Month: Novembro, 2006

Vidas exemplares, a presentación.

30 Novembro, 2006 (19:11) | Narrativa, Novidades, Presentacións, Xerais |

O martes 5, as 20:00 horas presentaremos Vidas exemplares de Uxía Casal no Bar Plaza de Ribeira. Estades convidados, xente do Barbanza. Etiquetas: Uxía_Casal, Xerais

Congreso Nacional de Bibliotecas Escolares

30 Novembro, 2006 (18:54) | Bibliotecas, Eventos |

Xa están dispoñibles na rede as Conclusións do Primeiro Congreso Nacional de Bibliotecas Escolares (pdf) celebrado o pasado mes de outubro. Paréceme moi significativo que se insista na na necesidade de colaboración entre as bibliotecas escolares e as bibliotecas públicas; que se solicite ás administracións públicas a creación de centros de apoio que proporcionen servizos […]

Carrilanos, novo premio

30 Novembro, 2006 (14:37) | Cine, Premios, Xerais |

Carrilanos, o documental de Rafael Cid sobre a epopea dos traballadores da vía, acaba de recibir un novo premio: á mellor obra de documentais longas do Extrema ´doc Festival de Cine Documental de Extremadura. Este galardón, que mañá recollerá en Cáceres o autor verinés, únese á longa relación de recoñecementos da obra: Mención Especial do […]

Blúmsdei: quitar o corsé

29 Novembro, 2006 (16:55) | Críticas, Narrativa, Premios, Xerais |

Un bo amigo, ao fío da miña anotación de hai dous días, recórdame por correo electrónico a primeira crítica aparecida de Blúmsdei, preparada por Camilo Franco e aparecida no suplemento Culturas de La Voz (é unha mágoa que só se poida consultar en PDF) o 24 de xuño deste ano. Trátase dun texto crítico moi […]

Sonotone

28 Novembro, 2006 (22:59) | Internet, Medios, Música |

Sei por Pawley da aparición hoxe na rede de Sonotone, unha revista galega (de actualización semanal) sobre música na que tamén terán cabida outras disciplinas como o cine e a literatura. Nesta primeira entrega no apartado de libros aparecen reseñas de ¡Viva o Fu Remol!, Éxodo e dz ou o libro de esperma. Ten moi […]

Blúmsdei, gañador do Táboa Redonda 2006

27 Novembro, 2006 (22:55) | Beizóns, Narrativa, Premios, Xerais |

Blúmsdei de Cid Cabido foi a obra gañadora do Premio Táboa Redonda ao mellor Libro Galego do ano 2006, outorgado entre os seus lectores polo Diario de Pontevedra e El Progreso de Lugo. A pesar de que esta novela non foi nin presentada en actos públicos nin apareceron entrevistas ningunhas nos medios, por desexo do […]

A crítica dos nosos premios

27 Novembro, 2006 (19:21) | Críticas, Literatura infantil e xuvenil, Narrativa, Premios |

Non podo negar que estou moi satisfeito da aparición das primeiras críticas que están recibindo as tres obras gañadoras dos nosos premios deste ano: Premio Merlín de literatura infantil: “Un premio Merlín engaiolante“. Premio Fundación Caixa Galicia de literatura xuvenil: “Nazis e okupas nas montañas luguesas“, “Hippies e nazis en Galicia“, “A cova das vacas […]

Funcións do libreiro

27 Novembro, 2006 (18:39) | Librarías |

“Orientar ao lector, manter o nivel sociocultural da súa contorna, crear 0 contacto entre o pensamento e os lectores; estimular a curiosidade; suxerir lecturas, convidar á formación de novos lectores; vender e mantenerse; crear emprego estable e decente, impulsar a lectura e a beleza; ser o primeiro interlocutor entre a sociedade e o mundo editorial, […]

Campo do Fragoso XXVII

26 Novembro, 2006 (21:36) | Artigos Faro de Vigo, Campo do Fragoso, Celta de Vigo, Fútbol |

EMPATIÑOO adestrador aragonés Víctor Fernández –o inesquecible inspirador daquel engaiolante Celta de fantasía– na súa volta ao banco non perdeu as mañas e foi a polo partido dende o seu inicio: fixéronlle falta só seis minutos para que os seus se puxeran comodamente por diante no marcador grazas a un remate do perigoso Diego Milito, […]

Vigobibliotecas

26 Novembro, 2006 (16:00) | Artigos Faro de Vigo, Bibliotecas, Campo de Granada, Vigo |

Foto: J. Albertos. Biblioteca Central de Vigo. No artigo da semana, completando o do domingo pasado, abordo a problemática bibliotecaria de Vigo. Etiquetas: Artigos, Bibliotecas, Vigo

Os privilexios da igrexa católica

25 Novembro, 2006 (16:57) | Política, Sociedade |

A próxima pastoral da Conferencia Episcopal, na que se aliña co Partido Popular amosándose contraria a negociación con ETA, reclamando o “recto funcionamento” das institucións democráticas (sic) e na que critica ao que chama “laicismo radical” pola súas posicións sobre a recuperación da memoria histórica (a min gústame máis o termo “republicana”), amosa a prepotencia […]

Unha ducia de novísimos

24 Novembro, 2006 (18:21) | Autores |

As páxinas en galego de El Pais estréanse cunha reportaxe sobre “unha ducia de novísimos da literatura galega”. É moi de valorar esta iniciativa (ata agora inédita na nosa prensa analóxica) de facer visible a este grupo xeracional de poetas, narradores e narradoras dispostos a renovar a literatura galega. Unha reportaxe (mágoa que non se […]

Chano Piñeiro

24 Novembro, 2006 (17:40) | Cine |

Álvaro Cunqueiro e Chano Piñeiro viviron a súa nenez entre os albarelos, os botes e as botellas de porcelana das boticas dos seus pais. Quizais por andar enredando entre aquelas fermosas pezas cerámicas de Manises, que contiñan principios activos da farmacopea tradicional, os dous adquiriron unha capacidade xenial e única para dispensar ficcións, para inventar […]

Danza: un cova moi interesante

23 Novembro, 2006 (23:39) | Gastronomía, Viño |

Para celebrar a presentación da Guía de viños e augardentes 2006-2007, convidáronnos a unha botella de “Danza”, un espumoso de Valdeorras, que non aparece na guía (non ten D.O), das Adegas Día e Noite que rexe o noso amigo Pepe Rodríguez. “Danza” é un cova –ollo: nin un cava nin un champán– cunha burbulla aínda […]

Bibliotecas, Lectura, Edición (Conclusións)

22 Novembro, 2006 (07:57) | Bibliotecas, Edición, Eventos, Lectura |

Quedáronnos atrás as conclusións elaboradas pola AGE tras o IIIº Simposio O Libro e a lectura. Reproducímolas polo seu indubidable interese: A práctica lectora configúrase dende hai tempo coma un dos termómetros básicos para medir o nivel de desenvolvemento social, económico, político e cultural das sociedades. O acceso aos libros por parte da cidadanía é […]

O encaixe roto

21 Novembro, 2006 (18:49) | Sociedade |

«O encaixe roto» é o título dun conto escrito hai cen anos por Emilia Pardo Bazán, traducido por María Xosé Queizán dentro do volume Fenda, loucura e morte. Micaelita Aránguiz, unha rapaza da alta sociedade, rompendo todas as convencións sociais do seu tempo, decide cando o bispo lle preguntou se recibía a Bernardo por esposo, […]

Comentario de textos

20 Novembro, 2006 (16:18) | Celta de Vigo, Fútbol |

Crónicas do derbi. Un interesante exercicio de comentario de textos. Un contragolpe abondoulle ao Celta para levar os tres puntos de Riazor (xornal.com) Unha boa “contra” dá o triunfo ao Celta nun derbi espeso (La Voz de Galicia) Nené acaba coa racha do Deportivo en Riazor (El Ideal Gallego) O Celta gaña ao Caparrós (El […]

Galegos na rede

19 Novembro, 2006 (19:11) | Blogs, Internet |

Tivo interese a mesa redonda na que participamos varios blogueiros no seo das xornadas de Enredad@s. Gustoume moito a intervención de Marcus Fernández que presentou un panorama moi clarificador e completo sobre a situación da Internet en Galicia, propoñendo unha reflexión sobre a nosa fenda dixital (existente sobre todo no mundo rural galego, onde as […]

Bibliotecas públicas

19 Novembro, 2006 (08:34) | Bibliotecas |

No artigo da semana denuncio, ao abeiro das sesións e conclusións do IIIº Simposio da AGE, a situación carencial das bibliotecas públicas en Galicia, facendo especial mención ás importantes diferenzas existentes entre as dúas maiores cidades galegas e propoñendo a posibilidade de crear un Consorcio Bibliotecario Galego como plataforma de xestión e colaboración entre a […]

Para ler dúas veces

18 Novembro, 2006 (22:41) | Autores, Beizóns, Críticas, Narrativa, Xerais |

Hoxe apareceu en Babelia unha crítica sobresaliente da edición en castelán da novela de Rivas. Aledámonos desta recepción tan positiva que coincide coa expresada nos blogs galegos por Martin Pawley, Folerpa, Cesare, O levantador de minas, R.R., ou por críticos como Fernán Vello, Sandra Faginas, Xosé Manuel Eyré, Xulio Valcárcel (mágoa que estas tres últimas […]

Gennet Corcuera

17 Novembro, 2006 (07:22) | Educación, Sociedade |

O momento culminante da magnífica conferencia de onte de Pilar Pérez Esteve sobre as “Competencias lingüísticas no marco da Reforma Educativa” foi cando relatou a historia de Gennet Corcuera, a primeira española xordocega que chega á Universidade. Recordou que a estudante comentara nunha entrevista que o momento máis inesquecible da súa vida foi cando “comprendín […]

Panificadora

17 Novembro, 2006 (06:45) | Arquitectura, Cine, Vigo |

Se hai unha edificación que quero é a Panificadora. Nacín case ao pé deses formidables dez silos cilíndricos de formigón armado que son o berce da memoria da xeración do Polycomander. Vivín a nenez toda baixo o reloxo vital que marcaban as fornadas da Panificadora, esparexendo o arrecendo penentrante dos cornechos e boliños empaquetados na […]

Bibliotecas Públicas en Galicia, un diagnóstico

16 Novembro, 2006 (22:24) | Bibliotecas |

Hilario Hernández abriu o IIIº Simposio O Libro e a Lectura cunha conferencia traballadísima sobre a situación das Bibliotecas Públicas (BP) en Galicia, con datos referidos a 2004 e 2005.Hernández comezou a súa intervención definindo a biblioteca como “o servizo público que garante o acceso dos cidadáns en igualdade de oportunidades á cultura, á información […]

Arquitectura popular en Galicia

15 Novembro, 2006 (09:26) | Arquitectura, Novidades, Xerais |

As intervencións de Manuel Rivas e Pedro de Llano na presentación de onte do libro de Arquitectura popular en Galicia foron memorables.Rivas iniciou o seu parlamento afirmando que “este é un dos libros esenciais de Galicia” para sinalar a continuación que “nas arcas da casa tradicional galega gardábanse os documentos da casa, as alfaias e […]

Vidas exemplares

13 Novembro, 2006 (19:30) | Autores, Narrativa, Novidades, Xerais |

Hai tempo que tiña moitas ganas de anunciar a chegada aos andeis das librarías de Vidas exemplares, o libro de relatos de terror de Uxía Casal. Ulises, un excursionista extraviado no bosque, sinte tres arrepíos, que lle impiden articular palabra, cando coñeceu a tres anciáns que padecen unha condena insoportable… Un estraño engado percorre o […]

Campo do Fragoso XXVI

12 Novembro, 2006 (21:28) | Artigos Faro de Vigo, Campo do Fragoso, Celta de Vigo |

DESFEITAO fracaso europeo e a vergonzosa eliminación copeira do pasado xoves non agoiraban que se producise onte en Balaidos o inicio da agardada remontada. Comezaron o encontro os celestes moi animados conseguindo sacar catro corners e outras tantas oportunidades na súa primeira xogada de ataque. Mais a medida que foron pasando os minutos, e despois […]

Ms. Dewey

12 Novembro, 2006 (11:13) | Internet |

Eis o novo buscador de Microsoft. A interface en flash é simpática, aínda que o buscador é lentísimo e a lectura e acceso das buscas complexa. Apúntome aos comentarios de Vanesa. Con todo, sinala unha tendencia…Quen teña interese en experimentar con outros buscadores, o Chacha non está mal para atopar contidos, sobre todo, en inglés […]

Informe Ardora

12 Novembro, 2006 (10:49) | Artigos Faro de Vigo, Campo de Granada, Vigo |

No artigo da semana analizo os contidos do recente Informe Ardora 2006 de prospectiva sobre Vigo e a súa Área Metropolitana. Etiquetas: Artigos, Vigo, Ardora

Da escola das bolboretas á noite de voraces sombras

11 Novembro, 2006 (20:43) | Cine, Educación, Historia |

A lingua das bolboretas, a película de José Luís Cuerda que recrea textos de ¿Qué me queres amor? é unha película que consegue emocionar, xa que tras os ollos de Monchiño –o Pardal de seis anos que foxe do seu niño familiar da man de don Gregorio, o mestre a piques de se xubilar que […]

Casa das Letras

11 Novembro, 2006 (13:22) | Blogs, Librarías |

Vía Txetxu coñezo Casa das letras, o blog da Libraría Gráficas Santiago de Ribadeo. Que eu coñeza, coa excepción dos espazos webs de Andel, Couceiro de Santiago e Trazos (con vendas online) este é o primeiro blog dunha libraría galega, un feito que cremos debe ser salientada. Esta veterana libraría da Mariña (tamén un centro […]

Cabrafanada

10 Novembro, 2006 (18:57) | Autores, Blogs |

Con novo deseño (beta-blogger) e contidos moi completos volve o seu ritmo de publicación Cabrafanada, o cosmocaderno de Fran Alonso, un dos blogs pioneiros do blogomillo (a pesar de que algúns afirman que xa non existe). No blogrol proporciona moita información de todos os seus libros (un arquivo indispensable). Recomendo a lectura do seu post […]

Máis galego na ESO

10 Novembro, 2006 (17:54) | Educación, Lingua |

Vieiros confirma hoxe un ruxe-ruxe, que coñeciamos dende hai unhas semanas, sobre a intención do Goberno Galego de aprobar un decreto que estableza que a partir do vindeiro curso, coincidindo coa implantación dos novos currícula, serán impartidas en galego a metade das áreas da ESO. O Goberno Galego poñería así en marcha unha das medidas […]

A materia de Xabier Paz

9 Novembro, 2006 (19:12) | Autores, Poesía, Presentacións, Xerais |

Hoxe presentamos Materia de Lucrecio, o poemario máis recente de Xabier Paz. Creo que este poemario materialista sorprenderá xa que fose de a mantenta de calquera asombro íntimo para propoñer ao lector unha indagación sobre o sentido da vida no cosmos e no universo. Tanto pola súa temática, como pola súa expresión prosaica e a […]

Bromera, 20 anos

9 Novembro, 2006 (17:41) | Beizóns, Edición, Editores |

Bromera celebra esta semana os seus primeiros vinte anos de edición en catalán. O proxecto de Josep Gregori –modelo de editor culto, imaxinativo culto e discreto (como ten que ser)– foi consolidándose devagariño ata converterse nunha referente da nosa edición cultural e educativa, ao tempo que no primeiro editor do País Valenciano.O modélico traballo de […]

A cidade perdida

8 Novembro, 2006 (19:29) | Arquitectura, Cine, Vigo |

O vindeiro 17 de novembro estréase A cidade perdida, un documental que pretende pór en valor a arquitectura industrial destruída da cidade de Vigo. Edificios como a Panificadora, Cerámicas Santa Clara ou La Artística son emblemas industriais que non nos poden ser roubados. Beizóns para este esforzo de recuperación da nosa memoria. Agardamos con expectación […]

A liberalización dos prezos dos libro de texto

8 Novembro, 2006 (18:03) | Libro de texto |

Hai uns días comentabamos de forma apresurada a medida da liberalización dos prezos do libro de texto aprobada polo Goberno no seu proxecto de Lei do Libro. Hoxe un grupo de editores educativos galegos mantivemos en Santiago unha reunión con responsables de ANELE que nos serviu para clarificar algúns aspectos da lei que semellaban máis […]

A Cova das Vacas Mortas

7 Novembro, 2006 (21:45) | Autores, Literatura infantil e xuvenil, Xerais |

Hoxe aparece a primeira crítica sobre a última novela de Jaureguizar, gañadora do Premio Fundación Caixa Galicia 2006 de literatura xuvenil. A crítica de Isabel Soto é moi boa, chamando á lectura: “En definitiva, o conxunto conforma unha suxestiva historia que ha espertar a curiosidade do lector pola súa lograda construción e a intelixente dosificación […]

Iº Encontro de Bibliotecas Escolares de Galicia

6 Novembro, 2006 (18:41) | Bibliotecas, Eventos |

Non hai dúbida de que este mes de novembro vai ser moi rico en Galicia na celebración de encontros e debates arredor da lectura e do papel da bibliotecas.Souben hoxe da celebración do Iº Encontro de Bibliotecas Escolares de Galicia, promovido pola Asesoría de Bibliotecas Escolares, os días 10 e 11 de novembro en Compostela. […]

Entrevista a Pedro de Llano

5 Novembro, 2006 (19:27) | Arquitectura, Entrevistas |

A aparición das nosas edicións recentes de Arquitectura popular en Galicia (en galego e castelán) suscita unha interesante entrevista con Pedro de Llano. Este volume agora moi ampliado e actualizado, un auténtico clásico (editado por vez primeira polo COAG hai vinte anos), propón unha mirada sobre a integración da nosa arquitectura tradicional na paisaxe. Inevitablemente, […]

Tempo de castañas

5 Novembro, 2006 (11:23) | Artigos Faro de Vigo, Campo de Granada, Festas, Gastronomía |

No artigo da semana, ao abeiro do tempo de Samaín e Magostos, abordo a proposta de conseguir para a Castaña de Galicia unha Indicación Xeográfica de Calidade. Outra forma de abordar a recuperación do noso medio rural. Foto: Fraga de Catasós. Etiquetas: Artigos, Castañas, Galicia

Tostado de Costeira

4 Novembro, 2006 (09:05) | Gastronomía, Viño |

Onte á noite para celebrar a visita do noso curmán brasileiro abrimos a botella de Tostado de Costeira. Unha auténtica marabilla esta recuperación do famoso tostado do Ribeiro (apenas 2.950 botellas numeradas, ollo: 35 euros)! Recollo a fermosa nota de cata (un xénero descritivo admirable e dificilísimo) do amigo Luís Paadín, o coordinador da nosa […]

Unha lei de prezo fixo?

3 Novembro, 2006 (19:07) | Cultura |

Está é a prometida lei do prezo fixo do libro (un compromiso electoral de Zapatero)? Interesantísimas reflexións de Barandiarán sobre os contidos do proxecto de lei, ás que pouco hai que engadir.Podemos denominar de prezo fixo unha lei que establece liberalizacións para o libro de texto (incluído o universitario ?) e moitas outras excepcións que […]

Barbantia

3 Novembro, 2006 (18:27) | Asociacionismo |

O traballo do editor permíteme viaxar moito polo país sexa para presentar as nosas novidades ou sexa para contactar con autores ou colectivos que nos poidan achegar novos contidos. Unha experiencia que me permite ir coñecendo o tecido asociativo do eido cultural e literario, moito máis dinámico do que, xeralmente, se reflicte nos medios impresos […]

País dos mil viños

2 Novembro, 2006 (19:30) | Eventos, Viño |

Levo estes días moi mergullado na edición da Guía dos Viños, Augardentes e Bodegas de Galicia 2006-2007 (máis de catro centas páxinas) da Asociación de Sumilleres Gallaecia e que pretendemos presentar coincidindo coa celebración na Coruña do Salón dos Viños e Augardentes de Galicia a finais deste mes de novembro. A verdade que este é […]

Apuntes para aprendices de editor

2 Novembro, 2006 (16:34) | Edición, Editores |

Aí vai un modelo de edición á italiana. Recomendo a lectura crítica deste texto, real como a edición mesma. Vía Libros & Tecnología. Etiquetas: Edición

O tesouro da lagoa de Reid ‘Is

1 Novembro, 2006 (20:41) | Autores, Literatura infantil e xuvenil, Presentacións, Xerais |

O pasado venres comezamos as presentacións dos Premios Xerais 2006. Fomos a Noia a acompañar a Agustín Agra, autor d’ O tesouro da Lagoa de Reid ‘Is, a novela gañadora do Premio Merlín 2006.A presentación, organizada coa colaboración de Barbantia (unha asociación cultural inquedísima da que realizaremos un comentario do seu traballo en vindeiros días), […]

O tesouro da lagoa de Reid ‘Is

1 Novembro, 2006 (20:41) | Autores, Literatura infantil e xuvenil, Presentacións, Xerais |

O pasado venres comezamos as presentacións dos Premios Xerais 2006. Fomos a Noia a acompañar a Agustín Agra, autor d’ O tesouro da Lagoa de Reid ‘Is, a novela gañadora do Premio Merlín 2006.A presentación, organizada coa colaboración de Barbantia (unha asociación cultural inquedísima da que realizaremos un comentario do seu traballo en vindeiros días), […]

Estudar en galego

1 Novembro, 2006 (20:32) | Educación, Lingua |

Mandáronme o enlace deste vídeo moi engrazado convocando a folga de estudantes a prol do ensino en galego. Etiquetas: Galego, Folga