Month: Outubro, 2006

Avós e avoas

31 Outubro, 2006 (23:03) | Sociedade |

Entre as fotos que conservo no estudio, teño moito afecto por unha pequena, xa envellecida, na que aparezo co meu avó Suso “Beleiro” na festa de santa Ana. Polo pantalón tan curtiño, o nique e os campins que levo penso que debe corresponder ao verán do ano sesenta e cinco ou quizais do sesenta e […]

Beizóns

31 Outubro, 2006 (18:38) | Beizóns, Blogs |

Beizóns, Berto!

Ferrín no Tortoni

31 Outubro, 2006 (18:14) | Autores |

Recomendo moi vivamente a crónica de Fíos invisibles sobre a tertulia que mantivo Méndez Ferrín no Café Tortoni, coincidindo coa viaxe á Arxentina e Uruguai da conselleira Ánxela Bugallo. Un documento valioso, onde o grande mestre fala de moitas cuestións de actualidade da política galega e da nosa creación literaria. Etiquetas: Ferrín, Tortoni, Galicia

Proxecto-Edición, A Feira

30 Outubro, 2006 (20:23) | Artes Visuais, Eventos, Exposicións |

A Feira do Proxecto-Edición é unha moi boa iniciativa á que, despois da celebración da súa primeira edición esta fin de semana, aínda lle queda moito treito para consolidarse como cita de encontro da edición artística e alternativa e do mundo do deseño. Na miña visita comprobei que o mellor son os contidos expositivos, sexa […]

Campo do Fragoso XXV

29 Outubro, 2006 (21:11) | Artigos Faro de Vigo, Campo do Fragoso, Celta de Vigo |

TRASTORNO CICLOTÍMICOO Celta desta tempada padece en Balaídos un preocupante trastorno ciclotímico. O conxunto de Vázquez alterna os partidos euforizantes –eis as súas grandes actuacións contra o Barcelona e o Valencia– con outros de nivel anímico depresivo, como sucedeu contra Osasuna e hoxe diante dun Sevilla máis entusiasta que acertado. Sen apenas solución de continuidade […]

Pamuk: novela, nación e identidade

29 Outubro, 2006 (10:55) | Autores |

Pamuk, o recente premio Nóbel de Literatura, prepara a súa vindeira novela: O museo da inocencia, que podería ser editada en galego o vindeiro ano.Estas declaracións parécenme moi interesantes para o debate do caso galego sobre as relacións entre novela e nación: A novela explora a nación e as súas contradicións. Unha nación está formada […]

Itinerarios literarios

28 Outubro, 2006 (20:49) | Iniciativas |

Hoxe comprobei as posibilidades que teñen os itinerarios literarios como propostas de recuperación da memoria e novas formas de descubrir a cidade. A inauguración do itinerario lorquiano de Lugo, con motivo dos actos de homenaxe a García Lorca, constituíu unha oportunidade magnífica para achegarse durante máis de tres horas á figura do “poeta mártir”, ao […]

Pedras da Memoria

27 Outubro, 2006 (06:58) | Eventos, Premios |

Mañá, sábado, 28 de outubro, celébraranse en Vigo e en Lugo dous importantes actos sobre a Memoria: a entrega das Pedras da Memoria e a Homenaxe a Federico García Lorca no noventa aniversario da súa primeira visita a Lugo. Pedras da MemoriaCoa intención de reivindicar que o Parlamento de Galicia redacte e aprobe unha Lei […]

Tempo de Samaín

26 Outubro, 2006 (08:00) | Efemérides, Festas |

Rafael López Loureiro, autor de Samaín, a festa das caliveiras , e animador da recuperación do Samaín na vila de Cedeira, xa demostrou hai tempo o carácter galego desta festa que, moitas veces asociada ás de Santos e Defuntos, existía por todo o noso país ata hai menos de trinta anos.Recuperar ou reinventar esta tradición […]

O cartel do IIIº Simposio O libro e a lectura

25 Outubro, 2006 (21:47) | Eventos |

As persoas interesadas en inscribirse (de forma gratuita) no IIIº Simposio O Libro e a Lectura “Bibliotecas, Lectura e Edición” xa poden facelo dirixíndose á secretaría da AGE. Etiquetas: AGE, Bibliotecas

Pedagoxía da convivencia

25 Outubro, 2006 (18:51) | Educación, Ensaio, Novidades |

Xián ten dezaseis anos e repite 3º de ESO. A semana pasada foi expulsado do instituto durante tres días, a máxima corrección que pode impoñer a dirección, por unha falta de respecto a un dos seus profesores e aos seus compañeiros de aula. Foi a clase sen material ningún e interrompeu varias veces coas súas […]

Proxecto Palabras +

24 Outubro, 2006 (22:24) | Eventos |

Enviáronme información sobre o proxecto Palabras + que promoverá a artista Luz Darriba o 25 de novembro, na praza do Obradoiro, con motivo do Día Internacional pola non violencia contra as mulleres. Reproduzo o texto da proposta de participación na actividade: Palabras +A palabra, o poder, o alcance, o contido da palabra, é o concepto […]

Proxecto-Edición

24 Outubro, 2006 (22:03) | Artes Visuais, Eventos |

No clima creativo da nosa política cultura pública, un chisco anémico e rutineiro, agradécese moito a aparición de iniciativas como o Proxecto-Edición. Os nosos tres primeiros centros públicos de arte contemporánea (CGAC, Marco e Fundación Luís Seoane) uniron esforzos para remoer moitas inercias e facer agromar mudanzas e transformacións arredor dos modelos expositivos e das […]

O mundo do libro

23 Outubro, 2006 (17:26) | Imaxes |

Vía Catuxa sei desta marabilla sobre o mundo do libro. Etiquetas: Libro

Ler, saber, facer

23 Outubro, 2006 (11:04) | Efemérides, Literatura infantil e xuvenil |

O Día Internacional da Biblioteca Escolar celébrase este ano baixo o lema “Ler, saber, facer”. Recomendo baixar o documento PDF elaborado pola Asesoría de Bibliotecas Escolares da Consellaría de Educación, no que se dá conta das características da efémeride en Galicia e se suxiren moitas actividades para realizar nas Bibliotecas dos centros educativos, durante o […]

Día Internacional das Bibliotecas Escolares

22 Outubro, 2006 (17:50) | Bibliotecas, Efemérides |

Mañá, cuarto luns de outubro, celébrase o Día Internacional da Biblioteca Escolar. Esta efeméride, iniciada en 1999 e convocada pola Asociación Internacional de Bibliotecarios Escolares (IASL), pretende sensibilizar á sociedade sobre a importancia da biblioteca escolar como recurso fundamental no proceso de ensino-aprendizaxe e impulsar a súa presenza na institución escolar.Nesta pasada semana celebrouse o […]

Tour irmandiño

22 Outubro, 2006 (17:19) | Iniciativas |

Xabier Feixoo achéganos noticias do seu traballo: novas fotografías do concello de Sandiás e o inicio dun Tour Irmandiño, proxecto no que colaborou coa xente de Culturagalega.org. Este percorrido polos espazos da revolta irmandiña pareceume moi interesante e amosa outras posibilidades da rede para ir construíndo coñecemento de forma colaborativa. Etiquetas: Irmandiños, Sandiás

Un "L" con moita miga

22 Outubro, 2006 (08:59) | Cidades, Lingua |

Hai dous días publiquei un post sobre A Coruña coa intención de dinamitar os moitos prexuízos que existen sobre a cidade de cristal na que estudei o bacharelato e á que tanto quero. Porén, ese comentario emotivo non impide que agora propoña unha reflexión máis racional sobre o que se agacha tras a estratexia dos […]

Coroa patrimonial

22 Outubro, 2006 (08:44) | Artigos Faro de Vigo, Campo de Granada, Vigo |

No artigo da semana, a raíz da aparición de Vigo e comarca camiñando, o novo libro de Xosé Ramón Varela, fago un comentario sobre a importancia da coroa vexetal e arqueolóxica viguesa e sobre a dimensión do sendeirismo como deporte cultural. Foto: Vista da ría de Vigo dende o miradoiro do Monte Cepudo (J. Albertos). […]

Máis alá

21 Outubro, 2006 (12:49) | Beizóns, Internet, Medios |

Moi xeitosa a nova canle cultural de Vieiros. A estrutura de seccións, a presenza importante da imaxe e do vídeo e, sobre todo, o tratamento da información cultural presentada nestas primeiras entregas son novidades que anuncian que este novo espazo vai constituír un paso importantísimo para Vieiros e para a ampliación da súa audiencia. Ademais, […]

De profundis

19 Outubro, 2006 (21:22) | Beizóns, Cine, Ilustración, Vídeos |

Non puiden asistir á estrea. Este trailer e a crítica de Pawley prometen moito interese.Beizóns para Miguelanxo e Nani!!! Etiquetas: Cine, Música, Miguelanxo_Prado, Nani_García

Gústame A Coruña

19 Outubro, 2006 (16:54) | Cidades |

Non hai volta de folla: gústame A CORUÑA. Gústame esa cidade dona-peixe que naceu da auga e do sal do mar. Gústame “a cidade que ergue a cabeza altiva sobre os mares” de Curros Enríquez. Gústame “a baía feita de azul, luz e cristal” do poeta Manuel María. Gústame sentir como rabuña alí o mar […]

Enredad@s

18 Outubro, 2006 (15:52) | Blogs, Eventos, Internet |

Hoxe coñecín o programa definitivo de Enredad@s as Xornadas sobre Mocidade e Internet que organiza en Santiago o Consello da Xuventude de Galicia en colaboración coa Dirección Xeral de Comunicación Audiovisual e as tres universidades galegas. O simpático da cuestión é que coinciden nas mesmas datas e case no mesmo horario co noso Simposio sobre […]

O estado das Bibliotecas a debate

17 Outubro, 2006 (17:46) | Bibliotecas, Eventos |

“Bibliotecas, Lectura e Edición” serán os tres eixos sobre os que xirará o IIIº Simposio “O libro e a Lectura” que organizará en Santiago a AGE, en colaboración co Consello da Cultura Galega, durante os días 16 e 17 de novembro.O debate sobre a situación bibliotecaria, o fomento da lectura e os contidos das futuras […]

Tempos novos

17 Outubro, 2006 (15:47) | Beizóns, Medios |

No panorama da prensa impresa en lingua galega Tempos novos é un referente indiscutible de rigor e calidade informativas. O veterano mensual de Luís A. Pousa foi alicerzando o seu proxecto de publicación de pensamento progresista, mellorando as súas calidades de edición e deseño, aumentando a súa publicidade ata conseguir ofrecer un produto de gorentosa […]

"Rúa Carbón" finalista do Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil 2006

17 Outubro, 2006 (12:21) | Literatura infantil e xuvenil, Premios |

Onte deuse a coñecer o fallo do Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil 2006. O que desgrazadamente non aparece en medio impreso ningún (ou eu non o vin) é que na acta do xurado aparece como finalista Rúa Carbón, a novela de Marilar Aleixandre (un feito que nunca sucedera no premio). Polo que sabemos […]

Dez libros básicos sobre tipografía

16 Outubro, 2006 (21:26) | Tipografía |

Unostiposduros propón unha escolma dos dez libros básicos sobre tipografía. Recomendan ler todos… Etiquetas: Tipografía

O club da calceta

16 Outubro, 2006 (17:18) | Autores, Narrativa, Novidades, Xerais |

Chegan máis novos títulos do prelo. A novela O club da calceta de María Reimóndez é o máis recente. Velaí o texto que contracuberta que preparamos para presentala: “Seis mulleres moi diferentes entre si acoden a clases de calceta, un lugar onde converxen as súas frustracións pero, tamén, un lugar onde toman conciencia da súa […]

Secuencia Cero

15 Outubro, 2006 (20:59) | Cine, Eventos |

Inés Fernández remítenos esta invitación para asistir ao IIIº Certame de Curtametraxes Secuencia Cero que se celebrará esta semana no Verbum (non desaproveitar pasar pola cafetaría). Unha cita interesante. Etiquetas: SecuenciaCero, Cine, Vídeo

Dylan na Morgan

15 Outubro, 2006 (20:41) | Música |

Un amigo agasállanos coa noticia da exposición de Dylan na Morgan (a biblioteca novaiorquina onde está depositado o Pergamiño Vindel, esa peza patrimonial que deberamos reclamar que volvese a Galicia). Dúas boas excusas para volver a NY. Quen puidese! Etiquetas: Dylan, NY, Morgan

Campo do Fragoso XXIV

15 Outubro, 2006 (20:12) | Artigos Faro de Vigo, Campo do Fragoso, Celta de Vigo, Fútbol |

CONXUNTO ESPECTACULARFoi un partido espectacular, vibrante, emocionante e desputadísimo ata que Iturralde asubiou o remate. Tras un inicio de tempada un chisco vacilante, volvimos gozar da esencia do fútbol combinativo dun conxunto que na primeira parte arroiou cunha auténtica corga de oportunidades preciosas como había moito, moito tempo non se viran en Balaídos. Anticipándose na […]

Qué facemos co porto, qué facemos con Vigo?

15 Outubro, 2006 (13:25) | Artigos Faro de Vigo, Campo de Granada, Vigo |

No artigo da semana reflexiono sobre o conflito suscitado pola ampliación do peirao de Bouzas entre o responsable da Autoridade Portuaria e a alcaldesa de Vigo. Para min está claro o carácter preelectoral desta nova disputa e o escaso interese de ambos os dous candidatos á alcaldía viguesa por apostar por políticas de planificación estratéxica. […]

1000

14 Outubro, 2006 (14:49) | Blogs, Internet, Literacidade, Persoal |

Estas brétemas acadan co este post o seu número 1000, unha cifra inimaxinable cando hai case dous anos iniciabamos este vieiro de publicación na rede. Os máis de tres mil comentarios que as enriqueceron –contradicindo, polemizando ou rectificando ao autor con absoluta liberdade e grande xenerosidade– e os lectores e lectoras silenciosos que sei as […]

Grandes imperios, pequenas nacións

14 Outubro, 2006 (10:58) | Ensaio, Novidades, Sociedade |

Acabei de ler Grandes imperios, pequeñas naciones, un ensaio de Josep M. Colomer, publicado orixinalmente en catalán, que obtivo o IX Premio Fundació Trias Fargas 2005.Un libro moi interesante para debater sobre o futuro de pequenas nacións, como Galicia, no novo entorno dos imperios europeo e americano. A análise dos conceptos de imperio, nación e […]

A procura da verdade

13 Outubro, 2006 (18:12) | Autores, Críticas, Narrativa, Xerais |

Xa falaramos aquí da última novela de Xabier Quiroga. Hoxe aparece outra crítica excelente no Cartafol de libros.Sería unha mágoa que esta obra con tan boa acollida crítica, considerada unanimemente como de gran calidade literaria, pasase desapercibida para os lectores.Unha aclaración: a pesar das dúbidas do crítico, Xabier Quiroga é o nome dun autor (a […]

O PP de Galicia e o libro galego

13 Outubro, 2006 (16:10) | Cultura, Política |

Nos últimos días o PP de Galicia publicou dous comunicados expresando a súa preocupación sobre o estado do libro galego. En principio, é moi de agradecer o interese do partido da oposición sobre o estado dun sector estratéxico da cultura do país, mais aínda cando este labor de seguimento e fiscalización do labor do goberno […]

Suso de Toro en EblogTV

12 Outubro, 2006 (10:11) | Autores, Blogs, Televisión |

Suso de Toro, o escritor que máis ten apostado pola textualidade electrónica na rede, foi o primeiro convidado das emisións en directo de EblogTV. A entrevista (en realidade un vídeo encontro) amosa tanto as posibilidades da nova televisión persoal na rede como as potencialidades deste tipo de soporte para o fomento da lectura. Moi interesante. […]

O meu mapa íntimo de librarías

11 Outubro, 2006 (19:16) | Librarías |

Amo as librarías da miña cidade. Gosto das tradicionais como “Cervantes”, da vella tradición das librerías viguesas: a de “Tetilla” en Policarpo Sanz, a “Rápida” en Gran Vía, a de “Barba” na Laxe, a de “Barrientos”, a “Papelería Española” e a “Bertrand” (que nos enchían de orgullo, no centro do Príncipe), a “Pax” de Elduayen, […]

Pecha a libraría Colón da Coruña

10 Outubro, 2006 (21:33) | Cidades, Librarías |

Colón, a libraría máis antiga da Coruña, tan presente na novela de Rivas, pechará antes de finais deste ano. A ruína do edificio (ninguén fixo nada para impedila, esa vella treta!) é a causa aducida polos propietarios do inmoble para levantar alí unha construción de nova planta. O día 14 de decembro está previsto que […]

Trucos para ler. Estratexias do desexo

10 Outubro, 2006 (21:06) | Lectura |

Este artigo de Emili Teixidor, publicado na Vanguardia o 19 de xaneiro de 2005 e reproducido, o mesmo día por Txetxu, foi o gañador do VI Premio Xornalístico sobre Lectura convocado pola Fundación GSR.Un texto marabilloso e sorprendente, un clásico sobre a lectura, deses que merecen quedar arquivados para reler e consultar moitas veces. Etiquetas: […]

Moitos libros?

10 Outubro, 2006 (19:09) | Comercio do libro, Imaxes |

(Alicia Martín, instalación, Madrid 2003) A pasada semana comentamos polo miúdo os datos do estudo do Comercio Interior do libro 2005, tratando de non simplificar o diagnóstico sobre a produción e venda do libro galego no pasado ano e procurando atopar liñas de tendencia entre os últimos cinco exercicios . Onte apareceu unha coidada información […]

Entrevista a Antonio Basanta

9 Outubro, 2006 (20:39) | Bibliotecas, Editores, Entrevistas, Lectura |

Antonio Basanta, vicepresidente e director executivo da Fundación Germán Sánchez Ruipérez, propón nesta recente entrevista de El Correo, interesantes reflexións sobre a lectura e o seu decisivo papel na educación. Editor educativo de grande experiencia (con quen tiven a oportunidade de traballar durante algúns anos), Basanta é hoxe un dos mellores coñecedores do sistema de […]

Vídeo afeccionado sobre 11-S

9 Outubro, 2006 (19:20) | Vídeos |

Vía Julián Gallo coñezo este vídeo afeccionado gravado por dous rapaces (Bob e Bri) desde o piso 36 dun edificio situado a pouca distancia das torres xemelgas. Decidiron dalo a coñecer con motivo do quinto aniversario. Un documento valioso, dura 26 minutos, que amosa as posibilidades alternativas da rede para difundir este tipo de documentos. […]

Entrevista a Beatriz de Moura

8 Outubro, 2006 (19:49) | Edición, Editores, Entrevistas |

Continúo o proxecto de ir arquivando no blog importantes entrevistas con protagonistas da edición internacional. O pasado domindo El Pais publicaba unha longa entrevista a Beatriz de Moura, a editora e fundadora de Tusquets. De Moura, unha das editoras literarias máis importantes da xeración da “gauche divine” barcelonesa (como tamén Jordi Herralde), nos últimos trinta […]

Blogs: identidades de dominio público

8 Outubro, 2006 (09:52) | Blogs |

Juan publica este post fundamental no que volve definir aos blogs como identidades de dominio público. Este texto sobre o “eu dixital” debe quedar no noso arquivo. Etiquetas: Blogs, Periodistas21

Menchu Lamas: sombras no labirinto

8 Outubro, 2006 (09:30) | Artes Visuais, Artigos Faro de Vigo, Campo de Granada, Exposicións |

No artigo da semana falo da exposición de Menchu Lamas no CGAC (é incrible que o noso primeiro centro de arte contemporánea teña pechado o seu espazo web). Recomendo tamén o magnífico catálogo (mágoa que tampouco poida atoparse referencia na rede). Etiquetas: Artigos, MenchuLamas, CGAC, Arte

Homenaxe a Beiras en Ourense

7 Outubro, 2006 (18:54) | Eventos, Política |

Marcos fai unha completísima crónica da homenaxe que recibiu onte Xosé Manuel Beiras en Ourense. Moi interesante para comprender qué está pasando e qué pode suceder no BNG. Etiquetas: Beiras, BNG, Ourense

Solidariedade con Fernán Vello

7 Outubro, 2006 (13:53) | Edición, Editores, Política |

Aínda que entendo desafortunado o título e o antetítulo desta información, paréceme inadmisible que un concelleiro recrimine en público o lexítimo exercicio da liberdade de expresión dun editor cando presenta un dos seus libros. Cónstame que Fernán Vello expresou as súas opinións (que poden ou non ser compartidas) coa elegancia e a diplomacia que sempre […]

Celta Mortensen

6 Outubro, 2006 (20:23) | Celta de Vigo, Cine |

Os responsables de mercadotecnia do Celta están de noraboa, aínda que non é a primeira vez que Viggo Mortensen veste unha camiseta dun equipo de fútbol. Pois iso, nestes días Viggo = 100% Celta. Etiquetas: ViggoMortensen, Celta, Fútbol

Aventuras da Superbibliotecaria

6 Outubro, 2006 (20:13) | Bibliotecas, Vídeos |

Nestes días nos que estamos ultimando o programa do Simposio sobre “Bibliotecas, Lectura e Edición“, o que me permite falar con moitos bibliotecarios e bibliotecarias para convidalos a participar, non está mal botar unhas risas coas aventuras desta Superbibliotecaria. Vía Ana Bande. Etiquetas: Bibliotecas