Camilo Franco ("Cama-libro")
Da infancia recordo o tacto frío da cabeza do termómetro no sobaco. Lembro iso e as instrucións da miña nai cando chegaban as visitas: non leas que tes os ollos febles, tápate que vou airear o cuarto. Incorporarse, chaqueta nova do prixama, estirar a colcha e sorrir, que a adversidade de cada un non dá patentes para a mala educación. Logo chegaban, saudaban, refregábanme o pelo, preguntaban polos estudos, advertían que era sorte estar na cama e nas miñas respostas monosílabas nunca entendían a miña contrariedade por perder a soidade de enfermo ben suado.
Actualización: (25-01-2007): Información da exposición aparecida en el El Pais: “A literatura é a creación e o soporte a circunstancia”.
Actualización (26-01-2007): “Literatura en acción“, artigo de Antón Reixa en Luzes.
Comentarios
Comment from siloam
Date: 21 Xaneiro 2007, 9:23 p.m.
espero vela, e a graza que faime o seu apelido (como o de Xesús Fraga); dá gusto, con eses apelidos e o majetes que son , ademais de como escriben
Comment from De la Highway61
Date: 21 Xaneiro 2007, 10:04 p.m.
Un texto precioso, perfecto. Antes os nenos enfermos eramos así. Pode un sentir morriña de estar enfermo? Ou é simplemente morriña de ser un neno?
Grazas, Brétemas.
Comment from Anonymous
Date: 22 Xaneiro 2007, 2:17 p.m.
Sabendo como é Camilo xa me entrara a dúbida de senón sería todo unha carallada. Despois de ver os vídeos que colgaches, Manolo, xa non teño dúbida ningunha.
Comment from Torreira
Date: 23 Xaneiro 2007, 12:26 a.m.
Os amigos da miña editora son os meus amigos.
Agora en serio,Camilo ten algo especial asi que non me extrana que acredites nas súas verbas,que levan a tinta no cuspe da vida
Comment from Kami
Date: 23 Xaneiro 2007, 4:42 p.m.
Viva o franquismo!
Comment from Roi
Date: 23 Xaneiro 2007, 5:14 p.m.
Non teño nada contra Camilo Franco. Pero vendo os vídeos todo parece indicar que tentou un happening que resultou bastante cutre.
Comment from Anonymous
Date: 24 Xaneiro 2007, 12:25 a.m.
Roi, ti si que entendes. Han de ser os xenes.



Comment from Anonymous
Date: 21 Xaneiro 2007, 8:16 p.m.
Señor Bretemas, xa nos enteramos, creo da exposición de Camilo Franco. Con tanta insistencia vai quedar vostede mal como non sexa algo excepcional!