O nadal nas letras galegas

24 Decembro, 2007 (10:44) | Autores, Efemérides, Poesía, Recurso_didáctico

Moi oportuna a anotación de Vieiros facéndose eco do traballo do profesor Xesús Alonso Montero sobre “O nadal nas letras galegas“.
Recupero esta panxoliña de Celso Emilio Ferreiro de 1960:

NOITEBOA
¿Onde están
aqueles pandeiros ledos
de Nadal?

Aquelas neves de antano,
aquel fogar;
aqueles rexos cantares
polo val.

¿Qué foi deles,
onde están ?
As nosas queixas de agora
¿onde van?

Río que pasas de longo,
famento de ceo e mar.

Etiquetas:
Chuzame! A Facebook A Twitter

Comentarios

Comment from Anonymous
Date: 25 Decembro 2007, 10:21 a.m.

Sarille: “Vexo unha Galiza cun 10% de galegofalantes”.

Entrevista en:
http://www.radiofusion.eu

Olark Livehelp