Tesouro Medieval Informatizado da Lingua Galega (TMILG)
Esta dispoñible a nova versión do Tesouro Medieval Informatizado da Lingua Galega (TMILG). A esta nova versión incorporáronse novas coleccións documentais e novos modos de busca que a converten nunha ferramenta moi útil para o coñecemento da lingua galega medieval e as temáticas vencelladas con ela. Que pensaría don Xosé María Álvarez Blázquez se puidese consultar todas estas “Fontes” dende o seu despacho? Unha contribución moi valiosa do ILG, na liña do seu Tesouro Informatizado da Lingua Galega, para coñecer e traballar neste caso sobre o corpus lexicográfico e literario galego medieval. Parabéns ao equipo de autores, patrocinadores e empresas comerciais colaboradoras.
Etiquetas: TMILG
Comentarios
Comment from Mario
Date: 15 Xaneiro 2008, 5:57 a.m.
Nestas cousas debía facer unha mención especial @s bolseir@s, pobres (sei do que falo).



Comment from arume dos piñeiros
Date: 14 Xaneiro 2008, 8:18 p.m.
Gustoume, e moitísimo, a mención á promoción de estudantes 2000-2005 como colaboradores. É inusual: aínda lembro eu as liortas co departamento de Galego en tempos por utilizarmos para facer fichas (Raña, Lopo, Angueira, Pereira, entre outros poderán dar fe do que digo).