Month: Xullo, 2007

O Valedor e o galego

31 Xullo, 2007 (21:36) | Lingua, Política |

Moi mal comeza o novo Valedor do Pobo coas súas primeiras declaracións que rezuman os máis tópicos prexuízos sobre a lingua. Fóra do seu pobre uso do galego, o máis significativo é como se despacha co idioma de todos: unha lingua perigosa para a Xustiza, unha lingua que pode crear animadversión nos alumnos de Secundaria, […]

O blog de Fidel Castro

30 Xullo, 2007 (15:02) | Blogs |

Até hoxe non sabía da existencia deste espazo na edición electrónica de Granma, que constitúe o que poderíamos chamar o blog do comandante Fidel Castro (a entrada máis recente é do 27 de xullo). Falando de Fidel non está de máis anunciar que estamos preparando a tradución do seu libro de conversas con Ignacio Ramonet […]

Memoria de poeta

30 Xullo, 2007 (14:16) | Autores, Poesía |

Moito teño lido e gozado nestes días coa lectura das case cincocentas páxinas de Memoria de poeta, o libro autobiográfico de Xosé María Álvarez Cáccamo. Quedei engaiolado con estas primeiras memorias de Pepe que, como xa fixera Antón Baamonde (ben é certo que con outro rexistro), quedan a medio camiño entre o percorrido autobiográfico e […]

Entrevista a Guillermo Schavelzon

29 Xullo, 2007 (10:30) | Axentes_literarios, Edición, Entrevistas |

Recomendo a lectura desta entrevista de Martín Gómez a Guillermo Schavelzon, un dos máis importantes axentes literarios que traballan no noso mercado (representa, entre outros, a Paul Auster, Suso de Toro, Domingo Villar, Simone Ortega ou Alberto Manguel). Recollo algunha das súas afirmacións máis interesantes sobre o papel dos axentes literarios e sobre a internacionalización […]

Festas fracas

29 Xullo, 2007 (09:38) | Artigos Faro de Vigo, Campo de Granada, Festas, Música, Polémicas, Vigo |

No artigo da semana volvo sobre a miña teima coa calidade do programa das festas de Vigo. A pesar do concerto dos Arctic Monkeys (gustei moito desta actuación en Castrelos dos indies de Shiffield) e do ciclo de cine ao aire libre Realidade 07, a liña continuista e rutineira do programa é decepcionante. Non entendo, […]

Novos abismos

27 Xullo, 2007 (12:21) | Autores, Narrativa, Novidades, Xerais |

Unha das responsabilidades principais dos editores literarios é contribuír á aparición de textos de novos autores e autoras. Este é o sentido da serie Abismos que vimos publicando dende hai varios anos, onde debutaron, entre outros, narradores como Xesús Fraga, Samuel Solleiro, Mario Regueira ou Begoña Paz. Nestes días estamos a piques de recibir no […]

Redeseños webs

25 Xullo, 2007 (10:32) | Beizóns, Medios |

La Voz de Galicia presenta hoxe un completo redeseño da súa edición electrónica, na liña das modificacións introducidas por outros diarios, ao tempo que ofrece a posibilidade de lela completa en galego grazas aos sistemas de tradución automática. Sorpréndeme o tamaño da tipografía (quizais un chisco grande de máis). Outro redeseño web deste Día da […]

A rectificación

24 Xullo, 2007 (17:24) | Medios |

A retificación desta semana mellora en sutileza e creatividade á portada secuestrada.

Realidade 07

24 Xullo, 2007 (17:18) | Cine, Vigo |

Grazas a Pawley temos en Vigo este ciclo magnífico de cine ao aire libre. Etiquetas. Realidade_07

De provincia a nación

24 Xullo, 2007 (17:05) | Historia, Novidades, Xerais |

Hoxe, coincidindo co Día da patria galega 2007, entrou no prelo De Provincia a nación. Historia do galeguismo político, a magna obra que durante unha década preparou Justo Beramendi. Este groso volume de 1248 páxinas, encadernado en cartone e en formato 17 x 24, é unha investigación sistemática da natureza e evolución dos movementos sociopolíticos […]

O futuro do Auditorio

22 Xullo, 2007 (08:57) | Artigos Faro de Vigo, Campo de Granada, Vigo |

No artigo da semana reflexiono sobre o futuro do Auditorio de Casa Mar. Hai algunha razón tan difícil de entender para que se produzan adoito enormes desfases orzamentarios na realización destas grandes obras públicas? Non entro, tras a demolición do emblemático edificio portuario, a valorar nin a pertinencia do proxecto de Portela nin a discutir […]

Libraría Couceiro

21 Xullo, 2007 (13:34) | Beizóns, Librarías |

Unha feliz noticia é a reapertura, a partir do vindeiro luns, da Libraría Couceiro de Compostela nun edificio totalmente recuperado da praza de Cervantes. Continuar coa especialización no libro galego e portugués (hoxe máis de dezasete mil títulos no seu catálogo) e no libro antigo e de segunda oportunidade, apostar pola literatura infantil e xuvenil […]

Todos con "El Jueves"

20 Xullo, 2007 (17:20) | Medios |

A retirada da circulación de El Jueves desta semana ordenada polo xuíz Del Olmo paréceme un atentado á liberdade de expresión co que retrocedemos trinta anos. A portada non é un exercicio de sutileza, mais ese, con certeza, que non é a razón desta retirada. Cara ónde imos?

Como se fai un libro?

20 Xullo, 2007 (17:02) | Edición, Xerais |

Este vídeo brasileiro recolle unha vella idea, que nos puxemos en marcha en 1994 por medio dun diaporama, de presentar o proceso de creación editorial e fabricación dun libro. Útil a nivel didáctico, a pesar de que está algo retrasado a nivel tecnolóxico (aquí empregamos cada vez menos os fotolitos, substituídos hoxe polo proceso do […]

Enderezo descoñecido

19 Xullo, 2007 (16:31) | Narrativa, Traducións, Xerais |

Cando Enderezo descoñecido se publicou por primeira vez en 1938 causou gran sensación pola crueza coa que expoñía diante da opinión pública norteamericana o veleno do nazismo dende os seus inicios. Axiña obtivo vendas espectaculares e foi editada en Inglaterra e traducida a outras linguas, sendo considerada como unha obra perfecta. En 1939, a tradución […]

Entrevista a Camilo Franco: o teatro galego esqueceu a taquilla

18 Xullo, 2007 (17:38) | Eventos, Teatro |

Interesante esta entrevista a Camilo Franco, pregoeiro da Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia. Camilo atina de cheo cando fala do divorcio entre o teatro galego e o seu público, tanto por formar parte do “sistema cultural galego” (que padece a mesma doenza). Atina, outra volta, Camilo cando afirma que “o teatro galego esqueceu a […]

O vindeiro Outono literario de Xerais

18 Xullo, 2007 (16:46) | Novidades, Xerais |

A punto de collermos as nosas tres semanas de vacacións, ultimamos estes días a primeira fornada de novidades do que será o noso outono literario. Aí vai un primeiro adianto dos seus títulos. En XERAIS NARRATIVA publicaremos ademais de Cardume de Rexina Vega (premio Xerais de novela) e A lúa dos everglades de Xesús Manuel […]

Eva en coiros

18 Xullo, 2007 (16:36) | Autores, Medios, Narrativa |

Moi fermoso o relato de Rosa Aneiros, que forma parte desa vizosa devesa que Vieiros está ofrecendo este verán. Rosa está corrixindo as derradeiras probas do seu novo libro, Ao pé do abismo, que sacaremos en outubro e onde recolle boa parte da súa obra xornalística recente. Etiquetas: Rosa_Aneiros

A beta do novo ADN dixital

18 Xullo, 2007 (16:06) | Medios |

Xa o comentabamos hai duns días. O proxecto de diario dixital que promove Juan Varela vai contribuír a crear novos modelos de xornalismo na rede. A versión beta que se deu a coñecer onte en liñas xerais non decepciona. Gustáronme, sobre todo, a súa proposta de interactividade e a súa aposta polo código aberto; porén, […]

Libro electrónico

18 Xullo, 2007 (07:23) | Cine, Libro, Tecnoloxías, Vídeos |

Esta interesante curta de anticipación, promovida polo grupo Editis, propón unha reflexión sobre o que poderá ser o futuro do libro: posible ou probable? Inevitable, diría eu. Recoméndoa. Vía Txetxu. Ver a curtametraxe (10 minutos). Etiquetas: Editis

Entrevista a Torrente Ballester

17 Xullo, 2007 (17:16) | Autores, Entrevistas, Vídeos |

Da mesma serie ca de Cunqueiro. Interesante.Vía Valadés. Etiquetas: Torrente_Ballester

Ardora

15 Xullo, 2007 (08:50) | Artigos Faro de Vigo, Campo de Granada, Historia |

Dedico o artigo da semana a comentar as Ordenanzas de 1573 sobre a pesca da sardiña na ría de Vigo, texto que coñecín traducindo para o galego o primeiro capítulo d’ A cidade e os días de Xosé María Álvarez Blázquez. É reveladora, e moi actual, a conciencia conservacionista que posuían os mariñeiros galegos de […]

A contrafío

14 Xullo, 2007 (20:26) | Blogs |

Visitei ao longo de toda esta semana este novo blog de política nacionalista. Recoméndoo: anotacións moi ben escritas, rigorosamente documentadas e arriscando opinións nacionalistas fóra do marco do politicamente correcto (as anotacións sobre a saída da Volta a España e sobre a composición do goberno municipal de Vigo son dous bos exemplos). Saudable tamén é […]

O ADN de Juan Varela

13 Xullo, 2007 (22:33) | Medios |

Esta entrevista con Juan Varela, o noso benquerido mestre blogueiro e director do futuro xornal dixital Adn.es, apunta interesantes reflexións sobre o periodismo de hoxe que quere acometer a partir do mes de setembro. Velaí unha cantas. Los medios informativos tenemos que hacer información: innovar en estilos, contenidos, ideas que tengan que ver con la […]

Prometeus, A revolución dos medios

12 Xullo, 2007 (16:44) | Tecnoloxías, Vídeos |

Os blogs, google e, quizais, internet desaparecerána antes que os libros analóxicos? Cal é o ritmo da aceleración tecnolóxica? Eis un vídeo de especulación futurista que corre pola rede cunha visión tecnófila abondo determinista.Vía Juan Freire.

Móbiles, todo o que cómpre saber

11 Xullo, 2007 (21:41) | Slideshare, Tecnoloxías |

Vía Valadés.

Libro de texto

11 Xullo, 2007 (21:09) | Libro de texto |

Agradécese moito esta reflexión de Txetxu sobre a cuestión do libro de texto. Estou convencido de que o novo sistema de prezo libre para o ensino obrigatorio implantado as presas, tras a recente aprobación da nova “Lei da lectura, libro e bibliotecas“, moi pouco vai contribuír a revalorizar o libro de texto como ben cultural […]

Elixio Rodríguez, unha historia de vida

10 Xullo, 2007 (17:08) | Autores, Vídeos |

Indispensable para coñecer a figura de don Elixio é este seu testemuño publicado nas Historias de Vida de Cultura Galega TV. Etiquetas: Elixio_Rodríguez

Morreu don Elixio Rodríguez

10 Xullo, 2007 (15:57) | Autores, In memoriam |

Esta mañá soubemos do falecemento en México D.F., aos noventa e sete anos, de don Elixio Rodríguez Domínguez. Foi este o primeiro verán no que don Elixio, acompañado sempre de dona María Gloria, non puido acudir a Bande, onde tivemos a enorme fortuna de coñecelo hai case vinte anos cando alí traballamos, a vila onde […]

BNG

9 Xullo, 2007 (21:58) | Política |

Este artigo de Antón Baamonde e estoutra anotación de Pablo Eifonso son dous textos moi clarificadores que axudan a comprender as razóns das formas de entender o exercicio do poder que parecen preferir algúns dirixentes do BNG. Etiquetas: BNG

12 indicacións para favorecer o hábito lector

8 Xullo, 2007 (10:39) | Blogs, Lectura |

Vía Hora de ler, o blog da campaña Hora de ler da Asesoría de Bibliotecas Escolares, coñezo estas doce indicacións para promover o hábito lector de inequívoco sabor brasileiro (o blog de Alessandro Martins é outra descuberta que moito aconsello). Entre todas elas, escollo estas que fan referencia á lectura nos soportes electronicos (dunha anotación […]

Xosé María Álvarez Blázquez

8 Xullo, 2007 (10:04) | 17_de_maio, Artigos Faro de Vigo, Autores, Campo de Granada, Editores, Efemérides |

No artigo da semana realizo unha primeira semblanza da figura de don Xosé María Álvarez Blázquez. É a miña intención publicar nas vindeiras semanas novos traballos no Faro sobre o “Xosé María, editor” e o “Xosé María, cronista oficial da cidade de Vigo”. Comecei estes días a versión galega d’ A cidade e os días. […]

Cámara Café, Siglo de Oro

7 Xullo, 2007 (11:49) | Televisión, Vídeos |

Sempre crin xenial este espazo. Vaia traballón dos guionistas!Via: R.R.

Xosé María Álvarez Blázquez: un activista cultural

6 Xullo, 2007 (07:32) | 17_de_maio, Autores, Efemérides, Entrevistas |

En El Pais de Galicia aparece hoxe unha moi recomendable a entrevista a Pepe Álvarez Cáccamo na que fala do seu pai. Tamén é de interese estoutra aparecida onte no Faro. Etiquetas: Xosé_María_Álvarez_Blázquez

6 Xullo, 2007 (07:14) | Ensaio, Entrevistas, Lingua, Presentacións, Xerais |

A presentación d’ A lingua galega na cidade no século XX de Gabriel Rei-Doval, celebrada onte no Consello da Cultura Galega, supuxo unha reflexión sobre o futuro social da lingua nos medios urbanos, as posibles consecuencias da ruptura do consenso arredor do decreto de uso do galego no ensino e as medidas máis axeitadas para […]

Ser urbanita e falar galego

5 Xullo, 2007 (07:08) | Autores, Ensaio, Entrevistas, Lingua, Novidades, Presentacións, Xerais |

Camilo Franco entrevista a Gabriel Rei-Doval con motivo da presentación hoxe en Compostela d’ A lingua galega na cidade. Recollo para o arquivo esta afirmación de Gabriel: Quizais agora haxa menos falantes, pero os que o fan son máis leais e máis competentes. Pero a outra cousa que cambiou radicalmente é a percepción que a […]

Unha máis!

4 Xullo, 2007 (21:00) | Polémicas |

Cun pouco de retraso souben hoxe deste artigo tan alporizado.

Libro branco sobre a edición

4 Xullo, 2007 (20:45) | Edición |

Vía Txetxu sei deste interesante informe sobre a edición publicado en Francia no pasado mes de abril. Para ler devagariño, inclúe a maior parte dos temas de maior actualidade no noso eido profesional. Unha boa peza para o arquivo. Etiquetas:Livre_blanc_de_l’_edition

"Limpeza de sangue", tertulia en Moaña

4 Xullo, 2007 (20:24) | Autores, Clubs_lectura, Presentacións, Teatro |

R.R. dá conta no blog da súa experiencia na tertulia da Lonxa Literaria de Moaña. A crónica do autor de Limpeza de sangue (un texto dramático que non me canso en recomendar vivamente) sobre o acto non ten desperdicio ningún. Eis o protagonismo dos lectores e lectoras, velaí as posibilidades dos clubes de lectura, chamados […]

"Case perfecto", a presentación da FNAC

4 Xullo, 2007 (19:50) | Autores, Narrativa, Novidades, Presentacións, Xerais |

Alfredo Ferreiro publica unha crónica moi atinada sobre a presentación de Case perfecto de Marina Mayoral, o primeiro acto que realizamos na FNAC coruñesa. Ana Abelenda fixo a presentación da novela e mantivo unha conversa completísima coa escritora mindoniense na que se foron debullando os temas e os enfoques deste trhiller psicolóxico sobre as lealtades […]

Gratuidade, mudanzas no modelo

3 Xullo, 2007 (12:00) | Libro de texto |

O compromiso adquirido onte polo Presidente da Xunta coa directiva da AGE de estudar alternativas ao modelo de préstamo do libro de texto constitúe unha noticia moi esperanzadora. Etiquetas: Gratuidade

"A lingua galega na cidade"

2 Xullo, 2007 (22:09) | Autores, Ensaio, Lingua, Novidades, Presentacións, Xerais |

Esta semana continuamos coas presentacións do libro do sociolingüista Gabriel Rei-Doval A lingua galega na cidade no século XX. Mergullados na falsa e interesada polémica sobre o decreto de uso do galego no ensino non universitario, a obra de Doval constitúe, como sinalou o tamén sociolingüista Fernando Ramallo, “un libro alerta fundamental para entender a […]

Entrevista a John Updike

1 Xullo, 2007 (20:30) | Autores, Entrevistas, Narrativa, Novidades, Traducións, Xerais |

Aínda que se obvia (como é costume) as edicións de Terrorista en galego e catalán, El Pais semanal publica esta longa e interesantísima entrevista a John Updike. Tamén é de salientar sobre a polémica novela esta información aparecida en El Periodico de Catalunya. A novela en galego xa está dispoñible nas librarías. Etiquetas: John_Updike

Coia, cifra de Vigo

1 Xullo, 2007 (09:46) | Artigos Faro de Vigo, Campo de Granada, Festas, Vigo |

No artigo da semana recollo unha síntese do pregón que pronunciei o venres á noite como inicio das festas de Coia 2007. Etiquetas: Coia