Month: Maio, 2007

Case perfecto: a primeira crítica

31 Maio, 2007 (20:22) | Autores, Críticas, Narrativa, Novidades, Xerais |

Montse Pena publica a primeira crítica de Case perfecto a última novela de Marina Mayoral. Eis un parágrafo do texto: “Case perfecto é tamén unha desas novelas que é complicado deixar de ler, que se devoran nunha ou dúas tardes. Os motivos non son outros que unha intriga ben dosificada (derivada de que ata as […]

A ortografía é unha actitude

31 Maio, 2007 (17:04) | Lingua, Vídeos |

Ten toda a razón Tiscar. En galego, aínda que moitos non acrediten niso, tamén. Etiquetas: Ortografía

Análises dos resultados das locais

31 Maio, 2007 (16:13) | Política |

Entre as moitas análises nos blogs e na rede dos resultados das eleccións locais en Galicia interesáronme unhas cantas que enlazo para o arquivo: Fernando Varela: “Ganadores y perdedores”. Camilo Nogueira: “Non teñen remedio”. X.M. Pereiro: “Resaca electoral 3: quen gañou?” Vigoblog: “El ganapierde electoral” Xabier Cid: “As mellores eleccións posíbeis”. Martin Pawley: “27-M en […]

Boys into books 11-14

31 Maio, 2007 (15:59) | Lectura, Literatura infantil e xuvenil |

Un espazo web moi interesante para coñecer os títulos recomendados e as estratexias de fomento da lectura para a etapa 11-14 polas autoridades educativas inglesas. O documento en PDF merece ser estudado de vagar (proporciona vieiros moi xeitosos para a dotación da biblioteca escolar e tamén para o traballo de editores, profesorado e responsables de […]

Xeración E Logo!

30 Maio, 2007 (06:58) | Lingua |

Esta iniciativa da SXPL é fermosa. Xa era de tempo de propoñer o nacemento como a primeira etapa normalizadora. Propostas de arrolos (todo un luxo de Espido, Mercedes Peón, Uxía, Xabier Díaz) escolma de nomes e outros materiais para celebrar aniversarios e seguir o libro da vida deben contribuír a mudar as actitudes das novas […]

Inhibición electoral

29 Maio, 2007 (19:06) | Política |

Entre tantas análises sobre os resultados electorais paga a pena reparar no alto nivel de abstención que se produciu en Galicia (un 37,03%, case catro puntos máis ca nas anteriores), unha cifra que supón que case un millón de electores galegos que tiñan dereito ao voto decidiron quedar na casa. Porcentaxe que é aínda superior […]

Profundizar no cambio político

28 Maio, 2007 (19:10) | Política |

Afeitos como estamos a escoitar os discursos autocompracentes dos responsables dos partidos, a ninguén pode extrañarlle que se manifesten igualmente satisfeitos cos resultados das locais. Unha cerimonia retórica que non pode agachar nin algúns importantes fracasos nin a consolidación das tendencias que se abriron tras as últimas autonómicas. O Partido Popular, a pesar do seu […]

Día de Roald Dahl

28 Maio, 2007 (19:02) | Autores, Efemérides, Literatura infantil e xuvenil |

Coñezo a noticia da celebración do Día de Roald Dahl (13 de setembro). Vía: Alcameh. Etiquetas: Roald_Dahl

Campo do Fragoso XLI

28 Maio, 2007 (06:52) | Artigos Faro de Vigo, Campo do Fragoso, Celta de Vigo, Fútbol |

FELIZ CARAMBOLAUn penalti no tempo de desconto, que Fernando Baiano resolveu con enorme serenidade, permite ao Celta continuar coas súas posibilidades matemáticas de evitar o descenso. Unha feliz carambola para un partido dramático e escasamente vistoso no que os celestes nin foron superiores no xogo nin amosaron nunca unha mellor actitude que os béticos. De […]

27 M

27 Maio, 2007 (11:32) | Imaxes, Política |

Vía: El Roto. El Pais.

Animación á lectura

27 Maio, 2007 (11:23) | Imaxes, Lectura |

Vía: Selva de Esmelle

MeGa

27 Maio, 2007 (11:10) | Beizóns, Internet, Música |

Coñecéramolo no Cultur.gal. Con este magnífico portal de Música en Galicia (na que se abordan todos os xéneros), a xente do Consello remata a súa primeira etapa de ofrecer portais para as industrias culturais galega: libro, banda deseñada e audiovisual. Unha importante contribución que merece ser recoñecida. Beizóns para esta Mega! Etiquetas: MeGa

Alvarellos: 30 anos de edición en Galicia

27 Maio, 2007 (10:37) | Beizóns, Editores, Efemérides, Entrevistas |

A editorial Alvarellos celebra os seus trinta anos de traballos cun interesante libro conmemorativo no que Quique tivo a deferencia de incluír un meu traballo sobre a evolución da edición galega nos últimos trinta anos. Ten moita razón o editor actual cando expresa que cando comezou o seu pai “a edición era unha tarefa artesanal […]

Un Náutico para o século XXI

27 Maio, 2007 (10:25) | Artigos Faro de Vigo, Asociacionismo, Campo de Granada, Vigo |

No artigo da semana reflexiono sobre a polémica na que está inmerso o Club Náutico de Vigo. Etiquetas: Artigos, Náutico_Vigo

Linguas cruzadas

26 Maio, 2007 (17:27) | Beizóns, Lingua, Vídeos |

Non tivera oportunidade de velo cando o emitiron o 17M. Valioso. Moi valioso para entender o que está sucendo co uso do galego entre a xente nova. Beizóns, María e Mónica! Etiquetas: Lingua

Listos para ler

25 Maio, 2007 (17:33) | Edición, Libro, Xerais |

Chega a Madrid a exposición “Listos para leer“, que recolle unha colección de catro centos libros editados en España entre 2000 e 2006. Comisariada por Enric Satué esta exposición supón unha reivindicación da necesidade de poñer en valor o traballo dos deseñadores gráficos editoriais. Entre estes volumes temos a satisfacción de que se atopan catro […]

Préstamo e edición en galego

25 Maio, 2007 (16:53) | Libro de texto |

Nestas brétemas abordamos, seguramente con reiteración, a problemática que suscita na edición en galego a modalidade de préstamo dos libros de texto. Non vou abundar en argumentos nin en datos sobre a cuestión. Remito ás informacións aparecidas hoxe na maioría dos medios sobre a presentación que onte fixemos en Compostela dun informe clarificador realizado polo […]

Premios Xerais 2007, os xurados

24 Maio, 2007 (20:48) | Premios, Xerais |

Hoxe demos a coñecer os nomes dos xurados dos Premios Xerais 2007. A primeira reunión para determinar os finalistas celebrarase o 1 de xuño e o fallo definitivo o día 9, na illa de San Simón, como nas dúas últimas edicións. Teresa Moure será a mantedora literaria e Xabier Blanco o gaiteiro que interpretará varias […]

Certame de micronovela

23 Maio, 2007 (18:54) | Narrativa, Premios |

Esta tarde presentamos as bases dun novo premio literario, o I CERTAME DE MICRONOVELA “CONCELLO DE SOUTOMAIOR”. Que eu saiba este é o primeiro certame especificamente dirixido un xénero narrativo que proporcionou froitos moi logrados para a literatura galega. As obras terán unha extensión mínima de 35 folios e máxima de 60, escritos a dobre […]

Ver para leer

23 Maio, 2007 (18:29) | Lectura, Televisión |

Grazas a Débora Campos descubro esta auténtica marabilla para o fomento da lectura que é o programa de Telefe Ver para leer. Con só tres espazos emitidos (aconsello revisar a fondo a web), combinando momento de ficción con outros de divulgación de contidos literarios, é un modelo do moito que aínda pode facer a televisión […]

Caderno de Damasco (e III)

22 Maio, 2007 (20:51) | Cidades, Persoal |

NA BIBLIOTECA CUNQUEIROA razón da nosa viaxe foi participar nun debate sobre a “Edición e a tradución en Galicia”. Despois de visitar a Biblioteca Cunqueiro (cuns fondos galegos aínda escasos) e visionar unha presentación multimedia sobre Galicia e a literatura galega (moi xeitoso), a nosa primeira sorpresa foi o interese dos medios de comunicación sirios […]

Caderno de Damasco II

21 Maio, 2007 (19:38) | Cidades, Persoal |

NOVIDADES NO BAZARHussam propúxonos comezar a visita á Damasco polo Museo Nacional, un magnífico centro arqueolóxico (un chisco descoidado) onde se pode contemplar unha síntese das culturas milenarias deste espazo mediterráneo. A entrada principal do edificio está presidida por unha reconstrución do pórtico do pazo do deserto de Qasr Al Heir Al Gharbi, un bo […]

Caderno de Damasco I

20 Maio, 2007 (19:15) | Cidades, Persoal |

CAMIÑO DE DAMASCOCustounos vinte e seis horas chegar a Damasco. RJ decidiu, sen explicación ningunha, cancelar o seu voo da tarde entre Amman e a capital siria. A compañía xordana trasladounos ao Hotel Queen Alia, un grande complexo de trescentos cuartos ao pé do aeroporto, para os viaxeiros en tránsito, algo que alí parece moi […]

Voces de basalto negro

20 Maio, 2007 (11:19) | Artes Visuais, Cidades, Eventos, Exposicións |

Sen dúbida, a actividade de maior proxección da Semana Cultural de Galicia en Damasco é a intervención de Xosé Freixanes no Jan Asaad Basha, unha impresionante hospedería para comerciantes construída durante a época otomana e situada no corazón do famoso zoco de Damasco.A instalación de Freixanes (repite as experiencia de Casabalanca e Amman), titulada “Voces […]

Seguindo a Cunqueiro en Damasco

20 Maio, 2007 (11:07) | Artigos Faro de Vigo, Campo de Granada, Cidades, Eventos |

No artigo da semana relato a nosa experiencia na primeira Semana da Cultura Galega en Damasco. Etiquetas: Damasco, Artigos

Ramón Camaño ou os cartaces da memoria

15 Maio, 2007 (22:01) | Artes Visuais, In memoriam |

Hoxe coñecimos a noticia da morte do Ramón Camaño, o grande fotógrafo da Costa da Morte. Caamaño foi desa clase de persoas, como lle sinalaba o fotógrafo Henri Cartier-Bresson ao escritor John Berger, que saben que a súa misión na vida foi captar o “instante decisivo”; saben que para tirar unha foto hai que sentir […]

Pausa

15 Maio, 2007 (20:47) | Persoal |

É posible que o blog estea parado ata a vindeira semana. Viaxamos uns días para participar nunha mesa redonda con motivo do 17-M.

Verídico

15 Maio, 2007 (16:02) | Imaxes |

Campo do Fragoso XL

13 Maio, 2007 (23:27) | Artigos Faro de Vigo, Campo do Fragoso, Celta de Vigo, Fútbol |

DEBACLE DEFINITIVANon podemos seguir enganándonos inutilmente crendo en milagres que non se van producir: a derrota diante do marrulleiro e sospeitoso Levante déixanos en Segunda División. Un penalti fantasma sinalado a piques de rematar a primeira parte –que o nefasto colexiado Rubinos Pérez semella quixo ver antes que se producise a “xogada” (daría para un […]

Plan de lectura

13 Maio, 2007 (09:31) | Artigos Faro de Vigo, Campo de Granada, Lectura, Literacidade |

No artigo da semana reflexiono sobre o que debe supoñer a aprobación do Plan de lectura de Galicia e os cambios no concepto do libro e a lectura. Etiquetas: Artigos

Cultur.gal, domingo 13

13 Maio, 2007 (09:24) | Cultura, Eventos |

Hoxe na derradeira xornada deste primeiro Cultur.gal destacan actividades como a mesa redonda entre ilustradores e editores, a presentación do disco Polo aire de Quempallou, a proxección da longometraxe Miña sarah de Gustavo Ron e o concerto de Marful (ás 21:00 horas), que pechará a feira. Etiquetas: Culturgal

Cultur.gal, sábado 12 (imaxes e crónicas)

13 Maio, 2007 (09:00) | Cultura, Eventos, Imaxes |

“Presentan o primeiro vídeoxogo de acción desenvolvido en Galicia”, La Voz de Galicia. “Traballos de limpar trens”, La Voz de Galicia. “Cultur.gal di adeus cun amplo programada actividades”, La Voz de Galicia. “Un novo escaparate para a cultura galega”, Faro de Vigo. “Concerto de Marful para pechar hoxe o primeiro Cultur.gal”, Galicia hoxe. “A creación […]

Cultur.gal, sábado 12

12 Maio, 2007 (08:57) | Cultura, Eventos |

Entre as actividades do sábado 12 en Cultur.gal destaca a celebración da xornada “A calidade na educación (o modelo finlandés); a presentación do videoxogo ELE (Efecto Ligado á Extinción), de Continental Producións; os concertos de Setesaias e de Concha Buika; os recitais de Antón Lopo e Eva Veiga; a mesa redonda sobre “A adaptación literaria […]

Cultur.gal, venres 11 (imaxes e crónicas)

12 Maio, 2007 (06:30) | Cultura, Eventos, Imaxes |

“Os editores contarán cunha revista de novidades editoriais”, La Voz de Galicia. “Toda unha vida. A intensa xornada dunha festa cultural”, La Voz de Galicia. “Diversión asegurada en Cultur.gal”, La Voz de Galicia. “Cultur.Gal”, Víctor Freixanes, La Voz de Galicia. “Cultura electrónica”, Galicia hoxe. “O Cultur.gal presenta hoxe un videoxogo de produción 100% galega”, El […]

Cultur.gal, as primeiras crónicas

11 Maio, 2007 (07:24) | Cultura, Eventos |

“Non se pode ir á feira sen cartos”, La Voz de Galicia. “Os libros toman o protagonismo”, La Voz de Galicia. “Chega Cultur.gal, o mellor escaparate”, Galicia hoxe. “Cultur.gal cifra a profesionalización das industrias culturais en Galicia”, El Correo Gallego. “Cultura en serie”, El Pais-Galicia. “As catro verbas raíñas de Internet”, Faro de Vigo. Etiquetas: […]

17 de maio, A Coruña 2007

11 Maio, 2007 (07:19) | 17_de_maio, Efemérides, Eventos |

Etiquetas: 17_maio, A_Coruña

Cultur.gal, venres 11

10 Maio, 2007 (22:00) | Cultura, Eventos |

Entre as actividades da segunda xornada de Cultur.gal destacan o Seminario dobre Comercio Internacional do libro, a presentación do programa MEG (Música en Galicia) promovido por Culturagalega.org, a presentación de Novas de libros (a nova revista de novidades editoriais de todos os membros da AGE) e a emisión en directo do Xabarín Club da TVG. […]

Cultur.gal, xoves 10 (imaxes)

10 Maio, 2007 (21:23) | Cultura, Eventos, Imaxes |

Etiquetas: Culturgal

Cultur.gal, xoves 10

9 Maio, 2007 (22:27) | Cultura, Eventos, Internet |

Entre as actividades de mañá xoves en Cultur.gal destaca a celebración, a partir das 17,30 horas da xornada “I+C. Oportunidades e desafíos para a cultura galega en Internet” que analizará o momento actual da web e pretende axudar aos creadores e profesionais do mundo da cultura a detectar oportunidades de difusión e de creación nun […]

Cultur.gal, a instalación

8 Maio, 2007 (21:43) | Cultura, Eventos |

Promete o primeiro Cultur.gal. Estivemos boa parte do día traballando nas instalacións do Pazo da Cultura de Pontevedra que eran un bulebule de xente ultimando os preparativos dos stands e da instalación das exposicións. Xa non hai dúbida que tanto polo número de expositores (énchese todo o espazo dispoñible dunha nave enorme), como polo completísimo […]

Agustín Fernández Paz e Xan López Domínguez, candidatos ao premio Astrid Lindgren 2008

7 Maio, 2007 (07:12) | Autores, Literatura infantil e xuvenil, Premios |

Agustín Fernández Paz (como autor) e Xan López Domínguez (como ilustrador) serán os dous candidatos que presentará a OEPLI ao Premio Memorial Astrid Lindgren 2008, outorgado polo goberno de Suecia.Hoxe Galix anuncia nunha nota de prensa esta extraordinaria noticia que supón o recoñecemento da excelencia internacional da nosa literatura infantil e xuvenil. Etiquetas: Premio_Astrid_Lindgren

Entrevista a Álvaro Cunqueiro

6 Maio, 2007 (20:53) | Autores, Entrevistas, Vídeos |

Esta longa entrevista con Álvaro Cunqueiro (máis dunha hora), realizada en 1978 por TVE no seu programa A fondo, merece ser arquivada. Un documento didáctico e literario moi valioso. As marabillas da rede! Vía Valadés. Etiquetas: Álvaro_Cunqueiro

"Os libros arden mal", premio AELG

6 Maio, 2007 (12:22) | Autores, Eventos, Premios |

Os libros arden mal recibiu onte o seu sétimo premio, o da AELG.A velada de entrega destes premios, concedidos polos escritores aos seus colegas, resultou moi entrañable e moi ben levada, con enorme elegancia e moito ritmo, por Cesáreo Sánchez Iglesias e Mercedes Queixas. Beizóns para eles dous e o seu equipo.Especialmente emocionante foron as […]

Tempo escolar

6 Maio, 2007 (12:09) | Artigos Faro de Vigo, Campo de Granada, Educación |

No artigo da semana propoño, a raíz da folga dos mestres, unha reflexión sobre o horario e o calendario escolar. Etiquetas: Artigos

Cuestionario Proust

6 Maio, 2007 (11:58) | Persoal |

Aínda que non gosto moito das cadeas, a amiga Peke convídame contestalo. Vai entón con enorme pudor:1.- O principal trazo do meu carácter? A paciencia.2.- A calidade que prefiro nun home? A intelixencia, a vontade e a tenrura.3.- A calidade que prefiro nunha muller? A intelixencia, a vontade e a tenrura.4.- O que máis aprezo […]

Herminio Barreiro: "Sobre a recuperación da memoria histórica"

5 Maio, 2007 (13:20) | Educación, Historia |

Herminio Barreiro leu este texto sobre a recuperación da memoria histórica nun acto celebrado o 25 de abril no Salón de Actos da Facutltade de Educación de Santiago. Un texto excelente que merece ser arquivado. Dicía con moita ironía Jesús Vicente Chamorro, aquel inesquecible e revolucionario fiscal do Tribunal Supremo, que Deus é o único […]

Gonzalo Anaya, mestre da República

4 Maio, 2007 (18:08) | Educación |

Xesús Alonso Montero convidoume a participar hoxe na homenaxe ao profesor Gonzalo Anaya que se realiza en Vigo con motivo da presentación do libro Gonzalo Anaya: la passió educativa. Unha enorme honra para min xa que dende hai case trinta anos, desde os meus tempos de alumno da Facultade de Pedagoxía, téñolle moita lei a […]

Cultur.gal, o anuncio

3 Maio, 2007 (23:16) | Eventos, Vídeos |

Adiantos das novidades de Moure e Regueira

3 Maio, 2007 (15:03) | Adiantos, Autores, Narrativa, Novidades, Xerais |

Dende hoxe poden baixarse os PDF de senllos primeiros capítulos das novelas de Teresa Moure e Mario Regueira que se poñerán á venda no Culturgal. Boa lectura! Etiquetas: Teresa_Moure, Mario_Regueira

Uso obrigatorio do casco

1 Maio, 2007 (12:29) | Imaxes, Política |

Vía: Argallando.