Month: Setembro, 2006

A importancia de subliñar

30 Setembro, 2006 (12:01) | Lectura |

Roger Michelena recolle un texto de Alberto Fuguet sobre o vicioso pracer do subliñado (ler ou mirar cos dedos) que me parece utilísimo para comprender o acto da lectura. Agrego algúns dos fragmentos máis interesantes do artigo que contestan a esas preguntas claves (por qué subliñar?, por qué moitos prefiren non ler un libro prestado?): […]

Literacidade crítica

29 Setembro, 2006 (21:44) | Literacidade |

A importancia da lectura crítica foi outros dos temas máis abordados na nosa conversa de hoxe. Sobre esta importante cuestión, suscitada en primeiro lugar por Tíscar, a miña análise resúmese neste texto: “No entorno desta nova cultura dixital é imprescindible, ademais, que cada un dos usuarios empregue unha perspectiva de lectura crítica, para saber diferenciar […]

Unha nova comunicación cultural

29 Setembro, 2006 (21:27) | Literacidade |

No debate do encontro que celebramos esta mañá (do que faremos ampla crónica nos vindeiros días) abordamos as características e os problemas que suscita a nova comunicación cultural, caracterizada pola coexistencia da lectura sobre os soportes analóxicos e dixitais. Neste texto resumo os argumentos da miña posición: “No seu libro máis recente, Tras las líneas, […]

A pregunta sobre a dixitalización

29 Setembro, 2006 (21:18) | Edición, Eventos, Vídeos |

Coincidindo co Liber, celebrouse un foro de debate, organizado por Google, sobre O futuro do libro. Se nos atemos ao contido da pregunta de Txetxtu (o vídeo dura apenas dous minutos) a cousa debeu estar moi animada. O debate sobre a dixitalización acaba de comezar no sector editorial en España. Etiquetas: Googlebooks

FNAC en venda?

28 Setembro, 2006 (21:45) | Comercio do libro, Librarías |

Será certa esta noticia? Hoxe polos corredores de Liber non se falaba doutra cousa. Non esquezamos que estaba previsto que a cadea francesa de distribución de produtos culturais abrise un establecemento na Coruña na vindeira primavera. Noutra orde de cousas, é importante salientar que, por fin, o estand de Galicia en Liber ten un deseño […]

A lectura, eixo do novo modelo comunicacional

27 Setembro, 2006 (20:42) | Lectura, Literacidade |

(Ilustración vía Roger Michelena) Ás portas da celebración do primeiro encontro de “Blogs e libros“, no que participaremos o vindeiro venres, preparei unha reflexión sobre o que entendo é a centralidade que adquire a lectura no novo contexto da literacidade electrónica. Velaí un fragmento do texto: “Desprazada a preeminencia do soporte analóxico sobre o contido, […]

Se buscabas un deus

27 Setembro, 2006 (20:07) | Autores, Narrativa, Novidades, Xerais |

María Liñeira envía dende Oxford a primeira crítica de Se buscabas un deus a terceira novela de Xabier Quiroga.O autor de Atuado na braña, un modelo de discreción e elegancia, volve con outra novela de longo alento (conco entas páxinas), que desmiuza moitos dos enigmas que deixou aberta a súa primeira e exitosa novela. Nesta […]

Os 10 libros en galego para ler antes do 18 anos

27 Setembro, 2006 (18:32) | Literatura infantil e xuvenil |

Tökland faise eco do ránking publicado en ADN sobre os 10 libros para ler antes dos 18 anos. A pesar de que sei dos perigos de facer este tipo de listas, atrévome, para animar o debate, a propoñer a miña (en lingua galega e practicamente todos editados por Xerais), sen establecer prelación entre ningún dos […]

Suso de Toro: o papel do intelectual

27 Setembro, 2006 (16:31) | Autores, Entrevistas |

Hoxe aparece outra interesante entrevista a Suso de Toro, desta volta, por fin, en El Pais. Suso, como é adoito, reflexiona con profundidade sobre o seu papel como escritor. Entendo que deben subliñarse algunhas das súas respostas: El intelectual es una figura natural en la sociedad liberal-democrática, una especie de ciudadano militante que vive en […]

25 anos do Xurelo

26 Setembro, 2006 (18:37) | Efemérides, Historia, Sociedade |

O pasado sábado celebrouse en Ribeira un acto con motivo do XXV aniversario da primeira viaxe do Xurelo. Aquela expedición, promovida pola nosa emerxente Esquerda Galega e por algúns membros de grupos ecoloxistas, con motivo de tratar de impedir os verquidos radiactivos a 750 quilómetros da nosa costa, foi a primeira mobilización en defensa do […]

Vídeos musicais da ETB

26 Setembro, 2006 (08:14) | Vídeos |

Viva a memoria

25 Setembro, 2006 (19:52) | Críticas, Narrativa |

Co inicio da tempada literaria van aparecendo as agardadas críticas da novela de Rivas. Despois da moi gabanciosa de Xosé Manuel Eyré (mágoa que o seu semanario non a recolla na edición electrónica), hoxe Manuel Rodríguez Alonso publica a súa en Cartafol de libros. Deste texto, quédome coa derradeira frase: “Estamos ante unha gran novela, […]

Campo de Fragoso XXIII

24 Setembro, 2006 (22:45) | Artigos Faro de Vigo, Campo do Fragoso, Celta de Vigo, Fútbol |

PINTAN BASTOSDesde a tempada do descenso non asistiamos en Balaídos a un partido máis nefasto e deplorable do Celta. Abondoulle ao Osasuna posicionarse con disciplina sobre o terreo para noquear en senllos contragolpes a un equipo que saíu fachendeando do xogo preciosista de ataque e da defensa abrumadoramente segura que exhibira en Liexa. Os de […]

Sen coches

24 Setembro, 2006 (10:56) | Artigos Faro de Vigo, Campo de Granada, Cidades |

No artigo da semana comento o que entendo é o sentido da celebración da xornada “Día europeo sen coches” (22 de setembro). Etiquetas: Artigos, Sostibilidade, Bruxelas

Enrique X. Macías. III. Catálogo de obras

24 Setembro, 2006 (10:12) | Música |

(Enrique X. Macías e Mark Foster, 1994) Enrique X. Macías preocupábase pola actualización constante do seu catálogo de obras. Eis o texto da versión, que lle axudei a preparar no meu primeiro mac (un LC) con motivo do programa de Itinerario de luz, a súa derradeira estrea (1995): Foglio I (1981) (3′). Clavicémbalo. Vigo, xaneiro […]

Enrique X. Macías: II. Achegamento a un currículum artístico

23 Setembro, 2006 (18:44) | Música |

Enrique X. Macías naceu en Vigo en 1958 e faleceu na mesma cidade en novembro de 1995, con apenas 37 anos. De formación musical autodidacta, participou de 1980 a 1984 nos cursos de verán de Darmstadt, cunha bolsa do Instituto para a Nova Música desta cidade alemá. Foi compositor residente nos estudos de música electrónica […]

Enrique X. Macías: I. Itinerario de luz

23 Setembro, 2006 (12:45) | Música |

Je ne confonds pas la solitude avec la lyre du désert.Le nuage cette nuit qui cerne ton oreille n’est pas de neige endormante, mais d’enbruns enlevés au printemps.René Char Onte recibín o programa impreso de Música Viva 2006, a décimo segunda edición do festival de Música Contemporánea de Lisboa, a celebrar dende finais de setembro […]

Teresa Moure en "Gara"

22 Setembro, 2006 (19:57) | Autores, Narrativa |

Gara publica unha entrevista con Teresa Moure con motivo do acto de presentación en Bilbao da edición en castelán de Herba moura. As edicións de Lumen en español (da que sabemos xa se está preparando unha segunda edición) e La Campana en catalán están tendo moi boa acollida. Esta vindeira semana, Teresa (que xa rematou […]

Premio Tökland

22 Setembro, 2006 (19:50) | Imaxes, Lectura |

Velaí a fotografía de Vítor Ribeiro gañadora do Premio Tókland de fomento da lectura. Etiquetas: Tökland, Lectura

A pegada de Man

22 Setembro, 2006 (08:09) | Artes Visuais, Novidades, Xerais |

A obra artística de Manfred Gnädinger, Man, tamén chamado “alemán de Camelle”, conta co seu primeiro estudo rigoroso grazas á publicación do libro (chegou onte mesmo do prelo) de Xoán Abeleira.Nacido en Radolfzell, unha vila próxima a Friburgo, o 27 de xaneiro de 1936, este artista eremita instalouse en Camelle en 1961 desenvolvendo, dende entón, […]

Cartaces de Bruxelas

20 Setembro, 2006 (20:48) | Cidades |

A viaxe coas peñas celtistas desta fin de semana pasada foi para nós toda unha experiencia (como pode comprobarse na extensa reportaxe de “Celta“, o peñista máis sonado da Guarda) de como funcionan estas cousas do corazón futbolístico máis apaixonado.Das trescentas fotos que tirei, escollín para non caer nos tópicos belgas (Tintin, Magritte, gaufres e […]

Agardando a Gordon

20 Setembro, 2006 (20:14) | Vídeos |

Eis un regaliño para agardar con acougo a chegada do temible Gordon, o vídeoclip (cinco minutos) do último disco (o número 44) do xenial Bob Dylan, protagonizado pola fermosa Scarlett Johansson. Bob está en boa forma, si señor! Etiquetas: Música, Dylan, ScarlettJohansson

"Libro aberto" de madrugada

20 Setembro, 2006 (11:12) | Cultura, Televisión |

Coincidindo co inicio do curso, regresa á grella da TVG Libro aberto, o programa sobre libros e literatura dirixido por Luís Rei. Hoxe xirará arredor da entrevista que Manuel Romón manterá con Suso de Toro con motivo da aparición de Home sen nome. Mágoa que este primeiro programa da nova tempada se emita a partir […]

O futuro do PSOE vigués

19 Setembro, 2006 (21:52) | Política, Vigo |

Estes douscentos militantes socialistas vigueses, que polo momento parecen non apoiar a candidatura á alcaldía de Abel Caballero, irán en serio ou ao final van amagar? O futuro municipal do PSOE vigués semella previsiblemente o doutra decepción anunciada. Etiquetas: PSOE, Vigo

Galicia en guerra

19 Setembro, 2006 (21:41) | Historia, Novidades, Xerais |

O Cartafol de libros faise eco da aparición de Galicia en guerra do xornalista Eduardo Rolland, o noso último título da colección Crónica. Alédame moito esta crítica desta obra sobre o papel de Galicia durante a IIª Guerra Mundial pois este é un dos libros máis singulares e desmitificadores (sabemos que contén documentos moi importantes, […]

Inicio de curso

18 Setembro, 2006 (22:03) | Artigos Faro de Vigo, Campo de Granada, Educación |

No artigo da semana insisto na necesidade de volver os ollos cara dentro dos muros dos centros da nosa educación básica. Etiquetas: Artigos, Educación

Entrevista a Suso de Toro

18 Setembro, 2006 (21:51) | Autores, Entrevistas |

Despois de catro días desconectado por mor dunha intensa viaxe, encontro na caixa de correo o enlace da entrevista de Marcos Taracido con Suso de Toro. Merece unha lectura atenta. Agradécese a seriedade deste magnífico blog. Estes días, se o traballo o permite, iremos aterrando de novo no cotián. (Foto de Ánxel Iglesias) Etiquetas: SusodeToro

A menina ponteareana de Velázquez

14 Setembro, 2006 (03:40) | Artes Visuais, Historia |

Cando volvades polo Prado reparade no cadro de Velázquez con outros ollos tratando de indentificar á menina ponteareana. Isto si que é erudición galeguista! Etiquetas:Ponteareas

As claves do éxito en lectura

13 Setembro, 2006 (19:28) | Lectura |

Esta mañá nunha reunión de editores galegos con responsables da Dirección Xeral de ordenación Educativa da Consellaría de Educación coincidiamos na importancia que a nova reforma curricular concede á lectura e ao manexo das novas tecnoloxías da información. Establecer a lectura, nos seus diferentes soportes, como procedemento transversal de todas as áreas (o que obrigaría […]

Comercio interior do libro 2005

13 Setembro, 2006 (06:11) | Comercio do libro |

Ás portas de Liber, aparece o avance de datos do estudo do comercio interior do libro, elaborados pola empresa Precisa para a Federación de Gremios de Editores. Só coñeciamos noticias de prensa, ata que onte puidemos manexar as gráficas de datos básicos, agardando a publicación do informe e extraer os datos referidos á edición privada […]

O trailer de "Salvador"

12 Setembro, 2006 (21:20) | Cine, Vídeos |

Eis o trailer (máis de dous minutos) da agardada película de Manuel Huerga sobre Salvador Puig Antich. Con BSO de Lluis Llach, reparto de calidade, bastante boas referencias críticas e lanzamento potente a película (un alegato contra a pena de morte) promete, aínda que agardaremos polo esixente criterio do noso mestre. Etiquetas: Cine

Federico García Lorca en Lugo

12 Setembro, 2006 (19:02) | Efemérides, Eventos |

Dediquei boa parte da tarde a revisar as primeiras probas do que será o próximo libro de Alonso Montero, Anxel Fole, García Lorca e os Seis poemas galegos. Trátase dunha edición moi actualizada dun traballo anterior do Profesor, que será editada polo Concello de Lugo con motivo dos actos que o Foro pola Memoria Republicana […]

Centralismo democrático

11 Setembro, 2006 (21:51) | Política |

Aquí pódese descargar o documento interno do PP coruñés. Todo un modelo de funcionamento do centralismo democrático da dirección conservadora proporcionando instrucións precisas de política obstrucionista. Canta razón tiña o deputado Aymerich. Etiquetas: Incendios, PP, Galicia

Pepa A Loba

11 Setembro, 2006 (18:09) | Autores, Narrativa, Novidades, Xerais |

Nas vindeiros semanas aparecerá nos andeis das librarías Pepa A Loba, a novela de raigame histórica de Carlos G. Reigosa, sobre a muller por antonomasia do bandoleirismo galego. A verdade é que a memoria desta afouta e rebelde capitá de gavela, que acadou sona no século XIX por máis de media Galicia, medrou imparablemente nunha […]

Enfrontamento galego

10 Setembro, 2006 (21:53) | Celta de Vigo, Fútbol |

Fernando Vázquez gañoulle comodamente a partida a Luís Cesar, no primeiro enfrontamento de adestradores galegos desta tempada. Gustoume moito o espírito contra atacante do Celta, sobre todo nas combinacións dese triángulo formado por Nené e Cannobio co noso John Deere Baiano. Fronte a un rival coraxudo, amosamos que posuímos doses de calidade suficientes, alén de […]

Na beira do ecocidio

10 Setembro, 2006 (09:13) | Artigos Faro de Vigo, Campo de Granada, Sociedade |

No artigo da semana amplío a reflexión que estes días se veu facendo no blog sobre o debate da sustentabilidade. Etiquetas: Artigos, Galicia, Ecocidio, Sostibilidade

Ler e escribir en Galicia

9 Setembro, 2006 (17:40) | Historia, Lectura, Novidades |

Estes días rematei de ler o último libro do catedrático Narciso de Gabriel, Ler e escribir en Galicia, unha investigación (merecedora do premio Concepción Arenal) sobre a alfabetización dos galegos e galegas dende 1860 a 1990.Como é adoito neste autor (o noso primeiro estudoso sobre historia da lectura e da alfabetización en Galicia), o traballo […]

Mestre Viascón

9 Setembro, 2006 (14:34) | Música |

Si, señor. Estou de acordo cen por cen coa elección do xurado, “In the ocean” é con diferenza o mellor ghit do verán galego. Beizóns, para o noso benquerido amigo, o xenial mestre Viascón. Etiquetas: Viascón, Apologhit, Música

Recordo de Manuel

8 Setembro, 2006 (21:22) | Autores, In memoriam |

Almiral Mouchez lembra neste blog, moi oportunamente, que hai hoxe dous anos morreu Manuel María. O autor de Brétemas do muiñeiro e Muiñeiro de brétemas foi quen escribiu: “Un poema é un ser vivo que anda, respira, soña, chora, salouca, ama, berra, cintila e escurece, (…) E nunca morre”. As palabras de Manuel seguen vivas […]

Ollo coas faragullas!

8 Setembro, 2006 (16:49) | Sociedade, Vigo |

Non hai dúbida de que dende hai unha boa tempada os pronunciamentos da Federación de Asociacións de Veciños de Vigo sonche moi institucionais e disciplinados.Esta semana non nos sorprendeu (xa estamos afeitos) que poucas horas despois de que a alcaldesa anunciase que o Concello de Vigo escollera Cabo Silleiro para que a Xunta ubicase alí […]

Exit

8 Setembro, 2006 (16:04) | Lectura, Medios |

Grazas a Michelena e Comunicación Cultural chego á versión dixital da revista trimestral Exit, dedicada ás artes visuais máis características do século XXI, que ofrece no seu último número un monográfico sobre “Lectura e lectores“. É magnífico todo o material fotográfico publicado arredor do acto de ler, dos espazos para a lectura e do mundo […]

Kamasutra da lectura

8 Setembro, 2006 (14:52) | Imaxes, Lectura |

Vía Manolo Gago e Neatorama. Etiquetas: Lectura

Little children

7 Setembro, 2006 (22:01) | Cine, Vídeos |

(Little children) Julián Gallo di que é o mellor trailer do ano. Unha narración dunha atracción implacable de pouco máis de minuto e medio. Baseada nunha novela de Tom Perrota, os produtores da película de Todd Field afirman que propón unha novidosa relación entre a literatura e o cine. Haberá que comprobalo. Etiquetas: Cine

Menchu no CGAC

7 Setembro, 2006 (21:45) | Artes Visuais, Exposicións |

Mañá abre a exposición de Menchu Lamas no CGAC, a que promete ser unha das máis importantes exposicións da tempada. Sempre tiven unha grande querenza e admiración polo traballo desta pintora de trazo rotundo e apaixonado. Gosto da depuración á que ven sometendo as súas características iconas, tanto pola intensidade no tratamento da cor coma […]

Espazo colaborativo de libreiros

6 Setembro, 2006 (20:56) | Internet, Librarías |

Txetxu, esa fonte inagotable de iniciativas, cumpre unha promesa e ofreceeste wiki sobre o traballo na libraría. Un espazo aberto, colaborativo e moi práctico dirixido aos profesionais da libraría, mais tamén moi interesante para os que traballamos noutros elos da cadea de valor do libro (como os distribuidores, editores e, mesmo, os bibliotecarios). Indispensable para […]

Desenvolvemento sostible ou ecocidio

6 Setembro, 2006 (07:33) | Sociedade |

(Foto Sangiao, El Correo Gallego) A catástrofe de Caldas provocou un interesante debate sobre o futuro medioambiental do país. Durante as dúas últimas décadas, ao tempo que se producía unha reconversión no noso sector agrario, sen precedentes na nosa historia, o proceso implacable de urbanización provocou un enorme impacto sobre o territorio que modificou a […]

O incendio de Caldas (II)

5 Setembro, 2006 (21:17) | Sociedade, Vídeos |

(Segundo vídeo de enanomatoon sobre o incendio de Caldas) Etiquetas: Galicia

O inicio do incendio de Caldas

4 Setembro, 2006 (21:04) | Sociedade, Vídeos |

Debémoslle ao enanomatoon este importante testemuño videográfico do inicio do incendio de Caldas. Etiquetas: Galicia

Borja Oubiña

4 Setembro, 2006 (19:13) | Celta de Vigo, Fútbol |

Nas páxinas de deportes de El País aparece hoxe unha reportaxe sobre Borja Oubiña que moito me alegrou. O texto amosa que o mellor futbolista galego da actualidade é tan bo e intelixente rapaz como sólido mediocampista dunha grande proxección internacional. As súas declaracións criteriosas sobre o fútbol actual (adscribíndose ao fútbol de toque e […]

Libros sobre libros

4 Setembro, 2006 (18:28) | Edición |

Leroy Gutiérrez publica hoxe unha completa recompilación da bibliografía en español sobre a edición e os editores. Engado algunha referencia (do apartado de memorias de editores) que pode ser de interese para completala: Giulio Einaudi en diálogo con Severino Cesari, Anaya/Mario Muchnik, Madrid 1993. Memorias, Carlos Barral, Península, Barcelona 2001. Pasando página. Autores y editores […]