Month: Novembro, 2007

Celta: Tempada 92-93

30 Novembro, 2007 (23:57) | Celta de Vigo, Cine, Vídeos |

Curtametraxe de Alejandro Marzoa [9 minutos]. Con Miguel de Lira e Carlos Blanco. Indispensable para persoas de corazón celeste. Case rompo a chorar. Beizóns para celestes.org por ter artellado semellante espazo de vídeos. Etiquetas: Celta_Vigo

A tribuna de Borrazás

30 Novembro, 2007 (07:51) | Artigos_Luzes, Narrativa, Polémicas |

Tras a arroutada da pasada semana, é moi recomendable a lectura da sereno resposta de Xurxo Borrazás. Así comeza: “Certo. Os escritores e escritoras nunca temos a razón. Falo por min, que ninguén se ofenda. Somos egoistas, resentidos, perrenchudos, vaidosos e desagradecidos coa man que nos dá de comer. É por iso, intúo, que os […]

"Cardume", presentacións

29 Novembro, 2007 (08:24) | Narrativa, Novidades, Premios, Presentacións, Xerais |

Hoxe en Santiago e mañá en Vigo presentaremos Cardume, a novela de Rexina Vega gañadora do Premio Xerais 2007. O acto de mañá no Marco, será tamén unha homenaxe á figura de Urbano R. Moledo, o escritor galego fusilado, xunto a outras doce persoas, no monte do Castro o 1o de decembro de 1936, a […]

"La Mar de Letras", premio libraría cultural 2007

29 Novembro, 2007 (07:59) | Librarías, Literatura infantil e xuvenil, Premios |

Onte participei no xurado do IXº premio Libraría Cultural, organizado por CEGAL. A experiencia foi moi bonita. Entre novas propostas, todas elas moi interesantes, e despois de estudar as sús correspondentes memorias, escollemos (case por unanimidade) o proxecto presentado por “La Mar de Letras“, unha libraría especializada en promoción da lectura e fondo infantil e […]

Oficina do Libro Galego

28 Novembro, 2007 (05:28) | Cultura, Narrativa, Polémicas, Traducións |

A exportación de textos literarios (especialmente narrativos) é unha das maiores preocupacións actuais do debate cultural galego. Para animar un debate máis sereno e construtivo ofrezo as seguintes reflexións e propostas:–“A literatura galega é perfectamente invisible fóra de Galicia”. Concordo plenamente con esta afirmación de Xosé Luís Méndez Ferrín, a pesar de que ao longo […]

"O único que queda é o amor", presentación na Coruña

27 Novembro, 2007 (20:33) | Autores, Narrativa, Presentacións |

Mañá, despois de viaxar pola mañá a Madrid, volverei por Coruña para acompañar a Óscar Sánchez na presentación do novo libro de Agustín. O acto desenvolverase baixo a fórmula da entrevista ao autor e promete ser moi interesante. A compañía é inmellorable e o libro de enorme interese. Etiquetas: Agustín_Fernández_Paz

Narrativa en galego, algúns datos de 2006

27 Novembro, 2007 (07:47) | Comercio do libro, Edición, Narrativa |

Tanto se ten falado das dimensións do mercado literario galego que propoño reparar nos datos proporcionados polo último estudo do Comercio interior do libro 2006 para desfacer algúns tópicos que andan enredando. Axiña comprobaremos que estamos diante de cifras modestas, aínda que nunca desprezables. Vexamos. Os editores privados publicamos 314 títulos literarios (entre novidades e […]

Campo do Fragoso IXL

26 Novembro, 2007 (07:46) | Artigos Faro de Vigo, Campo do Fragoso, Celta de Vigo, Fútbol |

IN EXTREMISNon hai dúbida de que ao Celta se lle atragoan as mañás en Balaídos. Tres matinais e senllos empates, sete encontros na casa e só dúas vitorias, son un pobrísimo balance para un equipo que pretende ascender, incapaz de enganchar dúas vitorias consecutivas. Saíu como é adoito, desque López Caro tomou as rédeas do […]

Galicia: 61,30 € gasto en libros por habitante

25 Novembro, 2007 (17:48) | Comercio do libro, Lectura |

En Galicia padecemos un problema de lectura e dos hábitos de compra de libros. Así o demostra os datos proporcionados polo Anuario de Estatísicas Culturais do Ministerio de Cultura. Entre unha faramallada de datos interesantes, escollemos este que nos parece significativo do noso estado carencial: en 2005 os galegos gastamos 61,30 € por habitante na […]

Book trailer VIII

25 Novembro, 2007 (16:26) | Book_trailer, Promoción do libro, Publicidade |

A nosa teima sobre os book trailer vai estendéndose. No mes de decembro, como fixemos o pasado ano, faremos unha pequena campaña na TVG e na rede cun book trailer sobre O señor Lugrís e a negra sombra, a novela de Luís Rei Núñez. Etiquetas: Book_trailer

Día contra a violencia machista

25 Novembro, 2007 (16:10) | Efemérides, Recurso_didáctico, Sociedade, Vídeos |

Vía Nacho de la Fuente.Recomendo, tamen, os textos de Hora de ler.

Ferrín Retrata a Rosalía II

25 Novembro, 2007 (10:53) | Autores, Recurso_didáctico |

Ferrín publicou onte na súa sección “No fondo dos espellos” do suplemento “El Sábado” de Faro de Vigo (unha alfaia semanal, que aconsello non perder) a segunda entrega biográfica sobre Rosalía de Castro.Como a anterior, o texto é memorable e –tras cuestionar o relato da tradición galeguista sobre o nacemento da Rosalía, acuñado por Carballo […]

Celta de Vigo, galería fotográfica

25 Novembro, 2007 (10:14) | Celta de Vigo, Fútbol, Imaxes |

Faro de Vigo acaba de montar a súa galería fotográfica da historia do Celta de Vigo. Das vinte fotos publicadas (haberá que aumentalas), escollo esta dun dos meus Celtas preferidos, o do ano setenta (tiña eu once anos). De pé: Gost, Pedrito, Rivas, Rivera, Manolo, Hidalgo; axeonllados: Lezcano, Juan, Rodilla, Almagro e Suco. Etiquetas: Celta_Vigo

O Vigo de 1800

25 Novembro, 2007 (09:58) | Historia, Recurso_didáctico, Vigo |

Javier Mosquera, o xornalista que mellor coñece a historia viguesa, publica hoxe en Faro unha reportaxe moi interesante para coñecer o Vigo de hai douscentos anos. De viliña mariñeira e amurada a volcán de dinamismos. Merece arquivarse no blog. De interese didáctico. A imaxe é unha reconstrucción realizada por Carlos Núñez. Etiquetas: Vigo

O viño fala galego II

25 Novembro, 2007 (08:32) | Artigos Faro de Vigo, Campo de Granada, Gastronomía, Lingua, Publicidade |

No artigo da semana volvo sobre a proposta de consumir viño etiquetado en galego, aproveitando, tamén, para falar da renovación do sector vitivinícola galego producida nas dúas últimas décadas (un modelo, por certo, do que se poden tirar algunhas experiencias na promoción exterior do libro galego). Etiquetas: Artigos

Delirio

24 Novembro, 2007 (22:34) | Televisión |

Están tolos estes americanos?Vía Oulego.

Entrevista a Camilo Nogueira

24 Novembro, 2007 (19:39) | Autores, Ensaio, Entrevistas |

A entrevista a Camilo Nogueira publicada en El País Galicia é unha análise moi lúcida sobre a posición que adopta o BNG no seo dos gobernos de coalición nos que participa. É moi oportuno o seu chamamento a que o BNG abandone as posicións melifluas de centro (que tanto confunden ao seu electorado e, dificilmente, […]

O discurso de Manuel Azaña

24 Novembro, 2007 (19:17) | Audios, Historia, Recurso_didáctico |

O famoso último discurso de Manuel Azaña, o das tres pes (“Paz, Piedad, Perdón), pronunciado o 18 de xullo de 1938 no concello de Barcelona, pode escoitarse completo aquí (setenta e catro minutos en sete arquivos). Un documento histórico para arquivar. Moi recomendable a súa utilización didáctica. Etiquetas: Manuel_Azaña

Unha tarde en Lugo

24 Novembro, 2007 (18:38) | Autores, Beizóns, Blogs, Cidades, Narrativa, Presentacións |

Onte pasamos unha tarde magnífica en Lugo con motivo da presentación do libro de Miranda. Marcos realiza unha hoxe unha completísima crónica, tanto do desenvolvemento acto (onde realizou unha intervención moi atinada) como da paseata á noitiña que fixemos pola Muralla, dirixidos polos comentarios de Pepe, Xoán Cuba, Isidro Novo e outros amigos e amigas […]

A segunda vida do relato galego

23 Novembro, 2007 (08:19) | Artigos_Luzes, Narrativa, Polémicas |

Recomendo a columna de Óscar Iglesias. É moi clarificadora das tendencias actuais na narrativa galega. (Actualización: 16:00): Ten razón Folerpa, este artigo de Dolores Vilavedra abre outro debate importante sobre a posición do escritor galego alén do Padornelo. Mágoa que a crítica compostelana non se atreva a personalizar, xa que tal como se expresa parece […]

"As mans do medo", presentación en Lugo

22 Novembro, 2007 (22:15) | Autores, Narrativa, Novidades, Presentacións, Xerais |

Mañá acompañaremos a Marcos Valcárcel e Xosé Miranda na presentación en Lugo d’ As mans do medo. Tres blogueiros na mesa para falar do que entendo como un dos cumes da nosa literatura de terror. precisamente, Miranda remata estes meses a edición da súa completísima guía de Galicia, que pretendemos ter editada (con fotos, na […]

Calceta sen fin

21 Novembro, 2007 (19:49) | Autores, Cine, Narrativa, Traducións, Vídeos |

Vía Manolo Gago (grazas, por tantas) coñezo esta curta da finlandesa Laura Neuvonen. Sei que lle vai prestar a María Reimóndez, a nosa amiga, gran tradutora e escritora. Esta semana apareceu o seu Club da calceta en italiano, asinouse o contrato para a edición en castelán e chegou do prelo a terceira edición en galego.

"O único que queda é o amor": a primeira crítica

21 Novembro, 2007 (19:04) | Autores, Críticas, Narrativa, Novidades, Presentacións, Xerais |

Hoxe saíu a primeira crítica do libro recente de Agustín (grazas, Tati). Aquí pode baixarse o pdf do adianto de “Amor de gosto”, un dos dez contos do volume. A primeira presentación realizarase o mércores 28 de novembro, ás 20:30 na Biblioteca González Garcés da Coruña.Teño moi boas vibracións sobre a acollida deste conxunto de […]

O viño fala galego

21 Novembro, 2007 (18:49) | Gastronomía, Lingua, Publicidade |

Apoio a campaña promovida pola Asociación de Funcionarios pola Normalización Lingúística para promover a etiquetaxe dos nosos viños en galego. DECLARACIÓN DE APOIO Á CAMPAÑA POLA ETIQUETAXE DOS VIÑOS EN GALEGO Se o dinamismo económico e a competitividade dun país son o froito de combinarmos un certo recoñecemento histórico coa capacidade de ofrecer produtos de […]

Kindle

20 Novembro, 2007 (20:14) | Lectura, Libro, Tecnoloxías |

Este si que pode ser unha das modalidades do libro electrónico do futuro. Da factoría Amazon. Recomendo a lectura do comentario de Enrique Dans sobre esta nova intentona de libro electrónico: “El anuncio me ha parecido bastante impactante: no se trata de un dispositivo para navegar, ni tiene WiFi, pero puedes navegar por un montón […]

Xohán Ledo: exposición de homenaxe

20 Novembro, 2007 (19:29) | Editores, Eventos |

Inaugurouse hoxe no Museo de Castrelos a exposición de homenaxe ao editor Xohán Ledo. A magnífica exposición, preparada por Galaxia e a Consellaría de Culura, acompáñase cun ciclo de mesas redondas nas que se pretende facer unha completa revisión sobre a historia, estado actual e futuro do libro galego. Beizóns para os organizadores por tan […]

Literatura e mercado

20 Novembro, 2007 (19:15) | Autores, Eventos |

Non puiden asistir á mesa redonda sobre “Literatura e mercado” do IV Simposio, moderada por Francisco Macías e na que participaron Inma López Silva, Xurxo Borrazás e Alfredo Ferreiro; grazas a crónica deste último podemos recuperar un intenso debate. Etiquetas: Literatura_mercado

Libro e Mercado: o caso galego

18 Novembro, 2007 (19:48) | Bibliotecas, Comercio do libro, Edición, Editores, Eventos, Lectura, Librarías, Promoción do libro |

Tras a celebración do IV Simposio “O Libro e a lectura”, que amosou a madurez da AGE para consolidar esta cita anual de reflexión profesional, propoño algunhas reflexións persoais sobre o tema debatido: “Libro e mercado”.Os editores galegos non podemos ser complacientes co noso traballo e debemos ser capaces de integrar moitas das ideas e […]

Incoherencias

18 Novembro, 2007 (11:38) | Internet, Polémicas |

Atopo na caixa de correo un texto reenviado por unha boa amiga que pon en evidencia algunhas das incoherencias do sistema legal español sobre a cuestión dos dereitos de autor no ámbito dixital. Non son especialista en Dereito, razón pola que non acredito na veracidade das valoracións, aínda que supoño que algo de certo haberá […]

Chispas de Quesada

18 Novembro, 2007 (11:04) | Artigos Faro de Vigo, Autores, Campo de Granada, Humor, Ilustración, Presentacións, Xerais |

No artigo de semana fago unha breve semblanza do traballo de Quesada en Faro de Vigo con motivo da presentación da súa antoloxía, o xoves 22 de novembro en Vigo. Etiquetas: Artigos

Decálogo da novela do século XXI

17 Novembro, 2007 (18:54) | Narrativa, Recurso_didáctico |

Vicente Verdú publica en Babelia un moi interesante artigo sobre o futuro da novela no século XXI. Baixo a fórmula do decálogo (esas listas tan empregadas na rede) Verdú actualiza as regras que no entorno da nova literacidade debe preservar a narración literaria.1. Resistirse a ser adaptada aos formatos audiovisuais.2. Insistir na calidade da súa […]

Ferrín retrata a Rosalía

17 Novembro, 2007 (18:04) | Autores, Recurso_didáctico |

O artigo “Pómulos famosos: pé de foto”, que hoxe publicou Méndez Ferrín, na súa sección “No fondo dos espellos” do suplemento El Sábado de Farode Vigo, sobre a famosa fotografía da familia Castro-Murguía de 1884 pasará á historia da nosa literatura. Unha alfaia do xornalismo literario memorable. Transcríboo (non se pode consultar directamente, aínda que […]

A visibilidade do libro galego

17 Novembro, 2007 (17:47) | Eventos, Promoción do libro |

A mesa redonda sobre “A visibilidade do libro galego“, coordinada por Celia Torres e na que participaron Francisco Novo, Ramón Reboiras e Luís Ventoso foi das máis polémicas do Simposio. A crónica moi completa de Galicia hoxe expresa boa parte dos argumentos e das valoracións expresadas polos participantes. Unha peza que debe quedar arquivada no […]

Manuel Valente: editores de cultura ou de mercado

17 Novembro, 2007 (17:22) | Editores, Eventos, Portugal |

Manuel Valente, director literario de Ediçoes ASA, abriu a segunda xornada do IV Simposio cunha conferencia sobre “Editores de cultura fronte editores de mercado“. Comezou a súa intervención describindo o proceso actual de concentración das editoras portuguesas arredor de grandes grupos editoriais, “cambios que necesariamente van afectar ao traballo das editoras e aos seus programas […]

Fernando Valverde: o futuro da libraría independente

16 Novembro, 2007 (19:06) | Eventos, Librarías |

Tras a conferencia de Antonio Iturbe (mágoa, que non puiden asistir) e a mesa redonda sobre “Os libros máis vendidos“, o vigués Fernando Valverde, actual presidente de CEGAL, pronunciou unha magnífica conferencia sobre o futuro da libraría independente en España.Comezou Fernando a súa intervención proporcionando algúns datos claves sobre a edición en España, salientando tanto […]

Silvia Querini: libro e mercado

15 Novembro, 2007 (20:28) | Edición, Editores, Eventos |

A editora Silvia Querini abriu esta mañá o IV Simposio “O Libro e a Lectura” no que se reflexiona sobre as relacións entre o libro e o mercado.A directora literaria de Lumen comezou a súa magnífica e clarificadora conferencia abordando o significado de dúas palabras “malditas” que, xeralmente, no mundo da edición (sobre todo da […]

Dez mil libros

14 Novembro, 2007 (18:08) | Publicidade, Vídeos |

Para realizar este anuncio de Guinness (con motivo do seu oitenta aniversario) empregáronse dez mil libros (ademais de seis mil fichas de dominó, catrocentos pneumáticos e non sei cantas cousas máis). Outra utilidade descoñecida do libro.

Nunca Máis

14 Novembro, 2007 (17:48) | Artigos Faro de Vigo, Campo de Granada, Medio_Ambiente |

Ao fío da anotación anterior, penso que debo recuperar para o blog o artigo publicado o chuviñento domingo 1 de decembro de 2002 en Faro de Vigo, o mesmo día que se celebrou a grande manifestación do Obradoiro. Repasando, agora o texto (e sen modificar nin unha coma nin a ortografía anterior á da reforma […]

Chapapote Prestige

13 Novembro, 2007 (08:11) | Artigos Faro de Vigo, Campo de Granada, Medio_Ambiente, Recurso_didáctico |

Daquela non existían estas brétemas. Este foi o artigo que publiquei en Faro de Vigo o 24 de novembro de 2002. Debe quedar no arquivo. “Vivimos tristes, pendentes dese fío caprichoso da dirección do vento no mar estragado. Estamos desolados diante deste avalancha de chapapote viscoso e pegañento que abeira sobre o futuro deste país […]

Nace "Bloc"

12 Novembro, 2007 (20:22) | Beizóns, Ilustración, Literatura infantil e xuvenil, Medios |

Tras a aparición de Trama y texturas, coñecemos a aparición de Bloc, revista internacional de literatura infantil y juvenil. A presenza de grandes amigos como Xabier P. Docampo, Auladell ou Ventura aseguran rigor, beleza e calidade nunha publicación profesional semestral de expléndida presentación. A presentación será en Madrid o 20-N (unha boa chiscadela, si señor). […]

A arte de editar

11 Novembro, 2007 (12:42) | Edición |

“De uma forma crua, um editor é um industrial, alguém que adquire uma matéria-prima, uma fonte ou conteúdo, e transforma-a tendo em conta um público consumidor. A sua arte é valorizar a matéria inicial face a um suporte específico e as necessidades/ motivações de um target determinado. Age de acordo com os objectivos determinados pela […]

I’m Like a Lawyer…

11 Novembro, 2007 (12:11) | Música, Vídeos |

Paga a pena este vídeoclip de Fall Out Boy (case seis minutos).

Celta: ascenso ou intervención

11 Novembro, 2007 (11:46) | Artigos Faro de Vigo, Campo de Granada, Celta de Vigo, Fútbol |

A raíz das informacións recentes, no artigo da semana volvo sobre a crise societaria do Celta. Etiquetas: Celta_Vigo, Artigos

A vella da manta

10 Novembro, 2007 (13:14) | Autores, Blogs |

Sempre é unha boa noticia que un dos nosos escritores abra un blog. Beizóns na travesía que comeza A vella da manta. Etiquetas: A_vella_da_manta

Fervenzas literarias

9 Novembro, 2007 (17:58) | Internet, Novidades, Promoción do libro |

Até hoxe non souben da existencia de Fervenzas literarias, unha interesante e utilísima revista electrónica de literatura galega. As seccións son moi suxestivas: novas, andel de novidades, entrevistas, espazos de lectores, outros para literatura infantil e xuvenil, reseñas de críticas, artigos de opinión, una espazo de adiantos e unha moi completa páxina de ligazóns con […]

Nace "Edoy Leliadoura"

9 Novembro, 2007 (17:18) | Poesía |

A aparición dos seis primeiros títulos da colección “Edoy Leliadoura” de Sotelo Blanco edicións é unha noticia importante para a poesía galega. Dirixe a colección Xesús González Gómez, o que promete calidade e coidado nas edicións. A aparición deste novo espazo poético engádese a especialización de Espiral Maior, á aposta de Galaxia por potenciar Dombate […]

Entrevistas aos Premios Xerais

9 Novembro, 2007 (07:56) | Autores, Entrevistas, Premios, Xerais |

Hoxe La Voz de Galicia entrevista aos tres gañadores dos premios Xerais 2007, coincidindo co aparición das obras nas librarías e a súa presentación. Algo que moito agradecemos. Carlos López, Premio Merlín por Minimaladas: “Coa literatura pódese aprender, pero a súa función non é didáctica“. An Alfaya, Premio Fundación Caixa Galicia por Illa Soidade: “A […]

Os vídeos de Pérez Varela

8 Novembro, 2007 (20:34) | Política |

Os vídeos de Pérez Varela que publica oportunísimamente La Voz de Galicia non se poden perder: a cultura está rifada coa burocracia, xenial! [Aínda que máis lamentables parécenme, aínda, as declaracións de Fraga que deita toda a responsabilidade do disparate do seu soño nos erros cometidos polos seus colaboradores.] Indubidablemente estes documentos audiovisuais (como as […]

"Cardume", primeira crítica

6 Novembro, 2007 (20:34) | Autores, Críticas, Entrevistas, Narrativa, Novidades, Xerais |

A primeira crítica dunha obra sempre crea expectación a editores e autores. Esta é a que sobre Cardume, a novela de Rexina Vega, Premio Xerais 2007, publicou onte Manuel Rodríguez Alonso, o incansable crítico do Cartafol de libros. Nestes últimos vinte días, o mesmo crítico, publicou os seus traballos sobre Limpeza de sangue (o Nacional […]

O Samaín de Cedeira

6 Novembro, 2007 (20:15) | Efemérides, Festas, Recurso_didáctico |

Rafael Fernández Loureiro, o impulsor da festa do Samaín, envioume o cartel da XVIIIª edición do Samaín de Cedeira. Despois da polémica, ben merece quedar no arquivo. Etiquetas: Samaín