Month: Marzo, 2007

Morreu Carlos Díaz Martínez

31 Marzo, 2007 (11:12) | Artigos Faro de Vigo, Campo de Granada, In memoriam |

Por agardada que fose, a nova petounos moi fondo. Esta mañá morreu o noso benquerido amigo o editor Carlos Díaz Martínez. Editor de estirpe, documentalista da nación, Carlos foi un mestre de humanidade xenerosa a quen non sabemos agradecer todo e tanto que nos ensinou.Editor emigrante, ocupouse da edición príncipe de Cemiterio privado de Celso […]

O BNG de Vigo esixe a expulsión de Valadés

31 Marzo, 2007 (07:40) | Política, Vigo |

Onte á noite douscentos militantes, que conformaban a asemblea do BNG de Vigo, aprobaron por ampla maioría esixir definitivamente ao Consello Comarcal a expulsión de Pedro González-Valadés polo feito de ser membro da Asociación Galega de Amizade con Israel. Aínda que o caso non está pechado, xa que o Consello Comarcal deberá decidir en consecuencia […]

Que tempo vai?

30 Marzo, 2007 (21:37) | Imaxes |

Unha iniciativa do Instituto de Meteorologia de Portugal. Quen teña curiosidade pode fedellar nesta páxina moi completa, sobre todo, desde o punto de vista educativo.Vía: Una cuestión personal.

Salon du livre de Paris

29 Marzo, 2007 (21:59) | Eventos, Promoción do libro |

Gustei moito deste cartel.

Enrique Líster

28 Marzo, 2007 (13:23) | Eventos |

Etiquetas: Enrique_Líster

Dia do libro Infantil: o cartel en galego

28 Marzo, 2007 (11:58) | Efemérides, Literatura infantil e xuvenil |

Eis o texto en galego do Cartel do Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil 2007 que reseñamos aquí hai unha semanas. Pode lerse e imprimirse premendo sobre a imaxe. Etiquetas: International_Children’s_Book_Day

David Rodríguez premiado

28 Marzo, 2007 (08:55) | Autores, Blogs, Premios, Teatro |

O noso admirado David Rodríguez resultou gañador absoluto da Iª edición do premio de teatro radiofónico convocado pola Radio Galega pola súa obra O bambám. A obra de David resultou vencedora tanto para a audiencia como para o xurado que destacou, segundo a noticia publicada por Vieiros, “a limpeza e a claridade expresiva da obra […]

Xelís de Toro

26 Marzo, 2007 (21:04) | Autores, Blogs, Narrativa |

Xelís de Toro, un dos nosos narradores máis orixinais, mantén dous espazos na rede que reomendo non perder: o SEN (Sindicato do Escritor Nervioso) e o espazo laboratoro. Alí poden lerse artigos, contos e textos inéditos, poemas para nenos e cinco poemas sonoros. Xelís traballa dende hai anos en Inglaterra como editor free lance internacional, […]

Estupenda actriz

25 Marzo, 2007 (12:11) | Cine, Vídeos |

Pareceume moi bo. (seis minutos). Vía: Empezar la jornada

Marilar Aleixandre en Budapest

25 Marzo, 2007 (11:39) | Autores, Entrevistas, Eventos, Poesía |

A proxección da literatura galega no exterior é unha tarefa complexa que require un traballo demorado e sistemático por parte de todos. Afortunadamente cada vez son máis frecuentes as noticias da presenza dos nosos autores e autoras en eventos internacionais.Estes días soubemos da viaxe de Marilar Aleixandre a Budapest para participar, entre os días 29 […]

A miña patria

25 Marzo, 2007 (11:23) | Artigos Faro de Vigo, Campo de Granada, Persoal, Vigo |

No artigo da semana rememoro os espazos perdidos do meu barrio. Foto: J.Albertos. Etiquetas: Artigos

Limpeza de sangue: primeira crítica na rede

24 Marzo, 2007 (20:35) | Autores, Críticas, Teatro, Xerais |

Xa advertimos hai máis dun mes do interese de Limpeza de sangue o premio Álvaro Cunqueiro 2005 de textos teatrais. Hoxe, cun pouco de retraso, coñecín a primeira crítica na rede. Inma López Silva valóraa moito, moito. Transcribo o parágrafo de remate da gabanciosa crítica: “Non quero deixar de lembrar que Limpeza de sangue vai […]

Libro e nación

24 Marzo, 2007 (11:01) | Autores, Librarías, Libro |

“O libro é a nación portátil.”Manuel Rivas. Intervención na entrega dos premios Irmandade do Libro 2007. Carballo. Etiquetas: Rivas, Libro

Encontro do Plan de Bibliotecas

22 Marzo, 2007 (22:44) | Bibliotecas, Eventos |

A asesoría de Bibliotecas Escolares preparou un gran programa para o novo Encontro do Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares, que terá mañá en Compostela. Mágoa non poder escoitar a Celaya e a meu admiradísimo Daniel Cassany, que impartirá unha conferencia co suxestivo título “Ler no século XXI”. Vía: Comunicación Cultural. Etiquetas: Bibliotecas_Escolares, Galicia

O merchandising de Penguin

22 Marzo, 2007 (22:18) | Editores, Promoción do libro |

A mítica editorial Penguin, con motivo do seu setenta aniversario, acaba de sacar ao mercado unha liña de merchandising (tazas, bolsas, lapis e hamacas). Un fetichismo literario moi British do que tirar algunha boa idea. Hai que recoñecer que esta xente segue parindo magníficas ideas. Vía: Laie. Etiquetas: Penguin

Longa noite de pedra

21 Marzo, 2007 (22:19) | Autores, Iniciativas, Poesía |

Este cartel sobre un texto de Longa noite de pedra de Celso Emilio Ferreiro formará parte da campaña “Libros a la calle 2007″ que durante o mes de abril se desenvolverá no metro e nos autobuses públicos de Madrid, Zaragoza (xestionados pola mesma empresa de Vitrasa) e Segovia. A lingua galega viaxará nestes medios para […]

Armesto

21 Marzo, 2007 (17:48) | Autores, In memoriam, Vigo |

X.F. Armesto proporcionoume a oportunidade de publicar a miña primeira colaboración en Faro de Vigo, hai agora vinte e catro anos, un feito que nunca poderei esquecer e non saberei como agradecerlle. Armesto foi o meu primeiro director, daquel Faro de comezo dos oitenta do Vigo de Soto que el quixo plural e galeguista.Mais, Armesto […]

Produción editorial 2006

20 Marzo, 2007 (08:24) | Edición, Lectura |

Xa aparecen os primeiros informes sobre a produción editorial en 2006. Os datos amosan que en Galicia continúa o aumento do número de títulos editados e diminúe a tirada media, as dúas variables que caracterizan o estado do sector. Se comparamos estes datos cos da semana pasada é doado concluír que vivimos instalados no paradoxo […]

O blogomillo

20 Marzo, 2007 (08:17) | Blogs |

O profesor Candelas fai hoxe en Faro unha síntese do estado actual do blogomillo. Recomendable. Etiquetas: Blogomillo

Volta de torca

19 Marzo, 2007 (20:16) | Política |

Dixéronme que o autor deste artigo é un dos valores emerxentes do BNG. As súas posicións sobre o caso Valadés supoñen unha volta de torca que mete medo. Acúsanos, como supostos “intelectuais da progresía”, de proporcionar “apoios nada espontáneos” (sic) á posición democrática dun militante nacionalista (deberiamos permanecer calados fronte a algo que nos semella […]

Cartelería galega

18 Marzo, 2007 (10:58) | Artes Visuais, Beizóns, Internet |

Outra xenialidade de Berto. Unha auténtica pasada. Isto si é que conservar o patrimonio nacional. Escollo algún dos moitos que case me fixeron bagoar. Cadaquén terá o seu. Vaia motor de memoria! Beizóns, beizóns!!! O cartel que publico é unha homenaxe a tantos compañeiros e compañeiros de Esquerda Galega que acreditamos na causa do galeguismo […]

Os pecados capitais en Ribeira

18 Marzo, 2007 (10:31) | Narrativa, Novidades, Presentacións, Xerais |

Fina Casalderrey, Premio Irmandade do Libro

18 Marzo, 2007 (09:53) | Autores, Eventos, Librarías, Literatura infantil e xuvenil, Novidades, Premios, Xerais |

Recibimos con grande alegría a noticia que o premio Irmandade do Libro á autora do ano foi outorgado a Fina Casalderrey. Recoñécese así a traxectoria dunha das autoras fundamentais no agromar desta auténtica idade de ouro que vive a nosa Literatura Infantil e Xuvenil en galego. Hai apenas dous meses publicamos A lagoa das nenas […]

Máis lectura

18 Marzo, 2007 (09:30) | Artigos Faro de Vigo, Campo de Granada, Educación, Ilustración, Lectura |

No artigo da semana reflexiono sobre os datos do Barómetro de hábitos de lectura e compra de libros 2006, do que demos conta hai uns días. Magnífico o cartel de Óscar Villán para a campaña de lectura en centros escolares 2006 da Consellaría de Educación. Etiquetas: Lectura, Galicia

En Brétemas hai un ano, hai dous anos… (VI)

18 Marzo, 2007 (09:06) | Hai... |

Hai un ano reseñabamos o libro de Daniel Cassany, fundamental para fixar o concepto de literacidade crítica, ao que tantas veces nos temos referido neste blog. Unha obra que volvo recomendar vivamente. Hai dous anos, a raíz dunha anotación de Rogerio Santos (parabéns para os seus catro anos de blog) recolliamos a clasificación que Zallo […]

Saudar a vida

17 Marzo, 2007 (12:30) | Autores, Ensaio, Novidades, Xerais |

Estes días puxemos nas librarías dúas novas entregas da nosa colección de Ensaio: Saudar a vida de Xavier Seoane e Disidencia ferida de Xabier Alcalde. Dous títulos, que entendo valiosos, de senllos ensaístas de altura que abordan, o primeiro, unha defensa doas humanidades na actual sociedade do coñecemento e, o segundo, unha forma de resistencia […]

Cando se fodeu Galicia?

16 Marzo, 2007 (21:03) | Autores, Cidades |

Gran artigo de Manolo. Viva a sostibilidade! Etiquetas: Rivas, A_Coruña

Mensaxe nunha botella

15 Marzo, 2007 (22:33) | Blogs, Educación |

Cada vez estou máis interesado polos blogs escolares. Este do IES de Cambre seméllame un dos máis conseguidos e traballados dos que coñezo. Elaborado polo grupo de Técnicas de expresión escrita de 4º de ESO (unha materia optativa, que desaparece no novo currículo da LOE), o blog ten un carácter multimodal de moito agradecer; publica […]

Índice de lectura: seguimos penúltimos

14 Marzo, 2007 (20:23) | Lectura |

Segundo o máis recente Barómetro de hábitos de lectura e compra de libros en 2006, Galicia continúa nas últimas posicións entre as Comunidades Autónomaas, a pesar de que no último ano (coincide co primeiro do goberno bipartito) aumentou en catro puntos o seu índice lector que pasa a constituír o 53% da súa poboación. No […]

Homenaxe a Xohán Ledo

14 Marzo, 2007 (08:20) | Editores, In memoriam |

Con certo retraso onte tiven oportunidade de ler As caras do libro. Homenaxe a Xohán Ledo, outra entrega dos Cadernos Grial de Galaxia. Unha entrega completísima qye recupera a figura de Ricardo García Suárez, médico, pintor e deseñador editorial de Galaxia durante vinte anos claves no desenvolvemento editorial galego, finado o pasado mes de xuño.O […]

Dicionario de Termos Literarios

13 Marzo, 2007 (22:02) | Dicionarios |

Unha boa noticia para os investigadores literarios: xa pode consultarse en liña a base de datos do Dicionario de Termos Literarios que elabora o Equipo Glifo do Centro de Investigación Ramón Piñeiro (Anxo Abuín, Fernando Cabo, Arturo Casas, Blanca-Ana Roig, Anxo Tarrío e Darío Villanueva). Esta é unha obra ambiciosa en proceso de elaboración que […]

Bipartito e rexeneración democrática

12 Marzo, 2007 (22:19) | Política |

Ao fío da proposta que nos fixo a diversas persoas a revista Tempos Novos sobre a valoración que nos merece a contribución do goberno bipartito á rexeneración democrática, publico a opinión que enviei para participar neste debate: “A rexeneración democrática e a mudanza da cultura política relacional do Goberno Galego e da Administración ao seu […]

Campo do Fragoso XXXVI

12 Marzo, 2007 (07:47) | Artigos Faro de Vigo, Campo do Fragoso, Celta de Vigo, Fútbol |

OUTRA DOSE DE CICUTAXa mo adiantara pola mañá un bo amigo bilbaino: “estes leóns nosos xa non che son tan feros coma noutrora”. E tiña toda a razón. O Celta e o Athletic, dous conxuntos amigos en horas moi baixas, ofreceron en Balaídos un espectáculo futbolístico moi pobre, onde mais ca xogo amosaron a súa […]

Seoane animado

11 Marzo, 2007 (21:49) | Artes Visuais, Imaxes |

Vía: Nubosidade variábel.

PXOM de Vigo, o informe de Cultura

11 Marzo, 2007 (21:21) | Arquitectura, Vigo |

Outra vez máis, grazas a Vigoblog podemos ler na rede o que se nos pretende ocultar sobre a tramitación do PXOM de Vigo. Desta volta é o texto completo do informe da Dirección Xeral do Patrimonio (12 folios en PDF). Unha lectura atenta amosa que as modificacións solicitadas pola Consellaría de Cultura ao concello de […]

Aula virtual de lingua galega

11 Marzo, 2007 (11:57) | Educación, Internet, Lingua |

Coñezo a Aula virtual de lingua galega do Departamento de Lingua galega e Literatura do IES Otero Pedrayo de Ourense. Pareceume moi completa. Permite, polo momento, a consulta das programacións, a consulta e descarga de recursos didácticos e de materiais de diversificación curricular (tanto de xeografía, galego coma castelán). Complétase cunha completa páxina de enlaces, […]

Quinta provincia

11 Marzo, 2007 (11:31) | Artigos Faro de Vigo, Campo de Granada, Política, Vigo |

No artigo da semana reflexiono sobre o comezo da campaña electoral na cidade da oliveira. Etiquetas:Artigos

El nacimiento de la nueva "literacidad"

10 Marzo, 2007 (10:06) | Internet, Lectura, Literacidade |

En día tan sinalado como o de hoxe, aparece publicado un meu artigo no ABCD (“Las Artes y las Letras), o interesante suplemento cultural de ABC, ademais dunha referencia a este blog no mesmo medio. No artigo reflexiono sobre a cuestión da literacidade electrónica, tema que xa abordamos aquí en diversas ocasións. Etiquetas: Literacidade, ABCD

Climántica

9 Marzo, 2007 (23:37) | Internet, Medio_Ambiente |

Buscando recursos educativos na rede atopo ao chou o proxecto Climántica, promovido pola Consellaría de Medio Ambiente. Esta iniciativa, dirixida ao alumnado de Secundaria, pretende abordar os grandes problemas ambientais, relacionados co cambio climático a nivel global. Oito unidades didácticas e moito material de sensibilización cidadá para descargar (algún moi pavero) poden atoparse nun magnífico […]

O novo vieiros

9 Marzo, 2007 (22:30) | Beizóns, Blogs, Internet, Medios |

Beizóns, beizóns! É unha marabilla. Etiquetas: Vieiros

Campo do Fragoso XXXV

9 Marzo, 2007 (00:15) | Artigos Faro de Vigo, Campo do Fragoso, Celta de Vigo, Fútbol |

DERROTA DÓCETan curtidos en fracasos como andamos esta tempada, a derrota celeste contra o Werder Bremen foi o de menos. Un resultado moi enganoso para os méritos que sobre a lameira viguesa fixeron dous conxuntos que ofreceron unha emocionante e bonita noite de fútbol copeiro. Non hai dúbida de que o Celta desta noites europeas […]

As Literatas

8 Marzo, 2007 (07:12) | Narrativa, Novidades, Traducións, Xerais |

Hoxe, coincidindo coa Día Internacional da Muller Traballadora, aparecen dous novos títulos da colección As Literatas dirixida pola escritora María Xosé Queizán. Esta colección específica de narrativa internacional escrita por mulleres acada os catorce títulos. Foi dende o inicio unha aposta pola tradución para o galego dalgúns dos títulos considerados como máis relevantes da literatura […]

Carlos Casares

7 Marzo, 2007 (21:59) | Artigos Faro de Vigo, Autores, In memoriam, Iniciativas |

DEMORARSE NA AVENTURA DA VIDAA última vez que xantamos xuntos, Carlos Casares convidoume a coñecer a súa maqueta ferroviaria da que tantas veces nos falara nas reunións de editores. Tratábase dun tinglado formidable de tres pisos, construído durante anos coa axuda dos seus fillos, pola que circulaban durante horas miniaturas marabillosas, sometidas ás velocidades, ás […]

Jaureguizar: crónicas da presentación

6 Marzo, 2007 (22:47) | Autores, Literatura infantil e xuvenil, Presentacións, Xerais |

O que máis gosto das reunións de blogueiros é a lectura das súas crónicas posteriores. Á de onte ben pagou a pena. Eis os textos lúcidos de Alfredo Ferreiro e Pelachos, que resumen os contidos dun logo encontro e substancioso encontro. Unha experiencia a repetir.Se o servidor de you tube mo permite, intentarei subir algún […]

Jaureguizar: os asistentes á presentación

5 Marzo, 2007 (23:00) | Autores, Literatura infantil e xuvenil, Presentacións, Vídeos, Xerais |

Etiquetas: Jaureguizar

Jaureguizar: a novela, un dilema moral

5 Marzo, 2007 (22:50) | Autores, Literatura infantil e xuvenil, Presentacións, Vídeos, Xerais |

Na súa intervención Jaureguizar explicou que na novela presenta un dilema moral que o lector ou a lectora debe resolver. Etiquetas: Jaureguizar

A cova das vacas mortas

5 Marzo, 2007 (09:06) | Autores, Cine, Internet, Literatura infantil e xuvenil, Narrativa, Premios, Presentacións, Xerais |

Hoxe presentamos a web. Actualización (21:30): O acto de presentación desta tarde serviu para xuntarnos unha media ducia de blogueiros interesados pola literatura: Alfredo Ferreiro, Pelachos, Martin Pawley, Folerpa, Kavafinho, Jaureguizar e eu mesmo.Para comezar, o autor fixo unha presentación da novela e, logo, dos contidos do sitio web onde se pretende dar conta tanto […]

Con Pedro Gómez Valadés

4 Marzo, 2007 (20:38) | Política |

Coñezo dende hai tempo os problemas que ten o meu admirado Pedro Gómez Valadés –presidente da Asociación Galega de Amizade con Israel (formada por máis de cen persoas de todos os partidos galegos), responsable comarcal de Esquerda Nacionalista e coordinador da revista Enclave– cun sector da UPG.Sempre confiei que se impoñería a sensatez, mais, como […]

Homenaxe ás vitimas do Portiño

4 Marzo, 2007 (19:44) | Efemérides, Eventos, Historia, In memoriam |

Os membros da Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña fixéronos chegar información da homenaxe que se realizará o vindeiro venres, 9 de marzo, ás 19:30, no Peirao do Portiño do barrio de San Pedro de Visma da Coruña en lembranza do setenta aniversario da traxedia do Portiño. No acto intervirán Eliseo Fernández, Xurxo […]

A febre dos blogs

4 Marzo, 2007 (18:45) | Blogs, Educación, Internet, Sociedade, Vídeos |

A pesar de que non expresa quizais nada novo, este vídeo (23 minutos) sobre o fenómeno blog, dirixido por Manuel Campo Vidal, pode ser interesante para a explotación didáctica nos cursos da Secundaria. Describe con claridade o fenómeno da “febre dos blogs”, a utilidade cidadá e comunicativa e as súas vantaxes. Na mesma liña divulgativa, […]