Month: Marzo, 2006

Lembranza de don Antón Patiño

31 Marzo, 2006 (16:23) | In memoriam |

Durante máis de corenta anos, don Antón Patiño Regueira, coa inestimable axuda da súa compañeira Sinda, fixo de Librouro, a libraría da rúa Eduardo Iglesias, un referente inescusable para o libro galego en Vigo. Nos tempos da ditadura, podían adquirirse alí, baixo man e coas debidas precaucións, algún dos títulos máis emblemáticos editados polo galeguismo […]

Un compostelano, alcalde de Marbella

30 Marzo, 2006 (22:26) | Política |

Entre todo o que lin sobre o de Marbella, o mellor, con moito, é o antetítulo desta noticia. Orgullo picheleiro, si señor!

Abril: mes dos libros

30 Marzo, 2006 (22:18) | Efemérides |

É unha auténtica marabilla este cartel de Patricia Castelao anunciando o mes dos libros que promove a Consellaría de Cultura. Esta ilustradora axigántase con cada novo traballo.

O mundo de Camilo

30 Marzo, 2006 (21:57) | Presentacións, Xerais |

Os de Galicia confidencial publican hoxe unha crónica da presentación do pasado martes. Continuaremos o mes de abril en Vigo e na Coruña e, máis tarde, no mes de maio en Ourense e Pontevedra. A intervención e o libro de Camilo son unha chamada á responsabilidade do nacionalismo na construción do autogoberno con optimismo e […]

Botelha ao mar

29 Marzo, 2006 (06:19) | Autores, Blogs |

Onte antes de comezar a presentación, Suso contoume a súa alegría pola volta á rede das súas Botelhas ao mar. Perdidas nun servidor foron recuperadas por un xeneroso e hábil lector que publicou sete delas en forma de blog. En realidade, estes textos, moi interesantes, constitúen un dos nosos antecedentes de prosa electrónica (publicábanse mensualmente) […]

Calendario da Reforma Educativa

28 Marzo, 2006 (14:11) | Educación |

Somos moitos s editores educativos preocupados polo calendario de implantación dos novos currículos da LOE, na medida que esta cuestión, xunto co modelo de gratuidade, determina o noso traballo nos vindeiros anos.A expensas da aprobación definitiva da lei no pleno do Congreso (seguramente durante o mes de abril) e a súa publicación definitiva no BOE […]

Crónicas celestes

27 Marzo, 2006 (21:24) | Celta de Vigo, Fútbol |

Teñen xeito estas crónicas celestes publicadas no blo do fútbol galego. Coincido no fundamental da análise do partido de onte, sobre todo na valoración da calidade do xogo céltico de medio campo para adiante. É magnífico que se vaian incrementando as páxinas sobre fútbol en galego.

Máis feeds

27 Marzo, 2006 (21:05) | Blogs |

Aproveito o acougo da noite de día feriado para actualizar os meus feeds (acado os 128). Atopo páxinas novas que ata agora non visitara e que agora recomendo: Ourensalia; Sobre filloas, mel; Malo de aturar; Noite subsahariana; Trasalba, Ámote moito, Desorde e o espazo do meu amigo José Viale Moutinho, con quen compartín a pasada […]

Vigo romano

27 Marzo, 2006 (20:32) | Historia, Vigo |

A descuberta dun ara funeraria demostra o carácter bimilenario da cidade de sal.

ENBLOGS’06

27 Marzo, 2006 (19:46) | Blogs, Eventos |

Anúnciase a celebración de ENBLOGS’06, Encontro de blogs de Galicia e Norte de Portugal. Alí estaremos.

ENBLOGS’06

27 Marzo, 2006 (19:46) | Blogs, Eventos |

Anúnciase a celebración de ENBLOGS’06, Encontro de blogs de Galicia e Norte de Portugal. Alí estaremos.

Máis sobre o relevo na Voz

26 Marzo, 2006 (21:37) | Medios |

Juan Varela ofrece esta completa información sobre os relevos e o futuro da Voz.

Premios Irmandade do Libro

26 Marzo, 2006 (20:58) | Premios |

Na tarde de onte percorremos entre a ventoeira a diagonal do país para acudir á cea da XVª edición dos Premios Irmandade do Libro. Para min o máis sorprendente dos galardóns foi a concesión do Premio ao mellor libro do ano e o máis emotivo as palabras de agradecemento do responsable da Libraría Gráfica Santiago […]

Literatura e Novas Tecnoloxías

26 Marzo, 2006 (20:26) | Literacidade |

Na mesa redonda do onte falamos máis de Literatura ca de Novas Tecnoloxías, quizais debido a que os participantes quedaron reducidos á metade, xa que Jaureguizar debeu volver precipitadamente a Lugo e Pedro Sena-Lino non puido aterrar en Galicia, a pesar de intentalo en dúas ocasións. Manuel Forcadela, despois de rememorar os antecedentes da súa […]

Campo do Fragoso XVII

26 Marzo, 2006 (20:21) | Artigos Faro de Vigo, Campo do Fragoso, Celta de Vigo, Fútbol |

VENDAVAL DE XOGOA fronte atlántica trouxo un vendaval de bo xogo a Balaídos. Con ela chegaron dous goles celestes nun partido moi entretido e fermoso, xogado a un ritmo intenso, onde houbo alternativas e magníficas combinacións e oportunidades de gol para os dous equipos. Na primeira parte, o Celta, empregando o seu esquema habitual (4-1-4-1), […]

Vigo metropolitano

26 Marzo, 2006 (11:29) | Artigos Faro de Vigo, Campo de Granada, Vigo |

No artigo da semana reflexiono sobre o conflito da Área Metropolitana de Vigo.

A terra cantada

25 Marzo, 2006 (16:06) | Ensaio, Novidades, Xerais |

A bibliografía sobre cuestións políticas non é moi extensa en Galicia nin en galego, razón pola que é moi de agradecer este novo libro de Camilo Nogueira, con certeza o político nacionalista que máis escribiu nos últimos vinte e cinco anos. Desta volta, tras a exitosa publicación do primeiro volume d’ A memoria da nación, […]

Literacidade electrónica

24 Marzo, 2006 (22:42) | Literacidade |

Mañá moderarei unha mesa redonda sobre “Xornalismo electrónico, foros, e-books e blogs”, na que están convidados a participar Jaureguizar, Camilo Franco, Manuel Forcadela e Pedro Sena-Lino. Antes de darlle paso as súas intervencións e para organizar os temas a debater pretendo salientar cinco grandes ámbitos temáticos que considero centrais para abordar o tema. Na miña […]

Boloña 2006

24 Marzo, 2006 (20:53) | Eventos |

Este ano non poderei acudir á Feira de Boloña.Xa sinto saudades. Mágoa.

A Coruña

24 Marzo, 2006 (08:15) | Cidades, Lingua |

Outra boa noticia.

Fotografías sonoras

23 Marzo, 2006 (23:56) | Imaxes |

Le Monde demostra as novas posibilidades do xornalismo electrónico para relatar as mobilizacións dos estudantes franceses. Recoméndoo.

Oportunidade histórica

22 Marzo, 2006 (22:42) | Política |

Creo que hai motivos reais para a esperanza no comunicado. No texto percibo notas irlandesas que demostrarían que estamos ás portas dun momento histórico que, por responsabilidade, todas as forzas políticas deben saber xestionar con xenerosidade.Actualización(23-03-2006): entendo moi significativo que no segundo comunicado se utilicen termos como diálogo e negociación, insistindo na necesidade de impulsar […]

Relevo en Sabón

21 Marzo, 2006 (23:30) | Medios |

O tempo novo tamén tiña que chegar estes meses a Sabón.Actualización (23-03-2006): Por que?

Literacidade ou cultura escrita

21 Marzo, 2006 (21:08) | Ensaio, Literacidade, Novidades |

Aproveito os poucos ocos dos que dispoño estes días para mergullarme no magnífico libro novo de Cassany. Interesoume moito a importancia que lle concede ao concepto de literacidade crítica e a súa insistencia en que non se pode entender nada plenamente, se non se relaciona co autor, o lector e as súas comunidades. Isto supón […]

Campo do Fragoso XVI

20 Marzo, 2006 (00:45) | Artigos Faro de Vigo, Campo do Fragoso, Celta de Vigo, Fútbol |

BAIXA INTENSIDADE O partido co Athletic demostrou que o Celta está prostrado nunha perigosa fase de baixa intensidade, acumulando dúas derrotas consecutivas diante de rivais moi inferiores e amosándose totalmente incapaz de repoñerse unha vez que recibe un gol. Noqueados xa aos dez minutos de xogo polo tanto de Aduriz e desquiciados no centro do […]

Os blos na TVG

19 Marzo, 2006 (18:51) | Blogs, Televisión |

Manolo Gago dá conta da reportaxe que sobre os blos en Galicia emitiu Rec- cámara, un novo programa informativo da TVG. A verdade é que quedou moi ben, sobre todo polo ritmo trepidante deses apenas cinco minutos e pola claridade das intervencións dos blogueiros para explicar as características do fenómeno blog. Aconsello ver o vídeo.

Volver

19 Marzo, 2006 (12:39) | Cine |

Onte fomos a ver Volver. Ten razón Martín Pawley, Almodóvar non asume riscos ningúns, firmando unha película de narración impecable e visualmente fermosa (Penélope, ao xeito dunha nova Sofía Loren, enche a pantalla toda nunha interpretación que a reivindica como unha das grandes) sobre a cultura da morte, a familia e a lealtade e a […]

Retrincos vigueses

19 Marzo, 2006 (12:26) | Ensaio, Novidades, Vigo |

No artigo da semana fago, con motivo da publicación de Novos retrincos da historia de Vigo, un reconto dos traballos sobre a historia local viguesa.

Revista Naz-on

19 Marzo, 2006 (12:06) | Cultura, Medios |

O vindeiro martes, 21, as 20:00 horas, preséntase en Sargadelos de Vigo a nova revista de cultura Naz-on. Eloi Caldeiro propón un magacine bimensaul que pretende prestar atención aos produtos da industria cultural galega, especialmente literarios e musicais. O primeiro número ábrese cunha entrevista a Ferrín, preparada por Henrique Costas. Eloi tivo a deferencia, que […]

Estatuto madrileño?

18 Marzo, 2006 (13:25) | Política |

Recibín esta ilustración por correo. Para botar unhas risas.

2005: baixa a produción editorial en galego

18 Marzo, 2006 (12:59) | Comercio do libro |

Comezan a aparecer os primeiros datos oficiais que testemuñan o que xa viñemos expresando nos últimos meses: durante 2005 baixou a edición en galego. Con todos, os avances da estatística do ISBN son menos alarmantes que as estimacións publicadas polo INE (que só recollen o editado en galego en Galicia). En concreto, segundo os meus […]

Tras as liñas

17 Marzo, 2006 (16:08) | Ensaio, Novidades |

Sei que somos moitos os devotos da Cociña da escrita, o famoso libro no que Daniel Cassany propoñía unha reflexión sobre a escrita e a redacción dos textos. Estes días acaba de aparecer a tradución española de Rere les línies, un ensaio sobre a lectura contemporánea. Nesta súa última obra Cassany reflexiona, tendo en conta […]

Estupefacción

16 Marzo, 2006 (05:37) | Uncategorized |

Lendo esta noticia quedo abraiado.

Corazonada

16 Marzo, 2006 (05:10) | Teatro |

Esta noite, envolto en malos pasos, tiven a corazonada de que este amigo será nomeado mañá director do CDG. En poucas palabras posúe o perfil axeitado que o equipo da conselleira procura: criterio técnico, coñecemento do sector, determinación, experiencia na xestión de equipos (mesmo comercial) e, sobre todo, capacidade para asumir riscos. Non estaría de […]

Final en Fisterra

15 Marzo, 2006 (22:57) | Novidades |

A primeiros de abril aparecerá Final en Fisterra, o seu terceiro volume de memorias (máis de catrocentas páxinas en galego e castelán) centrado na súa acción de goberno durante dezaseis anos.

Congreso da lectura

15 Marzo, 2006 (22:41) | Lectura |

Nin un só ponente da literatura e da edición en galego no Primeiro Congreso Nacional da Lectura (coa excepción da conferencia inaugural de Nélida Piñón). Non dubido que o programa é atractivo, mais dificilmente así pode facerse crible iso da España plural, a pesar da importante nómina catalana. Afortunadamente, hoxe deixamos case listo na Comisión […]

Nova web

15 Marzo, 2006 (08:11) | Internet |

Parabéns.

O destino dos libros está escrito nas estrelas

14 Marzo, 2006 (21:31) | Efemérides, Libro, Literatura infantil e xuvenil |

Vía alcameh coñezo a mensaxe e o cartel do Día Internacional do Libro Infantil 2006. O texto é do escritor eslovaco Ján Uličiansky e o cartel do ilustrador da mesma nacionalidade Peter Čisárik. Recollo un anaco dun texto moi recomendable: Os livros são realmente como estrelas num céu nocturno. Há tantos, não podem ser contados […]

Supresión de descontos dos libros de texto

13 Marzo, 2006 (14:30) | Libro de texto |

Oportunísima a proposición non de lei de Francisco Rodríguez propoñendo a supresión dos descontos nos libros de texto, que autorizara o goberno Aznar. Respectar a cadea de valor do libro é a primeira condición para afrontar un modelo de gratuidade que non destrúa a viabilidade do sector. Esta medida, prometida en varias ocasións pola ministra […]

As uvas na solaina

13 Marzo, 2006 (08:51) | Blogs |

Marcos Valcárcel acaba de abrir blo. Estou certo que será unha referencia de rigor e elegancia. Recoméndoo moi vivamente.

O futuro das Artes Gráficas en Galicia

12 Marzo, 2006 (11:18) | Edición |

O recente informe da Asociación de Empresarios de Artes de Gráficas de Galicia amosa a necesidade de que este sector se convirta en sector estratéxico. Apoio a posibilidade de constituír un clúster do produto gráfico galego como unha alternativa na que deberiamos vencellarnos todos os sectores do libro. Con todo, aumentar a competitividade e a […]

Condutor alternativo

12 Marzo, 2006 (11:05) | Artigos Faro de Vigo, Campo de Granada, Sociedade |

A cuestión dos accidentes de tráfico sempre me preocupou moito. Reflexiono sobre ela no artigo da semana.

Entrevista con Carme Blanco

11 Marzo, 2006 (19:38) | Autores, Entrevistas |

Tras a presentación de Sexo e lugar, Vieiros realizou unha longa entrevista a Carme Blanco. Das respostas da escritora de Unión Libre saliento estas que me pareceron de maior interese: Este é un libro de liberación, para homes e mulleres, para derrubar o poder sexual e colonial e vivir libre a experiencia do sexo e […]

Foro dos oficios do libro

10 Marzo, 2006 (19:08) | Eventos |

Esta semana estivemos dándolle moitas voltas aos criterios de organización e aos contidos dunha grande feira ou salón do libro galego e da industria cultural, que se celebraría anualmente en Pontevedra no mes de decembro. O proxecto é tan ilusionante como necesario. Vía Txetxu atopo información sobre este Foro dos oficios do libro, idea que […]

Bye, bye

9 Marzo, 2006 (08:06) | Política |

Xenial, Josito!A foto é de Carmina Escrigas.

A saúde da nosa LIX

8 Marzo, 2006 (18:22) | Literatura infantil e xuvenil |

O diagnóstico do estado da nosa LIX realizado polo profesor da USC Neira Cruz merece a nosa atención. Nunha primeira lectura pareceume arriscada a súa afirmación de que o sector vive un momento de estancamento “cómodo e aburrido” xustificado pola baixa da facturación do sector nun punto. Enunciado que me deixou perplexo na medida que […]

A España plural de Le Monde

7 Marzo, 2006 (21:53) | Política |

É curiosa a visión que da chamada “España plural” de Zapatero proporciona esta crónica de hoxe de Le Monde. Transcribo o único parágrafo que fai referencia a Galicia: La refonte du statut de la Galice pourrait être plus consensuelle. Les socialistes, qui ont, pour la première fois, conquis la présidence de cette région en 2005, […]

Entrevista con Carlos Núñez

7 Marzo, 2006 (21:30) | Entrevistas, Música |

Óscar Otero publica un magnífica entrevista co noso admirado Carlos Núñez, o deseñador vigués creador da tipografía Gallaecia Castelo. Un auténtico tratado sobre a tipografía galega, un sinal identitario escasamente traballado. Escollo algunhas das súas reflexións que máis me interesaron: Estou creando un diccionario dende fai catro anos sobre a tipografía histórica, a caligrafía galega […]

A poesía e o PXOM

7 Marzo, 2006 (16:40) | Vigo |

Miguel Barros publica hoxe este artigo sobre o polémico PXOU vigués. É inexplicable como a este político socialista, culto e coraxudo, foi o seu propio partido quen lle puxo a proa para impedir que asumise maiores responsabilidades. Moitas decepcións teríanse aforrado na abella de ribeira, se el tivese sido o alcalde nesta desastrosa corporación. Porén, […]

Evidencialismo

6 Marzo, 2006 (22:21) | Publicidade |

Velaquí a auténtica moda galega.O titular non o mellora nin Cid Cabido.