Month: Xaneiro, 2007

Aprender a convivir

31 Xaneiro, 2007 (14:25) | Educación, Política, Presentacións, Sociedade |

A presentación en Lugo do libro de Jares (máis dun centenar de persoas, a maioría profesores e profesoras vencellados á educación para a paz) supuxo tanto un balance dos case vinte e cinco anos da celebración do Día Escolar pola Paz (case tanto como o inicio do movemento de Educadores pola Paz) como unha oportunidade […]

Día Escolar da Paz e a Non Violencia

29 Xaneiro, 2007 (22:24) | Dereitos_humanos, Educación, Efemérides, Sociedade |

Mañá celébrase o Día Escolar pola Paz e a Non Violencia (DENIP), efeméride que promoveu en España (dende 1964) o profesor mallorquín Llorenç Vidal (coincidente co aniversario da morte de Ghandi) e que en Galicia se ven celebrando dende o curso 1981-1982 (en plena carreira armamentista), promovida polo grupo de Educadores pola Paz de Nova […]

Bibliotecas escolares

28 Xaneiro, 2007 (10:49) | Bibliotecas |

Gardalivros publica dúas anotacións utilísimas para planificar a biblioteca escolar e para manexar o Manifesto da IFLA/Unesco sobre a Biblioteca escolar. Recoméndoas vivamente. Etiquetas: Biblioteca_Escolar

Xavier Queipo

28 Xaneiro, 2007 (10:24) | Cidades, Iniciativas, Poesía, Presentacións, Xerais |

La Voz de Galicia anuncia hoxe que Xavier Queipo formará parte dun grupo de nove poetas de todo o mundo co que Bruxelas, a cidade sede das institucións europeas, “quere lucir, fomentar e fachendear da súa multiculturalidade e da súa condición de urbe internacional, multirracial e multilingüística. Os versos de Queipo, inéditos e escritos expresamente […]

As voltas do Plan

28 Xaneiro, 2007 (10:09) | Arquitectura, Artigos Faro de Vigo, Campo de Granada, Vigo |

No artigo da semana volvo coa cuestión do PXOM vigués. Tal como se desenvolveron os argumentos desta semana, cómpre unha inflexión da posición de todos os grupos. Neste contexto de emerxencia, propoño a constitución dunha mesa permanente dos catro grupos municipais para realizar un seguimento consensuado dos traballos de subsanación das deficiencias. Difícil (pensarán algúns), […]

Carod Rovira presentador dun libro galego

27 Xaneiro, 2007 (21:26) | Gastronomía, Presentacións, Xerais |

Entre tanto rebumbio non demos conta da presentación da Guía dos Viños, Augardentes e bodegas de Galicia 2006-2007 que realizamos en Barcelona. Contamos coa presenza e as palabras en galego do Conseller en cap da Generalitat (a información do acto de Galicia Gastronómica é completísima). Unha deferencia que moito lle agradecemos. Etiquetas: Carod, Viño

Martín Códax

27 Xaneiro, 2007 (20:51) | Cultura, Gastronomía, Presentacións, Sociedade |

Onte antes da presentación do poemario de Caride (magnífica, máis dun cento de persoas) tivemos a oportunidade de volver visitar a Bodega de Martín Códax, a máis grande e de maior produción da denominación de orixe Rías Baixas. Estas Bodegas, con apenas vinte anos de existencia, convertéronse no auténtico motor da modernización do noso sector […]

Vari Caramés: escenarios

26 Xaneiro, 2007 (17:55) | Artes Visuais, Exposicións |

Na beirarrúa de enfronte da exposición de Manuel Sendón pode visitarse “Escenarios“, a mostra de fotografías sobre lenzo de Vari Caramés. Unha coincidencia marabillosa que permite facer un percorrido pola obra recente de dúas das figuras da nosa fotografía contemporánea. Vinte pezas de grande formato nas que o fotógrafo ferrolán consegue –como sinala Alejandor Castellote– […]

En Brétemas hai un ano, hai dous anos… (II)

26 Xaneiro, 2007 (17:38) | Hai... |

Hai un ano no día de hoxe publicabamos unha anotación sobre o control da calidade na revisión de estilo dos orixinais e na corrección de probas con excelencia e eficacia. Mágoa que aínda non estea en marcha ese posible selo oficial de control de calidade no tratamento dos textos ao que faciamos referencia. Esta cuestión […]

A casa de Lola de Andrés

26 Xaneiro, 2007 (16:58) | Arquitectura, Cine, Presentacións, Sociedade |

Mañá, sábado 27 de xaneiro, preséntase na Forxa de Sardiñeiro A casa de Lola de Andrés de Olaia Sendón Ogando. A proxección do documental, que conta como pode afectar a un pobo pequeno a chegada do bum inmobiliario que asola a nosa costa, supón, a volta, despois de cincuenta anos, do cine ao Sardiñeiro. As […]

Carta a El País

26 Xaneiro, 2007 (08:51) | Ilustración, Iniciativas, Lectura, Literatura infantil e xuvenil, Medios |

O lanzamento o pasado domingo duns supostos libros de literatura infantil (adaptacións de obras adultas a grande formato, ilustradas de forma antidiluviana) constituíu un esvarón de considerables proporcións de El Pais, impropio dun medio que pretende facer xornalismo de calidade. Unha serie de profesionais do libro e da edición asinamos unha carta na que afirmamos […]

Entrevista a Ramón Caride

25 Xaneiro, 2007 (23:00) | Autores, Entrevistas, Novidades, Poesía, Presentacións, Xerais |

Un dos formatos máis atractivos da presentación literaria é a entrevista co autor. Esta foi a fórmula que utilizamos hoxe na Casa do Libro de Vigo para o acto de promoción do volume de poemas de Ramón Caride. O escritor Francisco Castro e o poeta de Cea conversaron animadamente arredor d’ As mascaras de Cronos. […]

A rebeldía do trasno

25 Xaneiro, 2007 (07:08) | Convidados, Cultura, Editores, Sociedade |

O amigo Xoán Abeleira envíame este texto sobre Isaac para publicalo no blog: Ás veces penso, seriamente, que Díaz Pardo non existe. Isaac, digo: ise ‹‹libertario conservador›› (conservador dos nosos tesouros) con nome antergo de profeta. De feito, ata arestora, eu pensaba que non existía. Víao por aí, facendo as súas viravoltas, e coidaba: ‹‹Non. […]

Sempre Kapuscinski

24 Xaneiro, 2007 (22:22) | Autores, In memoriam, Narrativa |

A morte do grande mestre polaco conmocionou a rede de forma tan unánime como moi poucas veces teño visto. Desque hai case unha década descubrín La guerra del fútbol quedei prendido á obra deste narrador da verdade que silenciosamente (sen apenas contar co apoio da mercadotecnia editorial) foi gañando a milleiros de lectores. Ninguén pode […]

Sete cousas que debemos saber sobre os libros electrónicos

23 Xaneiro, 2007 (23:17) | Edición, Literacidade, Tecnoloxías |

Unha anotación moi clara sobre o que son os libros electrónicos. Etiquetas: e_books

As máscaras de Cronos

23 Xaneiro, 2007 (22:54) | Autores, Novidades, Poesía, Presentacións, Xerais |

O xoves e o venres desta semana continuaremos coas presentacións do último libro de Ramón Caride, As máscaras de Cronos (poemas (1994-2005). O volume recolle a obra poética do autor dende o ano 1994 e inclúe os libros xa publicados Cerne das labaredas (Espiral Maior, 1994); Flor no deserto (Premio Cidade de Ourense 1994), Xeografías […]

A gratuidade do libro escolar en 2007

23 Xaneiro, 2007 (22:44) | Libro de texto |

Sen modificar o sistema de préstamo, semella que para o vindeiro curso a Consellaría de Educación comeza a racionalizar a gratuidade do libro escolar. O acordo coa Federación de Libreiros supoñerá que serán as familias (e non os centros) as que elixan ónde van comprar os libros dos cinco cursos ( 1º, 2º e 6ª […]

Axentes literarios e "best sellers"

22 Xaneiro, 2007 (22:19) | Edición, Editores, Traducións |

Vía Txetxu e Extratexto coñezo este interesante artigo de André Schiffrin publicado a pasada semana en Le Monde des livres. O autor da Edición sen editores analiza, desde o coñecemento do caso francés, os efectos que sobre o sector editorial están tendo as políticas de procura desesperadas de “best sellers” que polarizan a globalidade do […]

Texturas

22 Xaneiro, 2007 (22:12) | Edición, Lectura, Medios |

Anúnciase a inminente aparición de Texturas, unha nova revista trimestral sobre o mundo do libro, a lectura e edición. O sumario do primeiro número é moi prometedor. Parabéns anticipados para Txetxu. Etiquetas: Texturas

Camilo Franco ("Cama-libro")

21 Xaneiro, 2007 (19:25) | Artes Visuais, Autores, Exposicións, Lectura, Vídeos, Xerais |

A “cama-libro” (referida ao microrrelato “39 graos”) é un dos mobles de lectura da exposición. Da infancia recordo o tacto frío da cabeza do termómetro no sobaco. Lembro iso e as instrucións da miña nai cando chegaban as visitas: non leas que tes os ollos febles, tápate que vou airear o cuarto. Incorporarse, chaqueta nova […]

Camilo Franco ("Parella perfecta")

21 Xaneiro, 2007 (19:00) | Autores, Narrativa, Presentacións, Vídeos, Xerais |

Na presentación, Camilo interpretou unha escolma dos seus microrrelatos. Eis a lectura de “Parella Perfecta”. Eran a parella perfecta. El non tiña cabeza, ela tiña conta corrente e os dous querían fuxir. Mercaron o coche máis grande do concesionario, subiron, abrocharon o cinto e mantiveron as costas correctamente repousadas contra os asentos. Foron perdendo os […]

Camilo Franco beatle

21 Xaneiro, 2007 (15:06) | Autores, Presentacións, Vídeos |

Camilo na lectura concerto da presentación atreveuse cun tema dos Beatles. Etiquetas: Camilo_Franco

Palabras contadas ( a exposición)

21 Xaneiro, 2007 (13:41) | Artes Visuais, Autores, Exposicións, Lectura, Xerais |

A exposición Palabras contadas merece a pena. O baixo e o primeiro andar do corpo dereito da Fundación Luís Seoane están ocupadas por diversas instalacións preparadas para que o espectador se transforme en lector (o que o autor define como “lectura con mobles”). Aproveitando a versatilidade que ofrece o formato dos microrrelatos, as historias de […]

AVE e PXOM

21 Xaneiro, 2007 (10:48) | Arquitectura, Artigos Faro de Vigo, Campo de Granada, Vigo |

No artigo da semana propoño unha reflexión sobre as causas e as responsabilidades da crise viguesa arredor da paralización da tramitación do PXOM e do adiamento da variante por Cerdedo do AVE. Ben sería nestes asuntos ir diferenciando o gran da palla. Etiquetas: Vigo

A nova estratexia contra ETA

20 Xaneiro, 2007 (14:45) | Política |

Moi clarificador este comentario de Escolar. Entre tanta intransixencia, esta anotación é para tomar moi en conta.

Palabras contadas

20 Xaneiro, 2007 (13:32) | Artes Visuais, Autores, Exposicións, Lectura, Xerais |

Esta noite viaxaremos a Torre para participar na inauguración de Palabras contadas, a primeira exposición dun escritor galego montada a partir dun libro de ficción que funciona como elemento central de instalacións visuais e audiovisuais. Unha exposición concibida para a lectura (que non está recluída nos límites dun libro impreso). O texto como escultura. A […]

Libros galegos en Internet

19 Xaneiro, 2007 (21:39) | Internet, Lingua, Literacidade, Novidades |

Este traballo de Henrique Neira Pereira é fundamental para coñecer o estado actual dos libros galegos en Internet. Completísimo e de gran utilidade esta guía de recursos en liña, ademais do actualizada da reflexión que propón. “Este libro comezou sendo un traballo para o seminario “Produción e empresa editorial. Tradición e novas tecnoloxías”, impartido polo […]

Galiciantunes

19 Xaneiro, 2007 (19:57) | Música |

Beizóns! Eis unha estratexia intelixente para promover a música galega polo mundo adiante. Non estaría de máis que se emulase a estratexia para vender tamén a literatura e o libro galego. Navegando na páxina (posúe un deseño contundente e atractivo) noto que na elección dos 50 temas representativos da música galega hai algunhas ausencias clamorosas, […]

En Brétemas hai un ano, hai dous anos… (I)

19 Xaneiro, 2007 (19:36) | Hai... |

Hai un ano no día de hoxe publicabamos unha anotación sobre a primeira visita que os editores realizabamos ao Presidente da Xunta. Unha boa oportunidade para facer reconto do cumprimento de compromisos e dos problemas pendentes. Hai dous anos recolliamos unha longa cita do libro de conversas con Xosé Manuel Beiras, moi acaída para interpretar […]

A hora da resposta da cidadanía

19 Xaneiro, 2007 (18:34) | Política |

Se algo me sorprendeu, tras o fracaso da reforma do Estatuto, non foron tanto as posicións intransixentes do PPdeG (previsibles coa estratexia actual da dirección de Rajoy) como o conformismo e resignación (quizais sería mellor escribir “fatalismo” ) co que foi aceptada a ruptura pola cidadanía que apoia ao goberno. Apenas unhas cantas voces (poucas, […]

O pánico de Núñez Feijoó

17 Xaneiro, 2007 (20:23) | Política |

Como son un optimista da vontade (un deses tipos raros que apostamos pola hipótese máis favorable de cada momento) cheguei a pensar este mediodía que iamos ter Estatuto. Interpretei como un sinal esperanzador que os reunidos en Monte Pío non parasen sequera para xantar, o que podía significar que colleran esa carreiriña imprescindible para concluír […]

A LIX fainos máis grandes e máis libres

16 Xaneiro, 2007 (20:19) | Editores, Literatura infantil e xuvenil |

Vía Girbés sei do Manifesto asinado por trinta editores en lingua catalana a prol da lectura e da consideración do libro infantil e xuvenil como un BEN CULTURAL con maiúsculas. Polo seu interese para os editores galegos, que podiamos emular a iniciativa, reprodúzoo: CONSIDEREN: Que els editors de llibre infantil i juvenil treballen per oferir […]

Sobre a edición

16 Xaneiro, 2007 (19:55) | Edición |

Un bo amigo envioume este enlace. Botei unhas boas risas. Etiquetas: Edición

Manuel Sendón: casas doentes

15 Xaneiro, 2007 (22:03) | Arquitectura, Artes Visuais, Blogs, Exposicións, Sociedade |

Absolutamente recomendable é a exposición de Manuel Sendón inaugurada esta noite na Fundación Barrie de Vigo. Esa manchea de catrocentas casas abandonadas, fotografadas con enorme sobriedade e precisión no encadre, expresan a dor silenciosa pola perda dunha parte do noso patrimonio construído no medio vilego. A casa concibida como arca e memoria. A dignidade das […]

Campo do Fragoso XXX

15 Xaneiro, 2007 (07:07) | Artigos Faro de Vigo, Campo do Fragoso, Celta de Vigo, Fútbol |

ABRIUSE A CRISESabiamos que o partido contra o Atlético sería determinante para saber cal vai ser o futuro do Celta nesta liga tan atolada: ou continuar instalados na nube europea ou sufrir os arrebatos da loita pola permanencia (como nos corresponde tanto por orzamento como por tradición). Abondaron moi poucos minutos para saber que o […]

Entrevista con Alberto Manguel

14 Xaneiro, 2007 (12:34) | Bibliotecas, Entrevistas, Lectura, Novidades |

Recomendo moi vivamente a entrevista con Alberto Manguel, o grande sabio sobre a lectura, de quen teño a fortuna de estar lendo estes días La biblioteca de noche (unha marabilla que estará nas librarías nuns días!, na que reivindica o carácter da biblioteca como espazo matricial). Un libro que merecerá unha anotación vagorosa no blog […]

Libros canapé

14 Xaneiro, 2007 (11:33) | Edición, Novidades, Promoción do libro, Sociedade, Televisión |

Os libros canapé asolagan as mesas de novidades das librarías. Son os reis do novo mercado do libro. O editor do libro canapé necesita un personaxe “coñecido”: actor, actriz, presentador de televisión, tertuliano, deportista, político en ascenso ou declive, ou simplemente un dos visitantes semanais das páxinas de papel cuché ou das imaxes do Tomate, […]

Momento para decidir

14 Xaneiro, 2007 (11:17) | Artigos Faro de Vigo, Campo de Granada, Política |

No artigo da semana reflexiono sobre o momento decisivo que supón a reunión do vindeiro mércores. Creo que do resultado desa xuntanza dependerá o futuro do novo Estatuto de Galicia. Entendo que nunca houbo tantas posibilidades obxectivas de éxito, mais tamén hai moitas circunstancias e intereses que poden impedir que teñamos reforma nesta lexislatura. Etiquetas: […]

Novo Updike

11 Xaneiro, 2007 (20:33) | Narrativa, Novidades, Xerais |

Terrorista aparecerá nesta primavera simultaneamente en castelán, galego e catalán.

Lei do libro e da lectura de Galicia

11 Xaneiro, 2007 (20:19) | Lectura, Libro |

Hoxe xa no DOG.

Outro libro electrónico

11 Xaneiro, 2007 (19:39) | Libro, Tecnoloxías |

Aínda que non foi lanzado coa espectacularidade do iphone (unha marabilla!), o Sony reader é unha nova proposta de libro electrónico. Aparecido no mercado norteamericano hai catro meses, utiliza a tecnoloxía de tinta pasiva que imita a iluminación natural, o que permite ao usuario ter a impresión de estar lendo unha folla de papel (o […]

Ameixeiras en Ribeira

11 Xaneiro, 2007 (07:25) | Asociacionismo, Autores, Efemérides, Narrativa, Xerais |

Homoxeneidade e cervexas

9 Xaneiro, 2007 (21:50) | Blogs, Internet, Lingua, Vídeos |

É coñecida a miña admiración por Juan Varela, o mestre blogueiro, que sempre está un paso por diante propoñéndonos dirixir a mirada máis alá dos lugares comúns. Hoxe atopei este anaquiño xenial (apenas minuto e medio) da súa intervención no pasado encontro de Sevilla. Segundo Juan “as escumas das cervexas non se mesturan, só se […]

Kiko da Silva

8 Xaneiro, 2007 (22:02) | Blogs, Ilustración |

Kiko xa ten blog. Benvido!

Manifesto por un fútbol atlántico

8 Xaneiro, 2007 (21:05) | Autores, Fútbol, Sociedade |

Hoxe remexendo en papeis vellos, na procura de algo que non din atopado, apareceu ao chou, nunha das vellas libretas que conservo, o texto do “Manifesto por un fútbol atlántico“, a intervención que Manuel Rivas leu no Ateneo da Coruña o 2 de abril de 1985, con motivo da presentación da súa primeira novela, Todo […]

A crítica a debate

7 Xaneiro, 2007 (10:56) | Críticas |

Participei no debate sobre a crítica literaria publicado no suplemento Culturas da Voz desta semana. Pedro A. Ramos, autor da reportaxe, arríscase a propoñer unha tipoloxía do xénero: crítica de autor, crítica do que debería ser e crítica temática ou ideolóxica.Enriquece moito a reportaxe o comentario do levantador de minas (un dos críticos –anónimo para […]

Gaiás

7 Xaneiro, 2007 (10:28) | Arquitectura, Artigos Faro de Vigo, Campo de Granada, Cidades, Cultura |

No artigo da semana reflexiono sobre a redefinición do complexo de Gaiás. Entendo que a decisión do Goberno Galego de continuar as obras era inevitable. Porén, o dilema que hai por diante agora é facer compatible as expectativas altas cos recursos cos que conta o país. Sen dúbida, as claves para solucionalo serán acertar no […]

Queda alguén aí?

6 Xaneiro, 2007 (10:26) | Cine, Sociedade |

TVE Galicia emite mañán, domingo día 7, ás 11.30 da mañá pola 2, Queda algúen aí?, un documental sobre a grave e crecente despoboación no rural do interior de Galicia. A través da vida dunha aldea (Pedroso), na que máis da metade dos seus habitantes supera os cincuenta e cinco anos de idade, plásmase un […]

A situación da industria editorial

5 Xaneiro, 2007 (18:43) | Cultura, Edición |

Leroy publica hoxe unha moi completa anotación sobre a situación da industria editorial en España. A partir do estudo do profesor do ESADE José María Álvarez de Lara e de diversas declaracións de diversos editores apunta algunhas das liñas que caracterizan actualmente ao sector editorial en España: Un sector maduro e consolidado con dificultades de […]

The Homens

5 Xaneiro, 2007 (17:44) | Música, Vídeos |

Outro dos grupos que me gustaron deste ano magnífico para a música galega.