Month: Decembro, 2006

Viascon, o vídeo do ano

31 Decembro, 2006 (18:07) | Música, Vídeos |

Vias demostrou este ano que é un artista excepcional. Sei que prepara un disco en solitario. O mellor do mestre está por chegar no vindeiro 2007.

Suspensión do proceso

31 Decembro, 2006 (14:01) | Política |

A suspensión do proceso de paz anunciada polo presidente, tras o gravísimo atentado da T4, é unha decisión coherente co mandato parlamentario de iniciar un diálogo con ETA só en ausencia de violencia. A inevitable suspensión do proceso, rebentado pola vontade dos terroristas, non debería supoñer, a pesar da raiba e impotencia provocados polo atentado, […]

A forza da palabra

31 Decembro, 2006 (09:31) | Artigos Faro de Vigo, Campo de Granada, Cultura, Efemérides, Eventos, Exposicións, Lingua |

No artigo da semana recomendo a visita á exposición instalada na Fundación Caixa Galicia con motivo do centenario da Academia Galega. Sería magnífico que se puideron ler na rede máis contidos (sobre todo as imaxes) desta mostra memorable. Etiquetas: Academia_Galega, Galicia

Océano Sobral

30 Decembro, 2006 (19:10) | Artes Visuais, Exposicións |

Antón Sobral é o noso vixía do mar. Moi poucos pintores posúen a precisión da súa mirada sobre o horizonte mariño, apenas unha liña finxida onde as xerfas das ondas debuxan o seu antollo océanos. Nas súas mariñas sen referencias non hai nostalxia nin dramatismo por que as ardentías arrecenden o sabor salgado das gamas […]

Feliz 2007!

30 Decembro, 2006 (14:18) | Vídeos |

Súmome a estes fermosos parabéns (Vía Manolo Gago). A pesar do mazazo que nos ten sobrecollidos, no vindeiro ano temos a obriga moral de confiar na esperanza e participar na difícil construción da paz. Os meus mellores desexos para todos e todas.

Galiza-Ecuador

29 Decembro, 2006 (19:20) | Fútbol, Vídeos |

Paga a pena este resumo de cinco minutos. Ademais dos goles e dunhas cantas boas xogadas, cómpre reparar no instante dos agarimos de Fernando a Arsenio.

Futbolistas emigrantes

29 Decembro, 2006 (18:09) | Fútbol, Selección_Galega, Sociedade |

O segundo encontro da selección foi, loxicamente, un chisco menos emotivo que o do debut do pasado ano, aínda que a nivel estritamente de xogo resultou moito máis rico e interesante. O combinado galego, a pesar de non poder contar con algunhas das súas estrelas (Oubiña, Aspas, Salgado ou Cabanas), empurrou cunha calidade e afouteza […]

Iniciativa Man de Camelle

28 Decembro, 2006 (09:41) | Artes Visuais, Cultura, Efemérides, In memoriam |

Oportunísima a páxina de hoxe de La Voz de Galicia recordando o cuarto aniversario do falecemento de Man de Camelle. É inxustificable o esquezo por parte das institucións públicas galegas (dende a Consellaría de Cultura, a Deputación da Coruña ata o propio concello de Camariñas) dunha figura que simbolizou, como poucas, a comunión do home […]

O Vigo da movida

27 Decembro, 2006 (23:05) | Música, Vídeos, Vigo |

Os moitos que non puideron acompañar a Siniestro hoxe nos Salesianos poden consolarse con este vídeo sobre aquel Vigo da movida. Etiquetas: Vigo

Balance dun ano cultural

27 Decembro, 2006 (22:10) | Cultura |

Nestes derradeiros días do ano, os medios adoitan facer reportaxes de balance do ano. Esta tarde chamoume unha xornalista para solicitar a miña opinión sobre o balance cultural galego de 2006. Sinaleille como os tres feitos, para min, máis significativos do ano os seguintes: 1º, o fenómeno dos blogs e, en xeral, a expansión de […]

Universalista

26 Decembro, 2006 (22:43) | Música, Vídeos |

Coñece alguén a este Universalista, un xenuíno cronner galego? Preséntase, tamén cos alcuños de Ferrolito ou, simplemente, ungallego (o seu tema “Christmas on Broadway” é, polo momento, o seu maior éxito en youtube, con máis dun milleiro de visionados nunha semana). Galicia paraíso friki!

20 anys de Bromera

26 Decembro, 2006 (21:24) | Editores, Vídeos |

Xa informamos do aniversario dos nosos amigos de Bromera. Este vídeo axudará a coñecelos mellor en Galicia.

La Favorita de Príncipe

26 Decembro, 2006 (16:17) | Campo de Granada, Persoal, Vigo |

Os vigueses queremos a rúa do Príncipe por que é a nosa rúa do paseo. Na miña casa, ao pé do Barrio do Cura, identificabámola coa propia cidade. “Imos pasear a Vigo”, diciamos cando baixabamos ao Príncipe. Cando neno devecía por correr diante dos escaparates das longas galerías de La Norma e Tobaris. Pasmaba diante […]

Brétemas temáticas

24 Decembro, 2006 (18:18) | Persoal |

A nova versión de blogger permitiume ir organizando as anotacións do blog de dous anos. O traballo non está rematado, mais creo que xa se pode ir navegando polos marcadores temáticos máis recentes (situados no blogr roller e ordenados alfabeticamente) e descubrir algunha interesante que puido ir quedando esquecida. Facendo o traballo comprobei, outra vez […]

Himno polémico

24 Decembro, 2006 (11:00) | Artigos Faro de Vigo, Campo de Granada, Música, Política, Vídeos |

Inevitablemente, no artigo da semana propoño unha reflexión sobre a polémica interpretación do himno galego nos actos de conmemoración do vinte e cinco aniversario do Parlamento. Adianto que non comparto a iniciativa unilateral da presidenta (non era para min nin o lugar nin o momento nin a circuntancia axeitada para esta fusión) nin tampouco os […]

Volve Richard Sennett

23 Decembro, 2006 (11:40) | Ensaio, Novidades, Sociedade, Socioloxía |

Coincido con Juan en que Richard Sennet, Zygmunt Bauman e Ulrich Beck son os tres sociólogos claves na análise da sociedade postmoderna. Dos tres a obra que mellor coñezo é a de Sennett, que sigo dende a publicación das traducións en español de La corrosión del carácter e El respeto. Acabo de rematar a lectura […]

Premios Xerais 2007

22 Decembro, 2006 (13:31) | Literatura infantil e xuvenil, Narrativa, Premios, Xerais |

Hoxe subimos as bases dos Premios Xerais 2007. O prazo de admisión de orixinais remata o 10 de abril de 2007 e o fallo darase coñecer o sábado 9 de xuño. Etiquetas: Premios_Xerais

Nace a Diciopedia do século XXI

21 Decembro, 2006 (23:01) | Dicionarios, Lingua, Novidades |

Os meus parabéns aos colegas de Galaxia, Cumio e Ediciós do Castro que se uniron para acometer conxuntamente dende a iniciativa privada o importante proxecto da Diciopedia do século XXI. Etiquetas: Diciopea

Campo do Fragoso XXIX

21 Decembro, 2006 (00:08) | Artigos Faro de Vigo, Campo do Fragoso, Celta de Vigo, Fútbol |

O INSTANTE DECISIVOEsta tempada un extraño trasno debe habitar na estragada lameira de Balaídos trabando as botas dos dianteiros celestes e impedindo que se produzan eses instantes decisivos, eses alustros de duración apenas perceptible para os seareiros, que permiten a aparición da fantasía irrepetible do gol. Onte, o Celta volveu poñer sobre o terreo todos […]

Segundo Congresso de Editores

19 Decembro, 2006 (23:15) | Edición, Eventos, Portugal |

Aquí poden lerse todos os relatorios presentados no pasado Segundo Congresso de Editores. Moi interesante para coñecer o estado da edición e as preocupacións dos nosos irmáns portugueses.Etiquetas: Congreso_Editores, Portugal

Isaac e a memoria

19 Decembro, 2006 (23:05) | Edición, Editores, Eventos, Historia |

Xa comentei que a intervención de Fran Alonso sobre Isaac Díaz Pardo foi moi brillante. No Cabrafanada pode lerse un anaco. Etiquetas: Cabrafanada, Díaz_Pardo, Eventos, Noite_da_edición_2006, AGE

Feismo? Destruír un país

19 Decembro, 2006 (22:38) | Arquitectura, Novidades |

Un dos libros dos que máis gustei este ano é Feismo? Destruír un país de Difusora de Letras, Artes e Ideas. Esta edición soberbia e fermosa (oitocentas fotografías), como é adoito en todas as obras da editora de Xavier Paz, propón unha reflexión sobre o feismo (a destrución do territorio humanizado) como fenómeno multipolar. Este […]

Botábase en falla

18 Decembro, 2006 (22:12) | Lingua, Publicidade, Vídeos, Xerais |

Este foi o primeiro anuncio en televisión dun libro galego. Emitiuse xustamente hai vinte anos, no nadal de 1986, con motivo da campaña de lanzamento da primeira edición do Diccionario Xerais da Lingua. Luís Mariño, o inesquecible editor e director entón da editorial, encargoullo á prestixiosa axencia Contrapunto. Emitiuse nas desconexións publicitarias de TVE e […]

Noite da edición de Galicia 2006

17 Decembro, 2006 (15:16) | Edición, Eventos |

A segunda Noite da edición de Galicia, celebrada onte en Pontevedra, non se centrou só na entrega dos Premios da edición 2006. Serviu , ademais, para homenaxear a Sabino Torres e Isaac Díaz Pardo, os dous editores galegos máis veteranos (moi brillantes foron as laudatios, tanto a de Víctor F. Freixanes ao creador da colección […]

Resplandor no abismo

17 Decembro, 2006 (14:38) | Artigos Faro de Vigo, Autores, Campo de Granada, Narrativa, Novidades |

No artigo da semana recollo parte da intervención que lin nos diversos actos de presentación da agora premiada novela de Rivas. Etiquetas: Artigos, Narrativa, Rivas, Os_libros_arden_mal

Xosé L. Méndez Ferrín, solidariedade traballadores de Astano (1985)

16 Decembro, 2006 (00:56) | Autores, Eventos, Vídeos |

As marabillas de you tube permiten acceder á memoria próxima. Eis os documentos audiovisuais recuperados por Calidonia do festival musical e literario en apoio aos traballadores de Astano, celebrado no pavillón da Malata de Ferrol o 10 de febreiro de 1985. Ademais deste discurso de Ferrín e do recitado de Rivas, poden visionarse as intervencións […]

Manuel Rivas, solidariedade traballadores de Astano (1985)

15 Decembro, 2006 (07:31) | Autores, Eventos, Vídeos |

Os anuncios

15 Decembro, 2006 (07:05) | Dicionarios, Vídeos, Xerais |

Estamos moi agradecidos polo interese que suscitou a aparición dos dous anuncios. Constitúen unha iniciativa modesta, para nós un ensaio, coa intención de atopar vieiros estables para aumentar a visibilidade do libro na televisión. Deseñamos unha pequena campaña de dúas semanas (do 11 ao 24 de decembro) nas que aparecerán acompañando a algúns espazos da […]

Os libros arden mal

13 Decembro, 2006 (12:49) | Autores, Narrativa, Novidades, Vídeos, Xerais |

Home sen nome

12 Decembro, 2006 (11:40) | Autores, Narrativa, Novidades, Vídeos, Xerais |

Marilar Aleixandre gañadora do V Premio de Poesía Caixanova-Pen Club

11 Decembro, 2006 (22:53) | Autores, Beizóns, Poesía, Premios |

Beizóns, Marilar! Etiquetas: Marilar_Aleixandre, Poesía, Premios

Campo do Fragoso XXVIII

11 Decembro, 2006 (07:49) | Artigos Faro de Vigo, Campo do Fragoso, Celta de Vigo, Fútbol |

DESENCONTROA afección ten razóns para estar descontenta co Celta desta tempada. Os magníficos resultados e a consistencia do equipo fóra da casa (un dos mellores conxuntos como visitante) non se corresponden nin cos seus raquíticos resultados (apenas cinco puntos de vinte un posibles) nin coa intermitencia do seu xogo nos encontros de Balaídos. Esta comprensible […]

Palabras contadas

10 Decembro, 2006 (10:09) | Autores, Narrativa, Novidades, Xerais |

A vindeira semana comezarán as presentacións (onde haberá moitas sorpresas) por diversos bares do país do novo libro de Camilo Franco, Palabras contadas. O libro inclúe máis dun cento de microrrelatos, outros trinta argumentos de novela, ademais de cinco relatos algo máis extensos, a xeito de bises. Aproveitando a funcionalidade da literatura breve Camilo aborda, […]

A hora de Galicia

10 Decembro, 2006 (09:54) | Artigos Faro de Vigo, Campo de Granada, Política |

No artigo da semana propoño unha reflexión sobre o axuste da hora de Galicia. A verdade é que ben diferente á do editorial de hoxe do propio Faro. Etiquetas: Artigos, Hora, Galicia, BNG

Memoria do 36

9 Decembro, 2006 (12:22) | Educación, Historia |

Os meus compañeiros Antón Costa e Xosé Manuel Malheiro prepararon un interesante número do Vieiros na escola sobre a morte, depuración e exilio do profesorado de Galicia provocados polo Franquismo. Moi recomendable, tanto dende o punto de vista didáctico como da información e enlaces actualizados que achega sobre a cuestión. Etiquetas: República, Educación, Vieiros_na_escola

Jerome Murat

8 Decembro, 2006 (21:22) | Artes Visuais, Vídeos |

Espectacular (dura oito minutos, paga a pena)! Etiquetas: Jerome_Murat . Pantomima

A morriña no blogomillo

8 Decembro, 2006 (19:58) | Blogs, Eventos |

Todos os xornais van facendo a súa “reportaxe de cota” sobre a situación dos blogs en galego. Desta volta tocoulle á edición galega de El Pais, que hoxe fai balance dos tres anos de existencia das bitácoras en galego. Coa excepción da previsión de que o número de blogs en galego chegará na primavera vindeira […]

Premios da Edición 2006

8 Decembro, 2006 (11:00) | Edición, Eventos |

O sábado 16 de decembro, no Salón Noble do Liceo Casino de Pontevedra, celebrarase a Noite da Edición 2006, na que se entregarán os Premios da Edición 2006 da AGE. Neste festa gremial dos editores galegos, Sabino Torres Ferrer (o máis veterano dos editores galegos en activo, responsable de Hipocampo Amigo e fundador da colección […]

Durango 2006

7 Decembro, 2006 (00:36) | Edición, Eventos |

Hoxe comeza a Feira do Libro e do Disco en éuscaro que, dende hai corenta e un anos, se celebra de forma ininterrumpida en Durango. Este evento é un modelo moi interesante para o sector da industria cultural en Galicia e do que temos moito que aprender. Nesta edición desprazouse a Durango unha pequena delegación […]

Vidas exemplares no Bar Plaza

6 Decembro, 2006 (10:51) | Autores, Narrativa, Novidades, Presentacións, Xerais |

Magnífica foi onte a presentación de Vidas exemplares de Uxía Casal no centenario Bar Plaza de Ribeira. Numerosísimos amigos e amigas ateigaron o Ateneo Valle Inclán que con este acto iniciaba a súas actividades. Coñecín a Paleón e Tucho (entusiasmados os dous pola novela de Ameixeiras) e parolei un bo pedazo con Santi Páramo e […]

De biblioteca universitaria a CRAI

4 Decembro, 2006 (22:30) | Bibliotecas, Slideshare |

A presentación que Ana Bande preparou para o IIIº Simposio O Libro e a Lectura permite comprender cómo é posible transformar unha biblioteca universitaria nun Centro de Recursos para a Aprendizaxe e a Investigación (CRAI). Moi interesante. Etiquetas: Bibliotecas

Sete saias

4 Decembro, 2006 (09:21) | Música, Vídeos |

Gústame este vídeo, a estrea de Sete saias.

LV, xornal gratuito en galego

3 Decembro, 2006 (22:38) | Lingua, Medios |

A aparición de LV, o primeiro xornal gratuito en galego, promovido polo grupo de comunicación artellado arredor de El Progreso, é unha sorpresa mercedora do noso maior entusiasmo. Cunha tirada de 50.000 exemplares, LV, con sede en Santiago, será distribuído de luns a venres nas sete grandes cidades galegas.A aparición da prensa analóxica gratuita é […]

BNG: o valor da unidade e o pluralismo

3 Decembro, 2006 (21:56) | Política |

A primeira reflexión urxente sobre o resultado da Asemblea do BNG, especialmente no que atinxe á composición do Consello Nacional e da Executiva, é que a organización política nacionalista sae moi reforzada polo valor que lle proporcionan a unidade e a asunción democrática do pluralismo. Esta apertura dunha nova etapa dun BNG de todos é […]

BNG: 32 voces

3 Decembro, 2006 (12:45) | Política |

O máis intelixente do que lin sobre a primeira xornada da Asemblea do BNG é a reflexión de Manuel M. Barreiro. O analista político máis lúcido co que hoxe contamos acerta de cheo cando diagnostica que os problemas actuais do BNG van moito máis alá das mudanzas que se poidan introducir no seu modelo organizativo. […]

Uso educativo dos blogs

2 Decembro, 2006 (22:09) | Blogs, Educación, Slideshare |

Esta presentación de Tiscar sobre o uso educativo dos blogs é modélica, tanto pola claridade na presentación e estruturación das ideas como no formato. Non coñecía o slideshare que permite subir presentacións unha utilidade interesantísima). Beizóns, Tiscar. Etiquetas:Blogs, Educación

Encrucillada

1 Decembro, 2006 (13:39) | Cultura, Eventos, Literacidade, Televisión |

Hoxe participo, xunto con Suso Iglesias, nun debate sobre o futuro da cultura e os medios de comunicación en Galicia, dentro dun ciclo organizado polo Ateneo de Pontevedra sobre prospectiva. Será unha boa oportunidade para volver reflexionar sobre a encrucillada histórica na que estamos. O miolo da miña intervención xirará arredor das seguintes cuestións: Estamos […]