Month: Decembro, 2007

31 Decembro, 2007 (18:16) | Beizóns, Efemérides, Vídeos |

As miñas beizóns para o novo ano 2008. Saúde, ventura e lectura galega.

Finou Xaime Quessada

31 Decembro, 2007 (17:09) | Artes Visuais, Autores, In memoriam |

O pasamento do pintor e escritor Xaime Quessada entristece este fin de ano. Un dos máis importantes artistas galegos de sempre, o máis picassiano da xeración dos “artistiñas” ourensáns do Volter –un creador xenial, culto, xeneroso, combativo e desmesurado– Xaime abordou todas as linguaxes da pintura contemporánea, dende o realismo máxico inicial até a expresión […]

Blogonovela de Arume dos piñeiros

30 Decembro, 2007 (11:18) | Autores, Blogs, Narrativa |

Arume dos piñeiros xa vai polo capítulo 13 da súa blogonovela. Recomendo seguila. Etiquetas: Blogonovela

A edición en galego

30 Decembro, 2007 (10:52) | Edición, Editores |

La Voz de Galicia publica hoxe unha interesante entrevista con Alfonso García Sanmartín, presidente da AGE, sobre o estado da edición en Galicia e sobre as tendencias de futuro. Etiquetas: Edición_en_galego

Abolición da pena de morte

30 Decembro, 2007 (10:25) | Artigos Faro de Vigo, Campo de Granada, Dereitos_humanos, Política, Recurso_didáctico, Sociedade |

No artigo da semana amplío e profundizo a anotación que fixera hai dez días sobre a abolición da pena de morte. Etiquetas: Pena_de_morte

Conversas con Francisco Pillado

29 Decembro, 2007 (12:55) | Autores, Editores, Ensaio, Entrevistas, Teatro |

Rematei a lectura do magnífico libro de conversas co editor Francisco Pillado, preparado polo tamén editor Xosé Luna Sanmartín (quen no vindeiro mes de xaneiro publicará na nosa colección BLG dúas pezas teatrais de Manuel Varela Buxán) e publicado por Espiral Maior. Un libro sincero, descarnado, intimista, valente, indispensable para adentrarse na figura humana, intelectual, […]

Esperpento no Galicia-Camerún

28 Decembro, 2007 (19:10) | Fútbol, Selección_Galega, Vídeos |

Entre a brétema, dende o coche, fun seguindo na Radio Galega (como é adoito, magnífica a información e o despregue da sección deportiva da nosa radio pública) a plantada de Camerún. Estaba realmente alarmado polo que sucedía nun estadio que sabía presentaba un entradón. Oín as atinadas declaracións do meu admirado Fernando Vázquez (lamentando a […]

En Intramundi con Carlos G. Reigosa

28 Decembro, 2007 (18:20) | Autores, Presentacións |

Onte atravesamos o país para acompañar a Carlos G. Reigosa no acto de presentación na Pastoriza do seu libro de conversas con Xosé Manuel del Caño. O acto foi soberbio, cun salón de actos a rebosar (máis de 150 persoas) e con intervencións memorables, especialmente as de Primitivo Iglesias (o noso ben querido amigo e […]

"As pontes no ceo"

26 Decembro, 2007 (11:07) | Autores, Narrativa, Novidades, Presentacións |

Hoxe presentaremos en Pontedeume, as 20:00, no Salón de Caixa Galicia, As pontes no ceo, a derradeira entrega da triloxía Vidas de infancia de Ramiro Fonte. No acto participarán César Antonio Molina (ministro de Cultura) e Gabriel Torrente Piñeiro (alcalde de Pontedeume).Preparei apenas tres notas de editor sobre unha obra que considero fundamental para anchear […]

"Estiñada", novo disco de Ledicia

25 Decembro, 2007 (18:50) | Educación, Música, Novidades, Recurso_didáctico |

Mañá, 26 de decembro, ás 20:00 horas preséntase no Centro Civico de Caranza Estiñada, o novo disco (CD e DVD) do grupo Ledicia do Colexio Público Manuel Masdías de Ferrol. Despois da aparición hai dez anos de Polo correo do vento, este segundo disco de Ledicia antologa vinte e un temas deste grupo pioneiro dentro […]

Internet 2008, 11 tendencias

25 Decembro, 2007 (13:26) | Blogs, Internet, Literacidade |

Esta anotación de Manuel Gago é desas imprescindibles para o arquivo do blog. Gago recolle algunhas tendencias de Internet que vexo moi claras (o maior peso das redes sociais, a reubicación do papel dos blogs e do seu número, internet como auténtico disco duro, o fortalecemento das edicions en liña sobre as impresas, a personalización…). […]

O nadal nas letras galegas

24 Decembro, 2007 (10:44) | Autores, Efemérides, Poesía, Recurso_didáctico |

Moi oportuna a anotación de Vieiros facéndose eco do traballo do profesor Xesús Alonso Montero sobre “O nadal nas letras galegas“.Recupero esta panxoliña de Celso Emilio Ferreiro de 1960: NOITEBOA¿Onde estánaqueles pandeiros ledosde Nadal? Aquelas neves de antano,aquel fogar;aqueles rexos cantarespolo val. ¿Qué foi deles,onde están ?As nosas queixas de agora¿onde van? Río que pasas […]

Campo do Fragoso LI

24 Decembro, 2007 (10:18) | Artigos Faro de Vigo, Campo do Fragoso, Celta de Vigo, Fútbol |

BOA CAROLADAO Celta rematou este seu “annus horribilis” cunha contundente carolada fronte a un moi frouxiño Granada 74. Catro caroliños –como diría Derviche paseando con Roquiño polas Avenidas– en senllas catro bonitas chegadas dun equipo que ten moitísima calidade diante e carencias importantes de medio campo para atrás. Os incombustibles afeccionados que aínda acudimos ás […]

Bo Nadal! (en 300 linguas)

23 Decembro, 2007 (10:47) | Beizóns, Efemérides |

Aquí podes expresar a túa felicitación de Nadal en trescentas linguas (mágoa que detecto algúns erros). Vía: Addenda Et Corrigenda. Acholi – Mot ki Yomcwing Botwo Me Mwaka ManyenAdhola – Wafayo Chamo Mbaga & Bothi Oro ManyeniAeka- Keremisi jai beAfrikaans – Geseende Kerfees en ‘n gelukkige nuwe jaarAhtna – C’ehwggelnen DzaenhAklanon – Malipayon nga Paskwa […]

Book trailer IX: "Santa Matriusca"

23 Decembro, 2007 (10:24) | Autores, Book_trailer, Narrativa, Vídeos |

A idea do book trailer vai cundindo tamén no sector editorial galego. Con esta peza anúnciase Santa Matriusca, a próxima novela de Iria López Teijeiro que publicará Biblos. Etiquetas: Iria_López_Teijeiro

Agustín Fernández Paz, nota grafolóxica

23 Decembro, 2007 (09:42) | Autores, Blogs |

Ao fío dunha anotación de Marcos Valcércel sobre O único que queda é o amor (a recepción deste libro non pode ser máis entusiasta e unánime), aparece un comentario de Xohan da Coba (un dos habituais tertulianos do espazo de Marcos) no que realiza unhas notas grafolóxicas da caligrafía de Agustín Fernández Paz. Non podo […]

Carlos Lema, premio de poesía Johán Carballeira

23 Decembro, 2007 (09:30) | Autores, Editores, Poesía, Premios |

Unha noticia ben bonita: o noso amigo o editor Carlos Lema obtivo o premio de poesía Johán Carballeira convocado en Bueu. O xurado salientou que a obra gañadora por unanimidade, O xeito de Freud. Transferencias da realidade, foi escollida “pola solidez da súa construción”, o que demostra “ser moi complexo na súa elaboración”, así como […]

Vivenda digna

23 Decembro, 2007 (09:16) | Artigos Faro de Vigo, Campo de Granada, Política |

No artigo da semana analizo as “medidas 40” da Consellaría de Vivenda que dirixe Teresa Táboas. O traballo desta conselleira do BNG e do seu equipo paréceme modélico e, na miña opinión, como na expresada por outros, merece ser destacado e recoñecido. Etiquetas: Artigos

Orhan Pamuk escribe para ser feliz

22 Decembro, 2007 (19:47) | Autores, Ensaio |

Recollo do amigo Antón Castro un fragmento memorable do recente libro de Orhan Pamuk (onde se recolle a conferencia pronunciada con anterioridade á entrega do Nobel) sobre as razóns polas que escribe que debe quedar no arquivo: “Como todos ustedes saben, la pregunta que más a menudo se nos hace a los escritores, la que […]

Entrevista ao Leo

21 Decembro, 2007 (18:17) | Autores, Entrevistas, Novidades, Poesía, Xerais |

Con motivo da recente aparición de Hai cu, o poeta Xavier Cordal faille outra entrevista ao Leo.Recollo algunhas afirmacións salientables destas entrevistas do escritor e músico de Matamá e promotor do Espectáculo Multimerda (recomendo, ademais, e moi vivamente a lectura dos enlaces): “Non comparto a idea de que se editen moitos libros en galego, penso […]

A Serpe Brancaceleste

21 Decembro, 2007 (17:35) | Fútbol, Selección_Galega |

A miña proposta. Outros nomes bonitos. Etiquetas: Selección_Galega

Literatura con denominación de orixe

21 Decembro, 2007 (07:54) | Artigos_Luzes, Polémicas, Traducións |

Hoxe publico en Luzes unha tribuna na que abordo a polémica da exportación de textos literarios galegos. No mesmo espazo recomendo o clarificador artigo de Manuel Rivas (saíndo ao paso do panfleto do académico Franco Grande) e a entrevista con Anxos Sumai. Etiquetas: Luzes

Lectura no Reino Unido

20 Decembro, 2007 (20:04) | Lectura |

Recomendo moi vivamente a lectura desta anotación de Joaquín Rodríguez sobre o compromiso dos autores e medios de comunicación británicos co fomento da lectura. 500 escritores e intelectuais dirixíronse ao primeiro ministro para solicitarlle, diante dos resultados en comprensión lectora dos estudantes británicos en PISA, que se dedique o próximo ano á lectura. A mesma […]

"Vigo por Magar III"

19 Decembro, 2007 (17:34) | Artes Visuais, Autores, Novidades, Presentacións, Vigo, Xerais |

Hoxe, acompañados polo alcalde Abel Caballero, presentamos Vigo por Magar III, un novo volume da serie de Magar, o fotógrafo da vida viguesa das últimas catro décadas.Magar ofrece neste terceiro volume da súa celebradísima serie «Vigo por Magar», iniciada en 2002, outras trescentas instantáneas, panorámicas e retratos que contribúen a enriquecer a reconstrución da historia […]

"O adeus do vello mariñeiro"

19 Decembro, 2007 (16:52) | Autores, Novidades, Poesía, Presentacións, Xerais |

Onte acompañamos a X.H. Rivadulla Corcón na presentación na Coruña do seu máis recente poemario, O adeus do vello mariñeiro.O libro foi presentado polo poeta Xavier Seoane que comezou salientando que a poesía é unha arte da pervivencia e como tal o libro de Rivadulla (a quen imaxina coma un vello baleiro namorado de salitre) […]

Non á pena de morte

19 Decembro, 2007 (15:57) | Dereitos_humanos, Política, Sociedade |

A aprobación por parte da Asemblea Xeral da ONU dunha resolución (desgrazadamente non “vinculante”) que pide a aplicación dunha moratoria ás execucións dos sentenciados a pena do morte, como primeiro paso para unha abolición por parte de todos os estados, é unha das noticias máis esperanzadoras deste ano a piques de finalizar. A pesar da […]

"Blogonovela" galega

17 Decembro, 2007 (19:50) | Blogs, Iniciativas, Medios, Narrativa |

Un artigo de Hernán Casciari e unha anotación de Juan Varela poñen sobre a mesa hoxe, outra volta, a cuestión da blogonovela ou “ficción on line”. A verdade é que o modelo de blogonovela que defende Casciari (empregando a metáfora da presenza dos seareiros no estadio, que compartimos plenamente) xa fora ensaiado en galego con […]

Knol

16 Decembro, 2007 (11:47) | Edición, Internet, Tecnoloxías |

Estes días sorprendeunos ler que Google pretende crear a súa enciclopedia web (bautizada como “Knol“, contración de “unidade de coñecemento”) coa intención de desbancar á Wikipedia.O mestre Juan Varela clarifica a estratexia do Google futuro: “Knol, el nuevo proyecto de enciclopedia en internet, es el último paso de Google para dejar de ser el Gran […]

Entrevista a Xosé Manuel Sarille

16 Decembro, 2007 (11:21) | Entrevistas, Lingua |

Sarille pon o dedo na chaga do galego: o problema da situación “alarmante” da lingua e da súa perda de falantes está na falta de vontade política de todos os partidos con respecto ao proceso de normalización. Diante de tan contundente radiografía, expresada no seu recente ensaio, A impostura e a desorientación na normalización lingüística, […]

Nova entrevista a Ramiro Fonte

16 Decembro, 2007 (10:29) | Autores, Críticas, Entrevistas, Presentacións, Xerais |

Nova entrevista a Ramiro Fonte, desta volta na Voz de Galicia. Afortunadamente a publicación da terceira e derradeira entrega das Vidas de Infancia, non está pasando para os medios de comunicación desapercibida (este esforzo afouto de ofrecer case mil catro centas páxinas de prosa galega miniada ben o merece). Na entrevista realizada polo tamén escritor […]

"A Nosa Terra" centenaria

16 Decembro, 2007 (10:18) | Artigos Faro de Vigo, Campo de Granada, Efemérides, Medios |

No artigo da semana sintetizo o texto da laudattio sobre o centenario d’ A Nosa Terra que preparei para A Noite da Edición 2007. Non teño dúbidas do papel esencial desta publicación: “O centenario proxecto editorial e xornalístico A Nosa Terra representa –pola súa insólita permanencia e capacidade de innovación e adaptación a cada momento […]

Encontros de Mariñán

15 Decembro, 2007 (20:09) | Eventos, Traducións |

Suso Pensado publica n’ O levantador de minas unha crónica moi completa dos debates do V Encontros de Mariñán sobre os ámbitos da tradución no que presentamos unha ponencia sobre a narrativa traducida para o galego. Etiquetas: Encontros_Mariñán

"Ao pé do abismo" de Rosa Aneiros

15 Decembro, 2007 (19:58) | Autores, Críticas, Narrativa, Xerais |

A de Eyré é a primeira anotación que leo sobre o precioso libro de textos xornalísticos e crónicas literarias de Rosa Aneiros. Un título ao que volveremos nos vindeiros días. Recoméndoo vivamente. Etiquetas: Rosa_Aneiros

Demisión do Subdirector Xeral de Cultura?

15 Decembro, 2007 (19:48) | Confidencial, Política |

Será certo?

Calendario de Librarías

15 Decembro, 2007 (19:36) | Librarías |

Comunicación Cultural dá conta da publicación dun Calendario de Librarías 2008 publicado pola Federación Internacional de Libreiros. As imaxes son bonitas. Non hai libraría española ningunha. Podería ser unha boa idea emular a esta iniciativa entre nós. Hoxe a defensa da libraría independente é un eixo da nova folla de ruta para a lectura galega. […]

Premios da Edición 2007

15 Decembro, 2007 (12:27) | Editores, Premios |

Eis o resultado dos Premios da Edición 2007 fallados onte na Coruña. Para min o máis interesante da velada celebrada no Aquarium, ademais da nosa ledicia polo premio recibido polo libro de Agustín Fernández Paz (un recoñecemento alboral a unha obra que presinto vai dar moito que ler), foi a magnífica intervención institucional de Alfonso […]

Rexina Vega, dúas entrevistas

14 Decembro, 2007 (16:57) | Autores, Entrevistas, Xerais |

Tras a presentacións de Cardume, hoxe apareceron senllas entrevistas con Rexina Vega (mágoa que a da ANT non se poida enlazar na rede, un problema que debe solucionar o novo diario dixital). Etiquetas: Rexina_Vega

"O señor Lugrís e a negra sombra", o anuncio

14 Decembro, 2007 (16:37) | Novidades, Vídeos, Xerais |

Como xa fixeramos o pasado ano, desde onte se emite en TVG un anuncio d’ O señor Lugrís e a negra sombra, a novela de Luís Rei Núñez. Pode verse dende a páxina de Xerais. Etiquetas: Anuncios_Xerais

Portadas 2007 (Tambre) VI

13 Decembro, 2007 (23:04) | Portadas_2007 |

Entre as portadas de Tambre gustei moita da forza desta do libro de Marcos S. Calveiro: Rinocerontes e quimeras. Etiquetas: Portadas_2007

Portadas 2007 (Faktoría K de libros) V

13 Decembro, 2007 (22:47) | Portadas_2007 |

Faktoría K de libros ten moitas portadas onde escoller. Estas dúas parécenme magníficas. Animalario.Deseño de Kanchana Arni e Gita Wolf. O señor Ibrahim e as flores do Corán.Deseño de Marc Taeger. Etiquetas: Portadas_2007

Portadas 2007 (Kalandraka) IV

13 Decembro, 2007 (22:39) | Portadas_2007 |

As portadas de Kalandraka son arrolladoras. Para min estas dúas de Josse Goffin son excelentes: ah! Deseño de Josse Goffin Oh!Josse Goffin. Etiquetas: Portadas_2007

"1977", curta de Peque Varela

13 Decembro, 2007 (18:12) | Beizóns, Cine, Vídeos |

1977 – film clipAñadir a mi perfil | Más Videos Hai varios meses tiven a oportunidade de ver completa esta curta de animación de Peque Varela que foi seleccionada agora para participar no Festival de Sundance. Un gran traballo da animadora ferrolá. Beizóns. Etiquetas: Peque_Varela

Entrevista a Ramiro Fonte

12 Decembro, 2007 (18:24) | Autores, Entrevistas, Xerais |

A entrevista a Ramiro Fonte do Luzes do pasado venres merece pasar ao arquivo. Quedo coa derradeira resposta do autor d’ As pontes no ceo: “O que aínda non conquistamos son eses 5.000 lectores cultos, que len libros e que lles gusta a literatura. Unha das cousas das que estou máis orgulloso con este libro […]

Portadas 2007 (Difusora de Artes e Letras) III

12 Decembro, 2007 (18:12) | Portadas_2007 |

Difusora de Artes e Letras coida moito o portadismo. Gustei moito desta do seu libro sobre os incendios. Laisser Faire. Os incendios en Galiza. Testemuños 2004-2005. Etiquetas: Portadas_2007

Portadas 2007 (Galaxia) II

12 Decembro, 2007 (17:51) | Portadas_2007 |

Galaxia tirou este ano moi interesantes portadas na súa colección “Literaria”. Algunhas como a de Panchez paréceme do melloriño que se ten feito en portadismo editorial galego nos últimos anos. Aí vai a miña escolla: Made in Galiza.Deseño de Manuel Janeiro sobre imaxe de Pánchez. Así nacen as baleas.Deseño de Manuel Janeiro. Non me deixes […]

Portadas de 2007 (Xerais) I

11 Decembro, 2007 (20:49) | Portadas_2007, Xerais |

Creo que é unha boa idea a de The book design review de ir publicando as portadas do ano que se consideran máis interesantes. Aí van as primeiras, correspondentes a novidades que editamos en Xerais: A lúa dos Everglades.Deseño de Miguel Vigo sobre foto de Fran Herbello. O único que queda é o amor.Deseño de […]

Literatura e mercado

11 Decembro, 2007 (20:31) | Cultura, Polémicas |

Lúcida anotación de Mario sobre o sector editorial galego, ao fío doutras polémicas que abordamos no blog e sobre as que volveremos na vindeira semana. Mario pon o dedo na chaga cando afirma: “Obviamente é desexábel que a industria editorial non sexa un pozo sen fondo onde van caer os cartos de todos, é desexábel […]

London 2012

10 Decembro, 2007 (17:59) | Cidades, Fútbol, Imaxes |

Ás portas da celebración da cita olímpica de 2012, Londres xa comezou os preparativos para un evento co que as autoridades pretenden mudar completamente a súa fasquía urbana. A renovación do espazo de Wembley realizada por Sir Norman Foster xa é unha impresionante realidade que nos deixou moi ben impresionados, non tanto polo seu carécter […]

Campo do Fragoso L

10 Decembro, 2007 (07:48) | Artigos Faro de Vigo, Campo do Fragoso, Celta de Vigo, Fútbol |

REMONTADA HEROICAOs dez últimos minutos abondaron para que o Celta resolvese un encontro que dende a bancada dabamos por perdido. A expulsión no minuto dezaseis de Diego Costa (un xogador de indubidable calidade, mais que precisa madurar moito profesional e humanamente) malogrou o devir dun partido que o Celta comezou moi ben, apupado por cada […]

Premios edición 2007, finalistas

9 Decembro, 2007 (12:27) | Editores, Premios |

Acaban de anunciarse os títulos dos libros finalistas dos Premios da edición 2007 que serán entregados o vindeiro venres na Coruña no transcurso da IIIª Noite da edición. Premio Isaac Díaz Pardo ao libro ilustrado 2007: Guía dos mamíferos de Galicia de Baía Edicións; Minimaladas de Xerais; Titiritesa de OQO Editora. Premio Lois Tobío ao […]