Calceta sen fin

21 Novembro, 2007 (19:49) | Autores, Cine, Narrativa, Traducións, Vídeos

Vía Manolo Gago (grazas, por tantas) coñezo esta curta da finlandesa Laura Neuvonen. Sei que lle vai prestar a María Reimóndez, a nosa amiga, gran tradutora e escritora. Esta semana apareceu o seu Club da calceta en italiano, asinouse o contrato para a edición en castelán e chegou do prelo a terceira edición en galego.
Chuzame! A Facebook A Twitter

Comentarios

Comment from cave canem
Date: 22 Novembro 2007, 8:07 a.m.

Cando menos resulta chamativo que se traduzan libros do galego a outras linguas antes que á oficial de todo o estado. Xa sei (intúo)que son cuestións de pura ‘diplomacia’ editorial, pero non deixa de ser ‘síntoma’.
En todo caso parabéns a María Reimóndez.

Comment from Anonymous
Date: 22 Novembro 2007, 8:41 p.m.

creo que foi nos comentarios da blogue de edans onde atopei este video futurista, con respecto ao libro electrónico http://www.editis.com/pages_html/video_possible.htm

A ver quen vai ir a unha libraría a cargar libros e pagar por elo…
Os músicos poden cobrar por concertos, os escritores?

Comment from reimondez
Date: 28 Novembro 2007, 11:40 a.m.

que detalle! o vídeo é divertidísimo, recoñézome perfectamente na obsesión calceteira e tamén no interese en mirar os precipicios… sen deixarme caer! grazas manolo

Olark Livehelp