Month: Abril, 2007

Campo do Fragoso XXXIX

30 Abril, 2007 (06:59) | Artigos Faro de Vigo, Campo do Fragoso, Celta de Vigo, Fútbol |

O GLOBO DESINCHOUA debacle diante do Mallorca demostra que o problema do Celta non era Vázquez, non. O globo da euforia provocado polos abrazos e a sintaxe fragmentada do simpático Stoichkov nas salas de prensa (que tanto ilusionou aos detractores do serio adestrador galego) serviron só para gañar ao Coruña. Porén, o partido de Zaragoza […]

Entrevistas a Agustín Fernández Paz

29 Abril, 2007 (11:50) | Autores, Entrevistas, Internet |

Volve actualizarse o web de + Internet + Galego + Futuro (formidable!). Entre os moitos contidos de interese atopo esta entrevista con Agustín Fernández Paz. O autor de Cartas de inverno aborda o papel de Internet para a lingua e para a nosa creación literaria e confésase “vicioso dos blogs” e usuario de Skype. Ademais, […]

"Os libros arden mal", Premio da Crítica Galicia e Premio Losada Diéguez

29 Abril, 2007 (10:30) | Autores, Entrevistas, Narrativa, Premios, Xerais |

Non hai dúbida ningunha que, despois do éxito de vendas e lectores, a recepción da crítica d’ Os libros arden mal tamén está sendo apabullante. Onte, nun mesmo día, recibiu outros senllos premios, o Losada Diéguez de creación e o da Crítica Galicia (a crónica dende dentro do xurado de Marcos Valcárcel é moi significativa […]

De Sant Jordi ao 17 de maio

29 Abril, 2007 (10:16) | 17_de_maio, Artigos Faro de Vigo, Campo de Granada, Efemérides, Eventos |

No artigo da semana fago unha crónica da experiencia do Sant Jordi 2007 e pretendo sacar algunhas experiencias que se poderían aproveitar para as nosas Feiras do Libro, Culturgal e 17 de maio. Etiquetas: Artigos

Mario Regueira: "L’ affiche rouge"

28 Abril, 2007 (19:04) | Autores, Narrativa, Novidades, Xerais |

Hoxe Rubén publica unha magnífica anotación arredor de Rebelión no inverno, o primeiro libro de Mario Regueira. Dentro duns poucos días aparecerá nas librarías L’ affiche rouge, novela da que agardo moito se falará na rede. Hoxe adiantamos a cuberta. Actualización (01-05-2007): Adiantamos o texto de contracuberta da novela, preparada a partir dun texto do […]

Entrevista a Xabier P. Docampo

28 Abril, 2007 (18:24) | Autores, Entrevistas, Literatura infantil e xuvenil, Narrativa, Política |

Interesantísima esta entrevista a Xabier P. Docampo. Como moi ben sinala Xavier Cordal, o mestre fala “o idioma da sabedoría, do afecto e da rebelión”.Anoto algúns fragmentos das súas respostas nunha entrevista que é desas poucas para arquivar e compartir: “A orixe do feito literario está na palabra e esta é a esencia da oralidade. […]

"A sombra descalza", Premio The White Ravens 2007

27 Abril, 2007 (20:05) | Autores, Literatura infantil e xuvenil, Premios, Xerais |

Unha noticia que moito nos aleda: A sombra descalza de An Alfaya acaba de ser seleccionada, ademais doutras dúas obras galegas (Smara e A princesa do Caurel) para a exposición The White Ravens 2007. Dende 1996 a Internationale Jugend Bibliothek de München selecciona, de entre os milleiros de libros publicados cada ano, 250 libros infantís […]

Lemos Galego

27 Abril, 2007 (19:45) | Beizóns, Iniciativas, Internet, Promoción do libro |

Unha iniciativa twitter que pode dar moito de si. Beizóns!

As literatas

27 Abril, 2007 (19:27) | Críticas, Narrativa, Novidades, Traducións, Xerais |

Mario Regueira publica en Cartafol dúas interesantes críticas sobre A voda e Ancho mar de argazo, as máis recentes entregas da colección “As literatas”. Agradécense. Etiquetas: Jean_Rhys, Carson_McCullers

"Diario do impostor"

27 Abril, 2007 (19:08) | Autores, Cine, Entrevistas, Narrativa, Novidades, Presentacións, Xerais |

Onte presentamos na Coruña Diario do impostor, a primeira novela de Héctor Carré. A presentación correu a cargo de Miguel Anxo Fernández quen iniciou a súa intervención de forma moi contundente: “paseino como dios lendo esta comedia; é divertídisima; vai ser un auténtico libro de texto para os meus alumnos e alumnas de Comunicación Audiovisual”. […]

Familias

25 Abril, 2007 (22:13) | Imaxes, Sociedade |

Vía: Mirá.

"Saudar a vida", crónica da presentación

25 Abril, 2007 (22:01) | Autores, Ensaio, Presentacións, Xerais |

Alfredo publica a crónica da presentación de Saudar a vida na Coruña. Etiquetas: Xavier_Seoane

Apoia Cultur.gal

25 Abril, 2007 (21:24) | Eventos, Promoción do libro |

Podes axudar a difusión de Culturgal, a Feira do Libro e da Industria Cultural, na rede colocando na túa web o blog un bánner de apoio á nosa iniciativa. Etiquetas: Culturgal

Blog das bibliotecas escolares

25 Abril, 2007 (20:54) | Bibliotecas, Blogs |

Botou andar o blog da asesoría de bibliotecas escolares. Pode atoparse moita información, recursos e enlaces a blogs de bibliotecas escolares e outros espazos relacionados coa lectura. Un punto de referencia. Recoméndoo vivamente.

25 de abril

25 Abril, 2007 (20:41) | Efemérides, Vídeos |

Biblioteca "La lengua de las mariposas"

25 Abril, 2007 (19:43) | Autores, Bibliotecas |

El Ballestero, un concello de apenas cinco centos habitantes da provincia de Albacete, decidiu poñerlle á súa biblioteca pública o nome de “La lengua de las mariposas“. Os membros do clube de lectura desta biblioteca rebelde (conta con máis socios ca habitantes) deste pobo manchego, nevado con frecuencia en inverno e onde a figura máis […]

Decideixo decidir

25 Abril, 2007 (19:08) | Efemérides, Imaxes, Internet, Política |

Sant Jordi non son é a festa do libro e da rosa. Son tamén numerosos os postos que promoven iniciativas políticas e cívicas coma “Decideixo Decidir” ou esoutra do puntCat. Etiquetas: Sant_Jordi_2007

O pan de Sant Jordi

25 Abril, 2007 (06:52) | Efemérides, Gastronomía, Imaxes |

Cada díada ten o seu pan ou o seu pastel.Así os panadeiros e pasteleiros cataláns apoian a xornada e (semella) fan un bo negocio. Aos ingredientes tradicionais do pan, ao de Sant Jordi, engádenlle sobrasada (para representar as catro barras da senyera, queixo e noces para a cobertura exterior. Como sería o pan das letras […]

Sant Jordi 2007

24 Abril, 2007 (05:51) | Efemérides, Eventos, Imaxes, Promoción do libro |

Algunhas imaxes do Sant Jordi 2007. A Libraría Sargadelos puxo con éxito á venda os libros galegos. Teresa Moure (compartindo mesa con Vila-Matas) e Manuel Rivas asinaron exemplares das súas obras máis recentes (sobre todo en catalán). Unha mobilización lectora e da lingua catalana impresionante Unha festa de auténtica primavera para o libro. Etiquetas: Sant_Jordi_2007

A presentación de Silverio

22 Abril, 2007 (10:35) | Autores, Entrevistas, Narrativa, Novidades, Presentacións, Xerais |

O venres á noite a presentación da novela de Silverio Cerradelo ateigou a Galería Sargadelos de Barcelona. Máis de oitenta persoas seguiron con atención emocionante as intervencións da profesora Sabela Labraña e do autor limiao. Un grande éxito, como o do resto das actividades desta semana das letras galegas que se ven desenvolvendo con motivo […]

Fracaso e perspectivas do PXOM

22 Abril, 2007 (10:24) | Artigos Faro de Vigo, Campo de Granada, Vigo |

No artigo da semana volvo, ás portas das municipais, á reflexionar sobre o PXOM de Vigo. Preocúpame moito que despois do 26-M se volvan repetir argumentos e posicións que levaron hai tres anos á ruptura do goberno progresista. Entendo indispensable que cadaquén amose as súas cartas sobre a cuestión ao electorado, un principio de transparencia […]

Libros galegos no Sant Jordi

20 Abril, 2007 (05:31) | Presentacións |

Hoxe estaremos en Barcelona acompañando a Silverio Cerradelo na presentación d’ Os paxaros tamén migran ao sur. O acto forma parte do programa da semana actividades, organizada dende hai varios anos polos editores galegos, con motivado do San Jordi. Dende e Barcelona e Tarragona anotaremos, pois, estes días.

"Cartas de inverno", 20 edicións

17 Abril, 2007 (22:09) | Autores, Literatura infantil e xuvenil, Narrativa, Novidades, Xerais |

A 20ª edición de Cartas de inverno de Agustín Fernández Paz mereceu a portada de Galicia hoxe, un auténtico acontecemento na prensa galega que se atreve a abrir a tres columnas cunha noticia da nosa literatura. A ampla información salienta que en doce anos a novela vendeu 65.000 exemplares en galego (20 edicións) e outros […]

"Os libros arden mal", premiado polos libreiros de Madrid

17 Abril, 2007 (21:47) | Autores, Narrativa, Premios |

Recibimos con alegría o novo premio outorgado a Rivas por Os libros arden mal. O Gremio de libreiros de Madrid premiou a novela de Manolo como o mellor libro do ano, salientando “a intensidade dun relato que percorre a historia da Coruña dende finais do século XIX ata os nosos días”. O xurado, na acta […]

Gonzalo Bouza-Brey agredido

17 Abril, 2007 (21:25) | Autores, Política |

Unha chapa republicana motivou a agresión sufrida polo poeta vilagarcián Gonzalo Bouza-Brey e a súa compañeira María Isabel hai dous días. Unha noticia que nos produce enorme estupor; unha mostra alarmante de intolerancia que merece a nosa máis enérxica repulsa. Venturosamente semella que María Isabel e Gonzalo van mellorando das súas feridas. Unha aperta agarimosa […]

Campo do Fragoso XXXVIII

16 Abril, 2007 (06:41) | Artigos Faro de Vigo, Campo do Fragoso, Celta de Vigo, Fútbol |

O VALOR DOS ABRAZOSDespois de celebrado o derby e recuperado, por fin, o ansiado vieiro das vitorias, teño claro que o principal problema do Celta non é tanto a calidade do seu xogo como a de recuperar o equilibrio anímico perdido tras seis meses de derrotas. Fernando Vázquez, un técnico honesto e celtista de corazón, […]

Pechou a Librería González

15 Abril, 2007 (09:56) | Librarías |

Onte pechou outra das librarías históricas galegas: a Librería González da rúa do Vilar de Santiago, onde será ubicada unha franquicia de vestiario. Creada en 1929, nos últimos anos supervivía coa venda de libros de agasallo e de turismo, foi un dos espazos clásicos para a venda de manuais universitarios.A rúa do Vilar, despois do […]

"Os paxaros tamén migran ao sur" de Silverio Cerradelo

15 Abril, 2007 (09:34) | Autores, Narrativa, Novidades, Presentacións, Xerais |

Onte presentamos en Melide Os paxaros tamén migran ao sur, a novela de Silverio Cerradelo gañadora do premio de narrativa Terra de Melide 2006. O acto foi emocionante xa que se trataba da estrea pública de Cerradelo como autor, un feito que el mesmo salientou nas súas primeiras palabras: “este é un día especial para […]

Destino atlántico

15 Abril, 2007 (09:19) | Artigos Faro de Vigo, Campo de Granada, Sociedade |

No artigo da semana comento as novas propostas de TURGALICIA sobre promoción turística de Galicia. Etiquetas: Artigos

Libro almofada

14 Abril, 2007 (20:52) | Imaxes, Libro |

Este libro é unha almofada de verdade. Vía: Manolo Gago. Etiquetas: Libro

Cultur.gal, avance do programa

14 Abril, 2007 (20:46) | Eventos |

Fran anuncia o programa de actividades de Culturgal. Ten unha pinta moi atractiva. Culturgal é unha cita para o libro e o disco galego que debe supoñer un punto de inflexión no xeito de visibilizarse e gañar novo público. Etiquetas: Culturgal

Saúde e República!

14 Abril, 2007 (20:29) | Imaxes, Política |

Saudar a vida

12 Abril, 2007 (20:16) | Autores, Ensaio, Novidades, Presentacións, Xerais |

Ana Bande é a primeira persoa na rede que comenta Saudar a vida, o ensaio de Xavier Seoane en defensa das humanidades. Presentarémolo na Coruña, o xoves 19 de abril, ás 20:00 horas na libraría Sargadelos da Coruña. Acompañaremos ao arquitecto Manuel Gallego Jorreto e o autor que falarán da obra. Etiquetas: Xavier_Seoane

Proxecto alfabetización dixital de Google

12 Abril, 2007 (20:04) | Internet, Literacidade |

Isto ten moi boa pinta. Poden consultarse vídeos sobre literacidade electrónica, blogs sobre libros e lectura e outras moitas utilidades. Un bo recurso educativo. Etiquetas: Google_literacy

Moda violeta

11 Abril, 2007 (06:35) | Críticas, Entrevistas |

Esta interesante entrevista coa profesora Helena González dá moito que pensar sobre as categorías que a crítica académica emprega para analizar o mundo editorial galego. Existe unha “moda violeta” xestionada por quen controla a nosa edición? Etiquetas: Helena_González

Fernando Vázquez, un cese inoportuno

10 Abril, 2007 (06:19) | Celta de Vigo, Fútbol |

A destitución de Fernando Vázquez como adestrador do Celta amosa o fracaso da política deportiva da actual xunta directiva celeste. Xustificada pola crise de resultados e pola falta de actitude do equipo diante do Recreativo (feitos que non son de agora, xa que se veñen arrastrando dende hai meses), a xunta directiva preferiu salvar o […]

Marina Mayoral: "Case perfecto"

9 Abril, 2007 (20:56) | Autores, Narrativa, Novidades, Xerais |

Hoxe recibimos do prelo os primeiros exemplares de Case perfecto, a nova novela de Marina Mayoral. A autora de Chamábase Luis propón unha indagación sobre os territorios da fronteira entre a ficción ou a realidade. Marina obriga a cada lector ou lectora a tomar partido, a decidir se está asistindo ao relato dun crime “case […]

Máis blogs sobre edición

8 Abril, 2007 (10:22) | Blogs, Edición |

Vía Leroy actualizo o meu listado de blogs sobre edición: Editado (un veterano espazo para seguir o mundo editorial arxentino), Introducción al mundo de la edición (unha ferramenta de traballo do módulo de “Introdución ao mundo editorial” do posgrao da UOC de edición dixital), Planos de puentes y túneles (sobre edición e novas tecnoloxías, recomendo […]

Bertrand en España

8 Abril, 2007 (09:57) | Librarías |

O xornal portugués o SOL informa que Bertrand abrirá en España antes de 2009 vinte librarías. A primeira será inaugurada este mesmo mes en Torrelodones. Na información dixital que atoamos non vimos referencia ningunha a Galicia. Aínda lembramos con saudade a Libraría Bertrand, aquela marabilla no corazón da rúa do Príncipe que só estivo aberto […]

Envíalle unha carta

3 Abril, 2007 (21:54) | Imaxes |

Vía Ciberescrituras.

En Brétemas hai un ano , hai dous anos… (VII)

3 Abril, 2007 (21:12) | Hai... |

Hai un ano publicabamos a primeira anotación no blog sobre Home sen nome, a última novela de Suso de Toro que, despois de dez meses nas librarías, continúa sendo moi ben acollida entre os lectores. Precisamente, o domingo pasado foi a obra arredor da que xirou o Clube de Lectura do programa de Angels Barceló. […]

Adiviñanceiro popular galego

3 Abril, 2007 (07:50) | Literatura infantil e xuvenil, Novidades, Xerais |

Acaba de chegarnos do prelo este Adiviñanceiro popular galego, un groso volume de case cincocentas páxinas que recolle tres milleiros de pezas do corpus adiviñancístico de noso organizadas temas. A adiviña é un concentrado poético do saber popular moi característico do mundo agrario, un patrimonio inmaterial que merece ser recuperado e posto en valor.Sempre gustei […]

Campo do Fragoso XXXVII

2 Abril, 2007 (07:37) | Artigos Faro de Vigo, Campo do Fragoso, Celta de Vigo, Fútbol |

UN MADRID CUTREO estado anímico da afección celeste, ben curtida en incontables derrotas, non se deteriorou con outra máis diante do Real Madrid. A procura de síntomas de mellora no xogo do equipo (moi perceptibles nos últimos encontros) abonda para non perder unha esperanza de permanencia que, grazas aos resultados doutros campos, continúa intacta. Pareceume […]

Os libros arden mal, Premio da Crítica

1 Abril, 2007 (16:19) | Autores, Narrativa, Premios |

A semana pasada recibiu o Premio Irmandade do Libro ao mellor libro de 2006; hoxe sabemos que obtivo, tamén, o Premio da Crítica (no apartado de narrativa, mentres que en poesía foi para A esmeralda branca de Manuel Vilanova).O xurado dos Premios da Crítica española saudou a novela de Rivas como unha das “grandes obras […]

Non ao canon bibliotecario

1 Abril, 2007 (06:45) | Artigos Faro de Vigo, Bibliotecas, Campo de Granada, Cultura, Vídeos |

No artigo da semana defendo, ao fío do ditame da nova Lei de Lectura, o non ao canon bibliotecario. Este vídeo paréceme un bo resumo divulgativo do problema. Etiquetas: Artigos, Canon_bibliotecas