Month: Maio, 2006

Libroclip

31 Maio, 2006 (20:22) | Promoción do libro, Publicidade |

Vía Catuxa e Txetxu coñecín esta marabilla brasileira de promoción do libro. Moito que aprender. Etiquetas: Libro, Brasil

Xeración blogueira

31 Maio, 2006 (20:00) | Autores, Blogs |

Acredito na intuición de Jaureguizar e Folerpa. Os narradores blogueiros arrasan nos premios literarios deste 2006. Penso que non se trata dunha casualidade nin dunha moda. Confirmarase, tamén, nos tres premios Xerais? Agardemos apenas unha semaniña. Etiquetas: Narrativa, Blogs, Xerais

"Volver" e Non volvas"

30 Maio, 2006 (18:47) | Cine, Narrativa |

Lendo este comentario de Arsenio Escolar, veume á cabeza a intertextualidade estrutural e temática que percibín entre Non volvas, a novela de Suso de Toro, e Volver a película de Almodóvar recentemente premiada. Esta aparente coincidencia será unha paxarada miña? Unha boa oportunidade para reler a novela de Suso. Etiquetas: Narrativa, Susodetoro, Almodóvar, Xerais

Como se non existise

30 Maio, 2006 (18:19) | Narrativa, Premios, Traducións, Xerais |

Jaureguizar denuncia a invisibilidade á que foi sometida a tradución para o galego dende o serbo-croata da máis coñecida novela de Slavenka Drakulic. Moitas veces témonos lamentado do escaso número de traducións para a nosa lingua, feito que amosa a fraxilidade do noso sistema literario; aínda que afortunadamente os editores seguimos teimando, dentro das nosas […]

Cambios na AGE

29 Maio, 2006 (19:45) | Asociacionismo, Editores |

Hoxe na asemblea da AGE decidiuse que as eleccións para elixir nova Xunta Directiva serán o luns 19 de xuño. Miguel Anxo Fernán Vello, o noso presidente, amosou o desexo de entregar a testemuña a un novo equipo. Os que colaboramos estreitamente con el, durante estes dous anos de intenso traballo, non podemos máis que […]

Celta: novo lanzamento

28 Maio, 2006 (08:47) | Celta de Vigo, Vídeos |

Francisco Castro premio Blanco Amor

28 Maio, 2006 (08:33) | Premios |

Beizóns para Francisco Castro.Teño inmellorables referencias da novela. Xa me prestaría poder lela hoxe mesmo. Etiquetas: Narrativa, Blanco-Amor, Castro

Diabete informática

28 Maio, 2006 (08:10) | Artigos Faro de Vigo, Campo de Granada, Literacidade |

No artigo da semana, partindo do concepto de Economía da Atención, reflexiono sobre a importancia dos espazos de intermediación en Internet e no mundo comercial. Etiquetas: Artigos, Internet

Aillados (San Simón) BS

27 Maio, 2006 (22:52) | Historia, Vídeos |

Coda

27 Maio, 2006 (20:44) | Persoal, Política, Vigo |

Tras o anuncio de Santiago Domínguez xa non é imprudente que eu poida expresar a miña opinión sobre o rebumbio no que participei días atrás. O decidido paso adiante de Santi presentando a súa candidatura diante da asemblea local pon, afortunadamente, punto e final a toda clase de especulacións e serena as augas da complexa […]

Frecha amarela

27 Maio, 2006 (07:52) | Publicidade |

Gustoume moito a nova identidade corporativa do Xacobeo. Sinala un importante cambio na estratexia de comunicación e proxección de Galicia no exterior. Un grande acerto apostar por esta imaxe laica, civil e un chisquiño grafiteira (Esa frechiña recórdame, un pouco, ao logo noso de Fóra de Xogo, deseñado hai doce anos polo xenial Miguel Vigo). […]

Infantil en galego

27 Maio, 2006 (07:29) | Educación, Lingua |

Hai un mes reclamabamos a ampliación do programa experimental de escolarización en galego na Educación Infantil. A Consellaría de Educación, por fin, caeu do cabalo e prendeu ese fío do Plan de Normalización anunciando que poderán participar todos os centros sostidos con fondos públicos (é dicir os públicos e concertados) que teñan polo menos dúas […]

Obrigado, moito obrigado

26 Maio, 2006 (19:18) | Persoal, Política, Vigo |

Sen querer entrar en polémicas nin pretender rebater interpretacións, aseguro que Quintana foi, o pasado mércores á noitiña, o primeiro que soubo da miña decisión. Tempo haberá nos vindeiros días nestas brétemas para falar e reflexionar devagariño sobre un rebumbio que protagonicei sen procuralo. A pesar da filtración informativa interesada do martes pasado, a pesar […]

Sempre Lois Pereiro

24 Maio, 2006 (22:14) | In memoriam |

Magoaríame que por mor do rebumbio estas brétemas non lembrasen que hoxe é o décimo cabodano de Lois Pereiro. Recomendo as homenaxes de Josito, Mourullo, Folerpa e Jaureguizar. Aposto polo vindeiro dezasete para o inesquecible Lois: Cuspídeme enriba cando pasedespor diante do lugar onde eu repouseenviándome unha húmida mensaxede vida e furia necesaria. Etiquetas: LoisPereiro, […]

"O cidadán do mes" cambia para Libraría Sisargas

24 Maio, 2006 (17:44) | Eventos, Xerais |

Unha inundación da Libraría Couceiro (vaia mala sorte, dous accidentes deste tipo nun mesmo mes!) obríganos a mudar o lugar da presentación de mañá d’ O cidadán do mes á Libraría Sisargas (Curros Enríquez 9) da Coruña. Agradecemos moito este cabo que nos botou Marta Souto, a responsable da aquelada libraría de Monte Alto. Este […]

Ánimo, Olga!

23 Maio, 2006 (22:00) | Autores |

Non será a afouta e xustificada denuncia de Olga a punta dun iceberg? Moitos temos escoitado sobre a precariedade da situación dos lectorados e do funcionamento insatisfactorio dos Centros de Estudos Galegos. Non conviría, dez vez, meterlle o dente a este asunto? Etiquetas: Lingua, Galicia

Nova etapa para "Vieiros da escola"

22 Maio, 2006 (22:07) | Educación, Internet, Medios |

Os Vieiros da escola iniciaron unha nova etapa, xestionados por Nova Escola Galega, dedicando un monográfico ao Día das Letras. A escola en galego precisa destes recursos electrónicos, que botamos en falta. Un eido que debemos atender con maior interese. Boa camiñada! Etiquetas: Vieiros, NEG, 17-maio

"Cullerón" de John Berger

22 Maio, 2006 (21:40) | Poesía, Traducións |

CULLERÓN Peltre cheo de picadelas a lúa do cullerón erguéndose sobre a estivada mergullándose na pota servindo a xeracións e xeracións fumegando dragando o que agromou das sementes na horta espesado con pataca sobrevivíndonos a todos no ceo de madeira da parede da cociña Nai servicial que co fumeante peito de peltre veado polos sales […]

Cifras do estado da edición nos EE.UU

22 Maio, 2006 (20:51) | Edición |

Os inquedos blogueiros do Extratexto (un dos mellores espazos sobre edición internacional que coñezo) proporcionan hoxe algunhas cifras ben curiosas sobre o estado da edición nos EE.UU. Paga a pena debullar estes datos para identificar tendencias sobre o futuro da edición. Copio algúns dos máis salientables e chocantes: O 78% dos livros publicados vieram de […]

Resaca das letras

22 Maio, 2006 (20:45) | Eventos |

Mañá nova Resaca das letras. A iniciativa é ben aquelada. Mágoa que non poida acudir. Etiquetas; 17-maio, Blogs

Outra TVG é posible

21 Maio, 2006 (09:22) | Artigos Faro de Vigo, Campo de Granada, Televisión |

No artigo da semana aposto polos cambios que se están producindo na programación (especialmente cultural e infantil) e no modelo de xestión da TVG. Etiquetas: Artigos, TVG, Galicia, Lingua

Espérame

20 Maio, 2006 (16:34) | Novidades, Xerais |

Onte o título da última novela de Perozo foi premonitorio: chegamos unha hora e media tarde ao Dadó Dadá; en dezaseis anos de profesión, nunca me sucedera tal contratempo, vaia vergonza!Nunha tarde completísima, na que a editorial organizou cinco actos (xa un disparate que non sei como atallar), ás sete acompañei a Agustín en Lugo […]

Máis sobre as presentacións de "Home sen nome"

20 Maio, 2006 (15:45) | Narrativa, Presentacións, Xerais |

Agradecémoslle moito a Fernando Garrido a crónica e o vídeo sobre a presentación diante de trinta bloggers da edición española de Home sen nome (xa está dende onte nas librarías). O acto tivo unha repercusión enorme na blogosfera española, o que supón unha grande orgullo para nós. Entre as moitas crónicas publicadas (ata agora cóntanse […]

Suso de Toro en Madrid cos blogers

20 Maio, 2006 (12:33) | Narrativa, Presentacións |

O cidadán do mes

18 Maio, 2006 (05:37) | Narrativa, Xerais |

Hoxe teremos dúas presentacións en Ourense: O cidadán do mes no Auriense e Carrilanos no Carballiño. A trepidante novela de Diego Ameixeiras é a segunda entrega da serie protagonizada por Horacio Dopico, un detective pouco moderado que considera que os homes que non levan patillas longas nunca lle parecen de fiar. Nesta quincena tamén a […]

Praza das letras

17 Maio, 2006 (17:11) | Medios |

Coñezo grazas a Vieiros e de forma sorpresiva a aparición do primeiro número de Praza das letras, revista en papel de promoción do libro e a lectura que edita a Consellaría de Cultura. O deseño é magnífico e os contidos moi interesantes e coidados (repasándoa dinme conta que somos os editores de case todos os […]

17 de maio blog

17 Maio, 2006 (16:15) | Blogs |

Hoxe, día de Internet e día internacional contra o homofobia, tamén é día das letras (a pesar que as librarías estean pechadas). Hoxe hai un bo monllo de reflexións no blogomillo. Abusando do metablogueo (perdón ascárida) aí van as que máis me interesaron: As uvas na solaina (En defensa do día das letras) Cabaseira (O […]

O coloquio de Lisboa

17 Maio, 2006 (15:42) | Cultura |

O coloquio sobre ler e escribir en galego no que participamos tivo grande altura. Iniciaba o programa de Galiza em Liboa, unha completa semana de actividades culturais, organizada con motivo do Día das Letras Galegas polo Instituto Cervantes de Lisboa, o Centro de Estudos Galegos da Universidade Nova e a Cátedra de Estudos Galegos da […]

Lisboa camiñada

17 Maio, 2006 (14:54) | Cidades |

Cando chegamos, agardábanos unha cidade luminosa e baleira. Arrecendía a cidade barco de ocre pombalino coa cor alilada das árboriñas flor que expresan a nostalxia durmida que chamara a atención de John dos Passos. Nunha longa camiñada, o director levounos a percorrer os espazos portuarios, dende o Pelourinho do Municipio as renovadas docas de Alcántara. […]

Viaxe a Lisboa

14 Maio, 2006 (14:08) | Cidades |

Marchamos a Lisboa para participar mañá nun coloquio sobre a literatura galega de hoxe. Etiquetas: Lisboa, Literatura

Campo do Fragoso XXI

14 Maio, 2006 (11:13) | Artigos Faro de Vigo, Campo do Fragoso, Celta de Vigo, Fútbol |

GUSTAVO CELTACelta e Getafe chegaron á derradeira xornada cos seus deberes feitos e desputaron un amigable para celebrar as súas magníficas tempadas. Vázquez, coa elegante discreción que o caracteriza, preparou o encontro para convertelo na primeira homenaxe que a afección lle tributa a Gustavo Celta, o xogador que mellor representou o espírito da fantasía celeste […]

Máis internet, máis futuro

14 Maio, 2006 (09:34) | Artigos Faro de Vigo, Campo de Granada, Internet |

No artigo da semana, ao fío da efeméride do 17 de maio, tamén Día de Internet e Día Mundial da Sociedade da Información, reflexiono sobre as relacións entre o novo paradigma comunicacional da literacidade electrónica globalizada e o futuro da lingua, cultura e identidade nosas. Etiquetas: Internet, Galicia, 17-maio, Lingua, Artigos

Suspiros de Kaña. O xenial Leo arremecaghona

13 Maio, 2006 (13:23) | Música, Vídeos |

Rúa para Zeca Afonso

13 Maio, 2006 (09:51) | Música |

Adhírome entusiasmado á iniciativa que promove o amigo Benedicto (parabéns polo animadísimo blo) de reclamar unha rúa en Santiago para Zeca Afonso. Etiquetas: Zeca, Santiago

Galescolas

13 Maio, 2006 (08:45) | Educación, Lingua |

Esta si que é o tipo de política educativa que queremos. Beizóns. Etiquetas: Lingua, Galicia, Escola, Galescola

Anteproxecto de lei de lectura, libro e bibliotecas

12 Maio, 2006 (23:51) | Cultura |

No consello de ministros de onte aprobouse, por fin (xa non era sen tempo) o anteproxecto da lei de lectura, libro e bibliotecas. Hai noticias importantes: consolídase o prezo fixo do libro e autorízase o desconto dos libros de texto (un claro incumprimento da promesa da ministra de Cultura). Mais, sobre todo, vexo moi interesante […]

Lingua en positivo

12 Maio, 2006 (17:09) | Lingua |

Marcos propón abrir un debate en positivo sobre o futuro da lingua. Acerta de cheo. A pesar de que sei que non hai receitas máxicas a miña aposta vai por converter ao galego en lingua de proximidade, vencellándoa coa innovación tecnolóxica e co mundo da infancia, do lecer e da lectura. Só deste xeito creo […]

Prosa electrónica e futuro da lingua

12 Maio, 2006 (14:00) | Lingua, Literacidade |

Hoxe aparece publicada unha reflexión que escribín sobre as relacións entre a nova prosa electrónica e o futuro da lingua. Etiquetas: Internet, Lingua

Internet+Galego+Futuro

10 Maio, 2006 (22:02) | Internet |

Que bonito é este espazo! Etiquetas: Internet, 17-maio, Galicia, Lingua

Home sen nome: presentación en Compostela

10 Maio, 2006 (07:59) | Narrativa, Presentacións, Xerais |

Magnífica foi a primeira das presentacións de Home sen nome. Encarna Otero, nunha intervención moi emocionante e poderosa na que analizou os momentos máis significativos da obra, agradeceu ao autor que esta novela estivese dedicada ás irmáns Fandiño e que contribúa a “reconciliarnos coa Compostela humillada e represaliada, coa Compostela esquecida, recuperando os nomes, a […]

Tender pontes

8 Maio, 2006 (21:58) | Política, Vigo |

Todos os datos que recabei dos meus veciños, testemuñas dos feitos, coinciden en sinalar que a actuación policial desta mañá na Gran Vía foi desproporcionada e contribuíu a apupar unha situación que non está xa para moitas chiquitas. A folga do metal vigués contra a precariedade é un conflito socialmente moi serio que debería ser […]

Volve Eiroa

7 Maio, 2006 (21:38) | Medios |

Que se preparen os radioescoitas do Vigo metropolitano: o 18 volve Eiroa. Etiquetas: Vigo, Radio, Eiroa

Premios AELG 2005

7 Maio, 2006 (10:51) | Premios |

Onte á noite estiven na cea onde se deron a coñecer os premios da AELG 2005 aos mellores libros do ano nos eidos da narrativa, teatro, poesía, ensaio e tradución. Estes premios a obras editadas, concedidos en dúas quendas de votación por máis de douscentos escritores e escritoras, supoñen un importantísimo recoñecemento para os autores […]

Folga no metal

7 Maio, 2006 (10:40) | Artigos Faro de Vigo, Campo de Granada, Política, Vigo |

No artigo da semana reflexiono sobre a importante folga no metal de Pontevedra. Non teño dúbidas que amosa un profundo malestar social, sobre todo nos obreiros máis novos sometidos a condicións de grande precariedade, polas modificacións estruturais que, dende a reconversión de hai vinte anos, se veñen producindo nos estaleiros vigueses. Etiquetas: Artigos, Vigo, Metal, […]

Festa da cultura

6 Maio, 2006 (09:46) | Efemérides, Festas |

Esta iniciativa de cortexo cívico, xa na terceira edición, é das máis bonitas e innovadoras para celebrar con toda a dignidade que se merece o 17 de maio. Con todo, a pesar do cambio de goberno e de esforzos illados como o que anunciamos, aínda non albiscamos mudanzas significativas na celebración dunha efeméride xa en […]

Amo a España

6 Maio, 2006 (08:59) | Vídeos |

Anunciamos os xurados

5 Maio, 2006 (16:27) | Premios, Xerais |

Hoxe demos a coñecer os nomes dos membros dos tres xurados. Etiquetas: Xerais

Pescanova, pescavella

5 Maio, 2006 (16:15) | Sociedade |

Couselo explica hoxe moi clariño os termos reais nos que se dirime o conflito de Touriñán. Sobre Pescanova e sobre a crianza do peixes planos hai moito aínda que saber. Etiquetas: Galicia, Pescanova, Couselo

Libro aberto e clubes de lectores

3 Maio, 2006 (14:17) | Lectura, Televisión |

Esta noite inicia a súa emisión Libro aberto, o agardado novo programa sobre libros e literatura da TVG. Polas noticias que temos o programa vai ser moi xeitoso e dinámico, con protagonismo importante dos clubes de lectores das bibliotecas. O programa de hoxe centrarase arredor de Corredores de sombra, a obra máis recente de Agustín […]

Blog de Xabier Docampo

2 Maio, 2006 (11:41) | Autores, Blogs |

Coñecín hoxe o blog de Xabier Docampo. Magnífico! É moi importante que os nosos escritores se vaian incorporando ao blogomillo. Semella que Xabier pretende aproveitar as posibilidades da textualidade electrónica. Recoméndoo vivamente. Etiquetas: Blogs, Docampo