Month: Xuño, 2006

Updike en galego

28 Xuño, 2006 (21:25) | Narrativa, Traducións, Xerais |

John Updike nunha polémica carta, escrita con motivo da celebración da última Book Expo de Washington, apupou aos asistentes lembrando que “vosoutros libreiros sodes o sal do mundo do libro”. O veterano narrador norteamericano defendeu o papel tradicional do autor e do libreiro e criticou un futuro dixital composto de descargas gratuitas de libros mesturados […]

Marta Mata

27 Xuño, 2006 (19:44) | Educación, In memoriam |

Faleceu Marta Mata, a grande impulsora da renovación pedagóxica catalana e defensora da escola pública. Os membros dos MRPs, os ensinantes que nos vencellamos no proxecto da escola galega das pombas debémoslle moito a esta mestra de escola e mestra de mestres, con moi boas amizades en Galicia. Tiven a oportunidade de coñecela personalmente hai […]

Librarías en liña

27 Xuño, 2006 (19:16) | Internet, Librarías |

Código Cero ofrece unha completa reportaxe sobre as librarías en liña, os espazos de comercio electrónico especializados no mundo do libro. Afortunadamente o libro galego foi gañando un oco neste eido tan difícil, especialmente polo funcionamento modélico de Andel que, dende Vigo, serve libros na nosa lingua aos cinco continentes. Etiquetas: Librarías

En defensa da lectura

27 Xuño, 2006 (17:47) | Lectura |

Ando estes días preparando o pregón da Feira do Libro de Vigo do vindeiro venres. Pretendo enfocalo como unha defensa da lectura e do oficio de libreiro. Procurando documentación atopei estes catro traballos de defensa da lectura ou estoutras reflexións sobre o traballo de libreiro. Etiquetas: Lectura, Librarías

Os oitentas de Virxilio

26 Xuño, 2006 (20:04) | Artes Visuais, Eventos, Exposicións |

Xa me tarda en poder visitar a exposición antolóxica de Virxilio, inaugurada esta tarde en Compostela. O xenio do Cumial é un dos meus pintores preferidos, sexa polas formas sinuosas das súas mulleres campesiñas e emigrantes, for polas súas paisaxes elementais ou pola potente caligrafía que inmortalizou nas capitulares da Enciclopedia Gallega. Estes douscentos cadros […]

Milladoiro en Trasalba

25 Xuño, 2006 (08:20) | Eventos, Música, Persoal, Premios |

No artigo da semana, con motivo da concesión do Premio Trasalba 2006 a Milladoiro, publico unha síntese da laudatio. Aquí pódese escoitar o tema que estrearán hoxe, incluído nun cedé publicado xunto a unha fotobiografía editada por Galaxia. Actualización (21.00): O acto, resultou dun grande interese, tanto pola intervención do profesor Alonso Montero sobre a […]

Que facemos co lixo?

24 Xuño, 2006 (19:53) | Edición, Literatura infantil e xuvenil |

Recomendo moi vivamente este artigo de Aidan Chambers, publicado en Imaginaria, sobre a relación dos lectores novos coa chamada “literatura lixo”. Un magnífico traballo sobre a formación do criterio literario. Etiquetas: Chambers, Lectura

Asun Balzola

24 Xuño, 2006 (08:56) | Ilustración, In memoriam, Literatura infantil e xuvenil |

Onte morreu Asun Balzola. A artista bilbaína foi unha das máis importantes ilustradoras de libros infantís e xuvenís en España nos últimos trinta anos. Autora, tamén, dalgúns textos memorables, nos anos oitenta fixo unha importante contribución á incipiente edición infantil galega ilustrando títulos da primeira colección de Sálvora ou o O gato Bógar, un dos […]

Librería Michelena

23 Xuño, 2006 (21:31) | Blogs |

Este blog non é da libraría pontevedresa que todos coñecemos, senón da caraqueña que rexe Roger Michelena. Interesáronme moito algúns dos debates que propón, moi semellantes aos nosos. Etiquetas: Libros, Librarías, Blogs

Sismo cultural?

22 Xuño, 2006 (20:58) | Edición, Literacidade, Tecnoloxías |

Hoxe no Ciberpaís aparecen dous importantes artigos que abordan a cuestión da dixitalización dos fondos textuais, feito (para min incuestionable) que rexeiten a maioría dos editores internacionais e que promove, fundamentalmente, Google. O traballo de Francis Pisani analiza o estado da cuestión, mentres que o de Eric Schmidt (director mundial de Google inc) defende abertamente […]

Expendedoras de libros

21 Xuño, 2006 (21:40) | Comercio do libro, Promoción do libro |

Vía Extratexto atopo esta máquina expendedora de libros que funciona en Chile. Unha vella idea de Celia Torres que nunca conseguimos poñer aquí en marcha. Funcionará este sistema? Onde deberían ubicarse estas máquinas? Nos hospitais, nas estacións do tren, nos aeroportos, na rúa…? Etiquetas: Libros

A presentación de Barreiro

21 Xuño, 2006 (21:17) | Ensaio, Política, Xerais |

Couselo fixo unha completa crónica da presentación de onte do libro de Xosé Luis Barreiro. O acto foi moi concorrido e as intervención dos dous presentadores e do autor de enorme altura e interese. A intervención de Beiras foi moi brillante: cualificou a obra como “renacentista na medida que propón unha cosmovisión dos problemas actuais […]

Adianto da novela de Rivas

21 Xuño, 2006 (11:27) | Narrativa, Xerais |

Poden baixarse xa en pdf as primeiras dezaseis páxinas da novela de Manuel Rivas, que hoxe presentamos diante de trinta libreiros. Estará a disposición do público en todas as librarías, antes do 11 de xullo. Etiquetas: Rivas, Xerais

Pregón da Coca

19 Xuño, 2006 (20:58) | Efemérides, Festas, Persoal |

Velaí o texto do pregón. Etiquetas:Coca, Redondela

Nova directiva para a AGE

19 Xuño, 2006 (19:27) | Asociacionismo, Cultura, Editores |

Hoxe eliximos unha nova xunta directiva da asociación de editores. Producíuse unha profunda renovación de persoas e unha continuidade do proxecto de profesionalización do gremio, iniciada polo equipo presidido por Fernán Vello. Ábrese, pois, unha etapa moi esperanzadora –encabezada por un dos editores máis veteranos e comprometidos co libro galego, Alfonso García Sanmartín– para a […]

A Ría na UVI

18 Xuño, 2006 (09:53) | Artigos Faro de Vigo, Campo de Granada, Sociedade, Vigo |

No artigo da semana reflexiono sobre a degradación da Ría de Vigo, por mor da desvastación urbanística da beiramar e polos problemas do saneamento, e sobre a necesidade de que o concello propoña de inmediato unha ubicación para a nova depuradora. Etiquetas: Artigos, Vigo, Sostibilidade

Europa 2020?

16 Xuño, 2006 (15:41) | Política |

O noso amigo Pedro, oportunísimo como sempre, faise eco da información aparecida en The Times, o pasado 2 de xuño, con motivo das eleccións de Moldavia, na que se especulaba sobre como se configuraría en 2020 o mapa político europeo con vinte novos estados independentes. Chama a atención que o xornal conservador británico desbote sequera […]

A Coca rinde

15 Xuño, 2006 (17:41) | Efemérides, Festas |

Hoxe rinde a Coca en Redondela. Pronunciar a noite de onte o pregón, dende o balcón do concello, foi unha grandísima honra para un choqueiro de adopción coma min. Etiquetas: Coca, Redondela

Blogs e libros no Liber

15 Xuño, 2006 (17:15) | Blogs |

Vaise concretando a posibilidade de realizar un encontro, coincidindo co Liber (Madrid, 27-29 de setembro) de persoas de todo o estado relacionadas co mundo do libro (autores, editores, libreiros, bibliotecarios, xornalistas, críticos…) e que argallamos, tamén, no eido dos blogs. Txetxu Barandiarán, xenerosamente, coordina a iniciativa, que xa recibiu o apoio de Girbés, Celaya, Odell […]

Finou Xohán Ledo

13 Xuño, 2006 (19:25) | Editores, In memoriam |

O pasado día dez finou Ricardo García Suárez, máis coñecido como Xohán Ledo, o ilustrador e debuxante que máis activamente participou no deseño das portadas e na diagramación dos libros da editorial Galaxia, da que foi director artístico durante as tres primeiras décadas da súa andaina. Ao seu talento debémoslle portadas como a d’ A […]

Galicia gastronómica

12 Xuño, 2006 (21:39) | Gastronomía, Internet, Medios |

Acaba de aparecer Galicia gastronómica, o primeiro xornal electrónico sobre cultura gastronómica galega. Á fronte do novo medio está á sabedoría e o rigor ao que nos ten afeitos Miguel Vila. Tivo a ousadía de convidarme a que publicase un dos meus textiños. Recomendo vivamente seguilo. Etiquetas: Gastronomía, Galicia

Máis sobre os Xerais

12 Xuño, 2006 (06:56) | Premios, Xerais |

Foto: Xurxo Lobato Martin Pawley publica unha longa e completa crónica sobre o serán dos Premios.Outras referencias: Periodistas21 Xurxo de Lobato (galería de fotos) La nevera61 Vieiros (entrevista con Diego Ameixeiras) Vieiros (entrevista con Jaureguizar) Náufrago Alfaias casatlántica Dpaso Etiquetas: Premios, Xerais

O Tesouro da Lagoa de Reid ‘Is

11 Xuño, 2006 (22:39) | Literatura infantil e xuvenil, Premios, Xerais |

A valoración do xurado sobre O Tesouro da Lagoa de Reid ‘Is, a novela da Agustín Agra, gañadora do Premio Merlín foi a que segue: Texto de literatura fantástica cunha forte pegada realista, a novela contén a narración que un avó desenvolve, diante dos seus netos Paulo e Aldara, nunhas vacacións de verán na casa […]

O Tesouro da Lagoa de Reid ‘Is

11 Xuño, 2006 (22:39) | Literatura infantil e xuvenil, Premios, Xerais |

A valoración do xurado sobre O Tesouro da Lagoa de Reid ‘Is, a novela da Agustín Agra, gañadora do Premio Merlín foi a que segue: Texto de literatura fantástica cunha forte pegada realista, a novela contén a narración que un avó desenvolve, diante dos seus netos Paulo e Aldara, nunhas vacacións de verán na casa […]

A Cova das Vacas Mortas

11 Xuño, 2006 (22:23) | Literatura infantil e xuvenil, Premios, Xerais |

Con respecto á novela de Jaureguizar, A Cova das Vacas Mortas, gañadora do Premio Fundación Caixa Galicia o texto íntegro elaborado polo xurado foi: Xoel é un mozo de Negueira de Muñiz que vive coa súa nai, de orixe alemá, nunha comuna na aldea de Foxo, lugar que tivera que ser abandonado polos seus habitantes […]

Tres segundos de memoria

11 Xuño, 2006 (22:05) | Narrativa, Premios, Xerais |

Creo que pode ser interesante coñecer o texto íntegro que sobre Tres segundos de memoria, a novela de Diego Ameixeiras, leu un dos membros do xurado: “Un mozo de trinta anos, parado e á espera de que lle chegue á próxima oferta de precariedade laboral, deambula pola vida contándonos o seu día a día sen […]

Colleita 2006

11 Xuño, 2006 (10:57) | Premios, Xerais |

Tempo haberá de falar devagariño do serán dos premios de onte. A colleita é moi esperanzadora, semellando que se vai producindo a agardada condensación na que levamos traballando dende hai tantos anos. O discurso de Manuel Rivas foi extraordinario. A actuación de Treixadura moi emocionante (“… eses os teus ollos”) e con xoldra dabondo. O […]

Narracións abertas

10 Xuño, 2006 (09:24) | Narrativa |

Ao fío do anuncio da aparición de Blúmsdei, que suscita os primeiros comentarios, aconsello o magnífico post de Nómada sobre as narracións abertas. Este é un dos debates máis interesantes no futuro da nosa narrativa. Etiquetas: Narrativa

Os libros arden mal

9 Xuño, 2006 (06:29) | Narrativa, Xerais |

Dediquei os dous últimos días, case na súa totalidade, a revisar as 752 páxinas da novela de Rivas. Non caerei na tentación de empregar adxectivos para amosar o meu entusiasmo e alegría (a novela aparecerá a comezos de xullo, coincidindo cos últimos días da Feira do libro de Vigo). Como é o meu costume adianto […]

Tirant al cap

8 Xuño, 2006 (20:37) | Blogs |

O meu amigo Joan Carles Girbés, editor de Bromera (editorial onde publican en catalán autores nosos como Suso de Toro ou Agustín Fenrández Paz e coa que vimos colaborando dende hai máis dunha década) iniciou o pasado mes de maio un interantísimo blog sobre edición e lectura. Recoméndoo vivamente, así como o seu libro máis […]

A escola fusilada

8 Xuño, 2006 (07:16) | Educación, Historia |

Preparase unha homenaxe nacional aos mestres fusilados. Alí estaremos. Etiquetas: MUPEGA, Escola

Marful

6 Xuño, 2006 (20:39) | Música, Novidades |

Este disco, que escoitei por vez primeira hoxe, é unha auténtica marabilla. Outro grande chimpo para a música de noso. Vai mercalo. Se non te chega este mundo, faite astronauta!

Blúmsdei

5 Xuño, 2006 (18:19) | Narrativa, Novidades, Xerais |

A vindeira semana aparecerá nas librarías Blúmsdei o novo libro de Cid Cabido. A pesar de que o autor prefire que nos seus libros non aparezan nin paratextos nin currículums (o libro aparece espido, só co título e apelidos do autor), transcribo a presentación que acabo de preparar para os medios: “O autor narra, en […]

Finalistas dos Xerais

5 Xuño, 2006 (10:24) | Premios, Xerais |

Xa hai finalistas dos Xerais. Etiquetas: Narrativa, Xerais

Gabanza da cereixa

4 Xuño, 2006 (17:29) | Efemérides, Festas, Gastronomía, Persoal |

Convidáronme hoxe a pronunciar o pregón da XXIª edición da Festa da Cereixa de Beade, unha festa gastronómica na que se exalta ese froito doce e carnoso que producen cincuenta mil cerdeiras viguesas. Aí vai un extracto do texto que preparei: “A cerdeira, árbore da familia das Rosaceae, é irmá das amendoeiras e curmá dos […]

Xa falamos

4 Xuño, 2006 (09:24) | Artigos Faro de Vigo, Campo de Granada, Lingua |

Ao fío da iniciativa de Marcos Valcárcel e Alfonso Vázquez-Monxardín, no artigo da semana reflexiono sobre a necesidade dunha proposta optimista e en positivo para recuperar falantes activos mozos. Etiquetas: Artigos, Galego

Literatura participativa

3 Xuño, 2006 (14:04) | Blogs, Literacidade, Narrativa |

A raíz dos comentarios que fixemos recentemente algúns blogueiros galegos, Juan Varela publica un texto imprescindible para entender o futuro da literatura na rede. Insiste na nova literacidade (á que tantas veces nos temos referido) como un dos elementos que axudan a explicar o éxito dos escritores blogueiros e denuncia que, porén, que hai escritores […]

Gabanza dos blogs

3 Xuño, 2006 (13:32) | Blogs |

Grazas, Miguel Anxo! Etiquetas: Blogs, Galicia, Fernán_Vello

Plano Nacional de Leitura

3 Xuño, 2006 (13:06) | Cultura, Lectura |

Vía Alcameh teño noticias do Plan Nacional de Leitura que se pon en marcha en Portugal. Semella que a consideración da lectura como eixo das políticas culturais públicas, con especial atención ás bibliotecas escolares, é un feito xa incuestionable. No caso portugués algunhas das liñas estratéxicas máis salientables (coincidentes en boa medida co plan galego) […]

Vamos torcer pelo Brasil!

2 Xuño, 2006 (09:52) | Imaxes |

Recomendo vivamente este minuto e medio de debuxos animados en Flash, chegado dende Porto Alegre.

Socorro!

1 Xuño, 2006 (22:39) | Eventos, Vigo |

Volven as celebracións franquistas ás rúas de Sal.75.000 € en papeliños.Socorro! Etiquetas: Vigo

O tirón de Ameixeiras

1 Xuño, 2006 (22:10) | Autores, Narrativa, Xerais |

Belén Regueira fixo este serán un magnífico exercicio de persuasión publicitaria na presentación da novela de Ameixeiras. Con grande convicción e moita graza aconsellou ler O cidadán do mes polas seguintes razóns: Ameixeiras é un autor que non pide aos lectores que sufran. “Este é un home que se esforzou por nós”. “A novela posúe […]