Festa da cultura

6 Maio, 2006 (09:46) | Efemérides, Festas

Esta iniciativa de cortexo cívico, xa na terceira edición, é das máis bonitas e innovadoras para celebrar con toda a dignidade que se merece o 17 de maio. Con todo, a pesar do cambio de goberno e de esforzos illados como o que anunciamos, aínda non albiscamos mudanzas significativas na celebración dunha efeméride xa en aberta crise.
Etiquetas: , ,
Chuzame! A Facebook A Twitter

Comentarios

Comment from Ghanito
Date: 6 Maio 2006, 1:45 p.m.

O concello d’A Coruña é coma os xornais de Galicia, apoia o galego, sempre que sexa no 17 de maio, xa haberá outros 364 días para empregar o castelán sen que ninguén os amole.

Ainda que, o outro día fun pagar un imposto ó concello e no cuño pon:
EXCMO.AYUNTAMIENTO DE A CORUÑA
non sei se sempre foi así ou cambiárono hai pouco.

Comment from SZ
Date: 7 Maio 2006, 10:46 a.m.

O cartel paréceme precioso e a iniciativa moi bonita, en canto ao que di Ghanito, pon A Coruña pero non pon Concello senón Ayuntamiento.
Peculiar mestura.

Olark Livehelp