Gústame A Coruña

Comentarios
Comment from marcos valcarcel
Date: 19 Outubro 2006, 6:03 p.m.
Bonito texto, Manolo. E dado que onte estiveches con M. Rivas en Ourense, presentando con éxito “Os libros arden mal”, quedamos á esperda dun texto semellante titulado “Gústame Ourense…”. E, co tempo, unha serie completa das sete cidades galegas.
Comment from azcárraga
Date: 19 Outubro 2006, 6:07 p.m.
Emociona ler un eloxio da cidade supostamente rival para os que vivimos en Vigo e non somos de ningures. Como emociona ler as mesmas loubanzas de Vigo postas en boca de xente de Montealto, de Labañou ou da mesma praza de Lugo, tan fermosa. A mín tamén me gusta Coruña (nin A nin LA: só leva o artigo o equipo de fútbol: o Coruña) e cada vez que vou máis me gusta.
Engado a esa relación un lugar mítico: o Bombilla da rúa Galera. Por estar alí merece xa a viaxe.
Comment from folerpa
Date: 19 Outubro 2006, 6:39 p.m.
Fermoso texto, leva vostde uns días moi inspirado, supoño que por mor desta chuvieira outoniza.
Eu engadiría tamén os gorentosos xeados da miña infancia preto de María Pita e polos bocatas en Munin denantes de ir ao cine da miña mocidade e asemade polos andeis da libraría Lume.
Eu tamén gosto de A CORUÑA
Comment from Mar
Date: 19 Outubro 2006, 6:42 p.m.
Si, señor! Este texto é dos que merecerán ocupar un lugar de honra se algún día se fai unha escolma dos posts de Brétemas. Aínda que nestes días, á vista das declaracións que andan pola Rede, ata corre o perigo de ser xulgado como un exemplo de “fundamentalismo lingüístico”. Así andan as cousas!
Comment from Chiquito
Date: 19 Outubro 2006, 8:31 p.m.
A min A Coruña non é que me entusiasme, pero teño que recoñecer que a fábrica de Estrella Galicia xustifica a súa existencia.
Comment from bouzafria
Date: 19 Outubro 2006, 8:40 p.m.
Que lindísimo comentario e que bonita guía de lugares onde ir.
Comment from Veloso
Date: 20 Outubro 2006, 8:31 a.m.
Un texto realmente fermoso. Con Méndez Romeu dan ganas de saír correndo, pero despois de ler as túas palabras empeza un a sentir desexos de visitar A Coruña. Un saúdo.
Comment from Anonymous
Date: 20 Outubro 2006, 9:42 a.m.
Con ánimo de incordiar, debo decir que buena parte de las cosas que Brétemas elogia de la ciudad herculina es obra bien reciente, con el embajador en la santa sede de alcalde y el señor Méndez Romeu de principal adalid. Y eso a Brétemas le honra aún más.
Comment from Fernando_Vilarinho
Date: 20 Outubro 2006, 4:37 p.m.
um texto que me deu muito prazer em ler.
Corunha (Coruña), a cidade espanhola com que tenho maior ligação.
para além disso tenho ascendentes (abuelos) daí
Comment from Anonymous
Date: 20 Outubro 2006, 9:51 p.m.
Tocaio anonymus: paquianos son únicamente son os museos cientificos,o Kiosk e a Luis Seoane. Tampouco tanto para 23 anos de mandato. A maior parte do resto do citado foi ninguneado por Paco
Comment from peruleiro
Date: 20 Outubro 2006, 11:45 p.m.
Eu non son franciscano, pero só atendo ó que escribe Brétemas: o mantemento dunha cidade volcada ó mar (un paseo desde o Portiño, nos confíns con Sabón ata a dársena), a recuperación do tranvía (eu non gosto tanto del coma Brétemas) e todo o sistema dos museos, Kiosko Alfonso, Fundación Luis Seoane. Teño interés sinceiro en saber qué ou quén foi ninguneado por Vázquez (Rivas?, Xurxo Souto? algún dos poetas?
Eu podería engadir eiquí outras moitas actuacións coas que non estou dacordo, pero negar a forte influencia de Paco Vázquez no desenrolo e embelecemento de Coruña parece pouco xeneroso. Entendo que a súa teima por un artigo e a súa inquina especial polos partidos nacionalistas (agás o español) non lle reporte siquera o beneficio da dúbida, pero creo que desa loubanza coruñesa de Brétemas moitas cousas (malgrè nous) llas debemos (para ben ou para mal) a Vázquez.
Comment from Anonymous
Date: 21 Outubro 2006, 6:24 a.m.
Gustame todo o que di da miña Coruña.
Gracíñas por ese bo retrato, onde tan ben reflicte a súa beleza física e a do espírito.
Comment from X
Date: 21 Outubro 2006, 11:09 a.m.
Estupendo, estupendísimo post. Parabéns.
Comment from Xoán Salgado
Date: 21 Outubro 2006, 12:25 p.m.
Fermosísimo percorrido pola Cidade de Cristal.
Comment from Mario
Date: 21 Outubro 2006, 5:20 p.m.
O texto merece todos os afagos, non só por provir da outra ponta do país (a suposta rival), senón porque foxe de preconceitos e sabe procurar esa outra Coruña que non todos saben ou queren ver. Ao lado da Coruña que nos queren vender dende hai anos hai outra que latexa constante na memoria. A Coruña que amou Pondal, a que saiu en masa a rendir homenaxe a Curros, a dos mariñeiros, a da resistencia republicana no 36, a de Pucho Boedo (fillo dun militante da CNT asasinado), a do atlantismo insumiso de Xohán Casal e Reimundo Patiño, a Coruña con alcalde nacionalista, a dos Diplomáticos e Xurxo Souto, a Coruña rabuña que hoxe en día, acalada e silente, espera para sacudir o país de novo. Seica a selección galega vai xogar por aí o seguinte partido, non é?
PD: Brétemas, se queres coñecer outra cousa boa pasa a tomar un café pola Repichoca (en Orillamar, ou Beiramar) calquera tarde, e se gostas do folc e da festa, calquera noite. Fermoso post, si señor.
Comment from pepe
Date: 25 Outubro 2006, 10:49 a.m.
Como galego do sul do Minho, visitar as terras e cidades galegas é sempre ocasião de reencontro e descoberta. A Corunha aqui retratada conheço-a e fico maravilhado com o retrato feito, pelas sugestões de visita e pela beleza do texto.
Não resisti a “roubar” um pedaço para postar no meu blog, desculpem o atrevimento!
Um abraço



Comment from Roi Queimado
Date: 19 Outubro 2006, 5:38 p.m.
A min tamén me gusta A Coruña. A certos políticos interesanlles montar estas trangalladas mentres os xoves e as empresas emigran… Vaia paisiño, meu deus!!! Mas lle valera mirar polas empresas… non polo La ou por outras caralladas!!!