Xosé María Álvarez Blázquez

8 Xullo, 2007 (10:04) | 17_de_maio, Artigos Faro de Vigo, Autores, Campo de Granada, Editores, Efemérides

No artigo da semana realizo unha primeira semblanza da figura de don Xosé María Álvarez Blázquez. É a miña intención publicar nas vindeiras semanas novos traballos no Faro sobre o “Xosé María, editor” e o “Xosé María, cronista oficial da cidade de Vigo”. Comecei estes días a versión galega d’ A cidade e os días. Calendario histórico de Vigo, tarefa que asumín con enorme interese, que me permite aprender moito nese pozo de sabedoría histórica viguesa artellada polo meu admirado don Xosé María.
Aconsello a lectura da reportaxe fotobiográfica publicada hoxe no Estela de Faro de Vigo, preparada por Salvador Rodríguez.

Etiquetas:
Chuzame! A Facebook A Twitter

Comentarios

Comment from Mario
Date: 10 Xullo 2007, 3:18 a.m.

Aledeime moito de saber que vai ser o próximo homenaxeado, aínda que nunca cansarei de insistir en que tiñan que abrir algo máis a cousa e recoñecer a xente que traballou pola nosa cultura, aínda sen ser escritores.

Olark Livehelp