Month: Setembro, 2007

Rede blogs e libros

30 Setembro, 2007 (18:51) | Blogs_e_libros |

A iniciativa de Txetxu participamos na rede social de Blogs e libros. Consolídase así, tras a iniciativa do censo de Tramas e texturas, un espazo na rede sobre blogs, libros e lectura. Etiquetas: Blogs_libros

"Bernardino Graña. Homenaxe no 75 aniversario"

30 Setembro, 2007 (10:48) | Autores, Efemérides, Presentacións, Teatro, Xerais |

Rotundo éxito da homenaxe de tres días rendida no Morrazo a Bernardino Graña con motivo do seu setenta e cinco aniversario. A cea de homenaxe, os concertos e recitais, como a presentación do libro foron todos actos moi concorridos e agarimeiros co noso mariñeiro das palabras.A presentación do libro colectivo, coordinado por Héitor Mera, –fóra […]

Contos de agardar

30 Setembro, 2007 (10:29) | Artigos Faro de Vigo, Campo de Granada, Lectura, Lingua |

No artigo da semana valoro a importancia da campaña de promoción lectora e de uso do galego que se está desenvolvendo nas comisarías de policía. Unha experiencia moi novidosa e meritoria, enmarcada na campaña “En galego, con toda seguridade“, promovida pola Asociación de Funcionarios pola Normalización Lingüística e a Secretaría Xeral de Política Lingúística. Etiquetas: […]

Retrato de Urbano Lugrís

29 Setembro, 2007 (09:46) | Artes Visuais, Autores, Narrativa, Novidades, Presentacións, Xerais |

Despois das dúas presentacións, onte en Vigo e anteonte na Coruña, da novela de Luís Rei Núñez e das primeiras recepcións de lectores (todas moi entusiastas e coincidentes en que a lectura destas catrocentas páxinas faise dun tirón), teño a impresión que esta será unha das novelas mellor valoradas e máis lidas dos últimos anos.As […]

In an Absolut world

28 Setembro, 2007 (15:56) | Publicidade, Vídeos |

Estes dous anuncios forman parte da nova campaña mundial do vodca Absolut. Pretende provocar o debate entre os consumidores sobre temas de actualidade. Noutra ocasión xa temos rescatado os impactantes anuncios de Smirnoff, a súa maior competidora. Nos dous casos amósanse as posibilidades narrativas da nova publicidade da era da globalización. A campaña de Absolut […]

Diálise

26 Setembro, 2007 (21:31) | Autores, Teatro, Xerais |

Folerpa continúa a longa cadea de recoñecemento. Efectivamente, cando se represente Limpeza de sangue, asistiremos a un fito da escena galega. Un texto dramático para recomendar vivamente. Etiquetas: Rubén_Ruibal

Carlos Reigosa denuncia

26 Setembro, 2007 (17:53) | Autores, Presentacións, Xerais |

A presentación de onte do libro de conversas de Del Caño con Carlos Reigosa foi moito máis alá do protocolario neste tipo de actos. Nunha intervención memorable, o autor de Intramundi denunciou que nin os nosos intelectuais nin as nosas institucións culturais nin as nosas universidades elevan as tradicións da nosa cultura labrega ao corpus […]

Bañeira de libros

25 Setembro, 2007 (20:05) | Imaxes, Lectura |

Vía Alessandro Martins.

"Vidas post-it" de Iolanda Zúñiga

25 Setembro, 2007 (19:51) | Narrativa, Novidades, Xerais |

Jaureguizar cre que será a revelación da tempada. Etiquetas: Vidas_post-it

Público

25 Setembro, 2007 (18:33) | Medios, Vídeos |

Mañá aparecerá Público, o novo xornal madrileño dirixido polo veterano blogueiro Nacho Escolar e vencellado ao grupo da Sexta. Custará 0,5 cents (os domingos 1 €). Recomendo a lectura da transcrición do chat co director que reproduce xornal.com, na que se presentan moitos dos criterios do novo xornal. Paréceme esperanzador que exista competencia para El […]

Día internacional da tradución

25 Setembro, 2007 (18:14) | Efemérides, Traducións |

O xoves, 27 de setembro, celébrase en Santiago unha xornada de reflexión con motivo do Día internacional da tradución (30 de setembro, san Xerome), ao tempo que unha homenaxe a Fernando Pérez Barreiro Nolla. Etiquetas: Día_internacional_tradución

A entrevista con Adolfo Suárez

24 Setembro, 2007 (22:09) | Política |

Eis o texto da entrevista con Adolfo Suárez , publicada no ABC dixital, da que falamos hoxe na Crónica de Tino Santiago. Algunhas afirmacións do ex-presidente son sorprendentes, como a existencia dunha cloaca madrileña de medios de comunicación ou a importancia que para el tiña convencer aos seus adversarios. É a sincera inxenuidade dun home […]

Campo do Fragoso XLV

24 Setembro, 2007 (06:42) | Artigos Faro de Vigo, Campo do Fragoso, Celta de Vigo, Fútbol |

DOUS GOKKAZOSOs dous goles de Yiannis Okkas, o dianteiro internacional chipriota que debutaba en Balaídos, devolvéronos a ledicia. Porén, a pesar da clara vitoria diante da U.D. As Palmas (o equipo máis frouxo dos que por aquí pasaron), iso que chamamos fútbol aínda non compareceu sobre a lameira do Fragoso. A primeira parte celeste foi […]

Bernardino 75

23 Setembro, 2007 (11:12) | Artigos Faro de Vigo, Autores, Campo de Granada, Efemérides, Poesía, Presentacións, Xerais |

No artigo da semana realizo a miña homenaxe á figura de Bernardino Graña, quen será homenaxeado esta semana en Cangas con motivo do seu setenta e cinco aniversario. Unha boa oportunidade para volver sobre a obra do noso mariñeiro das palabras. Os actos da homenaxe, organizada pola Asociación Cultural A Cepa, xa foron anunciados. A […]

Mariano Fernández Enguita en Vigo

21 Setembro, 2007 (06:50) | Educación, Eventos, Vigo |

O sociólogo da educación Mariano Fernández Enguita participará, xunto cos profesores Jurjo Torres Santomé e Jordi Adell, na Xornada “Innovación, Educación e Sociedade no Século XXI”, que se celebrará en Vigo durante toda a tarde do vindeiro día 4 de outubro. Un programa moi atractivo (con tres grandes conferenciantes) para reflexionar, dende a perspectiva da […]

Atacado o monumento de Puxeiros

20 Setembro, 2007 (07:14) | Historia, Vigo |

Onte foi atacado o monumento que o pasado sábado foi inaugurado en Puxeiros, lembrando a sete persoas que foran alí cuneteadas o 15 de setembro de 1936. Unha lamentable manifestación de intolerancia que denunciamos con indignación. Etiquetas: Memoria_histórica

Escándalo nas oposicións

19 Setembro, 2007 (19:34) | Educación |

Sabemos que hai noticias que corren no ruxe-ruxe dos cafés e dificilmente chegan aos medios (coa excepción dalgún blog). O escándalo das oposicións do profesorado de Secundaria deste pasado verán foi unha delas. Sabiamos que os interinos foron claramente beneficiados pola Administración educativa. Sabiamos que opositores con exames extraordinarios, quedaron á porta sen posibilidade ningunha, […]

Blogs e libros

18 Setembro, 2007 (19:47) | Blogs, Blogs_e_libros |

Txetxu volve á carga propoñendo a realización dun censo de blogs relacionados co libro e a lectura. As referencias serán publicados no blog da revista Trama & texturas (que xa prepara o seu número 3). Actualización (23-09-2007): A referencia de Brétemas. Etiquetas: Blosg_libros

Día europeo das linguas

17 Setembro, 2007 (19:03) | Efemérides, Lingua |

O vindeiro 26 de setembro celebrarase o Día europeo das linguas organizado polo Consello de Europa. Recomendo a visita a este sitio web onde hai materiais e iniciativas abondas para a conmemoración da xornada, que ten unha clara dimensión educativa. Fedellando nas páxinas, chama a atención que nunha xornada na que se celebra a diversidade […]

Edicion e tradución en Galicia (2005)

16 Setembro, 2007 (15:37) | Edición, Slideshare, Traducións |

Os datos incluídos nesta presentación serán os que utilizarei mañá na miña intervención no Curso de Tradución Editorial da Universidade de Vigo sobre o panorama da edición e da tradución no sector editorial galego. Sinto que non se poidan ler coa claridade tipográfica que a min me gustaría. Etiquetas: Tradución_galego

Volta ás aulas

16 Setembro, 2007 (09:09) | Artigos Faro de Vigo, Campo de Granada, Educación |

No artigo da semana reflexiono sobre as tres grandes novidades do curso escolar iniciado estes días: o comezo da implantación dos curículums LOE de Primaria e Secundaria, o novo decreto de uso e promoción do galego e a creación da rede de “Galescolas“. Desta volta son optimista. Etiquetas: Artigos

Entrevista a Mario Regueira

15 Setembro, 2007 (13:53) | Autores, Entrevistas, Lectura, Presentacións, Promoción do libro, Xerais |

A edición de Vieiros Barcelona publica unha interesante entrevista a Mario Regueira con motivo da presentación de L’affiche rouge que hoxe se celebra oraganizada por Espazo Galego dos Paisos Cataláns en Sargadelos de Barcelona. Da entrevista a Mario non podo evitar reproducir o derradeiro parágrafo que ilumina un debate tan complexo como é o da […]

"O señor Lugrís e a negra sombra"

14 Setembro, 2007 (22:39) | Adiantos, Autores, Narrativa, Novidades, Xerais |

Dende hoxe pode baixarse un adianto de cinco páxinas da nova novela de Luís Rei Núñez, que se presentará o xoves 27 de setembro na Libraría Arenas da Coruña (por parte de Manuel Álvarez Torneiro e Laura González Garcés) e o venres 28 en Librouro de Vigo (por Ramiro Fonte). Etiquetas: Luís_Rei_Núñez

A cor de Galicia

13 Setembro, 2007 (15:03) | Celta de Vigo, Fútbol, Medios |

Outra mostra da crise do Celta como institución é o retroceso que se produciu esta tempada no uso do galego no seu xornal oficial. Coincido ao cen por cen con este comentario de Todocelta sobre as mudanzas (para peor, moito peor) da publicación gratuíta que o clube distribúe cada xornada en Balaídos. A cor de […]

Smirnoff

11 Setembro, 2007 (19:52) | Publicidade, Vídeos |

Grazas a Manolo Gago puidemos recuperar este anuncio de Smirnoff sobre os océanos. Eis as posibilidades narrativas da publicidade condensadas nun minuto. A verdade que tamén hai outros trailers publicitarios deste vodca (de duracións e calidades visuais moi diversas) que pagan a pena lembrar. Etiquetas: Smirnoff

Teatro infantil

11 Setembro, 2007 (19:08) | Literatura infantil e xuvenil, Novidades, Teatro, Xerais |

Hoxe presentamos en Compostela o libro Teatro infantil. Do texto á representación froito da colaboración de Xerais e da Fundación Caixa Galicia coa LIJMI (Red Temática de Investigación “Las literaturas Infantiles y Juveniles del Marco Ibérico”). Este libro continúa aos publicados nos dous últimos anos con motivo do Curso de Formación Continua sobre as literaturas […]

Entrevista a Nelson de Matos

10 Setembro, 2007 (18:25) | Editores, Entrevistas |

Recomendo a lectura desta entrevista a Nelson de Matos, o noso benquerido e admirado editor (sen dúbida, o que máis literatura galega publicou alén Minho). Felicitámonos, ademais, pola volta á actividade so seu blogue. Etiquetas: Nelson_de_Matos

A alfabetización na era dixital

10 Setembro, 2007 (17:49) | Educación, Lectura, Literacidade, Slideshare |

Moi recomendable esta presentación de Tiscar sobre a Alfabetización na era dixital. Utilísima para o profesorado de ESO á hora de preparar a abordaxe do desenvolvemento da competencia dixital. Etiquetas: Alfabetización_informacional

Marcos S. Calveiro gaña o Ala Delta

10 Setembro, 2007 (17:30) | Autores, Literatura infantil e xuvenil, Premios |

Beizóns!!! Etiquetas: Marcos_S._Calveiro

Literatura e Mercado

10 Setembro, 2007 (17:07) | Comercio do libro, Lectura |

Sobre o tema de Literatura e Mercado xirará o IV Simposio sobre o libro e a lectura que está preparando a AGE para celebrar o vindeiro mes de novembro. Para adiantar reflexións sobre cuestión tan polémica enlazo esta anotación do escritor Andrés Neuman publicada por Clarín. Non podo evitar reproducir as tres categorías de lectores […]

Estatísticas

9 Setembro, 2007 (11:01) | Blogs, Persoal |

Cumpriuse onte un ano desque coloquei un contador no blog. Foron 163.641 as páxinas vistas destas Brétemas. Aínda que o incremento da audiencia non é obxectivo do noso espazo, sempre anima saber que hai persoas que utilizan o noso traballo na rede. Grazas a todas elas polo seu interese. Etiquetas: Bretemas

Campo do Fragoso XLIV

9 Setembro, 2007 (10:28) | Artigos Faro de Vigo, Campo do Fragoso, Celta de Vigo |

SINISTRO TOTALFronte ao Eibar, Stoichkov apostou por presentar outro equipo novo, sen canteirán galego ningún. Nos dez primeiros minutos, un par de detalles técnicos de Diego Costa, o media punta brasileiro que substituía a Canobbio, e unhas cantas bicicletas pola banda do holandés Quincy levantaron a bancada: semellaba que, por fin, chegaba o fútbol a […]

Bibliotecas fermosas

9 Setembro, 2007 (10:07) | Arquitectura, Bibliotecas, Imaxes |

Desde aquí pode facerse unha impresionante viaxe fotográfica por algunhas das bliliotecas máis fermosas de todo o mundo. Unha auténtica marabilla para quen teña curiosidade por estes espazos para gardar a memoria das palabras. Pódese ampliar a navegación nas páxinas de flickr. Moi recomendable. Vía Valadés (beizóns). Etiquetas: Bibliotecas

Recuperar o vieiro

9 Setembro, 2007 (09:56) | Artigos Faro de Vigo, Campo de Granada, Política |

No artigo da semana reflexiono sobre a necesidade do Bipartito de recuperar os seus sinais iniciais de identidade: programa común de goberno, austeridade e transparencia na xestión e comunicación compartida. Dende as posicións cidadás é necesario esixir este novo impulso de rexeneración democrática. Etiquetas: Artigos

Concelleiros de Urbanismo

8 Setembro, 2007 (09:01) | Arquitectura, Televisión, Vídeos |

O programa Vaya semanita da ETB ten algunhas pezas ben simpáticas. Un modelo (ben podería emulalo a TVG) de como é posible dende as televisións públicas facer humor sobre temas políticos. Os que teñan TDT de R poden velo en Galicia na canle internacional da ETB os sábados. Esta peza sobre “o escaso valor das […]

Barreiro, xefe de gabinete de Vicepresidencia

7 Setembro, 2007 (17:01) | Beizóns, Política |

Manuel Martínez Barreiro será o novo xefe de gabinete da Vicepresidencia. Quen fora coordinador de edición de Xerais e despois coordinador de edición dixital de Acordar, ademais de comentaristas político da Radio Galega e de Vieiros, veterano blogueiro e autor de literatura infantil, terá a responsabilidade de acometer acarón de Quintana un traballo político decisivo […]

Book trailer VII

7 Setembro, 2007 (16:24) | Book_trailer, Promoción do libro, Vídeos |

A primeira experiencia de book trailer dun libro galego foi a d’ O home inédito, a novela de Carlos G. Meixide que publicou en formato electrónico A Rotonda edicións (tamén a primeira en galego en formato Creative Commons) e, logo, en papel, Rinoceronte. Tamén poden considerarse como book trailers os anuncios de televisión que preparamos […]

E ti, pos a galega?

6 Setembro, 2007 (19:38) | Audios, Medios |

powered by ODEO Moi simpática esta cuña da Radio Galega.Vía Imeneo. Etiquetas: Radio_Galega

A dimisión de Losada

6 Setembro, 2007 (17:42) | Política |

Tanto ten se Antón Losada dimitiu por asuntos persoais ou foi cesado a petición do interesado (termos que, sen dúbida, expresan que foi o propio Antón quen elixiu abandonar neste momento a súa responsabilidade). A actuación de Losada foi nalgúns momentos torpe, e mesmo un chisco teatral e esaxerada nas súas formas, mais tamén é […]

Book trailer VI

6 Setembro, 2007 (17:19) | Book_trailer, Promoción do libro, Vídeos |

Non hai dúbida de que Tökland é o espazo en español máis inquedo e interesado sobre a promoción do libro empregando as ferramentas audiovisuais. Ao fío da nosa revisión sobre o fenómeno dos book trailer (ou video books) recordaban onte un book trailer que realizaron a iniciativa de Javier Celaya sobre La aventura ambigua, publicado […]

O trasno viaxeiro

6 Setembro, 2007 (17:06) | Blogs, Librarías |

A libraría O trasno viaxeiro de Teo-Cacheiras ten un interesante blog. Publica apostillas literarias, novas de interese sobre o mundo do libro e unha completísima rede de enlaces sobre blogs literarios. Beizóns para as súas editoras. Etiquetas: O_trasno_vaixeiro

Book trailer V

5 Setembro, 2007 (19:24) | Book_trailer, Promoción do libro, Vídeos |

Na revisión que vimos facendo das experiencias dos book trailers non podía faltar a dos livroclips que promove o Canal do livro brasileiro e da que xa temos dado noticia. A pesar de que esta é unha experiencia máis modesta cas producións canadianas ou italianas, é moi atractiva, como se pode comprobar nestas pezas sobre […]

Pablo Auladell

5 Setembro, 2007 (11:34) | Adiantos, Ilustración, Literatura infantil e xuvenil, Xerais |

O ilustrador Pablo Auladell emprega o seu blog para adiantar os traballos que vai finalizando. Eis catro ilustracións das que preparou para o novo libro de relatos de Agustín Fernández Paz (O único que queda e amor), que publicaremos nunha nova colección no vindeiro mes de outubro. Das características da colección e das súas dúas […]

"A casa dos Lucarios" de Teresa Moure

4 Setembro, 2007 (13:29) | Autores, Novidades, Xerais |

Hoxe entrou no almacén A casa dos Lucarios, a primeira obra de Teresa Moure dentro da colección Fóra de Xogo. Estará nas librarías a vindeira semana. Recupero o texto que redactamos de presentación promocional: Rosa e Chicho, cando perderon a súa terceira filla, María Celeste, aparecida morta no seu berce na segunda semana de vida, […]

Book trailer IV

3 Setembro, 2007 (16:51) | Book_trailer, Promoción do libro, Vídeos |

Este book trailer da novela Shadow man de Cody McFadyen (editada por Bantam) recibiu o premio ao mellor book trailer (ou book video) do ano 2006. Repárese en que o editor enlaza con you tube o visionado do book trailer. Etiquetas: Book_trailer

Book trailer III

3 Setembro, 2007 (16:31) | Book_trailer, Promoción do libro, Vídeos |

Tan interesantes como os de Harper Collins Canadá son os book trailer italianos. Esta produtora edítaos para Mondadori, Feltrinelli ou Fazi editore. Un dos mellores de todos eles é este de Il totem del lupo, o libro de Jian Rong. Etiquetas: Book_trailer

Celta: falta liderado

2 Setembro, 2007 (12:52) | Celta de Vigo, Fútbol |

Tras a reconversión do club e a liquidación case total do equipo das pasadas tempadas (aínda, a pesar da marcha de Guerrero, quedan compoñentes do sindicato de festas), o problema máis acuciante do actual Celta de segunda é a falta de liderado. A ninguén pode extrañar que chegase tan axiña a primeira derrota dun conxunto […]

Book trailer II

2 Setembro, 2007 (09:57) | Book_trailer, Ilustración, Literatura infantil e xuvenil, Promoción do libro, Vídeos |

O de Coraline, o libro de terror para nenos de Neil Gaiman, é un dos book trailer máis bonitos que coñezo. Chama a atención que o libro como tal case non apareza, coa excepción das ilustracións de David Mckean. Un caso ben diferente é o dos book trailers que publica Harper Collins Canadá, nunha liña […]

Sobre inxustificado

2 Setembro, 2007 (09:49) | Artigos Faro de Vigo, Campo de Granada, Política |

No artigo da semana reflexiono sobre o complemento aprobado para os funcionarios que exerceron como altos cargos e apoio o rexeitamento proposto por Encarna Otero. Entendo que o exercicio da política como servizo xeneroso e noble á cidadanía require destas actitudes de rexeneración ética. Etiquetas: Artigos

Book trailer I

1 Setembro, 2007 (08:26) | Book_trailer, Promoción do libro, Vídeos |

Cada vez estou máis interesado en explorar o fenómeno do book trailer, como unha ferramenta de promoción do libro e a lectura na rede. Hai pezas moi interesantes (auténticas curtametraxes) que convén ir identificando para o arquivo. Aí van os de Matilda do mestre Dahl e o de Hot ice. Etiquetas: Book_trailer