Month: Xullo, 2006

Memorias de Neira Vilas

31 Xullo, 2006 (08:47) | Autores, Novidades, Xerais |

Mañá comeza Feira do Libro da Coruña, onde presentaremos Vinte anos retornando, a primeira entrega de memorias de Xosé Neira Vilas. Neste volume, o grande mestre de Gres reconstrúe minuciosamente (coa súa característica prosa, clara e transparente) a experiencia das doce viaxes entre Cuba e Galicia que realizou, entre 1972 e 1992, xunto coa súa […]

As inxurias da guerra

30 Xullo, 2006 (21:20) | Autores, Ensaio, Novidades, Xerais |

No artigo da semana reflexiono sobre a radical inxustiza das guerras do século XXI. O novo ataque de hoxe sobre a poboación civil súmenos na maior das impotencias. Quen pode parar isto? Etiquetas: Artigos, Guerra

Mesa de novidades

29 Xullo, 2006 (09:27) | Música, Novidades |

Aproveitando que estamos de vacacións, onte escapei un pouco antes da oficina para preguntarlle a Xaime polas últimas novidades. Despois dun bo parrafeo co libreiro sobre o programa da Feira da Coruña, que abrirá o vindeiro martes, e sobre Cultur.gal, o salón da industria cultura que se celebrará a comezos de decembro (anunciarémola nos vindeiros […]

CdC

28 Xullo, 2006 (22:24) | Cultura |

Sobre o debate da redefinición de usos da Cidade da Cultura paréceme interesantísima a proposta de Nómada. Tecnoloxía, talento e tolerencia articulan unha reflexión moi documentada e chea de suxestións e propostas que cómpre estudar devagariño. Etiquetas: CdC

Indomable?

27 Xullo, 2006 (17:09) | Vídeos |

A indomable esperanza americana caíu en desgraza.

LOIA

27 Xullo, 2006 (14:27) | Lingua |

Para dar a coñecer a nosa lingua, LOIA é unha boa idea. Etiquetas: Galego

Adeus, Pura

27 Xullo, 2006 (12:45) | Autores, In memoriam |

Pura navegou sempre contracorrente. Con todos os abrazos. Etiquetas:

Re-existencia

26 Xullo, 2006 (18:04) | Críticas, Xerais |

A intensa lectura de Folerpa. Etiquetas: Rivas

Primeira lectura

26 Xullo, 2006 (09:46) | Presentacións, Xerais |

A primeira lectura na Coruña do libro de Rivas resultou magnífica. Marcos Meléndez, acompañado de Gastón Rodríguez, interpretou de forma memorable “Chessman“, o tango do condenado a morte que bordaba Luís Terranova. Tras a lectura por parte de Manolo de catro fragmentos da novela, a harmonía melancólica do serrucho do mestre Viascón pechou un serán […]

Libros con publicidade

26 Xullo, 2006 (09:27) | Edición, Publicidade |

Juan propón o debate sobre a posibilidade de insertar reclamos publicitarios nos libros. Existen experiencias xaponesas nas que se emprega unha sobrecuberta desbotable para incluír o apoio publicitario. Se partimos de que o importante é a lectura (a actividade que define o libro e a edición) está posibilidade non me parece desprezable, sempre que este […]

Pulo para as bibliotecas galegas

24 Xullo, 2006 (09:09) | Bibliotecas |

A Consellaría de Cultura está decidida a proporcionar novo pulo ás bibliotecas. Unha noticia importante. Etiquetas: Bilbiotecas

Comunidade internacional

24 Xullo, 2006 (08:47) | Política |

Vía Gago coñezo estas portadas de The Independent. Esta é a comunidade internacional da que fala Mariano Rajoy?

Take me out

23 Xullo, 2006 (09:50) | Música, Vídeos |

Non foi a miña intención desprezar de maneira ningunha a estes amigos escoceses. Madia leva! Se alguén o intepretou así, as miñas desculpas. Etiquetas: Ferdinand

Gulliver Pardo

23 Xullo, 2006 (09:25) | Artigos Faro de Vigo, Campo de Granada |

No artigo da semana expreso a miña admiración e apoio á figura de Isaac. Etiquetas: Isaac, Artigos, Galicia

Anuncio para fomentar os estudos de FP

22 Xullo, 2006 (20:53) | Educación, Vídeos |

Ata hoxe non coñecín semellante campaña institucional sobre a FP. Que pensarán todos os moitos amigos e amigas que teño en centros de FP? Os seus autores consideran este traballo como “divertido” xa que deseñaran toda a campaña co obxectivo de fomentar entre a xente moza os estudos de FP “tratando de falar a súa […]

Premio Biblos

22 Xullo, 2006 (09:12) | Premios |

Hoxe iremos á Casa do Bachao para participar no Premio de Biblos Pazos de Galicia. Este ano Darío será o titor que traballe durante varios meses cun escritor ou escritora (menor de vinte e cinco anos) na redacción da súa primeira novela. Unha iniciativa magnífica como tantas outras as que veñen desenvolvendo Tucho e Carmela […]

Bolsas creativas

20 Xullo, 2006 (21:28) | Publicidade |

Vía Manolo Gago coñezo máis posibilidades creativas das bolsas comerciais. Na editorial fixemos o ano pasado un esforzo por mellorar este soporte publicitario que, ademais de útil e eficaz, pode ser moi elegante. Velaí unha campaña sobre os nenos autistas. Etiquetas: Publicidade

Novas da Xunta

19 Xullo, 2006 (21:10) | Política |

Desde hai tempo no meu lector de feeds teño as novas da Xunta. O máis curioso do caso é que desde hai xa dúas semanas observo que só inclúen as novas das consellarías do PSdeG-PSOE e das actividades do presidente Touriño. É que rachou o acordo informativo existente entre as dúas forzas do bipartito? Creo […]

María Moliner aos bibliotecarios rurais

19 Xullo, 2006 (07:58) | Bibliotecas |

O meu amigo Valadés, sempre tan oportuno, remitiume onte por correo este texto de María Moliner dirixíndose en 1937 aos bibliotecarios rurais: “Estas Instrucciones van especialmente dirigidas a ayudar en su tarea a los bibliotecarios provistos de poca experiencia y que tienen a su cargo bibliotecas pequeñas y recientes. Porque, si el éxito de una […]

O cartel dos libreiros

19 Xullo, 2006 (07:17) | Cultura, Librarías |

Nón é un prodixio de sutileza propagandística, mais a situación desesperada do sector por mor da modalidade de préstamo do libro escolar xustifica unha protesta tan contundente. Etiquetas:

Problemas con blogger

18 Xullo, 2006 (21:59) | Uncategorized |

Levo dous días con moitos problemas co blogger. Non suben as imaxes e, se utilizo algúns html, é case imposible actualizar. Tamén teño dificultades co gmail. É cousa só miña? Teño algún problema cos proxys? Quen pode axudarme?

Plog

17 Xullo, 2006 (17:36) | Blogs |

Vía Txetxu, Bibliómano e Casi Seguro descubro o fenómeno plog: un blog pra escritores, unha fórmula de Amazon que permite aos autores bloguear sobre os seus libros e responder aos comentarios dos lectores. Etiquetas: Plog

Os mellores carteis de 2006

16 Xullo, 2006 (21:10) | Imaxes, Publicidade |

No Máster de Edición falamos moito de publicidade e cartelería, Mágoa que daquela non coñecésemos este espazo onde se recollen os mellores traballos de cartelaría de Cannes 2006. A análise dalgunhas destas pezas daría para un bo debate. Etiquetas: Publicidade

As librarías espazos para o fomento da lectura

16 Xullo, 2006 (11:19) | Lectura, Librarías |

Libraría: espazo comercial para o fomento da lectura. Etiquetas: Librarías, Lectura

Letras en movemento

16 Xullo, 2006 (11:02) | Imaxes, Lectura |

No blog do libreiro venezolano Roger Michelena atópanse imaxes ben fermosas sobre o mundo do libro, a lectura e a tipografía. Eis algunhas das máis recentes. Etiquetas: Libro, Imaxes

Pobres festas

16 Xullo, 2006 (10:45) | Artigos Faro de Vigo, Campo de Granada, Festas, Vigo |

No artigo da semana critico o “programa” de concertos das festas de Vigo. Unha tristeza máis provocada pola anemia política da cidade revolcada. Etiquetas: Vigo, Artigos

Blogs e fomento da lectura

15 Xullo, 2006 (14:42) | Blogs, Lectura |

A revista electrónica Dosdoce.com publica un traballo de Javier Celaya sobre o papel dos blogs no fomento da lectura e a súa aplicación educativa. O estado da cuestión e as experiencias máis salientables. Moi recomendable. Etiquetas: Blogs, Lectura, Educación

Ler dende o berce

15 Xullo, 2006 (13:18) | Lectura, Literatura infantil e xuvenil |

Vía Libreros atopo este interesante artigo sobre o inicio do proceso lector. A afirmación máis rotunda do texto é que “os oito meses de vida é o momento no que cómpre iniciar ao bebé na familiarización do libro como obxecto”. Semella que nesta idade, cando o neno ou a nena xa pode sentar e coller […]

A comunicación na promoción do libro

14 Xullo, 2006 (22:26) | Edición |

No día que rematamos o módulo de promoción do Máster, coñecemos este interesante traballo sobre a comunicación na promoción do libro en España. Outrosí sucede (via Extratexto) coa iniciativa dos editores e libreiros británicos de establecer (como acontece no cinema) un día a semana (xoves) para o lanzamento das novidades. Ideas moi interesantes para estudar. […]

A remuda de Senín

14 Xullo, 2006 (21:48) | Cultura |

Comparto a opinión de Jaureguizar: a remuda de Xavier Senín é outra mala noticia para o sector do libro en Galicia. É inevitable a sensación de decepción, que compartimos moitos editores, bibliotecarios ou libreiros galegos, cando comprobamos como se prescinde dun técnico da súa enorme valía e experiencia, por riba nun momento decisivo para situar […]

Promoción editorial en Internet

13 Xullo, 2006 (04:44) | Promoción do libro |

Hoxe rematamos o módulo de “Promoción editorial e edición en Galicia” que levamos impartindo no Máster de Edición. Como xa sucedera o pasado ano, esta experiencia docente obrigounos a sistematizar e reflexionar sobre o traballo cotián e sobre a nosa propia concepción da edición cultural. Como remate das nove sesións, traballaremos na aula de informática […]

María Mariño

11 Xullo, 2006 (21:49) | Autores, Efemérides |

Un dos momentos máis emocionantes que vivín estes días foi comprobar a gratitude que as herdeiras de María Mariño sentiron polo nomeamento da noiesa do Caurel como figura homenaxeada nas Letras 2007. As catro sobriñas da poeta, xa bastante maiores, viven en Madrid e Euskadi (onde tamén chegou a emigrar a nosa “poeta dinamiteira da […]

A Galicia desaparecida

11 Xullo, 2006 (21:32) | Cultura |

Antonio Reigosa envíame as últimas actualizacións da súa Galicia encantada. Proponnos unha viaxe de verán por algunhas das vilas da Galicia desaparecida. Visitar virtualmente Alcaián, Gaifar, Ancos ou outras cidades mergulladas por dioivos ou maldicións paga a pena. Este sitio continúa sendo un dos máis interesantes da Galicia virtual. Insisto en recomendalo. Etiquetas: Galicia

Libros e tecnoloxía

10 Xullo, 2006 (21:34) | Edición, Tecnoloxías |

Vía Libreros chego a este espazo monográfico de Literaturas sobre Libros e tecnoloxía. Interesante para facerse cunha idea xeral sobre o debate no que vimos insistindo. Etiquetas: Libros, Tecnoloxías

Fallado o VIº Premio Lecturas de Galix

10 Xullo, 2006 (21:03) | Cómic, Literatura infantil e xuvenil, Premios, Xerais |

Hoxe coñecimos o fallo do VIº Premio Lecturas de Galix, outorgado por xurados de lectores e lectoras de diversas bibliotecas aos mellores libros de literatura infantil e xuvenil en galego do ano 2004. Foron os gañadores Raquel ten medo de Agustín Fernández Paz e Marina Seoane (na categoría de 7 anos e na de mellor […]

Mala gente que camina

10 Xullo, 2006 (20:19) | Narrativa, Novidades |

O día da inauguración da Feira un libreiro amigo recomendoume Mala gente camina, a novela mías recente de Benjamín Prado. A pesar de ter unha semana moi atarefada, roubei o tempo ao sono para ler compulsivamente as catrocentas páxinas desta novela expléndida que “bucea nas augas máis negras do franquismo”, a do roubo dos nenos […]

"Gracias por mirar por mi futuro"

10 Xullo, 2006 (16:52) | Política, Vídeos, Vigo |

Teño falado moito cos amigos sobre o sentido deste vídeo, disque preparado por un rapaz de dezaseis anos. Coa excepción dalgunha falta de ortografía e do feito de preparar os rótulos en castelán, amosa que o sentido heroico de cidade revolcada xa quedou gravado nesta xeración da ESO. Etiquetas: Vigo, Folga

Rivas na Torre

10 Xullo, 2006 (16:02) | Autores, Presentacións, Xerais |

A agardada novela de Manuel Rivas xa está nas librarías. A estrea produciuse a tarde do pasado venres na Feira do Libro de Vigo durante unha asinatura de exemplares que durou máis de catro horas. Ao día seguinte realizamos o primeiro acto público, un encontro con xornalistas na terceira planta da Torre de Hércules. Rivas […]

Unha lei para a lectura

9 Xullo, 2006 (11:27) | Cultura |

No artigo da semana volvo insistir sobre a importancia da aprobación da Lei do Libro, aínda que sen esquecer que non vai ser o bálsamo de fierabrás de todos os problemas do sector. A afouta campaña da Federación de Libreiros Galegos (“A XUNTA DE GALICIA QUERE PECHAR ESTA LIBRARÍA“) amosa que, a pesar do interese […]

Libros ao quilo

8 Xullo, 2006 (00:41) | Comercio do libro |

Se algúen tiña dúbida algunha do que expresaba no pregón, velaí unha proba contundente que me envía Miguel (A Coruña, 7 de xullo 2006). Etiquetas: Libros

Desbloqueouse a Lei do libro

6 Xullo, 2006 (22:05) | Cultura |

Despois de moitos meses de espera, o Consello Consultivo entregou o seu ditame e o Goberno Galego aprobou o anteproxecto da Lei do Libro e da lectura, o primeiro texto lexislativo sobre política cultural do bipartito. Hoxe é un día de esperanza para o conxunto da nosa industria cultural, xa que este texto, elaborado con […]

Pregón da Feira do Libro

3 Xullo, 2006 (12:33) | Eventos, Librarías, Persoal |

Varios amigos e amigas pedíronme que subise á rede o texto do pregón que lin o pasado venres na apertura da Feira do Libro de Vigo. Dende hoxe pode descargarse o PDF aquí. Etiquetas: Artigos

Con Isaac

2 Xullo, 2006 (21:22) | Cultura, Editores |

Non podo comprender as razóns para intentar apartar a Isaac e a súa familia da dirección do grupo Sargadelos. Hoxe en Vigo Metropolitano aparece unha das poucas entrevistas con este grande mestre de editores sobre tan espiñenta cuestión. Nesta entrevista moi interesante, Isaac amosa a súa vontade de loitar para recuperar a dirección do proxecto […]

O estatuto de nación na encrucillada

2 Xullo, 2006 (10:49) | Política |

No artigo da semana reflexiono sobre o estado do proceso de reforma estatutaria e a responsabilidade do PP. Etiquetas: Artigos, Estatuto, Galicia

Rivas na Opinión

2 Xullo, 2006 (10:37) | Narrativa, Xerais |

O xornal La Opinión da Coruña publica hoxe no seu suplemento do domingo cinco páxinas sobre a nova novela de Manuel Rivas, incluíndo o texto do capítulo “O matador de touros” e numerosas imaxes dos espazos coruñeses da obra. O PDF pode baixarse aquí. Etiquetas: Rivas, ACoruña, Narrativa

Cultura e liberdade

1 Xullo, 2006 (09:34) | Promoción do libro |

Estes días no Master de Edición, onde impartimos o módulo de Promoción editorial e edición en Galicia, intentamos expresar o noso convencemento de que unha das función do traballo promocional dos editores é o de fomentar a lectura e os valores da cultura do libro.Vía Txetxu atopo estes marcadores de Elkar, un bo exemplo deste […]