do Fragoso XIII

12 Febreiro, 2006 (21:00) | Artigos Faro de Vigo, Campo do Fragoso, Celta de Vigo, Fútbol |

CANDIDATURA EUROPEAA pesar de non realizar un encontro de grande beleza, onte o Celta presentou por vez primeira a súa candidatura europea vencendo a un dos seus rivais directos nesta difícil pelexa. A falta de quince xornadas para o remate da tempada, o obxectivo da permanencia (contar con corenta puntos) xa está practicamente no peto. […]

Nova etapa política

12 Febreiro, 2006 (09:17) | Artigos Faro de Vigo, Campo de Granada, Política |

No artigo da semana analizo os tres feitos que, na miña opinión, abren unha nova etapa na política galega: as marchas obrigadas de Fraga e Vázquez e a proposta dun Estatuto de nación por parte do BNG.

Peche do VIIº Salón

11 Febreiro, 2006 (21:50) | Eventos, Literatura infantil e xuvenil |

Hoxe asistín ao peche do VIIº Salón do libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra, onde se fixo unha homenaxe á desaparecida María Victoria Moreno. É un feito indiscutible que esta salón, organizado polo concello, pola ASPG e pola asociación Máislibros, xa está absolutamente consolidado. Gustáronme moito as exposicións e as instalacións, sobre todo a de […]

E como cousa de encantamento…

11 Febreiro, 2006 (10:25) | Imaxes, Política |

Entre todas as caralladas que celebran a saída obrigada de Paco quédome con esta da sempre xenial aranheira. Parabéns para ela e, tamén, para Vieiros que fixo un seguimento completo do proceso.

Penúltimos

10 Febreiro, 2006 (17:23) | Lectura |

Hai case dez días reflexionabamos sobre os datos do Ministerio de Cultura que amosaban os nosos índices baixísimos de consumo de produtos culturais e, mais especificamente, de libros en galego. Hoxe chega outra noticia contundente: Galicia foi, durante o último trimestre de 2005, a penúltima comunidade autónoma en índices de lectura e consumo de libros. […]

Maraxe

9 Febreiro, 2006 (23:48) | Librarías |

Onte presentamos o libro de conversas de Bernardino en Maraxe. O acto foi moi bonito, sobre todo polo moito que contou o noso grande poeta do mar dos seus anos máis mozos, desde o seu intento de embarcar coma polisón coa pretensión de chegar a Venezuela ata as súas peripecias nos xantares dos bares de […]

Metáforas visuais

8 Febreiro, 2006 (23:38) | Artes Visuais |

Chema Madoz é un dos fotógrafos máis interesantes que coñezo para manexar a sutileza da composición. As súas metáforas visuais, á altura das de Joan Brossa, son auténticamente xeniais. Metidos de cheo na polémica sobre unha foto de cuberta non está de máis dar unha volta pola súa colección.

Alucinante MacGyver

7 Febreiro, 2006 (23:47) | Vídeos |

Meu amigo Pedro (que se tivese un blo sería un monstro da rede) envíame este enlace dun comezo dun capítulo de MaGyver de rescate no País Vasco. Recomendo velo (son oito minutos) e despois facer comentarios. Alucinante!

A cultura na era da incerteza

7 Febreiro, 2006 (23:08) | Ensaio, Novidades |

Interesoume a recomendación que fan Txetxu e Catuxa do libro La cultura en la era de la incertidumbre (Sociedad, cultura y ciudad) (tradución do orixinal catalán) de Ferrán Mascarel, rexedor de Cultura do Concello de Barcelona. O libro promete, sobre todo, se temos en conta algunhas afirmacións como as que fixo o autor nesta entrevista, […]

Postear na oficina?

7 Febreiro, 2006 (22:48) | Blogs |

Vía Catuxa chego a esta proposta voluntariosa de Andrea. Entendo que ven ser algo así como “se o teu traballo cómeche tempo para postear, arranxa para comerlle na oficina tempo ao traballo”. Que carallo fas traballando tanto e tendo abandonando o teu pobre blo? Xenial! A verdade é que non se che me ocorrera esta […]

Volve o detective Dopico

6 Febreiro, 2006 (16:51) | Autores, Narrativa, Novidades, Xerais |

Sei que os moitos seguidores de Diego Ameixeiras agradecerán coñecer a noticia de que hoxe chegaron do prelo os primeiros exemplares d’ O cidadán do mes, a súa segunda novela. Horacio Dopico, o detective máis canalla da literatura galega, desta volta enleouse cun caso onde nin a dobre moral nin a corrupción son patrimonio exclusivo […]

Urbanitas

5 Febreiro, 2006 (09:22) | Artes Visuais, Artigos Faro de Vigo, Campo de Granada, Exposicións |

No artigo da semana recomendo a exposición Urbanitas que se inaugurou o venres pasado en Marco. É importante que o museo recoñeza o traballo destes artistas novos que, nalgún caso, xa admirabamos polo seu traballo na rede.Sobre a exposición hai unha magnífica reportaxe en culturagalega, incluíndo un completo backstage fotográfico sobre a montaxe e produción […]

Agustín, escritor do mes

4 Febreiro, 2006 (18:03) | Autores |

Camilo Franco publica hoxe unha longa entrevista con Agustín Fernández Paz. A providencia laica dispuxo que o seu nomeamento como escritor do mes coincidise coa aparición, nos primeiros días de marzo, de Corredores de sombra, a súa última novela. Esta semana corriximos as derradeiras probas deste extraordinario thriller da memoria (sei que non esaxero cualificándoo […]

O galego, un deber

4 Febreiro, 2006 (14:06) | Lingua |

A pesar de que se poderían poñer algúns matices, estas declaracións, vindo de quen veñen, son un paso adiante. O novo Estatuto debe recoller o deber de todos os cidadáns galegos de coñecer a lingua galega e o seu dereito a usala en todos os ámbitos dentro do territorio de Galicia, ademais de promover a […]

Letra G

3 Febreiro, 2006 (19:22) | Tipografía |

Ao fío do meme anterior (escríbese así?), Ian sinala outro enlace tipográfico moi interesante, o blo do galego Óscar Otero, que xa coñeciamos. Alí, pódese acceder, entre outras moitas, a tipografía Gallaecia Castelo de Carlos Núñez (9 €) e consultar un amplo panorama das noticias sobre tipografía na rede. Comparto a súa admiración polo carácter […]

Tipos duros

3 Febreiro, 2006 (18:39) | Tipografía |

Débolle ao agardado regreso de Lolo o coñecemento desta extraordinaria páxina. O coñecemento tipográfico é unha das ferramentas primeiras do editor que concibe o seu traballo como artesán do libro. Recoméndoa vivamente como fonte inagotable de coñecemento, xa for da historia da tipografía e dos mestres tipógrafos, como guía para o tratamento dos tipos e […]

Nota dos editores

2 Febreiro, 2006 (16:57) | Edición, Editores |

Para quen siga a polémica, hoxe pode consultar a nota oficial da asociación de editores (aprobada na asemblea do luns e consultada con todos os socios). Os editores propoñerán unha reunión coa AELG (xa contactaron os presidentes) para elaborar un protocolo de boas prácticas editoriais. Esoutra información, tamén de hoxe, é interesante (hai datos que […]

Outro dato clave: 15%

2 Febreiro, 2006 (08:05) | Comercio do libro |

Completando o post de onte, convén saber que o libro galego supuxo en 2004 só o 15% das vendas do libro realizadas en Galicia (22 millóns de euros de 144).Noutras palabras de cada vinte persoas que entran nunha libraría só tres mercan un libro galego.Mercamos poucos libros e aínda menos na lingua nosa. Queirámolo ou […]

O dato: 47 €

1 Febreiro, 2006 (22:12) | Comercio do libro |

Ten moita razón Náufrago lamentando o escaso consumo de produtos culturais da poboación galega. Os datos presentados polo Ministerio de Cultura son contundentes: no ano 2004 cada galego gastou en cultura unha media de 160 €, moi lonxe da media estatal de 224 €. Un índice que nos sitúa nos tres últimos lugares entre as […]