Literatura con denominación de orixe
Hoxe publico en Luzes unha tribuna na que abordo a polémica da exportación de textos literarios galegos. No mesmo espazo recomendo o clarificador artigo de Manuel Rivas (saíndo ao paso do panfleto do académico Franco Grande) e a entrevista con Anxos Sumai.
Etiquetas: Luzes
Comentarios
Comment from xosé da casanova
Date: 21 Decembro 2007, 4:42 p.m.
Non nos chegaron corenta anos do Franco pequeno esmendrellando a nosa autoestima. Agora temos que aturar ao Franco grande enrabechado porque ninguén lle fai caso. O único escritor galego bo é o escritor galego morto. (Salvo el mesmo, xaora).
Comment from Anonymous
Date: 21 Decembro 2007, 6:14 p.m.
Franco Grande é un excelente humorista!
Comment from Anonymous
Date: 21 Decembro 2007, 7:44 p.m.
E nós que culpa temos de que Franco Grande teña perpetua acidez estomacal?



Comment from arume dos piñeiros
Date: 21 Decembro 2007, 9:55 a.m.
Vostede tamén clarifica a FG. E con razón. Os que cren ser pontífices, nin pontes saben facer.