Month: Outubro, 2007

Presentación dos Premios Fundación Caixa Galicia

31 Outubro, 2007 (21:59) | Autores, Literatura infantil e xuvenil, Presentacións, Xerais |

Despois de dúas xornadas de intenso traballo en Madrid, regresei por Compostela para participar na presentación de Illa soidade de An Alfaya, gañadora do Premio Fundación Caixa Galicia de literatura xuvenil e O ceo dos afogados de Francisco Castro, finalista do mesmo certame. A presentación foi moi xeitosa e orixinal, xa que An presentou a […]

Globalización e identidade europea

28 Outubro, 2007 (19:33) | Blogs, Política |

Pedro Valadés publica hoxe nun dos seus blogs (no dedicado a Europa), a tradución para o galego do moi interesante artigo que Xavier Rubert de Ventós publica hoxe en El Pais. Un deses textos para ler devagariño (con moitas análises que interrogan). Deebe quedar no arquivo para volver outra vez sobre algunha das súas propostas. […]

Que facemos co botellón?

28 Outubro, 2007 (09:22) | Artigos Faro de Vigo, Campo de Granada, Recurso_didáctico, Sociedade |

No artigo da semana atrévome a propoñer unhas reflexións sobre cuestión tan complexa coma o dos efectos do botellón na convivencia urbana. Etiquetas: Artigos

"A lúa dos Everglades": presentación en Melide

27 Outubro, 2007 (20:02) | Autores, Gastronomía, Narrativa, Premios, Presentacións, Xerais |

Esta mañá presentamos no concello de Melide A lúa dos Everglades, a novela de Xesús Manuel Marcos gañadora do Certame de narrativa Terra de Melide 2007. Quedei abraiado pola intervención de Socorro Cea, a alcadesa do BNG, que soubo contextualizar a presentación na tradición da edición de Terra de Melide o 7 de xuño de […]

Unha chamada que non chega

26 Outubro, 2007 (21:13) | Autores, Premios, Teatro, Televisión |

Non acabo de comprender como é posible que Rubén Ruibal non fora felicitado aínda pola Conselleira de Cultura ou polo Director Xeral de Creación Cultural ou por calquera outro membro do Goberno galego (Si o foi polo Ministro de Cultura e polo Director Xeral do Libro). Todo unha torpeza, que agardo sexa retificada decontado. Aínda […]

Presentación "De provincia a nación"

26 Outubro, 2007 (20:43) | Autores, Ensaio, Historia, Presentacións, Xerais |

Foi moi brillante a presentación celebrada hoxe do monumental libro de Justo Beramendi. O Vicepresidente da Xunta, que presidiu o acto, soubo contextualizar moi acaidamente a aparición de tan importante obra na situación actual do nacionalismo. A presentación xirou, ademais, arredor da intervención do profesor Xosé Ramón Barreiro Fernández que gabou a harmoniosa arquitectura conceptual […]

A marcha de Cobas

25 Outubro, 2007 (21:38) | Celta de Vigo, Fútbol |

Entendo que a demisión de Xabier Martínez Cobas pecha definitivamente ás portas a un proxecto de transformar ao Celta nun club de fútbol xestionado con criterios modernos e en sintonía permanente coa sociedade galega. Os sectores máis conservadores do Consello de Administración conseguiron, por fin, o seu obxectivo de colocar o club nas posicións máis […]

Era unha vez a escola

24 Outubro, 2007 (19:45) | Autores, Educación, Narrativa |

Coñecín hoxe a publicación de Érase una vez la escuela, o volume do noso amigo asturiano Carlos Lomas para escoitar o eco da escola na memoria literaria. En palabras do seu autor esta é unha obra na que convida “a unha viaje literaria polas historias finxidas e verdadeiras dos tempos xa afastados da infancia e […]

"Limpeza de sangue", Premio Nacional 2007

23 Outubro, 2007 (12:17) | Autores, Beizóns, Premios, Teatro, Xerais |

Beizóns, beizóns, beizóns, beizóns, Rubén! Acabamos de coñecer que Limpeza de sangue obtivo o Premio Nacional de Literatura Dramática 2007. Poucos premios tan merecidos coma este. Estamos entusiasmados. (Actualización: 20:30 horas): A breve anotación anterior está realizada, ás 12:40, tras a chamada de Rubén para dar a boa nova. Axiña publicamos unha nota de prensa. […]

"As pontes no ceo" de Ramiro Fonte

22 Outubro, 2007 (18:22) | Autores, Narrativa, Novidades, Xerais |

Con As pontes no ceo péchase a monumental triloxía «Vidas de infancia» que Ramiro Fonte decidiu emprender para reconstruír os ecos dunha vila galega, o Pontedeume da súa infancia, contrastándoos co rumor dun tempo histórico. Se nos dous primeiros volumes o relato primaba a vida familiar e o ámbito da escola, nesta terceira e derradeira […]

Campo do Fragoso XLVII

22 Outubro, 2007 (06:39) | Artigos Faro de Vigo, Campo do Fragoso, Celta de Vigo, Fútbol |

XUSTO EMPATELópez Caro non conseguiu despexar aínda as dúbidas sobre o futuro que lle agarda ao Celta nesta difícil andaina por Segunda. É innegable que o andaluz en apenas dúas semanas conseguiu introducir maior disciplina táctica e conformar un “once” máis estable, aliñando aos que todos os afeccionados sabemos deben xogar, a Lequi na medular […]

Fidel Castro e Galicia

21 Outubro, 2007 (08:44) | Adiantos, Ensaio, Novidades, Xerais |

No suplemento Estela de Faro de Vigo publícanse hoxe tres páxinas de adianto sobre as relacións de Fidel castro con Galicia extraídas do libro de Ignacio Ramonet (Fidel Castro. A miña vida) que publicaremos a comezos do mes de decembro. Etiquetas: Fidel_Castro._Conversas_con_Ignacio_Ramonet

Fútbol e literatura

21 Outubro, 2007 (08:23) | Artigos Faro de Vigo, Campo de Granada, Fútbol, Narrativa, Recurso_didáctico |

No artigo da semana reflexiono sobre as relacións entre fútbol e literatura. Dedico o texto a Borja Oubiña, con todos os azos para a súa recuperación. A mantenta quixen deixar fóra a dimensión tráxica, que poden compartir fútbol e literatura, preferindo rematar con estas palabras da escritora camerunesa Calixthe Beyala: “O balón é redondo coma […]

Certame Os Viadutos 2007

20 Outubro, 2007 (19:52) | Narrativa, Premios |

Esta mañá participei no acto de entrega dos premios do VIII Certame Literario de Narrativa breve Os Viadutos 2007, organizado pola concellería de Xuventude do concello de Redondela e dirixido a narradores menores de trinta e cinco anos. Levamos participando no xurado deste premio dende o inicio (alí premiamos textos de Samuel Solleiro ou Roque […]

Retranca

19 Outubro, 2007 (16:33) | Ilustración |

Alguén sabe de que vai isto? Terá relación co artigo de hoxe de Rivas?

Entrevista a Agustín Fernández Paz

18 Outubro, 2007 (07:58) | Adiantos, Autores, Entrevistas, Literatura infantil e xuvenil, Narrativa, Novidades, Xerais |

O levantador de minas publica unha entrevista audiovisual con Agustín Fernández Paz e un adianto lido dun dos contos (“Amor do agosto”) que forma parte do seu vindeiro libro (no prelo) O único que queda é o amor. Moi recomendables os dous documentos audiovisuais. Beizóns para Alfredo e Tati!

IV Simposio o Libro e a lectura

17 Outubro, 2007 (17:48) | Comercio do libro, Eventos |

Anúnciase a celebración do IV Simposio O Libro e a Lectura, organizado pola Asociación Galega de Editores, os vindeiros 15 e 16 de novembro. Versará sobre tan interesante e polémica cuestión como é “Libro e Mercado“. Etiquetas: AGE

Portugalicia

15 Outubro, 2007 (18:25) | Portugal |

Coñecía alguén esta sorprendente bandeira? Etiquetas: Portugalicia

Il club della calzetta

15 Outubro, 2007 (15:54) | Autores, Narrativa, Novidades, Traducións |

A edición italiana do Club da calceta estará nas librarías o vindeiro mes de novembro. Despois das de Rivas, a de María Reimóndez será unha das primeiras obras de narrativa galega editadas en Italia. A mesma editora (gran vía un proxecto que aposta pola literatura da “España plural”) está preparando, para a primavera, Home sen […]

Saudades da Buchmesse

14 Outubro, 2007 (10:28) | Eventos, Persoal |

A lectura do magnífico artigo de Peter Mayer tróuxome saudades da Feira do libro de Frankfurt. Este ano tiña moitas ganas de volver –a verdade é que nos últimos dezasete anos fun unha ducia de veces e chegou a aburrirme o xigantismo que foi adquirindo– para ver o espectáculo que montaban os nosos amigos cataláns […]

Read Galicia II

14 Outubro, 2007 (10:09) | Artigos Faro de Vigo, Campo de Granada, Edición, Lectura, Promoción do libro, Traducións |

No artigo da semana volvo sobre as tres cuestións sobre as que traballei no blog durante estes días pasados: os datos do estudo de comercio interior do libro, o Plan de Lectura de Galicia e a posta en marcha do catálogo dixital de dereitos. Ao fío do comentario volvo propoñer a creación da Oficina de […]

"To" un conto de Suso de Toro

12 Outubro, 2007 (10:43) | Adiantos, Autores, Narrativa, Recurso_didáctico |

Recomendo moi vivamente a lectura de “To“, un conto (inédito), a penas catro páxinas, de Suso de Toro, aparecido onte nun dos monográficos de verán da Revista das Letras de Galicia hoxe. Un relato sobre o transo do infarto, no que Suso de Toro volve a reflexionar sobre a identidade, neste caso a través da […]

"Fidel Castro. Conversas con Ignacio Ramonet"

12 Outubro, 2007 (10:22) | Ensaio, Novidades, Xerais |

Tras a anotación de hai tres días, onde anunciaba algunhas das nosas próximas novidades, foron varias as chamadas interesándose pola edición de Fidel Castro. A miña vida. Conversas con Ignacio Ramonet. O libro que preparamos é a tradución para o galego, realizada por Xosé García Crego, do publicado en Cuba co título Cien horas con […]

Read Galicia

12 Outubro, 2007 (06:52) | Beizóns, Editores, Promoción do libro, Traducións |

Hoxe preséntase na Feira de Frankfurt Readgalicia o primeiro catálogo de dereitos da edición galega actual. O espazo web (en galego e inglés) permite acceder á información de 169 novidades publicadas por dezanove editoras galegas nos últimos dous anos. De cada título pode consultarse a sinopse, un fragmento do texto e a ficha dos seus […]

Entrevista a Iolanda Zúñiga

11 Outubro, 2007 (07:14) | Autores, Entrevistas, Narrativa, Novidades, Xerais |

Faro de Vigo publica hoxe unha entrevista a Iolanda Zúñiga, a autora de Vidas post-it, o libro de relatos revelación deste ano. Etiquetas: Iolanda_Zúñiga

Oficina da lectura

10 Outubro, 2007 (21:23) | Lectura |

Recibimos con gran alegría a noticia de que o Plan de Lectura foi presentado pola conselleira de Cultura no Parlamento e aprobado por unanimidade pola Comisión de Educación e Cultura. O plan debe ser un instrumento eficaz para situar a Lectura como obxectivo político transversal da nosa política cultural, tanto por parte das Administracións Públicas […]

Novidades de Xerais para outono

9 Outubro, 2007 (16:54) | Autores, Novidades, Xerais |

Comezan a chegar as novidades do noso outono literario. Xa temos no almacén A lúa dos Everglades de Xesús Manuel Marcos (o Premio Terra de Melide 2007) e hoxe entra Cardume de Rexina Vega (o Premio Xerais 2007), as dúas novelas con portadas do fotógrafo Fran Herbello. Esta semana tamén entrarán Illa Soidade de An […]

A destitución de Stoichkov

8 Outubro, 2007 (16:55) | Celta de Vigo, Fútbol |

O despido de Stoichkov chega tarde, xa que os seus partidos na tempada pasada (cinco derrotas consecutivas) abondaron para demostrar que non era o técnico axeitado nin para salvarnos nin para devolvernos a categoría. Pobre Fernando Vázquez!, canto piamos por ti. A decisión desta substitución, con seguridade, tomouse antes do encontro co Xerez (onde o […]

Antonio Seijas

8 Outubro, 2007 (14:06) | Artes Visuais, Ilustración, Literatura infantil e xuvenil |

Moi interesante esta páxina de Antonio Seijas, o ilustrador e o noso portadista da colección Fóra de Xogo. No espazo poden verse algunhas novidades, aínda inéditas. Os nosos parabéns. Recoméndoa. Etiquetas: Antonio_Seijas

Campo do Fragoso XLVI

7 Outubro, 2007 (08:30) | Artigos Faro de Vigo, Campo do Fragoso, Celta de Vigo, Fútbol |

AUTORIDADEFronte ao Xerez xogou o Celta o seu mellor partido, nesta difícil andaina para recuperar a categoría. A Stoichkov saíulle moi ben a súa aposta pola calidade e o fútbol combinativo aliñando xuntos a Canobbio, Larena e Diego Costa, hoxe os tres xogadores celestes con máis capacidade para mover a pelota con criterios de profundidade. […]

Museos sen marco

7 Outubro, 2007 (08:20) | Artes Visuais, Artigos Faro de Vigo, Campo de Granada, Vigo |

No artigo da semana reflexiono sobre a proposta do tenente alcalde Domínguez de creación dunha pinacoteca no edificio da Reitoría, no contexto do estado actual de deterioro da rede de museos vigueses e da necesaria participación dos artistas na toma desta decisión. Etiquetas: Artigos

Algunhas cifras do libro galego

6 Outubro, 2007 (10:38) | Comercio do libro, Edición |

Víctor Freixanes adianta hoxe un atinadísimo comentario sobre os datos ofrecidos polo estudo sobre Comercio Interior do libro 2006 referidos á edición galega. Ten razón que hai razóns para o optimismo, sobre todo por ese importante crecemento na facturación (acadamos os 27,5 millóns de ruos no conxunto do sector). Magnífico dato que amosa un crecemento […]

Cuestión de visibilidade

5 Outubro, 2007 (21:52) | Traducións |

Luzes volve hoxe co debate sobre a visibilidade da nosa literatura no exterior. Sen chegar á asumir na súa totalidade a contundente afirmación de Méndez Ferrín (“o escritor galego é rigorosamente invisible no exterior“), para min é un feito dificilmente refutable de que a nosa literatura é practicamente invisible nos países europeos (incluído en Portugal, […]

Vivamos como galegos!

4 Outubro, 2007 (21:02) | Publicidade, Vídeos |

Ver este vídeo publicitario de Gadis na televisión é emocionante. “A xente non é fea, é riquiña!” Unha auténtica marabilla! Pásao! Actualización (05-10-2007): Entrevista co director de mercadotecnia de Gadis en Vieiros. Etiquetas: Galicia

"Os libros arden mal" no cárcere

4 Outubro, 2007 (20:19) | Presentacións, Xerais |

Onte Manuel Rivas e os seus músicos inseparables (Marcos Meléndez, Gastón Rodríguez e Pulpiño Viascón) presentaron Os libros arden mal diante de cento cincuenta reclusos do cárcere de Teixeiro. A reportaxe de Paola Obelleiro no País-Galicia sobre o desenvolvemento do acto é moi interesante. O funcionamento dun taller literario permanente, animado por Luís Gónzález Tosar, […]

As axudas á tradución

3 Outubro, 2007 (07:17) | Traducións |

O aumento previsto das axudas de tradución é unha boa noticia, mais parece claro que o importe previsto é aínda insuficiente para dar resposta ao pulo do noso sector editorial e para promover efectivamente a internacionalización da nosa literatura. A información de hoxe no Pais-Galicia é moi aclaratoria. Cos datos na man a precariedade do […]

"Faro de Vigo" e "Diario Cultural", premios Liber 2007

1 Outubro, 2007 (21:43) | Lectura, Medios, Premios |

Faro de Vigo, o “Diario Cultural” da Radio Galega foron premiados pola Federación de Gremios de España cos Premios ao Fomento da Lectura nos Medios de Comunicación do ano 2007. Na categoría de televisión foi premiado Jesús Vigorra, presentador do programa “El público lee” de Canal dos Andalucía. Os premios serán entregados esta semana en […]