Os blos na TVG

19 Marzo, 2006 (18:51) | Blogs, Televisión

Manolo Gago dá conta da reportaxe que sobre os blos en Galicia emitiu Rec- cámara, un novo programa informativo da TVG. A verdade é que quedou moi ben, sobre todo polo ritmo trepidante deses apenas cinco minutos e pola claridade das intervencións dos blogueiros para explicar as características do fenómeno blog. Aconsello ver o vídeo.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Comentarios

Comment from marcos valcarcel
Date: 19 Marzo 2006, 7:29 p.m.

Interesante. Está ben na súa brevidade. Gustoume o que di Manuel Gago do blogue como “unha mesa de cafetería, un espazo para compartir”. Saúdos, Marcos.

Comment from mourullo
Date: 19 Marzo 2006, 10:50 p.m.

Falta xente pero son cinco minutos moi ben aproveitados.

Comment from Peke
Date: 20 Marzo 2006, 11:47 a.m.

Estivo moi ben. Breve, claro e conciso, directo ao gran.

Olark Livehelp