Month: Febreiro, 2007

Golfiño

28 Febreiro, 2007 (21:44) | Exposicións, Ilustración, Literatura infantil e xuvenil, Xerais |

Dos proxectos que teño promovido na miña vida profesional en poucos tiven máis fe ca en Golfiño, unha revista mensual de banda deseñada, dirixida a nenos e nenas de 8 a 12 anos, que creamos da man de Fausto Isorna e Miguel Vázquez Freire. Sempre crin que co comenzo deste século era o momento de […]

Premio Primavera de Novela

27 Febreiro, 2007 (18:44) | Premios |

Hoxe, por vez primeira (cantos menos que eu coñeza), retransmitiuse por Internet o fallo dun premio literario: o Primavera de novela, organizado por Ámbito Cultural El Corte Inglés e pola editorial Espasa. Outra iniciativa que amosa as posibilidades que ten a rede para a promoción do libro. Unha iniciativa a emular. Parabéns aos organizadores. Etiquetas: […]

En Brétemas hai un ano, hai dous anos… (V)

26 Febreiro, 2007 (22:27) | Hai... |

Hai un ano recomendabamos a entrevista de Teresa Moure en Vieiros. Estes días Teresa ultima a súa vindeira novela, Benquerida catástrofe, que, finalmente, publicaremos a finais do mes de abril, con motivo do Día do Libro. Hai dous anos reflexionabamos sobre os comentarios reintegracionistas sobre unha miña proposta de regular o ensino da lingua e […]

Novo libro do Profesor

26 Febreiro, 2007 (22:11) | Autores, Novidades, Presentacións, Xerais |

Mañá presentaremos en Vigo o novo libro do Profesor Alonso Montero. Sei que esta nova obra de don Xesús é unha das máis queridas e miniadas polo seu compromiso dunha a vida a prol das causas de Galicia e do Partido Comunista no que milita denda hai máis de corenta anos. O texto de contracuberta […]

Campo do Fragoso XXXIV

26 Febreiro, 2007 (07:54) | Artigos Faro de Vigo, Campo do Fragoso, Celta de Vigo, Fútbol |

UN ESTADO DE ÁNIMOO partido de onte demostrounos que o fútbol é, sobre todo, un estado de ánimo. E o do Celta desta tempada avala en Balaídos entre os escasos momentos de euforia e confianza e os máis numerosos de confusión e medo, moito medo. Así sucedeu onte contra o Rácing de Santander, un equipo […]

Torpeza

25 Febreiro, 2007 (21:21) | Política |

El Pais de Galicia relata moi oportunamente a historia dunha torpeza que nos ten perplexos e profundamente preocupados desque a coñecimos. Non deixa de ser chocante que un asunto desta evidente gravidade (sinto coincidir co PP, mágoa!) pasase case desapercibido para o resto dos medios galegos. A columna de Suso de Toro, tamén de hoxe […]

Aúpa Celta!

25 Febreiro, 2007 (21:10) | Celta de Vigo, Fútbol |

Hoxe no xornal do Celta publiquei este texto que me solicitaron:AÚPA CELTA!O Celta da miña nenez militaba en segunda división. Aos seis anos, papá fíxonos socios da grada (flotante) de Río para seguir o equipo de Ibarreche e Las Heras, que xogaba co Indauchu, co Condal, co Basconia, co Europa, co Langreo, co Coruña ou […]

Un avance para a lingua

25 Febreiro, 2007 (10:16) | Artigos Faro de Vigo, Campo de Granada, Educación, Lingua |

No artigo da semana valoro como un avance (a pesar dalgunhas insuficiencias) o decreto consensuado polos grupos paralamentarios sobre o uso do galego como lingua vehicular no ensino non universitario. Etiquetas: Lingua

Campo do Fragoso XXXIII

23 Febreiro, 2007 (00:12) | Artigos Faro de Vigo, Campo do Fragoso, Celta de Vigo, Fútbol |

CELTAZOAos moi poucos afeccionados que participamos no formidable espectáculo europeo de onte quedounos claro que o Celta vai saíndo paseniño da súa doenza. Fronte a un Spartak de Moscova, aínda un chisco baixo de forma, amosou síntomas dunha apreciable recuperación anímica e da consistencia do seu xogo. Fernando Vázquez presentou un modelo valente de xogo […]

Ostedijk (II)

22 Febreiro, 2007 (06:38) | Medio_Ambiente, Sociedade |

Nesta crise do Ostedijk é o medo quen está gobernando a actuación das autoridades de salvamento marítimo e da Xunta. Os membros do gabinete de crise deberon asumir o difícil condicionante de non poder atracar o barco (a pesar de que recoñeceron que sería unha das medidas posibles), pola alarma social e mediática que iso […]

Portadas

21 Febreiro, 2007 (21:48) | Medios |

Cal é a que máis che gusta? Unha páxina con interesante explotación didáctica. Para arquivar. Etiquetas: Portadas

Vivir entre libros

20 Febreiro, 2007 (22:22) | Libro |

Para vivir entre libros. Vía Librosfera. Etiquetas: Libros

Montolieu, vila do libro

20 Febreiro, 2007 (21:53) | Cidades, Edición, Iniciativas, Librarías, Libro |

Xa oíra falar algunha vez de Montolieu, a pequena vila francesa do libro e das artes gráficas, situado pretiño de Carcassone. Conta apenas 800 habitantes e porén posúe catorce librarías e un fondo dispoñible de 250.000 exemplares, ademais dun museo sobre as artes gráficas, dun muíño de papel e de diversos artesáns dedicados á impresión. […]

Ostedijk

19 Febreiro, 2007 (21:18) | Medio_Ambiente, Sociedade |

Sabemos qué está pasando nese barco? É a situación máis grave do que se nos está contando? Non había un protocolo sobre zonas de abrigo para unha situación coma este? Lévome facendo estas preguntas ao longo da tarde e non lle atopo moitas respostas razoables. Aínda que non estamos polo momento diante dunha catástrofe ecolóxica, […]

A lectura para Elfriede Jelinek

18 Febreiro, 2007 (22:57) | Autores, Lectura, Teatro, Traducións, Xerais |

Xa sinalamos aquí que acabamos de publicar o primeiro libro de Elfriede Jelinek en galego. Recomendo moi vivamente este artigo recente da premio nobel austríaca no que fala da súa concepción da lectura. Aí unha das frase dun artigo magnífico: La lectura es para mí el vestido elegante de la vida: se me ajusta y […]

Rivas, Premio Cálamo

18 Febreiro, 2007 (18:19) | Autores, Librarías, Premios |

Manuel Rivas recibiu o premio extraordinario outorgado por Cálamo, a libraría zaragozana. O noso bo amigo Txetxu Barandiarán publica unha completa crónica do evento. Txetxu recolle algunhas das afirmacións da intervención de Manolo: “Non hai escritura sen desexo.”“As librarías son espazos de resistencia e re-existencia nun tempo de consumo no que nos intentan roubar o […]

Galicia sosego

18 Febreiro, 2007 (18:07) | Blogs, Política |

Ata agora non coñecía este blog político. Etiquetas: Galicia_sosego

Finca do Conde

18 Febreiro, 2007 (11:05) | Arquitectura, Artigos Faro de Vigo, Campo de Granada, Política, Vigo |

No artigo da semana trato de refrescar a memoria sobre o asunto de Finca do Conde. Etiquetas:Artigos, Finca_do_Conde, Vigo

Parenthese

17 Febreiro, 2007 (20:55) | Cine, Ilustración, Vídeos |

Parenthese by SupinfocomUploaded by Razorbuzz Parenthèse by Supinfocom é ilustración electrónica animada. Recomendable (case seis minutos). Vía Libreros.

Iceberg?

17 Febreiro, 2007 (14:12) | Política |

Teño a impresión de que o de Gondomar é só un iceberg desa pedra enorme que se foi xestando no proceso de urbanización salvaxe que asolagada o país. Agora sería unha boa oportunidade para que a xustiza seguise tirando do fío dese nobelo, tanto para coñecer se na tramitación dese novo Plan Xeral pode haber […]

Cervantes, Galí, Colón

16 Febreiro, 2007 (07:54) | Autores, Cultura, Librarías |

Hoxe Ferrín publica en Faro esta fermosa elexía polas últimas librarías pechadas no país. Hai días, Salvador García-Bodaño tamén escribira sobre as súas librarías na lembranza. Moi recomendables estes dous textos de dous mestres. Etiquetas: Librarías

Con Dionisio Pereira

15 Febreiro, 2007 (23:32) | Autores, Historia |

Hoxe o historiador Dionisio Pereira viuse obrigado a declarar no Xulgado de Paz de Cercedo por mor da denuncia presentada contra el pola familia dun ex-alcalde falanxista desa localidade pontevedresa. Paréceme este un feito gravísimo contra a liberdade de expresión e contra a memoria das vítimas que o historiador recuperaba do esquecemento. Amosamos a nosa […]

Crónica dende a Habana

15 Febreiro, 2007 (23:11) | Eventos |

Indispensable esta crónica de Fran para coñecer qué está sucedendo estes días na Feira do Libro da Habana, onde o vindeiro ano seremos país convidado. As xestións que iniciara o pasado ano a presidencia da AGE deron o seu froito. “¡Sálvese quien lea. Viva el libro!” Etiquetas: Feria_Libro_La_Habana

Limpeza de sangue

15 Febreiro, 2007 (19:50) | Novidades, Teatro, Xerais |

A publicación de textos dramáticos non é moi frecuente no noso sistema editorial (o teatro é o grande xénero esquecido da nosa edición). Acabamos de tirar do prelo unha nova colección teatral, a “Biblioteca Dramática Galega”, unha serie de deseño renovado que substitue a veterana “Os libros do Dramático Galego” que viñamos coeditando co IGAEM. […]

Colombia e o fomento da lectura

14 Febreiro, 2007 (22:37) | Bibliotecas, Lectura |

Parolei en dous momentos diferentes do día con senllos amigos que me relataron a súa alegría diante do esforzo de animación lectora que viviron en Colombia, especialmente en Bogotá, Cali e Medellín, cidades que dedican un parte significativa do seu orzamento á lectura. Xa a pasada semana escoitara dúas entrevistas radiofónicas a Sergio Fajardo, o […]

A crise libreira

14 Febreiro, 2007 (09:01) | Editores, Librarías, Libro de texto, Sociedade |

Onte mantivemos unha importante reunión dos tres sectores profesionais vencellados co libro en Galicia: editores, libreiros e distribuidores. Compartimos estratexias sobre a nova Lei do Libro, Lectura e Bibliotecas (a chamada “lei do prezo fixo” con carácter xeral, coa excepción do libro de texto dos niveis obrigatorios, en trámite no Congreso), ademais de poñer ao […]

Un libro electrónico enrolable

12 Febreiro, 2007 (21:34) | Literacidade, Tecnoloxías |

Novo formato para o libro electrónico, agora enrolable. Vía: J.A. Millán. Etiquetas: Libro_electrónico

En Brétemas hai un ano, hai dous anos… (IV)

12 Febreiro, 2007 (21:15) | Hai... |

Hai un ano no día de hoxe celebrabamos a vitoria do Celta fronte ao Villarreal nun gran partido no que presentaba a súa candidatura europea. Nada que ver coa triste situación desta tempada. Hai dous anos faciamos a crónica da presentación no Ferrol de Veu visitarme o mar. Precisamente estes días comezamos a edición de […]

O deber de coñecer o galego

12 Febreiro, 2007 (21:01) | Educación, Lingua |

Este artigo, publicado hoxe na edición de Galicia de El Pais, non me parece inocente. Baixo a aparencia dunha documentada argumentación xurídica, cuestiona a constitucionalidade do deber de utilizar o galego como lingua vehicular da Administración Educativa Galega. Ben sería que outras voces autorizadas no eido da lexislación sobre o uso da lingua galega ofrecesen […]

Campo do Fragoso XXXII

12 Febreiro, 2007 (07:41) | Artigos Faro de Vigo, Campo do Fragoso, Celta de Vigo, Fútbol |

Á DERIVAA pesar de que acudimos a Balaídos ilusionados, a inapelable derrota diante do Espanyol volveunos demostrar que o Celta desta tempada padece unha grave doenza. As mudanzas no once inicial, incorporando as dúas discretas fichaxes de inverno, e a utilización, durante a primeira parte, dun novo esquema (4-4-2) modificaron moi pouco a fasquía dun […]

Penguin: cubertas en branco

11 Febreiro, 2007 (11:58) | Edición, Ilustración |

Xa temos expresado no blog a importancia e o sentido das cubertas, unha das claves na primeira comunicación cos lectores e no difícil camiño de abrirse á visibilidade nas librarías. O máis orixinal que teño descuberto sobre esta cuestión (vía os meus colegas Carlos Lema e Leroy) é a experiencia de Penguin de propoñer aos […]

Os pecados capitais

11 Febreiro, 2007 (11:26) | Autores, Narrativa, Novidades, Xerais |

Xa está nas librarías Os pecados capitais, a novela de Francisco A. Vidal, gañadora do premio Terra de Melide 2005 e coa que Xerais inicia a súa colaboración con este certame de narrativa promovido polo concello de Melide (o vindeiro mes aparecerá Os paxaros tamén migran ao sur de Silverio Cerradelo, premiado en 2006). O […]

Do texto ao hipertexto

10 Febreiro, 2007 (22:34) | Internet, Literacidade, Vídeos |

Recoméndoo vivamente (case cinco minutos).Vía José Antonio Millán. Etiquetas: Hipertexto, Web-2.0

Dragona no Dadó

9 Febreiro, 2007 (07:57) | Autores, Narrativa, Novidades, Presentacións, Xerais |

A presentación de Dragona encheu onte o Dadó-Dadá. Moitas persoas, entre as que se atopaban numerosos blogueiros, escoitaron a intervención de Queipo e as músicas que durante máis dunha hora e media pinchou Míster Choco (dende os boleros e os mambos máis clásicos ao jazz, dende a música electrónica á das grandes orquestras). Queipo salientou […]

Pecha a Libraría Cervantes

8 Febreiro, 2007 (07:45) | Artigos Faro de Vigo, Campo de Granada, Cultura, Librarías, Vigo |

Cervantes, a libraría do escaparate máis amplo e vistoso de Vigo, pecha. A pesar das mudanzas que os novos propietarios fixeron nos últimos anos, a más clásica das librarías viguesas non segue adiante. Outra baixa importante no centro da cidade, onde apenas resiste Librouro. As outras librarías foron desaparecendo todas, unha por unha: Bertrand, Arcova, […]

Binta e a gran idea

7 Febreiro, 2007 (20:34) | Cine, Vídeos |

Este foi a curta de Fesser nominada ao Óscar. Dura media hora. Creo que paga a pena. Vía Cabrafanada. Etiquetas: Binta, Fesser

Dragona: presentación

7 Febreiro, 2007 (19:56) | Autores, Narrativa, Presentacións, Xerais |

Mañá ás oito no Dadó-Dadá a primeira presentación de Dragona de Xavier Queipo. Etiquetas: Xavier_Queipo

Jaureguizar

6 Febreiro, 2007 (08:03) | Autores, Entrevistas, Premios, Presentacións, Xerais |

Onte presentamos en Santiago A Cova das Vacas Mortas, a novela de Jaureguizar gañadora do Premio Fundación Caixa Galicia de Literatura Xuvenil. Xa podemos anunciar que o 5 de marzo, ás 17:00 horas haberá un encontro de blogueiros nas instalacións de Xerais en Vigo para presentar a páxina web da novela e para debater co […]

Lobos de mentira

5 Febreiro, 2007 (08:11) | Literatura infantil e xuvenil, Teatro, Xerais |

Hoxe iniciamos unha campaña de animación á lectura en centros de Educación Infantil e primeiro ciclo de Primaria. Lobos de mentira de Manuel Lourenzo conta a historia de dúas espilidas ovelliñas que descobren estar enganadas polo badoco e troleiro pegureiro que as coida. Están previstas máis dun centenar de representacións nos vindeiros meses.Actualización (6-2-2007): El […]

Campo do Fragoso XXXI

5 Febreiro, 2007 (07:29) | Artigos Faro de Vigo, Campo do Fragoso, Celta de Vigo, Fútbol |

BAIXO MÍNIMOSTras dez xornadas sen gañar, o Celta xa está baixo mínimos na táboa, nesa perigosísima intemperie de evitar na segunda volta perder a categoría. No partido contra o Nastic, os de Fernando Vázquez agotaron todo o creto acumulado a pasada tempada de desenvolver un xogo de calidade, xa que deixaron constancia que o da […]

En defensa do mandilón

4 Febreiro, 2007 (11:30) | Educación, Política |

A polémica do mandilón nas galescolas é moi clarificadora da curtedade de miras e dos escasos argumentos dos que tratan de minar por todos os medios ao seu alcance a valente política que se está levando dende Vicepresidencia na cuestión da Educación Infantil (EI). A necesidade do uso do mandilón na EI (tanto por parte […]

En Brétemas hai un ano, hai dous anos… (III)

4 Febreiro, 2007 (11:16) | Hai... |

Hai un ano no día de hoxe propoñiamos que na redacción do novo Estatuto se recollese o deber de coñecer o galego, o seu dereito a usalo en todos os ámbitos dentro do territorio de Galicia, ademais de promover a redacción dunha Carta de Dereitos Lingüísticos. Esta foi unha das cuestións que, teoricamente, impediron o […]

Escenarios doentes

4 Febreiro, 2007 (11:05) | Arquitectura, Artes Visuais, Artigos Faro de Vigo, Campo de Granada, Exposicións, Sociedade, Vigo |

No artigo da semana recomendo a visita ás exposicións fotográficas Casas doentes de Manuel Sendón e Escenarios de Vari Caramés, das que xa temos falado no blog. Etiquetas: Manuel_Sendón, Vari_Caramés, Fotografía, Galicia

Zapatero e El Pais

3 Febreiro, 2007 (08:24) | Medios, Política |

O desencontro de El Pais con Zapatero, agravado tras o atentado de Barajas, é un feito ao que non parecen alleas as mudanzas que se están producindo na dirección de Prisa. A posible aparición dun novo xornal de esquerdas e o achegamento do presidente a El Mundo son síntomas de que algo importante se está […]

Os pendellos

3 Febreiro, 2007 (08:01) | Arquitectura, Vídeos |

Os pendellos d’Agolada son unha mostra do noso patrimonio vencellado á actividade dos feirantes. Xosé Vázquez Pintor reivindicounos no seu último libro da triloxía dos vellos oficios. Este vídeo –vía Falabarato (moitas grazas)– amósanos a necesidade de protección deste conxunto de arquitectura tradicional. Etiquetas: Agolada, Pendellos

Pepe Iglesias

2 Febreiro, 2007 (18:17) | Autores, Gastronomía, Internet, Xerais |

Desde hai anos perdéralle a pista a Pepe Iglesias, o gastrónomo asturiano-galego que hai case unha década preparara o Receitario estacional da cociña galega. Aquel fermoso e orixinal proxecto de catro títulos (hoxe difícil de atopar nas librarías) supuxo unha das achegas máis notables da bibliografía gastronómica galega. Agora, volvemos atopar a Pepe grazas ás […]

Dragona

2 Febreiro, 2007 (13:13) | Autores, Narrativa, Novidades, Presentacións, Xerais |

Hoxe chegaron do prelo os primeiros exemplares de Dragona, a nova novela de Xabier Queipo. Presentarémola o xoves, día 8, no Dadó Dadá de Santiago (20:00 horas) e o día 9, no Verbum Jazz Café de Vigo (20:00 horas, tamén). En ambos os dous actos, Mister Choco pinchará algunha das músicas que aparecen na novela. […]

O novo Auster en galego

1 Febreiro, 2007 (22:13) | Narrativa, Novidades, Traducións |

Hoxe foi un día importante para a edición en galego. O novo libro de Paul Auster apareceu simultaneamente nas catro linguas oficiais. Galaxia volve acertar, despois da exitosa edición de Brooklyn Follies, e ofrece aos lectores galegos Viaxes no Scriptorium, o que supón a consolidación da tradución simultánea no mercado noso dun dos grandes do […]