A quen beneficia a polémica?
Actualización (16-01-2008): Aconsello esta nova anotación de Eyré.
Comentarios
Comment from Kritik
Date: 16 Xaneiro 2008, 1:36 p.m.
Non me parece de recibo negar a pertinencia do debate aducindo que beneficia ou que prexudica a non sei que. Semella unha argumentación a la bulgara. Outra cousa é que Franco Grande fose brusco e inxusto nalgunhas cousas.
Comment from Anonymous
Date: 18 Xaneiro 2008, 11:43 a.m.
A realidade é que Franco grande di o que todo o mundo pensa e ninguen se atreve a dicir. Pôr intereses miserabeis, por puro clientelismo e por descarado amiguismo as mais das veces. É triste que algúns modernos.pomodernos de xeitos rancios obvien que en Galicia a crítica só tende a pedantería e aburre a todos. Debe ser porque eles mesmos son máis pedantes que nada.



Comment from Mario
Date: 16 Xaneiro 2008, 5:58 a.m.
Vaia, o Nadal aínda me ten en fóra de xogo e véñome a enterar agora de todo isto. A touro pasado diría que sempre falan os menos axeitados, e que falar agora de criterios obxectivos de calidade ou do bo gusto (!!!) é unha cousa xa non do século pasado, senón aínda do outro máis.
Na Literatura Galega hai cousas boas e malas, obviamente, e seríamos parvos de crer que toda a produción dun ano é marabillosa. Como xa teño dito outras veces o estado do mercado ten como compensación (e consolo) a liberdade. Non temos que vender libros para comer, e iso permite tomar riscos e xogar nunha perspectiva máis artística e independente.
Non me engano se digo que nos últimos 50 anos a nosa Literatura ten producido proporcionalmente máis obras excelentes dun ponto de vista artístico que moitos outros paises europeos. Xohana Torres, Ferrín, Lois Pereiro, Vidal Bolaño, Cid Cabido, Borrazás, Angueira… son exemplos que non teñen equivalencia noutros sistemas literarios, e xustifican un mínimo respecto ao sistema.
O demais son os debates de sempre.