Month: Abril, 2006

Campo do Fragoso XX

30 Abril, 2006 (19:01) | Artigos Faro de Vigo, Campo do Fragoso, Celta de Vigo, Fútbol |

ORGULLO CELESTEOs dous mil celtistas arrecunchadiños nas bancadas de Riazor vivimos o sábado o partido máis feliz e emocionante que esta tempada ofreceu o equipo noso. Desta volta os celestes non se viron intimidados pola perigosa atmosfera do nordés que alí bate tan forte. Pola contra, saíron moi concentrados para conter con paciencia e disciplina […]

Galego na escola

30 Abril, 2006 (11:57) | Artigos Faro de Vigo, Campo de Granada, Educación, Lingua |

No artigo da semana reflexiono sobre a posta en marcha d0 plan experimental de ensino monolingüe galego na educación infantil. Etiquetas: Artigos, Galego, Educación

Infancia, lingua e outros contos

29 Abril, 2006 (10:00) | Edición |

Magnífico o artigo de Alba Nogueira. Ten moita razón na necesidade de “crear e fortalecer unha industria que, normalizadamente, dispoña de libros, discos, videoxogos, películas ou actuacións teatrais ou musicais en galego que favorezan a socialización en galego das nenas e nenos”. Para afrontar o proceso de regaleguización dos nosos pequenos é imprescindible tanto unha […]

Vídeos dos oitenta

28 Abril, 2006 (22:14) | Música |

Nesta páxina pódese atopar unha boa mostra de vídeos de música dos oitenta (Agradecidos, Pedro). A verdade é que non está todo e hai moita paxarada, mais, fedellando aínda se poden atopar cousas ben xeitosas. Entre tanta ramallada atopei aos meus amigos de Siniestro, tan noviños que non puiden evitar publicalos. Etiqueta: Música, Siniestro, 80

Menea el Bullarengue, unha de Siniestro

28 Abril, 2006 (22:10) | Música, Vídeos |

Feira do libro de Compostela

28 Abril, 2006 (21:45) | Eventos |

Hoxe abriu a Feira do Libro de Compostela. Con respecto a edicións anteriores nótase un claro baixón do número de expositores (apenas vinte e seis), o que pode ser outro síntoma da crise deste modelo de promoción e do propio mercado do libro. Porén, as boa noticias son o elevado número de asinaturas de autores […]

Novo ensaio de Xosé Luis Barreiro

26 Abril, 2006 (11:13) | Xerais |

Hoxe subimos o adianto d’ As inxurias da guerra, o novo ensaio de Xosé Luis Barreiro Rivas. Un libro moi traballado no que se recolle a crónica da guerra e dos conflitos políticos internacionais dende o 11-S. Creo que vai sorprender moito. Estará nas librarías galegas na primeira semana de maio. Etiquetas: Xerais, Guerra, Barreiro

Abril sempre

25 Abril, 2006 (16:01) | Efemérides |

Abril sempre. Etiquetas: Portugal

Adianto de "Home sen nome"

25 Abril, 2006 (15:24) | Narrativa, Novidades, Xerais |

Estamos introducindo algunhas melloras no web da editorial. A partir de hoxe poderá consultarse a axenda de actos e baixar adiantos das novidades literarias en pdf (o primeiro: trece páxinas de Home sen nome, a novela de Suso de Toro, que estará nas librarías a partir do día 9 de maio). Nos vindeiros días tamén […]

Pechou Galí

25 Abril, 2006 (06:38) | Librarías |

Cando camiñaba cara á presentación quedei magoado ao comprobar que a Libraría Gali pechara. Apagou este prodixio, a libraría máis antiga de España sen remodelar, que sobrevivía intacta desde 1872 no número 66 da rúa do Vilar. Apenas un carteliño no escaparate indica o traspaso do local. Como editora e libraría hai xa algúns anos […]

Campo do Fragoso XIX

23 Abril, 2006 (19:33) | Artigos Faro de Vigo, Campo do Fragoso, Celta de Vigo, Fútbol |

OUBIÑAS VEÑENO sábado o Celta precisou só media hora para facerse dono dun partido decisivo para as súas aspiracións europeas contra un frouxo e inocente Zaragoza, moi abaixado tras a derrota da final copeira. Paseniño, como é adoito nos de Fernando Vázquez, a solidez defensiva celeste (Lequi é Contreras son a mellor parella de centrais […]

Amo a Laura

23 Abril, 2006 (18:31) | Vídeos |

Biblioteca de Babel

23 Abril, 2006 (17:09) | Efemérides |

Luz Darriba promoveu en Lugo, para celebrar o Día do Libro, outra das súas felices iniciativas: a Biblioteca de Babel. Etiquetas: Libros, Lugo, Darriba, Bibliotecas

Vagalume

23 Abril, 2006 (11:16) | Lingua |

A palabra máis fermosa. Etiquetas: Vagalume, Galego

Tabucchi: "un libro é un universo en expansión"

23 Abril, 2006 (10:57) | Libro |

Recomendo esta dúas entrevistas de hoxe con Tabucchi, pregoeiro do Sant Jordi. Recollo algunha das súas opinións que me interesaron: Unha flor e un libro supoñen unha fermosísima combinación: paz, ledicia e intelixencia. Pensar nos libros, nos propios e nos alleos, é unha actividade interesante, porque un libro, contra o que algúns cren, non remata […]

Vigo: triste día do libro

23 Abril, 2006 (10:50) | Artigos Faro de Vigo, Campo de Granada, Efemérides, Vigo |

No artigo da semana recollo a miña reflexión sobre o conflito. Etiquetas: Libros, Vigo, Artigos

A resposta do goberno vigués: evitar aglomeracións

22 Abril, 2006 (11:18) | Efemérides, Vigo |

O conflito sobre a celebración do día do libro en Vigo adquiriu tintes alucinantes. O concelleiro de tráfico e seguridade, o que intervén no caso, xustifica a decisión para “evitar aglomeracións“. Este tipo, se estivese en Barcelona, mandaba o exército á Rambla: que fai semellante xentío empuxándose diante desas mesas? O dito: Vigo ou barbarie! […]

A resposta dos libreiros vigueses

21 Abril, 2006 (21:13) | Efemérides, Vigo |

Txetxu dá conta das diversas formas de celebrar o Día do Libro. Mentres, en Vigo, como xa anunciamos, o goberno local impide que os libreiros saian á rúa do Príncipe.Os nosos militantes fantasía víronse obrigados a enviar aos medios (como noutrora) este comunicado de protesta: Ante a negativa por parte do Concello de Vigo de […]

Pétalos de cultura

21 Abril, 2006 (11:15) | Efemérides |

Así felicita o president o día de Sant Jordi. (ter un pouquiño de paciencia co frame) Etiquetas: Libros

A noite dos libros

21 Abril, 2006 (08:00) | Efemérides |

Vía María coñezo esta iniciativa tan chula de animación do día do libro en Madrid. Pola contra, o goberno municipal de Vigo impide que os libreiros saquen os seus libros á rúa. Viva a barbarie! Recomendo a crónica de Oulego. Etiquetas: Libros, Vigo

Política 3.0

20 Abril, 2006 (20:07) | Blogs, Literacidade, Política |

A fundamentación da intervención de Juan Varela estivo nos seus conceptos de Política 3.0 e de democracia extrema. Etiquetas: Política3.0, Periodistas21

Identidades de dominio público

20 Abril, 2006 (19:22) | Blogs, Literacidade |

Compromisos profesionais impedíronme asistir á totalidade da xornada do encontro blogueiro. Por fin, coñecín a Ascárida que moderou modelicamente a nosa mesa, tanto polo control dos tempos como polo atinado das presentacións.Foi magnífica e moi clarificadora sesión de Juan sobre xornalismo electrónico. A súa definición dos blogs como identidades de dominio público pareceume que sinala […]

Chega Archimboldo Roque

19 Abril, 2006 (06:54) | Blogs, Ilustración |

É unha marabilla. Benvido, Jacobo. Etiquetas: Blogs, Ilustradores

Bernabé en Compostela

18 Abril, 2006 (16:30) | Blogs |

Ao fío do anuncio do Enblogs 06 paréceme moi lúcida a análise que publica hoxe Jaureguizar (por certo, é moi boa a primicia que publica hoxe no seu cabaret). Non hai posibilidade de editar un Bernabé colectivo galego? Alguén se apunta? Etiquetas: Blogs, Galicia

Enblogs´06

18 Abril, 2006 (07:05) | Blogs |

Mañá participarei no Enblogs’06 nunha mesa de experiencias, moderada por Ascárida, xunto con Monica André, Miguel Vila, Isaac Cordal, onde abordaremos a diversidade de historias que se recollen nos blogs. Para animar o debate os organizadores pedíronme que contestase este cuestionario: –Que che aportou o fenómeno blog?–Abrín brétemas os primeiros días do ano 2005, aínda […]

Libreiros e préstamo

17 Abril, 2006 (19:00) | Librarías, Libro de texto |

Despois de oito meses o conflito suscitado pola modalidade de préstamo do libro de texto segue aberto. Hoxe a Federación de Libreiros presentou un informe no que reitera os seus argumentos a prol dun modelo que asegure unha gratuidade dos textos máis redistributiva socialmente e respectuosa coa canle de valor do libro.Mañá haberá unha nova […]

Un amour sans résistance

16 Abril, 2006 (17:04) | Narrativa, Novidades |

Creo que unha das responsabilidades do editor literario é ir construíndo un catálogo de autores. Esta é hoxe unha tarefa difícil que asumiu Salamandra na súa colección Narrativa, onde, ademais da publicación continuada dos títulos dos exitosos Camilleri ou Marai, sempre aparecen autores novos para satisfacer a lectores curiosos. Velaí un criterio da calidade do […]

Luces da República

16 Abril, 2006 (08:38) | Artigos Faro de Vigo, Campo de Granada, Educación, Historia |

Hoxe apareceu o artigo sobre o aniversario da República. Etiquetas: República, Artigos

O control da palabra

15 Abril, 2006 (20:07) | Edición, Ensaio, Novidades |

Hai case un mes anunciabamos a publicación da edición española do novo libro de André Schiffrin. Non é nova a miña devoción polos libros sobre libros. Hoxe lin con auténtica paixón o último ensaio deste veterano editor no que analiza con lucidez os fenómenos da concentración de editoriais e medios de comunicación que tiveron lugar […]

Viva a República!

14 Abril, 2006 (22:07) | Historia |

Esta mañá asistimos aos actos do setenta e cinco aniversario da Segunda República. Preparei o artigo do domingo sobre a cuestión, recalcando a revolución educativa republicana que sempre tanto admirei. Durante a concentración comentei con varios amigos as razóns do escaso entusiasmo polo espírito republicano dos actuais dirixentes nacionalistas (só vin alí a un ex-concelleiro). […]

Sintonía

14 Abril, 2006 (18:28) | Vídeos |

Extratexto

14 Abril, 2006 (09:16) | Blogs, Portugal |

Esta semana acaba de nacer Extratexto, un blog dedicado á industria editorial e do libro en Portugal. Parecéronme interesantes os enlaces que propón e algún dos seus primeiros textos. Seguirémolo. Etiquetas: Edición, Blos, Portugal

Mauricio ou as eleccións primarias

13 Abril, 2006 (15:53) | Narrativa, Novidades |

Eduardo Mendoza é un dos poucos novelistas españois (xunto a Marsé, Landero e Mateo Díez) que sigo desde hai máis de vinte anos. Estes días lin de tres longas sentadas a súa última novela, unha obra notable que, porén, non acada a altura doutros seus textos maiores.Mendoza consegue que neste triángulo amoroso o lector simpatice […]

Lendo en abril 2006

13 Abril, 2006 (15:09) | Bibliotecas |

A Consellaría de Educación está distribuíndo Lendo en abril 2006, unha revista en papel dirixida ao profesorado que se responsabiliza da dinamización das bibliotecas escolares. Como todas as iniciativas que promove a Asesoría de bibliotecas escolares os contidos son moi atractivos. En Galicia botábase en falta unha revista deste tipo.Non hai dúbida que neste eido […]

Máis sobre o pan durmido

12 Abril, 2006 (17:14) | Gastronomía |

O pasado ano con motivo da Pascua publiquei un textiño sobre o pan durmido. Desde a miña postura estritamente laica, esta homenaxe que facemos os galegos durante esta semana a este doce primeiro non debera pasar desapercibida; razón pola que semella moi oportuno neste abril dos libros a posta en marcha do programa Pan con […]

Premios Xerais 2006

12 Abril, 2006 (10:40) | Premios, Xerais |

O pasado venres pechouse a entrada de orixinais dos nosos Premios. Entre os tres certames concorreron máis de noventa obras, o que supón a máis alta participación da súa historia. Os quince membros dos xurados xa comezaron a lectura dos manuscritos. Terán a primeira reunión o venres, 2 de xuño, día no que decidirán as […]

Inundación

11 Abril, 2006 (22:04) | Xerais |

Levo dous días sen apenas poder postear por mor dunha inundación de augas sucias que tivemos na editorial. Sen alguén o dúbidaba: a auga e os libros lévanse moi mal. Sentímonos impotentes: non sabiamos como poder evitar unha catástrofe que ameazaba estragar o arquivo dos libros editados. Afortunadamente, despois de varios intentos, os especialistas en […]

Dominio .gal

10 Abril, 2006 (21:55) | Internet |

Cómpre traballar por conseguir a concesión do dominio para a nosa lingua e para a nosa cultura. Etiquetas: Galicia, Internet

Ciber-romería

9 Abril, 2006 (19:05) | Beizóns |

Beizóns, todos os meus parabéns! Semella que foi unha marabilla. Quen dubida que este país con xente nova tan aquelada ten un futuro luminoso? Etiquetas: Galicia, Internet

Campo do Fragoso XVIII

9 Abril, 2006 (18:14) | Artigos Faro de Vigo, Campo do Fragoso, Celta de Vigo, Fútbol |

CONTRA UN MUROFernando Vázquez sabía que o Valencia do fachendoso Quique Sánchez Flores é o conxunto que posúe o maior rigor defensivo e a capacidade máis intensa de presión dos que participan no campionato. Para facerlle fronte a xogo tan difícil, o adestrador celeste reforzou, coa entrada de Iriney, o medio do campo, e procurou […]

Vigo e as bibliotecas

9 Abril, 2006 (11:12) | Artigos Faro de Vigo, Bibliotecas, Campo de Granada, Vigo |

No artigo da semana abordo a cuestión do estado das bibliotecas en Vigo a raíz da negativa do Ministerio de Cultura de concerderlle a Vigo unha biblioteca de titularidade estatal.Foto da Biblioteca Central de Vigo (© J.Albertos) Etiquetas: Biblioteca, Vigo, Lectura, Artigos

Suso de Toro dá voz aos verdugos

8 Abril, 2006 (15:22) | Autores, Narrativa, Novidades, Xerais |

Isabel Bugallal publica a primeira información sobre Home sen nome. Etiquetas: Narrativa, Galicia, Xerais

Congreso Galego da Lectura

8 Abril, 2006 (14:25) | Lectura |

Grazas a Txetxu fomos seguindo estes días con moito interese o desenvolvemento do Congreso Nacional de Lectura de Cáceres. Semella que, coa excepción da insistir na retórica de considerar a lectura e o libro como unha cuestión de estado (aquí en Galicia expresamos esta mesma idea identificando o libro como “sector estratéxico”), non existiron moitas […]

A paciencia da araña

7 Abril, 2006 (22:08) | Narrativa, Novidades |

É unha marabilla esta oitava novela protagonizada polo comisario Salvo Montalbano. Andrea Camilleri demostra, outra vez máis, que é un mestre da melancolía intelixente para lectores cultos que asumen o reto de participar na construción dun texto esixente. Como sucedera na anterior, Camilleri propón que o lector poña en cuestión as súas crenzas e asuma […]

Compromisos do presidente

6 Abril, 2006 (21:14) | Cultura |

No acto de presentación do derradeiro volume da EGU (parabéns, Bieito!) o presidente enunciou os compromisos do goberno galego coa industria editorial. Touriño sinalou que “é vontade do Goberno galego” establecer canles de diálogo permanente cos editores, traballando conxuntamente con eles en mesas técnicas e de seguimento e escoitando as súas opinións e propostas sobre […]

Guía bibliotecas escolares Infantil e Primaria

5 Abril, 2006 (21:53) | Bibliotecas, Literatura infantil e xuvenil |

Pode consultarse xa na rede a guía para a selección de fondos documentais nas bibliotecas escolares de Infantil e Primaria. A selección foi realizada por un grupo de traballo, o Grupo Guía, con representación de GALIX (Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil), AGABEL (Asociación Galega polas Bibliotecas Escolares e a Lectura), Biblioteca Nova33, Federación […]

Entrevista a Agustín Fernández Paz

4 Abril, 2006 (19:42) | Autores, Entrevistas, Literatura infantil e xuvenil |

Rabudo fíxolle unha interesante entrevista a Agustín Fernández Paz, quen acaba de publicar Corredores de sombra, un thriller moral de lectura engaiolante. Agustín ofrece aos lectores, seguramente, a súa novela máis traballada e conseguida, con moitos niveis de lectura, momentos de gran tensión e unha proposta de reflexión complexa. A indagación sobre a orixe dun […]

Home sen nome

3 Abril, 2006 (20:42) | Narrativa, Novidades, Xerais |

Hoxe finalizamos a edición de Home sen nome, a nova novela de Suso de Toro. Estará nas librarías a principios do vindeiro mes de maio e presentarémola en Santiago o día 9, en Vigo o 10 e na Coruña o 11 do mesmo mes. Teño a impresión de que Suso, despois de vinte e cinco […]

Eu son um lápis

2 Abril, 2006 (19:41) | Ensaio, Lectura, Novidades |

Vía Alcameh coñezo a tradución portuguesa deste libro incluído por Publishers Weekly entre os mellores libros de 2004 no apartado de Non ficción. “Un profesor, os seus alumnos e o seu mundo de historias”. Semella interesante para os lectores interesados en cuestións educativas. Non atopo tradución en castelán. Etiquetas: Lectura

Os libros arden mal

2 Abril, 2006 (15:43) | Narrativa, Novidades, Xerais |

Efectivamente, hoxe se desvelou o título definitivo da novela. Etiquetas: Narrativa, Xerais