Month: Agosto, 2007

BlogDay 2007

31 Agosto, 2007 (16:45) | Blogs, Efemérides |

Hoxe é o Blogday 2007, unha xornada creada coa intención de que os blogueiros coñezan a blogueiros doutros países ou doutros centros de interese. O rito proposto semella que consiste en recomendar cinco blogs, preferentemente dunha cultura distinta a da propia. Como son ben ghiadiño, e como xa fixera o pasado ano, aí vai a […]

A Fiscalía entra en Gaiás

30 Agosto, 2007 (17:38) | Cultura, Política |

Sabiamos que a posta en marcha da comisión de investigación sobre a xestión e as adxudicacións realizadas na Cidade da Cultura non era un camiño substitutorio da actuación da Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza (como, seguramente, pretendía o PPdeG). Tras o informe do Consello de Contas detectando importantes irregularidades no proxecto, era lóxico que […]

Ranking da edición mundial

28 Agosto, 2007 (19:53) | Editores |

No blog de Richard Charkin, un dos responsables de Macmillan, publícase o ranking da edición mundial nos anos 2006 e 2005 en función dos resultados de explotación. Unha mostra moi clara do proceso de concentración na mundialización do sector. Paréceme significativo que o noso xigante, Planeta, ocupe só o posto número doce, Santillana o vinte […]

Volve Luís Rei Núñez

28 Agosto, 2007 (11:04) | Autores, Narrativa, Novidades, Xerais |

Entrou en impresión a nova obra de Luís Rei Núñez, un dos nosos mellores novelistas actuais. Eis o texto de contracuberta que preparamos para presentala: Novela ou realidade? A pregunta que moitos lectores deste libro se formularán é a mesma que sen dúbida se lle presentou milleiros de veces ó gran pintor e escritor Urbano […]

Campos do Fragoso XLIII

27 Agosto, 2007 (06:58) | Artigos Faro de Vigo, Campo do Fragoso, Celta de Vigo, Fútbol |

ASÍ NON SUBIMOSPolo que vimos contra o Córdoba, así non subimos. O Celta de Stoichkov naufragou en todas as súas liñas contra o equipo que hai só uns meses gañou o Play Off de ascenso ao noso benquerido Pontevedra. Sen patrón de xogo, sen identidade de conxunto, sen individualidades desequilibrantes, sen referentes de liderado dentro […]

As 25 leis máis absurdas do mundo

26 Agosto, 2007 (09:31) | Imaxes |

Indispensable a anotación que publica hoxe Pedro Valadés sobre as 25 leis máis absurdas vixentes no mundo. Como adianto desa lectura tan recomendable, aí vai un anaco: “[…] Na cidade de York, ao norte do país, esta permitido matar a unha persoa de orixe escocesa que transite polas murallas da cidade, a condición de que […]

Un himno de todos

26 Agosto, 2007 (08:36) | Artigos Faro de Vigo, Campo de Granada, Educación, Polémicas, Política, Vídeos |

No artigo da semana volvo sobre a polémica do himno. Etiquetas: Artigos

Decálogo das persoas libro

25 Agosto, 2007 (12:38) | Imaxes, Lectura, Libro |

En homenaxe a Fahrenheit 451.Vía Libreros. Etiquetas: Fahrenheit_451

El Jueves, máis madeira

23 Agosto, 2007 (06:38) | Imaxes, Medios |

Adeus, Oubiña

23 Agosto, 2007 (06:02) | Celta de Vigo, Fútbol |

Estes vindeiros días saberemos, por fin, se é o Manchester City ou o Benfica o destino do noso admirado Borja Oubiña, o mellor xogador galego de fútbol. Gosto de calquera das dúas opcións. Sempre crin que para as características do seu xogo a Premier League (hoxe a miña liga preferida) sería o espazo máis axeitado […]

Google maps e os blogs

22 Agosto, 2007 (21:49) | Blogs, Tecnoloxías |

Google maps acaba de introducir a posibilidade de que as súas buscas poidan ser publicadas nos blogs. Premendo en “establecer unha ligazón con esta páxina” aparece unha ventá, na que aconsello escoller a opción “personalizar e visualizar previamente o mapa que se inclúe”. Alí podemos escoller tamaño e copiar o código html para pegar na […]

Gremio Literario

21 Agosto, 2007 (16:12) | Cidades, Imaxes |

Xenial, Lisboa! Vía Txetxu. Etiquetas: Lisboa

Himno galego: o ridículo de "El Mundo"

20 Agosto, 2007 (17:59) | Educación, Polémicas, Política |

El Mundo, o periódico máis identificado hoxe coa dirección do Partido Popular de Mariano Rajoy, pretende atacar ao vicepresidente Quintana por medio dunha anotación sen asinatura na que se ridiculiza o himno galego e algunhas medidas de política lingüística aprobadas polo Goberno Galego.O máis sorprendente do caso non é a intención claramente denigratoria que o […]

Ás voltas coa Área Metropolitana de Vigo

19 Agosto, 2007 (10:13) | Artigos Faro de Vigo, Campo de Granada, Vigo |

No artigo da semana reflexiono sobre a enésima polémica arredor da constitución da Área Metropolitana de Vigo. Entendo que o debate real está na reforma da organización territorial de Galicia, cuestión vencellada á reforma do Estatuto. O demais serían polémicas partidarias para seguir enredando e gañando tempo. Etiquetas: Artigos

Policía de costumes

18 Agosto, 2007 (15:11) | Imaxes |

Vía: Album de Recortes.

Fotografías panorámicas

17 Agosto, 2007 (16:37) | Artes Visuais, Imaxes |

A rede atesoura algunhas posibilidades artísticas que quizais nunca chegamos nin a imaxinar. O blog do arxentino Juan Gallo (un dos máis suxestivos e sorprendentes que visito) presentaba onte unha fotografía panorámica do río Nilo que, nunha imaxe única e sen saltos, percorre 81,29 km dunha das súas beiras. Grazas a este procedemento podemos asistir […]

Caderno de Bretaña III

16 Agosto, 2007 (09:43) | Cidades, Música, Persoal |

INTERCÉLTICOBrest e An Oriant son dúas cidades de arquitectura aparentemente insípida. Bombardeadas e case totalmente destruídas por ingleses e norteamericanos, por ser bases dos submariños alemáns na IIª Guerra Mundial, estas dúas cidades obreiras foron reconstruídas empregando os criterios da planificación urbanística dos anos cincuenta e sesenta. Cuadrículas de edificios de formigón de seis andares […]

Caderno de Bretaña II

15 Agosto, 2007 (09:22) | Cidades, Persoal |

ENTRE FISTERRASViaxando por Breizh non fai falta ser un cunqueiro para que un galego atope semellanzas e identidades comúns co país noso. Non é preciso camiñar pola fraga marabillosa de Brocelianda, onde Sidoine namorou de Ponthus e onde aínda goberna Merlín, para atopar situacións, lugares e manifestacións culturais que nos fan sentir a terra bretoa […]

Caderno de Bretaña I

14 Agosto, 2007 (09:57) | Cidades, Persoal |

BREIZH. UNHA NACIÓN ESGAZADAViaxamos en coche, durante unha semana por Breizh, esoutra Fisterra do norte que todo galego leva dentro (Cunqueiro dixit!). A recente relectura de L’ affiche rouge e o traballo de edición hai catro anos do libro de conversas con Carlos Núñez aviveceron a nosa curiosidade por percorrer os vellos camiños da península […]

Nomes de rueiro

5 Agosto, 2007 (20:16) | Artigos Faro de Vigo, Campo de Granada, Vigo |

No artigo da semana, a raíz do estudo sobre os nomes de muller nos rueiros, fago unha proposta para a renovación e feminización do da cidade de Vigo. Etiquetas: Artigos

"L’ affiche rouge"

4 Agosto, 2007 (11:42) | Autores, Narrativa, Novidades, Presentacións, Vídeos, Xerais |

Onte presentamos L’affiche rouge, a primeira novela de Mario Regueira na terceira xornada da Feira do libro da Coruña. A intervención da profesora María do Cebreiro e o miniconcerto de Leo de Matamá (algó insólito na Feira) centraron un acto onde o autor ártabro foi moi arroupado polos seus compañeiros de xeración. Na miña intervención […]

"Terrorista", unha literatura atrevida

4 Agosto, 2007 (11:30) | Autores, Críticas, Narrativa, Traducións, Xerais |

Agradécense moito críticas como as que Mar Pichel publica en Galicia hoxe sobre Terrorista, a novela que traducimos de John Updike. Sempre crin que a novela é importante e a tradución de Lara Domínguez para o galego excelente. Agardo que comece a ir desvelándose devagariño entre o público que procura textos de altura. Etiquetas: John_Updike

TVE estreará dous novos programas sobre libros

3 Agosto, 2007 (11:49) | Promoción do libro, Televisión |

Quen dixo que os libros non son para a televisión? Hoxe soubemos que TVE estreará en setembro dous novos programas sobre libros que serán emitidos en horario estelar. “Marcapáginas”, un espazo de ficción, e “Página 2”, unha revista literaria son as dúas apostas da canle pública que pretende con eles dobrar o tempo dedicado aos […]

"Trece badaladas" en braille

2 Agosto, 2007 (10:19) | Autores, Lectura |

Onte, ao remate do pregón da Feira do Libro, o delegado provincial da ONCE da Coruña entregou a Suso de Toro un exemplar da edición de Trece badaladas en braille. Esta é unha noticia significativa que amosa o compromiso da ONCE en continuar co seu compromiso de verquer á linguaxe braille unha parte significativa do […]

Faleceu Victoria Díaz Cabanela

2 Agosto, 2007 (08:41) | In memoriam |

Onte, antes de comezar, a presentación do libro do profesor don Xesús Alonso Montero na primeira xornada da Feira do libro da Coruña, soubemos do falecemento de Victoria Díaz Cabanela, a admirada mestra, feminista e militante comunista coruñesa. Hoxe xornal.com, onde colaboraba, dá a noticia e varios obituarios a recordan. Aconsello a lectura da derradeira […]

O pregón de Suso de Toro

1 Agosto, 2007 (12:28) | Autores, Eventos, Lectura, Librarías, Libro |

Co pregón de Suso de Toro comeza hoxe a Feira do Libro da Coruña. Recollemos unha boa parte do interesantísimo texto do autor de Home sen nome no referido ao libro, a lectura e as bibliotecas públicas: “O libro […] ten ese carácter case personal, o lector le no libro e dialoga con el. Se […]