Month: Xuño, 2007

O oficio de editar

30 Xuño, 2007 (21:09) | Edición |

Ao fío do anuncio do novo Máster de edición, xa o terceiro, Juan dá conta da experiencia de creación dun marcapáxinas que expresase o concepto dinámico do proceso editorial. Para iso ocorréuselle sobrepoñer con diversas tipografías unha serie de verbos relacionados co de editar. A lista non ten desperdicio: promocionar, coordinar, planificar, relacionar, discutir, dialogar, […]

Xosé María Álvarez Blázquez, 17 de maio 2008

30 Xuño, 2007 (20:36) | 17_de_maio, Autores, Editores, Efemérides |

Unha gran alegría: o meu admirado don Xosé María Álvarez Blázquez será homenaxeado no Día das Letras Galegas 2008. Poeta, editor, historiador, divulgador e cronista da cidade de Vigo (entre outros moitos méritos) a figura de Xosé María recibirá por fin un merecidísimo recoñecemento nacional.Autor de poemarios emblemáticos como Canle segredo e Cancioneiro de Monfero […]

Fran Alonso, pregón da Feira do libro de Vigo

30 Xuño, 2007 (09:57) | Autores, Beizóns, Bibliotecas, Eventos, Librarías |

Fantástico o pregón de Fran Alonso que inaugurou a Feira do Libro de Vigo. Utilizando a estrutura do relato da araña que danza na arañeira, Fran debuxou de forma brillantísima a estrutura da cadea de valor do libro como ben cultural primeiro. Detívose de forma valente en denunciar a indixencia bibliotecaria viguesa (diante do alcalde, […]

"Dosinda", un relato de Teresa Moure

29 Xuño, 2007 (16:15) | Autores, Medios, Narrativa |

Continuando a estela iniciada por Angueira, hoxe aparece o relato de Teresa Moure. É precioso. Boa lectura!A iniciativa de Vieiros, “Onde sempre é bosque, de ofrecer doce relatos doutros tantos narradores e narradoras contemporáneos de noso para facer unha devesa de palabras contra o lume é sinxelamente brillante. Beizóns! Etiquetas: Teresa_Moure

Patrimonio inmaterial

29 Xuño, 2007 (15:50) | Libro de texto, Xerais |

Quedamos moi agradecidos por este recoñecemento de Ponte nas Ondas.O traballo dos editores educativos é moi duro e poucas veces alguén o agradece. O noso compromiso coa promoción do patrimonio inmaterial (o folclore infantil e a nosa tradición literaria oral) ven de vello e constitúe un dos eixos programáticos do noso proxecto editorial. Grazas mil, […]

Episodios de terror

29 Xuño, 2007 (15:44) | Historia, Novidades, Xerais |

Coincidindo coa Feira do Libro de Vigo lanzamos ao mercado este libro imprescindible para a recuperación da memoria histórica. Os autores sintetizan todo o que se leva escrito até o de agora sobre o período da Guerra Civil na provincia de Pontevedra, centrando o libro arredor do campo de concentración da illa de San Simón […]

Boa planificación

28 Xuño, 2007 (07:14) | Vídeos |

Tres minutos e catorce segundos de boa planificación. Paga a pena. Vía: Valadés.

"A Nosa Terra" aposta polo xornalismo dixital

28 Xuño, 2007 (06:50) | Editores, Medios |

Coincidindo coa entrega da Medalla Castelao, os responsables do xornal A Nosa Terra expresan a súa decidida aposta polo xornalismo dixital. Ao tempo, El Pais Galicia anuncia que o construtor Jacinto Rey tomará a maioría das accións e Miguel Barros será o novo presidente do consello. Ademais destes cambios empresariais e do aumento do cadro […]

"O club da calceta", Premio San Clemente

28 Xuño, 2007 (05:44) | Autores, Narrativa, Premios, Xerais |

O club da calceta de María Reimóndez obtivo o premio San Clemente outorgado por alumnos de 2º de bacharelato de cinco institutos públicos galegos á mellor obra narrativa en galego en 2006. Esta novela, recoñecida xa polo público (vai xa na 2ª edición), obtén o seu primeiro e merecido recoñecemento. Está sendo traducida para o […]

"Fóra do sagrado" de Anxo Angueira

27 Xuño, 2007 (22:09) | Autores, Novidades, Poesía, Presentacións, Xerais |

Espectacular e moi emocionante foi o recital de presentación de Fóra do sagrado, o poemario que dedica a Vigo Anxo Angueira. O paraninfo “Leónides de Carlos Ardenaz” do Instituto Santa Irene ateigouse de xente para escoitar a presentación de Méndez Ferrín e a declamación do poeta, acompañado dos músicos Leo de Matamá (nas guitarras e […]

Servizos de lectura

26 Xuño, 2007 (20:02) | Bibliotecas, Lectura |

Gardalivros anuncia a aparición dun monográfico da revista Interea sobre servizos de lectura. Moi interesante para debullar amodiño. Etiquetas: Bibliotecas

Pagar por estar no escaparate

26 Xuño, 2007 (19:51) | Comercio do libro, Librarías, Promoción do libro |

Esta noticia chega un pouco tarde. Cónstame que aquí hai tempo que o ven facendo algunha importante cadea de librarías. Eis a imparable deriva do comercio do libro na que estamos inmersos. Unha noticia moi interesante. Etiquetas: Librarías

A lectura en 34 preguntas

26 Xuño, 2007 (19:20) | Lectura |

Esa marabilla que é a revista Trama y Texturas propón abordar os hábitos lectores como tema central do seu terceiro número e seguintes. Para iso ofrece a posibilidade de participar aos seus lectores por medio deste completísimo cuestionario, que supón unha auténtica radiografía do fenómenoda lectura. Reproducímolo polo seu interese e utilidade. Un bo exercicio […]

"Bretaña, Esmeraldina", a reedición dun clásico

25 Xuño, 2007 (19:15) | Autores, Narrativa, Novidades, Xerais |

Despois da súa aparición hai vinte anos, reeditamos Bretaña, Esmeraldina, unha novela de máis de catro centas páxinas que supuxo un dos maiores esforzos creativos de Ferrín. Esta nova edición foi preparada por Anxo Angueira (hoxe o maior estudoso desta obra) quen se ocupou tamén da introdución e das notas ao pé. Debedora de Jack […]

Sao Paulo, cidade sen publicidade

24 Xuño, 2007 (07:56) | Cidades, Imaxes, Publicidade |

Para evitar a contaminación visual, a cámara municipal de Sao Paulo decidiu impedir a presenza de valados publicitarios nas rúas da cidade. O fotógrafo Tony Marco está documentando este proceso inédito de limpeza visual. Un modelo a imitar? Témome que sería moi difícil implantalo nas nosas cidades, abonda con lembrar a recente campaña das eleccións […]

Libro de texto: comeza a batalla das grandes superficies

24 Xuño, 2007 (07:37) | Comercio do libro, Libro de texto |

Apenas transcorreu unha semana dende a aprobación da nova Lei da lectura e do libro que liberaliza o prezo dos libros de texto da Educación Obrigatoria (Primaria e ESO) xa coñecemos a estratexia agresiva das grandes superficies comerciais. A campaña de Carrefour non ofrece dúbida: “Libros ao custo. Se os atopas máis baratos, aboámosche dez […]

Calidade de Vigo

24 Xuño, 2007 (06:16) | Artigos Faro de Vigo, Campo de Granada, Vigo |

No artigo da semana reflexiono sobre os datos proporcionados pola enquisa da OCU sobre satisfacción dos habitantes no relativo á calidade de vida das súas cidades (con especial referencia a Vigo) e sobre os retos que isto supón para o novo goberno de coalición presidido por Abel Caballero. Etiquetas: Artigos, Vigo

Mudanzas no Bacharelato II

23 Xuño, 2007 (16:06) | Educación |

Na anotación anterior quedaron pendentes algunhas novidades que paga a pena reseñar: Incorpórase a “Literatura Universal” como materia da modalidade de Humanidades (antes era optativa) e da vía de Artes escénicas. Desaparece a materia de “Mecánica” da modalidade de Ciencias e Tecnoloxía. Nas materias optativas, competencia da CC.AA., ábrese a posibilidade cursar unha materia das […]

Mudanzas no Bacharelato I

22 Xuño, 2007 (07:27) | Educación |

Onte participei nunha longa sesión de traballo na que representantes da Alta Inspección do Ministerio de Educación e Ciencia presentaron a un numeroso grupo de editores educativos as características principais dos novos currículums e da ordenación do Bacharelato que entrará en vigor a partir do curso 2008/2009.A idea principal coa que quedei foi a intención […]

"Cólera" de María Xosé Queizán

20 Xuño, 2007 (11:01) | Autores, Novidades, Poesía, Presentacións, Xerais |

Hoxe presentamos Cólera, o máis recente poemario de María Xosé Queizán. Durante o acto proxectarase un vídeo de 45 minutos, preparado por Manuel Forcadela, que recrea con imaxes, testemuños e músicas seis dos poemas do libro.Cólera é a memoria orgullosa dunha xeración que rememora un proceso histórico clave na conformación do tempo presente. Empregando a […]

El Andén, nova editorial

18 Xuño, 2007 (20:53) | Editores |

Ollo: prometen que tamén editarán en galego. Etiquetas: El_Andén

"Illa Soidade", adianto do primeiro capítulo

18 Xuño, 2007 (20:29) | Adiantos, Autores, Literatura infantil e xuvenil, Premios, Xerais |

Hoxe subimos o adianto en PDF do primeiro capítulo de Illa soidade, a novela de An Alfaya gañadora do premio Fundación Caixa Galicia de literatura xuvenil. Boa lectura! Etiquetas: Premios_Xerais_2007

Campo do Fragoso XLII

18 Xuño, 2007 (06:48) | Artigos Faro de Vigo, Campo do Fragoso, Celta de Vigo, Fútbol |

DESCENSO MERECIDOFallounos o Rácing de Santander! A vitoria merecida do Celta diante do motivadísmo Xetafe foi insuficiente para que se producise o milagre. Co apoio da bancada petada e voluntariosamente algareira, os celestes saíron moi nerviosos sabendo que a súa sorte non se dirimía só sobre a lameira viguesa e boa parte das súas posibilidades […]

Audiovisual e edición en Galicia

17 Xuño, 2007 (10:01) | Cine, Edición, Eventos, Televisión |

Convidado pola Academia Galega do Audiovisual, o pasado xoves participei nun debate sobre as relacións do sector audiovisual co mundo da cultura. No acto, moderado por Nani García, participaron Quico Cadaval, Antía Otero, Antón Baamonde e Marcial Gondar. Centrei a miña intervención en analizar as posibilidades dunha maior transferencia entre os sectores da edición impresa […]

O gaiteiro de Moaña

17 Xuño, 2007 (09:50) | Artigos Faro de Vigo, Campo de Granada, Música |

Dedico o artigo da semana a Xavier Blanco, o gaiteiro de Moaña. Recomendo ver o monográfico de Alalá que lle dedicou a TVG. Etiquetas: Xavier Blanco

Teresa Moure na libraría Pedreira

15 Xuño, 2007 (19:37) | Lectura, Librarías, Presentacións |

Presentamos Benquerida catástrofe, a máis recente novela de Teresa Moure, na libraría Pedreira. O acto foi moi emocionante e concurrídísimo. A intervención da profesora Goretti Sanmartín, memorable e as palabras da autora, sinxelamente, engaiolantes.Chamoume moito a atención a cartela de convite á lectura que preside a libraría. Velaí a transcrición desas palabras precisas e tan […]

Premio Xerais 2007, os artigos de Luzes

15 Xuño, 2007 (07:46) | Entrevistas, Literatura infantil e xuvenil, Narrativa, Premios, Xerais |

Hoxe o Luzes de El Pais Galicia publica varios artigos arredor dos Premios Xerais: “O Xerais volve sorprender“, Dolores Vilavedra. “O libro infantil de calidade interésalle a todo o mundo“, entrevista a Carlos López Gómez. “Escribo sen pensar no destinatario“, entrevista a An Alfaya. Etiquetas:Premios_Xerais_2007

Que din os rumorosos?

15 Xuño, 2007 (07:32) | Artigos Faro de Vigo, Autores, Historia, Poesía |

Ferrín publica hoxe un novo artigo que completa o da segunda feira. Dous textos maxistrais sobre o himno galego. Indispensable que pasen o arquivo. Etiquetas: Himno_galego

Comercio interior do libro 2006

15 Xuño, 2007 (06:54) | Comercio do libro, Slideshare |

Este ano o avance dos resultados do estudo do Comercio Interior do libro apareceron antes. Faltan os datos desagregados dos gremios, razón pola que non hai cifras de Galicia. Etiquetas: Comercio_interior_libro_2006

Historia lingüística de Galicia

14 Xuño, 2007 (15:55) | Imaxes, Lingua |

"Minimaladas", adianto de cinco historias

13 Xuño, 2007 (10:33) | Adiantos, Autores, Literatura infantil e xuvenil, Premios, Xerais |

Hoxe subimos o adianto en PDF de cinco (das oitenta e catro) minihistorias que conforman Minimaladas, a obra de Carlos López gañadora do Premio Merlín 2007. Etiquetas: Premios_Xerais_2007

Os blogs na escola

12 Xuño, 2007 (19:57) | Blogs, Educación, Literacidade |

Moi recomendable este número de Vieiros na escola sobre o uso educativo dos blogs. Coa implantación da nova reforma curricular e a necesidade do desenvolvmento da competencia dixital, producirase o estoupido do fenómeno dos blogs escolares. Unha boa oportunidade para reflexionar sobre a utilidade do soporte e o traballo sobre a literacidade electrónica e crítica […]

Rede de Bibliotecas de Galicia

12 Xuño, 2007 (19:27) | Bibliotecas |

Paréceme bo o novo portal da Rede de Bibliotecas de Galicia. Información ben organizada e cun nivel de usabilidade que me pareceu moi aceptable. Especialmente interesante é a selección de contidos web e o funcionamento dos buscadores (con atención específica ao do libro galego). Haberá que profundizar no seu funcionamento, mais a primeira visita é […]

Only in Galicia

12 Xuño, 2007 (19:01) | Imaxes, Slideshare, Sociedade |

Hoxe recibín esta presentación por ecorreo. Ten o seu punto irónico. Etiquetas: Galicia

"Cardume", adianto do primeiro capítulo

12 Xuño, 2007 (18:46) | Adiantos, Autores, Narrativa, Premios, Xerais |

Hoxe subimos o adianto en PDF do primeiro capítulo de Cardume, a novela de Rexina Vega gañadora do Premio Xerais 2007. Boa lectura! Etiquetas: Premios_Xerais_2007

Teresa Moure, premio Rafael Dieste 2007 de teatro

11 Xuño, 2007 (17:53) | Autores, Premios, Teatro |

Esta mañán recibimos unha magnífica noticia: Teresa Moure obtivo o premio Rafael Dieste de teatro por Unha primavera para Aldara.O xurado do premio sinalou que o texto foi seleccionado “pola sólida estrutura dramática, a potencia dos conflitos e a magnífica construción de personaxes”, apreciando nel “a ambición dunha trama sostida por un gran traballo de […]

"Illa Soidade", testemuño dun xurado

11 Xuño, 2007 (17:29) | Autores, Entrevistas, Literatura infantil e xuvenil, Premios, Vídeos, Xerais |

Martín Pawley foi membro do xurado do Premio Fundación Caixa Galicia 2007 que outorgou o galardón a Illa soidade de An Alfaya. Aquí fai unha primeira achega á obra. No mesmo espazo publica a primeira entrevista que na noite da entrega fixo á autora. Etiquetas: Premios_Xerais_2007

Premios Xerais 2007, a repercusión nos blogs

11 Xuño, 2007 (16:43) | Literatura infantil e xuvenil, Narrativa, Premios, Xerais |

Ás primeiras informacións sobre o fallo dos Xerais, aparecidas onte nas edicións electrónicas dos xornais, engadíronse hoxe outras referencias nos blogs e nos espazos culturais electrónicos: O blog dos pelachos: vídeos das intervencións no Auditorio. O levantador de minas: crónica e reportaxe fotográfica. Días estranhos: entrevistas na illa de san Simón. Días estranhos: “An Alfaya […]

Premios Xerais 2007, entrevista a Celia Torres

11 Xuño, 2007 (16:37) | Entrevistas, Premios, Vídeos, Xerais |

Vía: Días estranhos. Etiquetas: Premios_Xerais_2007

Premios Xerais 2007, intervención de peche

11 Xuño, 2007 (16:28) | Premios, Vídeos, Xerais |

Vía: O blog dos pelachos. Etiquetas: Premios_Xerais_2007

Premios Xerais 2007, a crónica de Alfredo

11 Xuño, 2007 (06:50) | Premios, Slideshare, Xerais |

Completísima a crónica de Alfredo Ferreiro. Vídeos e entrevistas en Días estranhos e no blog dos pelachos. Moitas grazas. Beizóns para os tres! Etiquetas. Premios_Xerais_2007

Xavier Blanco, a sorpresa dos Premios Xerais

10 Xuño, 2007 (17:13) | Música, Premios, Vídeos, Xerais |

Xavier Blanco, o gaiteiro de Moaña, foi a grande sorpresa do serán dos Xerais 2007. No momento do desembarco, recibiu a todos os convidados tocando dende o outeiro coa dignidade e a elegancia dun gaiteiro de estirpe. Logo, durante o acto literario no Auditorio, interpretou cos seus instrumentos pobres tres temas que foron marcando senllos […]

Teresa Moure, discurso nos Premios Xerais 2007

10 Xuño, 2007 (15:38) | Autores, Premios, Vídeos, Xerais |

Teresa Moure, en calidade de mantedora literaria dos Premios Xerais 2007, pronunciou un discurso titulado “O carácter revolucionario da escrita e das palabras”. Nun texto de dezaoito páxinas (pode baixarse completo en PDF aquí), ganduxado co alento da tenrura e a coraxe necesaria para chamar polas palabras precisas, Teresa reivindicou a literatura como un espazo […]

"Minimaladas" de Carlos López

10 Xuño, 2007 (12:52) | Autores, Literatura infantil e xuvenil, Premios, Vídeos, Xerais |

Minimaladas, a obra de Carlos López galardonada co Premio Merlín 2007, recolle oitenta e catro mini historias protagonizadas por animais, nas que destaca a súa orixinalidade e imaxinación. O xurado nestes textos breves (nalgúns casos apenas catro ou cinco liñas) salienta a súa capacidade para evocar imaxes, valéndose dun emprego lúdico da linguaxe, algunhas interesantes […]

"Illa Soidade" de An Alfaya

10 Xuño, 2007 (12:44) | Autores, Literatura infantil e xuvenil, Premios, Vídeos, Xerais |

Illa Soidade, a obra de An Alfaya gañadora do Premio Fundación Caixa Galicia 2007, relata a historia de Lucía quen, nunha viaxe en tren cando vai iniciar os estudos de xornalismo, vai rememorando a súa relación con Soa, unha esmoleira a que coñeceu cando pretendía deter unha vaga de insolidariedade cos indixentes que se produce […]

"Cardume" de Rexina Vega

10 Xuño, 2007 (12:12) | Autores, Narrativa, Premios, Vídeos, Xerais |

Cardume de Rexina Vega foi a novela gañadora do Premio Xerais 2007. O texto da información que preparamos foi o que reproducimos: Cardume presenta a historia familiar e persoal dos sobrevivintes a un tempo caótico, doloroso e triste; a un tempo aberto polo eclipse da República e dos seus ideais. A xuízo do xurado do […]

Premios Xerais: a colleita 2007

10 Xuño, 2007 (11:24) | Literatura infantil e xuvenil, Narrativa, Premios, Xerais |

Falaremos de vagar do serán de onte. Como xa é adoito, embarcamos baixo os efectos euforizantes do efecto pedramol (ese ventiño mareiro tan característicos das tardes no fondo da ría) e atracamos á noite acougados e moi satisfeitos. O acto foi ben xeitoso: Xavier (a estrela da festa), xenial! e o discurso de Teresa, marabilloso! […]

A Coca rende

10 Xuño, 2007 (11:04) | Artigos Faro de Vigo, Campo de Granada, Festas |

No artigo da semana propoño a recuperación da festa da Coca como parte do noso patrimonio inmaterial da humanidade. Un esforzo no que deben implicarse as autoridades do goberno de Redondela e da Consellaría de Cultura. Etiquetas: Coca

Corina Porro e o BNG

9 Xuño, 2007 (09:54) | Política |

Lendo a entrevista de Corina Porro en El País-Galicia (moi lista a alcaldesa en funcións), algunha persoa con autoridade na agrupación local de Vigo do BNG debería desmentir rotundamente estas palabras: “El Bloque cedió ante temas de ciudad importantes. Y con él hallamos muchos más puntos de encuentro, de interés de ciudad, pese a no […]

A vida despois do Xerais

9 Xuño, 2007 (09:13) | Premios, Xerais |

Faro de Vigo agasállanos no día do fallo dos nosos Premios con esta reportaxe. Etiquetas: Premios_Xerais_2007